Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Saltar a vasoira

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, May 24, 2006

Saltar a vasoira



Neste pais eu penso que se incita a natalidade. Aqui non e infrecuente ver nais de dezaseis anos que casan antes dos vinte e esas nais antes dos corenta son avoas e divorciadas.

Na foto esta Ana con duas alumnas hai un par de semanas. A alumna da dereita esta gravida de pouco tempo e cando fixo Ana esta foto a familia da rapaza ainda non sabia nada. Ela ten dezaseis anos pero sua nai tivoa a ela con dezaseis anos tamen.

Con sorte lograra casar co pai da criatura e ambos saltaran a vasoira que e un costume das vodas de negros deste pais. Segundo parece, antigamente tinhan proibidas as vodas entre esclavos e a maneira que tinhan de casar era saltando por riba da vasoira tirada na entrada da casa. Este rito vinha de Africa e era para pedir sorte, fecundidade e felicidade (coma o noso arroz das vodas).

Pois iso, ogalla lle vaia ben a rapaza e a sua familia e se salta a vasoira que sexa con proveito.

8 Comments:

At 10:12 PM, Anonymous Anonymous said...

Casando con esa idade, o mais probable é que tropece ca vasoira e caia ó chan. Non penso que casar ós dezaseis sexa a mellor idea posible.
E logo, nos EUA ¿non fixeron campaña de "póntelo pónselo"?

 
At 12:21 AM, Blogger O Breogán de Gáidil said...

Así teñen reemplazos para todas as guerras... ui! perdón! ... "Conflitos Bélicos" e "Misións de Pacificación" nos que se meten.

 
At 12:54 AM, Blogger Veloso said...

Hai un rito, non sei se xitano, que consiste en romper unha xerra entre os noivos. Con iso xa están casados. Tan válido e bonito coma as palabras dun cura ou dun alcalde.
Por certo, mándalles un correo electrónico aos de Durex e mais aos de Control e explícalles que en Warrenton teñen un mercado potencial extraordinario. Un saúdo.

 
At 4:20 AM, Blogger *Sara said...

Por moito que me gusten os meniños, non me imaxino sendo nai tan nova (bueno, aos 16 xa non podo, jajaja).
Cada cultura ten as súas cousas, pero ao meu modo de ver aos 16 anos aínda temos unha loooonga vida por diante,e moitas cousas das que gozar. TEr un neno é unha responsabilidade bastante grande, penso eu. Non obstante, deséxolle toda a felicidade á alumna de Ana e ás que estean na súa situación.
Un biquiño

 
At 5:23 AM, Blogger Peke said...

Na zona de Nigrán e Gondomar hai tamén unha chea de rapazas-nais, casadas ou non. Serán os tempos?

 
At 7:48 AM, Blogger María M said...

Nas zonas de costa son máis frecuentes estes casos.

 
At 5:00 PM, Blogger torredebabel said...

que sexa boa nai, que sean os dous felices e que cada día -cando o seu fillo a mire co sorriso máis fermoso do mundo- sexa tan plena coma min. Eses son os meus desexos para a rapaza, que a idade sempre é o de menos...

 
At 8:20 PM, Blogger acedre said...

Aqui conhecen os metodos contraceptivos e empreganos...a maioria das veces. A min o que mais me extranhou dende un principio era a cantidade de nenos que ten a xente aqui e o pronto que os tenhen. Muita xente non vai a universidade (e cara e para uns poucos) e chega aos 20 anos e xa estaban casados e con fillos. Casan mui novos e, claro, pasan outros vinte anos e xa estan aburridos e aparece outro amor na porta e hai divorcio.
Aqui o de ter fillos tratase coma se fose algo sinxelo e a xente animase muito a telos. E a verdade e que muitos deses fillos acaban como carne de canon para o exercito estadounidense. E con orgullo. o tema daria para unha loooonga reflexion.
Gracinhas polas vosas palabras e por estardes ai para comentar o que escribo.

 

Post a Comment

<< Home