Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Sarabiada e tornados

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, May 14, 2006

Sarabiada e tornados



Hoxe empezou a manha con tronos e sarabia bastante gordinha e estivo todo o dia asi: con momentos de calma e treboadas que metian medo. Hoxe tamen houbo avisos de tornados que cando o din no ingles de aqui soame que falan da minha patria chica. Agora xa e noite e rematou o dia este da festa da auga. Sintoo pola xente que celebraba o dia da nai (aqui e hoxe).

Na foto podes ver o mapa desta zona de Carolina (a man esta no Warren County) onde as seis e media estaba muita da zona con avisos de tornados e tormentas electricas. Ana ten no seu ordenador o pronostico do tempo que lle gusta escuitar falar a Greg Fishel da WRAL. Por fortuna non pasou nada, Ana quedou sen piscina (aqui din que a piscina atrai os raios e pechana por precaucion) e non houbo mais novidade.

Ata manha. Suponho.

4 Comments:

At 11:45 PM, Blogger Mr Tichborne said...

por qué as radios americanas nas pelis sempre teñen nomes raros, de catro letras das que a primeira é "W": WARL, WOKS, WXAZ, WROM...

 
At 3:57 AM, Blogger Laurindinha said...

Non me quería ver eu nunha piscina americana con treboada á vista... por aquí, afortunadamente, o tempo vai vento en popa...

 
At 4:53 PM, Blogger Nemeth said...

nunca choveu que no escampase

apertas

 
At 10:44 PM, Anonymous Anonymous said...

I love your website. It has a lot of great pictures and is very informative.
»

 

Post a Comment

<< Home