Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Sequoya

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, May 26, 2006

Sequoya



Hoxe fixo muita calor e estiven todo o dia con ganhas dunha "caguama". A noitinha caiu unha treboada e agora refrescou. Toca durmir e manha iremos ata os Apalaches a despedirnos do tio Pepe.

Pertinho dali hai unha reserva india dos cheroqui. Xa estivemos por esa zona e as ruas tenhen o mesmo nome rotulado en alfabeto latino e silabario cheroqui. Na imaxe esta Sequoya, o creador do silabario cheroqui. Este pobo indio (coma outros muitos) sufriu da invasion dos colonizadores brancos e acabaron divididos en dous grupos: un en Oklahoma e outro mais pequeno que quedou en Carolina do Norte.

E agora vou para caminha.

11 Comments:

At 4:30 AM, Blogger David said...

E ten algo que ver este Sequoyah con esas grandes árbores chamadas sequoias?
Un saúdo

 
At 6:28 AM, Blogger Madeleine said...

Sí, eu ía preguntar o mesmo. mm creo que era unha secuoia a árbore-conselleira-sentimental de Pocahontas (e claro, o guapo do tipo era un colonizador...) Perdón, retiro o símil ;)

 
At 6:39 AM, Anonymous Anonymous said...

Que teñades boa viaxe

 
At 3:10 AM, Anonymous Anonymous said...

Interesante a vida de Sequoyah. Boa viaxe aos Apalaches.

 
At 8:37 AM, Anonymous Anonymous said...

é ben certo eso de que nunca te deitas sen aprenderen algo. E o das árbores cando nolo aclaras¿?

 
At 9:07 AM, Anonymous Anonymous said...

Interesante! Sempre me interesou moito a vida dos indios americanos, gústame perderme pola wikipedia e pola internet en xeral buscando cousas sobre as tribos indias.

Na ligazón á wikipedia que hai no post aclara que "Existe la creencia popular de que el árbol llamado sequoia lleva ese nombre por él, aunque algunos botánicos lo niegan".

 
At 10:30 AM, Anonymous Anonymous said...

Eu tamén pensei que ibas falar das árbores...
Bon fin de semana.
Bicos.

 
At 10:53 AM, Anonymous Anonymous said...

Canto me gustaría ir a visitar aos cheroqui, xa nos contarás que tal foi a visita...

Que teñades unha boa estancia.
Unha aperta.
:)

 
At 11:32 AM, Blogger Veloso said...

En Zamora temos unha discoteca bastante hortera chamada "Cherokee". Curiosidades da globalización, supoño. Un saúdo.

 
At 3:36 PM, Blogger Nemeth said...

canto se aprende visitando esta casa :)

unha aperta

 
At 6:28 PM, Blogger acedre said...

Pois o nome das arbores ven do xefe cheroqui Sequoyah.
Eu, coma muitos de vos, ata hai pouco so conhecia as sequoias arbores e mais tarde souben do Sequoyah xefe indio e dos cheroquis e demais.
Aqui tamen hai tabaco marca Cherokee e un feixe de cousas que tenhen orixe de nomes indios como estados, cidades e lugares.
Aqui deixo a ligazon a explicacion do nome das arbores sequoia (en ingles).
http://www.answers.com/main/ntquery;jsessionid=16afxzp0s5z14?tname=sequoia&sbid=lc06a&linktext=sequoia

Gracinhas polos vosos comentarios.

 

Post a Comment

<< Home