Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Traballos "duros" nos EEUU

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, May 13, 2006

Traballos "duros" nos EEUU



Un dos traballos mais extranhos que tenho mirado na minha vida e o traballo de manequin. Pois si, alguns comercios tenhen manequins vivos e reais para sorpresa de pailans coma min e abraio e mofa para rapacinhos que non deixan de chimpar diante do sufrido traballador e de facerlle acenos e toquetear no cristal para que lles faga caso. Pero os manequins son uns profesionais e fan ben o seu traballo de estatua e case nin respiran e podes facerlles unha foto coma se fosen guardas ingleses. Non sei pero para min que e unha das formas mais aburridas de facer uns cartinhos que pode topar unha persoa.

Cambiando de tema. A xente di que os centros comerciais xigantes tipo Walmart, Target nos EEUU ou Alcampo, Carrefour, etc, na terrinha; rematan con postos de traballo e eu estou de acordo e por exemplo podo dicir que aqui nalguns Walmart xa nin hai caixeiros e o cliente ten que coller a sua compra nos anaqueis, levala a caixa, escaneala, pesala, metela nas bulsas e ainda por riba, pagar por todo este traballo. E non penses que podes marchar sen pagar ou facendo trampa. Ca. Non podes que tes unha camara do Gran Irman na tua testa filmando a accion aparte dos fandelos nacional e estatal para lembrarche o respetinho que tes que gardar coa legalidade.

Na foto de abaixo estan Cris e Tonho pagando nunha caixa desas e na foto de arriba esta un manequin real de carne e osos.

12 Comments:

At 12:37 AM, Anonymous Anonymous said...

incrible! desde logo os americanos non nos deixarán de sorprender moito!

 
At 2:22 AM, Anonymous Anonymous said...

¡Gha! ¿Pensas que aqui non hai cámaras?
Válelles mais poñer caixeiros que ter que gastar os cartos en gardas de seguridade.
Dame a min que o de ter unha tenda sen caixeiro aquí non vai ser.

 
At 3:49 AM, Anonymous Anonymous said...

buenooooo....a ver cómo evitan estes listos que pese os tomates de 3 dólares co código dos de 0.50.....jejejejejejej....akí funciona de medo!

 
At 6:34 AM, Blogger máis alá said...

No Alcampo da Avda de Madrid xa estan a poñer esas caixas. Hai que facer boicot é non usalas.

 
At 9:56 AM, Blogger David said...

Manequíns humanos!! Hai que estar ben desesperado para traballar diso xD...
Un saúdo

 
At 10:00 AM, Blogger David said...

Ademais, seguro que os manequíns humanos preferirían ser caixeiros...

 
At 11:40 AM, Anonymous Anonymous said...

Se teño q star sen moverme durant toda a xornada dame algo!!!!!!!!!!!!

Decididament non serviria para ese choio.

Bqñs.

 
At 1:25 PM, Blogger Nemeth said...

estan tolos estes ianquis!

e co dos caixeiros, boicot! Ainda por riba de pagar, teño que facelo eu. Seica tamén teño que ir sachar as tomateiras? Quitar un posto de traballo? Nin autoservicios nin que carallo...

 
At 4:48 PM, Blogger torredebabel said...

temos na Arxentina estatuas vivintes que son homes o mulleres vestidos de estatua que quedan sen moverse na rua para que as persoas deixen algunha moeda. E pasan horas e horas sen moverse realmente!!! algunhas veces, en entrevistas que lles fixeron nos xornais contan que teñen que facer moito traballo de concentración e clases de ioga para que o corpo quede ben quieto. Increible!

 
At 5:03 PM, Blogger acedre said...

O de suprimir postos de traballo de caixeiros xa me parece o ultimo paso para chuchar todolos cartos dos consumidores. Bueno, xa chegara o dia en que tenhamos que escoller a nosa compra por Internet e logo ila buscar ao centro distribuidor e se non esperade.

Parece ser que no Alcampo estan empezando co este sistema de autocaixa que me parece do ultimo.

Aqui xa non hai case gasolineiras onde haxa unha persoa que ponha a mangueira no coche. Iso si; ponhen pegatinas de que se es un discapacitado enton saira un empregado da tenda para axudarte.

Os mimos da rua xa os hai por muitos paises pero isto dos manequins de momento so o mirei nos EEUU e nun par de comercios so.

Gracinhas polos comentarios e que defendamos entre todos o noso dereito de consumidores ben tratados.

 
At 5:41 AM, Blogger leco said...

Pois uns amigos meus xa fixeran de modelos de escaparate dunha tenda de Levi's na Coruña hai polo menos 15 anos. Fixéralles moita coña porque era só unha semana. Ademais non estaban quietos de todo. Sacaban os pantalóns, poñíanos na lavadora, agardaban en calzóns lendo e cando estaban listos poñíanos de novo e volta a comezar.

 
At 9:59 AM, Anonymous Anonymous said...

A pesar de que do capitalismo o espero todo, manifesto a miña total e absoluta sorpresa e pasmo.
Un saúdo

 

Post a Comment

<< Home