Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Votacion para sheriff

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, May 02, 2006

Votacion para sheriff



Hoxe escollese sheriff en Warren County e outros condados.

O Pepe mandou o can da foto para facer campanha por min e recibin apoios doutros blogueiros que me fixeron un cartaz ou mesmo a estrela de sheriff. Pero, a pesares de tantos apoios, non son quen de competir contra o candidato de garavata patriota, nin contra o actual sheriff que agasalla as pizerias con almanaques da oficina do sheriff ou contra o candidato que reparte caramelos e lambonadas no desfile do Nadal (como sae na foto de abaixo).

Cando saiba o resultado xa vos informarei.

14 Comments:

At 9:58 PM, Blogger Ghanito said...

Ainda vas levar unha sorpresa co voto exterior.
¿A que hora dis que pechan as votacións? Non sei se terei boa combinación de avión para chegar. ;-D

 
At 11:51 PM, Blogger Diego E. B. said...

Amigo Acedre, quedas aquí só para seguir contando cousas deste curioso país. Mañán collo un avión para cruzar o Atlántico e o venres pola noite durmirei xa na miña cama de Compostela. Polo de agora non sei se voltarei tralo verán. Así que espero que a próxima vez que falemos sexa cun alvariño de por medio nalgún bar da terra.

Un saúdo e que todo siga ben con Ana e o cativo. Seguiremos en contacto.

 
At 12:59 AM, Blogger Veloso said...

Unha dúbida: o shérif vén sendo unha especie de alcalde ou de comisario ou as dúas cousas ao mesmo tempo? Estaremos moi atentos ás novas que se produzan. Por certo, Acedre, cando vindes por Galicia? O Acedriño nacerá en terras galegas ou norteamericanas?
Un saúdo.

 
At 4:00 AM, Blogger Peke said...

O sheriff non é unha especie de xefe de policía?

 
At 4:20 AM, Blogger Manuel Rivas said...

Penso que nunca ás elecciós ó posto de sheriff de Warrenton tivo tanta repercusión mediática.

Xa que deste ano non te presentas, preséntate prás próximas, avísasnos con tempo e xa votamos todos :D

 
At 5:05 AM, Blogger besbe said...

/me vota por Acedre.
Voto nulo.Aaaaah, cada un fai o que lle peta!
Encántame a campaña orquestada(cartaz,estrela e can) polos membros do partido sen nome.

 
At 5:33 AM, Blogger leco said...

Que bos momentos acabo de pasar co teu blog. Había bastantes días que non tiña tempo para andar de "visitas" e ler tantas cousas seguidas foi divertidísimo.
Bks

 
At 7:40 AM, Blogger María M said...

Iso, iso, ¿cando vindes por aquí? ¿E o neno nacerá en Galicia?
A min o do sheriff e que me sigue parecendo de película ¿sabes? Non dou asimilado que sexa unha figura real. É algo extraño..

:o)

 
At 11:25 AM, Anonymous Anonymous said...

Acedre for shérif. Xa sabes o nome do neno?
Apertas

 
At 1:12 PM, Anonymous Anonymous said...

Eu tamén voto por Acedre, ainda que teño ganas de tomar un c afé con él pola terriña aló polo verán...
Bicos.

 
At 2:21 PM, Blogger TXARI said...

dame amin que dabas un bo xeriff, saúdos...e sorte

 
At 3:56 PM, Anonymous Anonymous said...

se fixeramos unha boa campaña quizais tiveras moitos votos do exterior...pero agora xa non hai tempo. Dinos quen gañaou

 
At 4:44 PM, Blogger torredebabel said...

pola parte que me toca con tantos cartos pagados dende Arxentina aos EEUU, eu voto a Acedre!!! que non me gustan os políticos que regalan caramelos :-(

 
At 8:48 PM, Blogger acedre said...

O sheriff e a maxima autoridade para facer respectar a lei nun condado. O alcalde chamase "mayor" (que ven do espanhol de Mexico) e non ten nada que ver co sheriff.
Non sei que requisitos hai que cumprir para presentarse a sheriff pero non creo que eu estivese autorizado para presentarme (nin ganhas).
O Acedrinho vai nacer en Galicia ala pola vendima a mediados de setembro e non sei se chegara a conhecer esta terra que temos que botar un ano pola terrinha para volver a este pais a traballar e non sabemos como rematara o asunto tendo un Acedrinho que cuidar.

Gracinhas polo voso apoio e se chego a presentarme para un posto calquera xa sei con quen contar.
Vos pasadelo ben comigo e eu convosco asi que estamos a pre.

 

Post a Comment

<< Home