Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Xoves de reparto de comida

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, May 11, 2006

Xoves de reparto de comida

Os xoves toca reparto ao lado do traballo. Mentres nos traballamos lixando e reparando moldes de madeira para encher de cemento fora hai unha restra de coches que poden chegar aos cen. A maioria tenhen identificacions de que os conducen xente discapacitada. A xente fai a sua espera tranquilamente dentro do coche e van avanzando. Na porta do almacen uns vontarios van metendo alimentos no maleteiro ou na parte de atras do coche e o beneficiario pode marchar.
Eu tinha ganhas de facerlle unha foto ou un minivideo a este ritual pero no choio non tenho a camara.
Esta situacion e a outra cara deste pais desenrolado e rico.
E todo isto ven ao video que mirei no blogo de Imeneo onde unha nena arxentina chora porque non ten nada para comer na casa. Triste, real e impresionante.

7 Comments:

At 3:18 AM, Anonymous Anonymous said...

Triste, real, impresionante...e deprimente nun mundo onde hai tanto, pero para tan poucos.

 
At 6:33 AM, Blogger Nemeth said...

Xente que viviu nos Eeuu, dinme que alí non morre naide sen asistencia médica nin menciñas, que iso de que ao ser privada non é universal é falso... que todo o mundo ten acceso a estas cousas. Ben se ve, se non o podes pagar... á beneficiencia...

Perdón por non dicircho antes: que o acedrinho medre ighualiño de forte e brioso que un galliceño!

unha aperta!

 
At 8:18 AM, Blogger máis alá said...

O outro día vin un documental sobre os nenos que traballan en América do Sur (de criados, en minas, recolléndoa lixo, etc. E nen@s de catro anos adiante), despois o Semanal da Voz trae unha reportaxe sobre maltrato infantil, e agora esto. No “primeiro” mundo criamos aos nenos como porquiños, teñen todo o que queren. Queredes coñecer o futuro?

 
At 8:53 AM, Anonymous Anonymous said...

O problema nos EE.UU é o seguinte si eres muy pobre, podes conseguir "food stamps" (cupons de comida) e salud gratis. Pero si ganas o mínimo( (que muitas veces non chega para cubrir as necesidades), entón non tes dereito a nada, e a salud é algo que ti tes que pagar, e resulta ben caro (aínda que teñas seguro, tes que pagar sempre).
Por eso, muita xente decide non traballar, teñen casa, comida e salud gratis, ¿qué máis queren?.

 
At 12:14 PM, Anonymous Anonymous said...

Os desequilibrios en América do sur, son o resultado do neoliberalismo máis feroz, o da nena, estarrecedor.
Unha aperta

 
At 1:42 PM, Anonymous Anonymous said...

Non temos q ir tan lonxe para ver casos deses,moi preto de nos hai xente q se mira e se desexa para poder darlle de comer os seus,inda q claro sta q as condicions non son tan malas como as de todos eses paises nos q os nenos xa teñen q nacer omes e muyeres pa ir canto antes trabayar, sabran q exist un mundo meyor?, no q os nenos xogan, aprenden... xq non falar d cousas fermosas q noticias malas escoitanse en todos lados.
Ont fixechesm rir e oxe recordasm no mundo q realment nos atopamos.

Bqñs ,un special para a barriguiña d Ana.

 
At 9:09 PM, Blogger acedre said...

O anonimo ten un punto ao seu favor: mentres unha xente ten que traballar para vivir, a outros non lles paga a pena traballar sobre todo tendo varios fillos. E millor tirar a toalla e que sexa o goberno o que dea as axudas cos cupons de comida, alugueres pagos e saude cuberta.
Isto pode facerse neste pais onde hai cartos e muitas doazons de tempo, material ou cartos.
En Arxentina agora pintan bastos por razons demasiado complicadas para min.
Ogalla que sexa unha etapa pasaxeira e anecdotica.
A verdade e que eu nunca pasei fame nin vivin unha guerra e son dous xinetes da apocalipse que non quero conhecer.

Gracinhas polos comentarios e tendes que perdoar a alusion a temas tan tristes pero e que estan ai.

 

Post a Comment

<< Home