Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Caseiros

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, June 01, 2006

Caseiros



Este senhor que sauda a camara foi o noso caseiro o primeiro ano. Un dia foi el e a xente da igrexa metodista dona da casa a recibir a Ana con agasallos para a casa coma cuberteria, menaxe de cocinha, mantas, pilas, unha cafeteira, etc, etc. Bueno, coma nas peliculas. So faltaba a torta. Este caseiro foi mui bo conosco e estivo en Vietnam case enganado. Agora ten problemas respiratorios das trapalladas que botaron naquela guerra e traballa a tempo parcial nunha gasolineira e nun reformatorio. Ten o titulo de alcalde de Macon pero en verdade e pedaneo dunha aldea de 110 habitantes.

Por outra banda, hoxe recibimos a visita do actual caseiro. O apelido e Harris igual e estudiaron ambos na mesma escola pero son persoas ben distintas. O Carroll e un home bo e simple e o noso caseiro actual (xa por pouco tempo) e un terratenente con casas, terreos e negocios que ten na oficina unha frase enmarcada: Se non queres morder o po vai por diante dos outros. Nada, o perfecto porco de pe. Recibiunos cos pes por riba da mesa, a viseira encrustada e case nin nos mirou para a cara e cando asinamos o contrato tamen tivemos que anotar ao Colin como habitante da casa. Hoxe mirou o casa e quedou conforme co estado dela e ata nos desexou boa sorte no futuro pero coa boca case sen abrir e sen sentilo de veras.

Para que mires que no mundo hai de todo.

9 Comments:

At 12:20 AM, Anonymous Anonymous said...

Tes toda a razón, por eso hai que aprender de todos, de unhos o que non se ha de facer e de outros o que está ben...
¿Cando vides?
Bicos.

 
At 12:46 AM, Blogger Veloso said...

Así é o mundo, un constante péndulo entre Carroll e Harris. Este último, por certo, parece un personaxe de telenovela das catro da tarde. Boa fin de semana.

 
At 4:17 AM, Anonymous Anonymous said...

O problema deste último tipo de Harris é que son os que logo trunfan e son os que trasladan esa imaxe pésima que teñen os EE UU no (seu) extranxeiro.

 
At 5:02 AM, Blogger besbe said...

Estame dando pena a min que vos vaiades de aí e todo, anque debería aledarme pola volta, pero é que eso das despedidas e mudanzas...uff
Un bicazo pros dous e pro outro inquilino da casa unhas cóxegas na barriga.

 
At 8:25 AM, Anonymous Anonymous said...

Meu rei, ¿para decatarte diso tiveches que ir para América?
Home, exemplos coma eses os podes ver decote sen ir tan lonxe.

E tamén pregunto: ¿cando chegades (os tres)?

 
At 11:47 AM, Anonymous Anonymous said...

Encantoume a expresión “outro porco de pe”. É certo, o mundo estache cheo deles. E a verdade é que conseguen degradar moito a vida, convertendo en experiencias desagradábeis cousas que, en principio, non tiñan porque ser así.

Menos mal que aínda quedamos moitos (perdóame a vaidade de que me inclúa no grupo) que non lles temos medo á poeira. Que para algo se inventaron as duchas, non si?

 
At 1:43 AM, Anonymous Anonymous said...

Sempre me pregunto, que fai que un tipo sexa dunha maneira e outro doutra, en que momento e porque, un deixou de entender que a boa vida, é a que se desenvolve en torno a unhas premisas éticas.
Unha aperta

 
At 4:43 AM, Blogger *Sara said...

Ten razón Ghanito, hai xente pa' todo en todos os lados, pero, por desgracia, adoita falarse máis do malo que do bo.
O do can pareceume unha extravagancia!
Un biquiño para todos :)

 
At 5:34 AM, Blogger Madeleine said...

jajaja pois ese segundo caseiro debe ser unha especie de sucedáneo de Don José Enrique Sotelo Villar, alcalde de Cangas do Morrazo. Pobres, si é que no fondo son...

 

Post a Comment

<< Home