Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Cirqueiros e tiraboleiros

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, June 08, 2006

Cirqueiros e tiraboleiros



Dende logo hai que nacer para facer determinados choios. Lembras Carlos, o meu mestre que sufria ataques de misteriosos chupacabras de fin de semana ?. Pois topou choio. Non traballa no circo pero pouco menos. Adicase a pintar depositos de auga coma o da foto que e o de Warrenton pero duns meses atras e con neve. Parece ser que cobra ben pero a min iso de subir a esas alturas e pintar por fora e por dentro ganhando case 1000 $ por semana non esta feito para min.

Estes dias estiven axudando a encher moldes con cemento e enchemolos cunha especie de formigoneira pendurada que semella un botafumeiro. O outro dia tocoume acabala de baleirar e ai me miras pendurado e amarrado dunha man e cunha pa na outra dando voltas pola fabrica coma tiraboleiro ido a menos. Vamos, que xa non estou para esas circadas.

Polo resto mais ou menos ben. O Colin xa ten vo para o mercores que ven e quedara en Madrid na casa duns familiares ata o domingo que o recollemos. Hoxe tamen fomos a graduacion da filla dos arxentinos e rapaces como son que non chegan aos doce anos e xa van disfrazados con toga e o sombreiro tipicos.

Pois ata manha que escribirei no noso portatil xa que este emprestado da escola para Ana hai que devolvelo.

Deica manha.

8 Comments:

At 10:32 PM, Anonymous Anonymous said...

agora non imos ter quen nos conte as cousas dos eeuu. Que teñades unha boa viaxe e todo estea ben.
Unha aperta.

 
At 7:39 AM, Blogger TXARI said...

que seja para bem, e estes onde estes sempre terás um bno olho pra narrar

 
At 9:20 AM, Blogger *Sara said...

Non te esquenzas de traer tamén a Cacheiro ;)

 
At 9:21 AM, Anonymous Anonymous said...

Aledame saber q o vo do Colin xa esta arranxado, q teñades boa viaxe.
Que gustiño da ver esa paisaxe nevada coa calor que vai agora.
Bqñs.

 
At 9:32 AM, Anonymous Anonymous said...

E agora, qué???

EueoPorriño???

:P

 
At 10:10 AM, Blogger David said...

Iso, o Cacheiro que veña tamén! :D Boa viaxe!!

 
At 2:57 PM, Blogger Madeleine said...

vou quedar dun mal que me vas matar: o Colin é unha mascota, non?
(ten algo que ver o nome co ex secretario dos USA)?
Ah, e perdón. Sonlle noviña...

 
At 9:07 PM, Blogger acedre said...

Parece ser que esta arranxado o problema do vo do Colin, o noso can.
En canto ao Cacheiro pensaba devolvelo porque non son capaz de abandonar nin unha mascota virtual e habia de boter dias sen darlle co punteiro para que saltase no aire.
Non sei. Ao millor conservoo.
Xa tenho nome para o blogue dende Vilaneboa pero non o digo de momento.

Pois nada, gracinhas polos piropos, as visitas, as preguntas e os comentarios que dan animos para seguir co esta argallada.

 

Post a Comment

<< Home