Fin do eueoseeuu

Na foto esta o Colin o dia de onte cando ia marchar para a terrinha. Chegou hoxe ala sen novidade pero marearon a minha irma e o meu cunhado por problemas de papeis e tras unhas horas de lios deixaron que levasen ao can.
Nos por aqui seguimos cos preparativos da marcha: que se dar de baixa a auga, cambiar enderezo na oficina de correos, mandar algun paquete de ultima hora, pedir documentacion no instituto, pechar a conta do banco, doar roupa, entregar a matricula do noso coche, comprobar que se aceleras no coche de aluguer a radio sobe de volume !!!, etc, etc.
Ainda asi tivemos tempo para irmos ao YMCA por ultima vez e despedirnos de Adan, Heather, Dennis (que quere mandar un cheque para o Acedrinho) e Bob, o sicologo que fala espanhol mui, mui despacio e esta ledo que se xubila en duas semanas e pode adicarse a escribir novelas de ficcion.
E manha entregamos o modem ao Correcaminhos, o noso servidor de interrede, e quedamos sen internet.
Asi que hoxe e o ultimo dia que escribo desde este pais neste blogo (resistome a escribir derradeiro dia) para agradecer a todos os vosos comentarios e o interes mostrado por min e a minha xente. Tamen tenho que agradecer o carinho e a calor humana que nos destes neste tempo tan lonxe da terrinha e da familia e amigos.
E, xa para rematar, dicir que o novo blogo pasara a chamarse leoeosseus e xa podedes imaxinar de onde ven o nome do blogo. Cando o ponha a andar xa vos enteiraredes.
Ata pronto. Sodes demasiado.

58 Comments:
Benvidos a Casa amigos; que teñades unha boa viaxe.Estarei atento o teu novo Blog. Unha aperta.
Graciñas por todo o que nos regalaches dende o teu blog, polas curiosidades, polo bo humor, pola enerxía transmitida. Boa viaxe e ata máis falar. Agardo que pronto teñamos ocasión de tomar un café. Un saúdo.
Boa viagem!
Espero que teñades unha boa vaixe de volta. Sorte!
non sei se alegrarme de que volvades (he, he!!) que nos perderemos unha crónica tan amena da cotidianeidade dun país moi descoñecido, a pesares de térmolo visto e requetevisto nos medios de comunicaión, o cinema... O teu punto de vista era un verdadeiro contrapunto á visión mediática desa terra.
Boa viaxe.
Boa viaxe! Que ganas teño de lerte de novo!
Boa viaxe.
Bovooaovolveres
Estámosvos agardando acedre e compaña, ides ter unha moi boa benvida :). Boa viaxe!
Que teñades unha boa viaxe. Moita sorte! Lémonos :)
Boa aterraxe en Galiza!
Benvido rapass!!...
Gronha que gronha!!
Boa viaxe e coincido con Veloso espero poder tomar un cafe con vos moi pronto.
Unha aperta.
:)
e así rematan as etapas/e así féchanse os ciclos/ o decorrer nom para/ hai que seguir vivindo...noraboa por resistir para contalo...
Que bonito é o Colin! :D
Boa viaxe!!
Cando vexas isto xa será na casa.
As bágoas pola perda da nosa fiestra ós EUA desaparecen pola chegada ó noso lado dalguén que soubo gañar con sinxeleza, humor e moi bo rollo o corazón dos mais que andan no blogomillo. Abofé que sempre lembraremos o EUEOSEEUU pero será tomando unhas cervexas, ou lendo leoeosseus.
Parabéns por non o deixar, eu seguirei lendo deste lado.
Unha aperta moi forte (ós tres).
Benvidos de volta á terra.
Seguro que coa ledicia de volver á terra se mestura a tristura por deixar atrás algo bo.
Bo regreso. Por certo, que chulo é o Colin.
Benvidos aos tres
:)
Boa viaxe! e bo retorno!
Estamos esperandovos!
Animo e sorte coa nova estapa!!
Sorte compañeiros! e que a vosa nova andaina comece tan ben como remata a vella.
Un abrazo
Non entrara no teu blog desde fai uns días e me acordaba que vos iades o 17. Colin, sempre me pareceu un can intelixente.
Tomo nota da túa nova dirección para seguir léndoche.
Boa Viaxe e unha aperta
Mil bicos esperando que se cumplan todas as vosas ilusions e desexando daros unha aperta este verán.
Carmiña
Seguirémoste na túa nova bitácora. E graciñas por todo o que nos aportaches neste tempo. E boa viaxe.
Sinto non ter estado atento estas últimas semanas e perderme a nova da viaxe do retorno. Botarei de menos os comentarios, os posts e as aventuras do Colin en Norcarolaina. Cando leas esto xa estarás na terra. Agardo que tiverades moi boa viaxe. Que ti, Ana e o acedriño vos prestase, que o colin chegase enteiro e que teñades toda a equipaxe.
unha agarimosa aperta, e reitero o meu pesar por terme ausentado nestes días.
Dende que Ghanito me recomendou o teu blog, consultábao (dun xeito moi silencioso) cada dia. Gustábame leelas vosas andainas polos "unatesestates". Hoxe non podo deixar de dárvolas grazas por tantos bos ratos.
Moita sorte e voa viaxe.
Unha aperta enormísima, disfrutei moito de todas as túas aventuras. Saúde e felicidade!!
PD agora eu tamén teño un ourizo cacho no galiñeiro...
boa viaxe!!!!!
espero que teñas cousas tan interesantes e divertidas que contar desde porriño, que esta nosa galicia tamen da para moito
Welcome back to Galiza! E em hora para as férias de verão! Que bom! A ver se coincidimos um destes dias em Mourisca... eu sou o do gorro gris e o iPod ;)
Como já disse, aguardo impaciente o teu novo blogue e estou certo de que há de ser tão interessante como este que agora fechas.
Uma aperta desde outro exílio.
Ben voltados!!!
boa viaxe de volta e feliz regreso á terriña!! agardamos que poñas axiña en marcha o novo bló
¡¡¡welcome back to home!!! ...we are waiting you and... of course another blog story...
Benvido de volta (a ver cando me podedes dicir eso a min).
Seguiremos perto de ti en leoeosseus, non o dubides. ¡¡Benvido a casa!!! Moitos biquiños!!
Agora o império é máis pequeno e menos poderosso... e nós máis fortes ;-)
Bemvidos, é o único que se pode dicer!!!!
boa viaxe e quedo agardando o novo blog. Apertas!!!!!!!
iso hai que celebralo tomando unhas cañas na terriña, mentres pensas o nome do próximo blog!! (pregúntalle a casatlantica) :)
A foto do Colin é impresionante!!! Só lle falta falar. Bicos
Ei, e eu sen enterarme de nada... Que teñades boa viaxe e benvidos a casiña!! E xa nos veremos no teu novo blog!
estamos a agrdar polo novo blog!!!
hostia! eu q andiven estos dias algo offline, e entoreme d q vas rematar de escrever neste blog. eu pensaba q viñas de vacacións, e resulta q te ves de definitivo ... debinme perder algun post ... pois como din os outros blogeiros, foi un gran placer lerte; conseguiche -pola miña parte- achegarnos north carolina (so a coñecía dun amigon meu yanki, natural de ali e q vive en paris) desde unhos ollos galegos. teño q aplaudir a tu forma sobresainte de describir as tuas aventuras, as tuas impresions ... naquelas terras. e como xa che dixen algunha vez, e increible como escribias t o d o s os dias cousas interesantísimas!!! todo fin é triste, pero mais vale un bon fin q unha ma continuación. alegrome polo novo blog, xa na terriña, e estou moi curioso por ver como será! unha forte aperta dende madeira!!
Pois así haberá máis posibilidades de coñecelo pedriño. Deseguro que tivo moita culpa na idea de regresar a terra. Non sei...hai veces nas que tamén...volvería. Pero bueno, mañan voume de vacacións...alegría.
Que todo vaía bonito.
Non che hai coma aterra dun. Benvido
pois boa viaxe e benvido!
Festival Paredes de Coura
Norte de Portugal
(cerca de Vigo)
Entrada geral 70 €
Dia 15
Morrissey
Fischerspooner
Broken Social Scene
White Rose Movement
Madrugada
Gomez
Dia 16
Bloc Party
Yeah Yeah Yeahs
Eagles of Death Metal
Dia 17
Bauhaus
The Cramps
!!! (chk chk chk)
Shout Out Louds
Mais nomes a confirmar
Para informações detalhadas: www.paredesdecoura.com
Foi un placer viaxar polos EEUU sen moverme do meu confortable (é un dicir) sillote. Agardámoste na tua nova andaina blogueira. Boa viaxe...
esperamos o teu regreso! fui mui divertido ver os eeuu a través de ti ;)
Boa viaxe e bo regreso.
Bueno, qué? Xa hai tempo que chegáchedes e xa demos tempo para vos acomodar... para cando un "Eu e a Gz"????
Eso, que xa se che bota de menos...
Botámoste a faltar!!!!
¡Veña, meu! ¿Onde é que andas? Xa podías ter aparecido de novo por aquí (ou por algures).
Cando teñas novo site, deíxamo nun comentario.
Unha aperta e que todo vaia ben.
Únome ao coro: benvido á casa. A ver ese novo blog... Unha aperta
Ai o Colin...Escribe xa oh, que dá peniña velo na foto, parece que está a dicir: 'Acedre, escribe!!!'
Ola!!
Non é por meter présa, pero vese que temos mono das túas palabras... ;)
Agardo que todo vaia ben.
Enjoyed a lot! » » »
That's a great story. Waiting for more. C41sx driver epson printer Laptop barcode reader Measuring cholesterol levels Blonde screw Btr-9100 battery Free video of fat black pussy texas lotto winning number body type and losing weight Lamborghini murcielago rear Brand generic medicine nexium Best over counter appetite suppressant Running windows xp How to lose fat that isn&apost want how nicole richie is losing weight ephadrine fat loss supplements protein and supplements Co colony first insurance life Reconstructive facial surgery laporte Best payday loan credit Renault safrane automatyczna skrzynia biegw
Very nice site! » » »
Post a Comment
<< Home