Ishi, o derradeiro indio salvaxe

Hoxe a minha companheira Goya contoume como vivia en Guerrero, Mexico, antes de vir para o "norte". Vivia sen luz e sen auga e durmia debaixo dunha arbore. A casa que tinhan so valia para gardar cousas. Non cultivaba nada a familia que era "puritito" deserto todo. Tinhan unhas pitas pero cazaban muito no deserto. Nunha ocasion foi a unha vila en burra e fixoselle tarde para voltar e quedou a durmir na casa dunha senhora. Na casa habia muita luz e non estaba acostumada a iso. Aparte a neveira facia muito ruido e ela estaba afeita aos paxarinhos do deserto e non eses ruidos da civilizacion. Agora que esta no "norte" non quere regresar a aquelas terras que di que son terras de indios.
E falando de indios lembrei a a Ishi, o derradeiro indio salvaxe dos EEUU. Ishi era membro dunha tribu case aniquilada que vivia polas serras de California. Foron quedando menos e cando morreu a nai de vella el quixo morrer. Apareceu nunha granxa e chamaron ao sheriff. Ishi non sabia falar mais ca o seu idioma e viviu na carcere ata que o recolleron uns antropologos dunha universidade. O seu nome significa home na sua lingua e non se sabe o verdadeiro nome del porque era tabu dicir o propio nome unha persoa. Levarono a universidade e viviu cinco anos mais ata que morreu de tuberculose. Nese tempo mostrou como facer arcos, como facer lume, como facer unha chouza e como sobrevivir nas serras. Coa sua morte en 1916 desapareceu unha cultura e un modo de vivir totalmente alleo a civilizacion occidental.
Na foto esta Ishi ao pouco de descubrilo. Nesta paxina en espanhol din mais ou menos o que contei eu. Nesta paxina en italiano saen mais fotos e algo da historia dos indios en xeral e Ishi en particular.
Ata manha.
12 Comments:
Somosche moi "civilizados" os occidentais, así que vemos algo diferente estragámolo todo.
Ghanito leva razón.
As historias de indios que nos contas son moi interesantes e fermosas, salvo o final, por desgracia.
Saúdos :)
Xa o dicía o meu pai: o homre branco é a hostia.
GHANITOOOOO....non podo comentar no teu blogo
eu tampouco ghanito...civilízate home, e déixanos desconstruír algo.
Seguro que queriades poñer porcalladas . Teño que vos poñer vixilancia Ghe, ghe.
O que pasa é que o servedor da Blogaliza anda estrano estes días. :(
Interesante o que nos contas.
Moitas graciñas polo da foto do Colin ;)
Hi people
I do not know what to give for Christmas of the to friends, advise something ....
Hello. Good day
Who listens to what music?
I Love songs Justin Timberlake and Paris Hilton
Keep up the good work south san francisco liposuction Acupuncture face lift vancouver
Where did you find it? Interesting read » »
Post a Comment
<< Home