Lio cos billetes de avion

Esta fin de semana foi movida, movida.
Venres unha senhora confirmou que mercaba o noso coche e logo tivemos que ir ao aeroporto que habia problemas cos billetes. Polo caminho caiu unha treboada xa case rotinaria nesta epoca do ano. No aeroporto "atendeunos" unha tal Georgia do US Airways e dixonos que tinhamos que voltar o sabado que estaba todo aberto.
Sabado fomos e atendeunos unha tal Katherine Dunn e deunos os billetes pero que o can non o levaban. Dixonos que todalas companhias tinhan embargo de veran. Preguntamos en Continental e un tal Bill Raudenbush dixo que eles levaban cans pero como carga. Volvemos a US Airways e atendeunos Vickie S. e xa nos puxo os billetes saindo de Raleigh e voando con Continental. Logo fomos a Continental e Lisa B. dixonos que estaban os billetes confirmados e logo Ana chamou para confirmar o vo do Colin. Temos que levalo cedo o dia 17 e pagar tropecentos dolares por el (a prezo de marisco non, de angulas). Buscamos onde tinhamos que levalo e dixeronnos que ali non era que tihamos que levalo a facturacion normal. O dia 17 quen sabe que pasara.
En resumo: pares que saimos o 17 pero non sabemos se esta ben todo.
Despois fomos visitar os arxentinos a piscina e a noitinha ceamos unha barbacoa. E hoxe domingo xa foi mais de relax.
11 Comments:
Que fagan boa viaxe, con can incluído. Hai que ver cómo nos tratan ás veces os engreídos humanos
Como carga?
Pero hai un compartimento especial, non? Poñedelle unha mantiña por se acaso.
Boa viaxe!
Boa viaxe.
A verdade é que nos aeroportos pasa de todo...
Boa viaxe!
Aínda faltan días, pero imaxino que estades xa nerviosos e atareados...
Todo sairá ben e Acedriño pronto respirará aire galego.
Bicos
ainda vai chegar o cadelo e vós quedar na terra :D seguro que todo sae ben, boa viaxe!
Vaia lío!!
Menos mal que o día rematou ben, aí coa barbarcoa e a piscina... ;)
Que vos saia todo ben e boa viaxe, aínda que imaxino que haberá máis ocasións de desexárvola.
Bicos
Boa viaxe e benvidos de novo a Terra.
Apertas
¡Que listo o acedre! Chega o 17 pra non perderse o Mundial de fútbol :D
Parece que nos meses de veran hai un embargo e mandan os cans de distinta maneira que ao final e a mesma de todo o ano pero mais cara.
Ainda non rematou o lio da viaxe do Colin e quen sabe como rematara.
A min voar encantame. Voar refirome a estar no avion polo aire. Os lios dos aeroportos, as esperas, as carreiras, montar e desmontar...iso pode comigo.
Cando cheguemos a terrinha botaremos unha boa tempada sen subir en avion que xa nos chegou.
Gracinhas polos bos desexos e os comentarios. Chegaremos para o futbol pero non me interesa o mais minimo e o Colin levara a sua toalla na gaiola e un cacharro para beber e unha botella con auga conxelada picada para que beba aos poucos.
A verdade é que me dá que pensar o de colín, voando como equipaxe...
Un saúdo
Post a Comment
<< Home