Luitando contra as forzas da natureza

Estes tempos de calores incitan a pensar na praia e o frescor da costa.
A costa de Carolina e longa e aberta. As praias son areais longos e sen rochas pero o oceano e bravo aqui. Hai muitas tempestades no inverno e no veran non son raros os furacans coma o Isabel de hai tres anos.
A primeira vez que lin algo de Carolina era eu un rapaz e tinhan meus pais na casa "El mundo de los ninhos", dez tomos variados falando de todo cunha linguaxe sinxela e entendible. Falaba de North Carolina e do cemiterio do Atlantico que formaban os praceres perto das praias (praceres son areais poco fundos), un verdadeiro perigo para os barcos que embarrancaban. E para evitar estes praceres puxeron faros aqui e acola e un deles e o de Hatteras que e famoso porque como estaba en perigo de destrucion polo mar que comia a costa non se lles ocorreu outra cousa aos estadounidenses que desprazalo uns centos de metros nunha obra case faraonica descrita aqui.
A min os faros sempre me atraeron e tenhen un toque de novela de aventuras que chega ao fundo.
Na foto non sae o faro do cabo Hatteras que non localizo a foto nos nosos arquivos. Sae un faro en Miami ao que lle fixen a foto co sol mesmo onde iria a luz.
Ata manha que toca a graduacion dos alumnos do instituto de Ana e algo hei contar.
6 Comments:
Penso que eu tamén tiña na casa a colección de libros, ¿non era der cor azul claro?
Encántanme os faros.
A mín tamén me chaman a atención os faros, están estratéxicamente colocados...
Unha aperta grande.
:)
Eu tamén tiña na casa a colección de El mundo de los niños, que era de meu irmán. A edición que tiñamos era de cor vermella.
Eu tamén gosto moito dos faros, por sorte na Coruña temos un ben bonito. ;)
A coleccion El mundo de los ninhos era de tapas brancas e sairia a finais dos 70. Lembro o tomo numero 5 adicado aos animais e outro de contos do mundo.
Estan mui ben.
Os faros neste pais estan idolatrados e aparte sacan cartos coa montaxe que fan arredor deles: que se postais, que se camisetas, que se libros, etc, etc.
En verdade que son construccions humanas cargadas de alma.
Gracinhas polas vosas palabras a todos.
You have an outstanding good and well structured site. I enjoyed browsing through it Plastic surgeon statesboro Stainless steel kitchen counters
Post a Comment
<< Home