Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Normas para conhecer un lugar

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, June 07, 2006

Normas para conhecer un lugar

Esta foto topeina na interrede e non e minha pero poderia selo que foi feita neste estado hai tres anos.
Topei unha paxina dunha parella que percorreron 50 estados dos EEUU e fixeron muitas fotos e comeron muitas tortas e conheceron muita xente.
Na paxina tenhen escritas unhas normas que mais ou menos nos tamen tratamos de seguir.

As normas son:

1- Observa o mundo real. Sae fora das estradas principais.
2- Come tortas. Come onde comen os lugarenhos. Evita os restaurans de franquicia. Escolle millor a comida feita a ritmo lento que non a comida rapida.
3- Mira as vistas que outros perden. Non precisas visitar muitos parques tematicos.
4- Planea desfrutar co inesperado. Cando hai algo que che pareza interesante, investigao.
5- Proba novas cousas, novos lugares, conhece nova xente, nova comida, novas experiencias, etc.
6- Detente e cheira as rosas...ou a flor que sexa. Non hai presa. Desfruta a viaxe.
7- Pensa de maneira local. Escuita emisoras locais. Le periodicos da zona e mira television local.
8- Tira o millor de cada situacion. Se algo che semella aburrido, volve remiralo.
9- Anda fino. Mantente seguro. Esta alerta. Fai deporte diariamente. Circula co deposito cheo de gasolina.
10- Conserva a experiencia. Manten un diario. Garda lembranzas ... e tira un feixe de fotos.

Seguindo estas normas mais ou menos un pode chegar a ser un viaxeiro. Se non se seguen un non pasa de ser un turista.
E co esta racion deste pais despidome ata manha (se blogger quere que tamen iso e outra).

7 Comments:

At 9:34 PM, Anonymous Anonymous said...

Parece que "turista" vai sendo unha palabra cada vez máis devaluada, ¿non sí, Acedre? E con razón, a xente que recibe turistas acaba tendo noxo por aqueles que chegan a un sitio e agardan que os traten como si estivesen na súa casa ou mellor aínda, no canto de se integrar o mellor posible no lugar que visitan. É difícil, que atopar persoas que visiten un lugar e non o expoñan ós seus prexuízos.

 
At 10:19 PM, Anonymous Anonymous said...

Noto neste final de etapa americana que estas a te poñer saudoso.
Recoñezo que a min tamen foime duro deixar atrás os lugares onde vivín (mais ou menos tempo).
Pensa que Galicia agarda por vos.

 
At 12:10 AM, Anonymous Anonymous said...

En ocasións, penso que unha maleta é o máis parecido a un turista, vai aonde o levan.
saúdos

 
At 2:48 AM, Blogger Mr Tichborne said...

Onte contáronme a historia dunha parella arxentina que mercou un coche do ano do peido e chegou de vagariño ata ...Alaska!!

 
At 3:07 AM, Blogger Veloso said...

Son sabios consellos, sen dúbido. Coincido con Ghanito: nótaseche un principio de melancolía, pero seguro que dentro de quince días xa estás entusiasmado a contarnos novas do Porriño. Un saúdo.

 
At 8:34 AM, Blogger *Sara said...

Gustaríame poñer en práctica ese decálogo. :)

 
At 8:19 PM, Blogger acedre said...

Home, ten que notarse un chisco de saudade. Son tres anos da minha vida nun lugar totalmente diferente ao conhecido ata enton. Bueno, pasei case ano e medio en Londres pero e distinto.
Eu aqui non vin de turista (no 2001 vin 15 dias) que vin para botar unha tempada vivindo no lugar.

Eu non estou en contra do turismo e muitas veces seria a unica forma de viaxar que podemos ter muita xente. O decalogo ven a dicir que hai que empaparse de todo o que sexa novidoso para un e cunha mente totalmente aberta e consciente do que fai.
Dende logo, xa me gustaria a min ter o tempo e os cartos para poder facer coma esta parella ou os outros que foron de Axentina a Alaska nun perolo.
Bueno, a vida segue e habera mais viaxes e , se non, viaxinhas.

Gracias polos comentarios especialmente nestes dias que anda blogger a rabear.

 

Post a Comment

<< Home