Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: O mostro do veran

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, June 05, 2006

O mostro do veran


Cando venho caminhando do choio sempre miro este dinosaurio de edreiras que mete medo. Un mostro destes e o que lle ataca ao Colin coas calores do veran. Con que tenha unha pulga ou un carracho xa a ten montada. Esta noite pasada non nos deixou durmir que lle proia o cu. A ver hoxe se nos deixa durmir.
Aparte diso hai outros mostros como a incompetencia dos traballadores dos aeroportos que din que temos que mandar o can outro dia que o veterinario de Madrid non traballa nin venres, nin sabado, nin domingo. Seica non o sabian no momento de facernos os billetes. O mais seguro e que cheguemos os tres o domingo 18 a Madrid, Ana mais eu durmiremos en Madrid e o luns de manhancinha recolleremos o can no aeroporto. A ver se o conto remata asi.
Agora o Colin esta durmindo co Concerto de Aranjuez (a ver se lle dura).
Desexanos boa noite aos tres. O Acedrinho parece ir por libre e dorme cando lle peta e non necesita tranquilidade.

8 Comments:

At 10:38 PM, Anonymous Ghanito said...

Oes, ¿cando cheguedes quen nos vai contar desas terras dos EUA?
Se ides pasar pola T4 en Barajas xa contarás, que seica iso si é unha odisea.

 
At 12:38 AM, Blogger Veloso said...

Ides parar no Porriño? Xa hai prevista unha reconversión do blog? Saúdos.

 
At 3:27 AM, Anonymous leco said...

Xa veredes, cando todo teña rematado até vos fará graza ;)
O do cu do Colin, non sei se lle pasou antes pero eu tiven un can que tiña un problema coas glándulas que hai no cu e tiñamos de llas baleirar a cada tando porque senón andaba todo o día a arrastrar o cu polo chan.
Bks

 
At 3:43 AM, Blogger Peke said...

Así que xa volvedes dentro duns días. Que todo vaia ben.

 
At 6:38 AM, Blogger Kiko Novoa said...

A miña sogra (non quero chistes) fíxonos unha visita a pasada semana: recolleu unha maleta perdida na ida no mesmo aeroporto cando colleu o avión de volta. Con eso, dígovos todo.
Saúde!

 
At 7:40 AM, Anonymous opaco said...

Agardo que a viaxe sexa mellor que o lío que estades a ter cos preparativos :) De agasallo uns mapas antigos de NC

 
At 2:54 PM, Blogger Madeleine said...

logo o acedriño debe ser coma min cando ía cos meus pais de viaxe. Só que soamente íamos a Burela, coido que non había tempo (en realidade o que nos faltaban eran cartos, pero así quedo máis "pueblo llano")

Unha aperta

 
At 8:39 PM, Blogger acedre said...

Volvemos para o Porrinho e cambiarei o nome do blogo. Falarei do que me aconteza e do que se me ocorra. Xa sei que isto dos EEUU daba muito de que falar pero suponho que na terrinha tamen habera algo que contar.
O Colin esta algo millor e ainda non sabemos cando imos mandalo. Nesas andamos.

Gracinhas polos comentarios e polo agasallo dos mapas que e unha das minhas paixons de sempre: os mapas.

 

Post a Comment

<< Home