Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Piratas en Carolina

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, June 06, 2006

Piratas en Carolina



Hai uns dias vinheron actuar uns colombianos chamados "Sonora Dinamita" ao antro de Norlina. Unha rapaza do grupo leva un parche na foto e non sei se lle explotou un cartucho desa dinamita sonora ou a rapaza e unha pirata. Podes crelo porque houbo mulleres piratas por eses mares. E falando de piratas, o famoso Barbanegra tinha a sua base na costa de Carolina. Nesta paxina falase del (topeina en espanhol) e nesta outra (tamen en espanhol) saen distintas bandeiras piratas porque cada un tinha a sua.

Dende logo vou botar en falta estas terras coas suas cousas curiosas.

Manha e outro dia, nonsi?.

5 Comments:

At 3:37 AM, Blogger *Sara said...

Os nomes de orquestras e de grupos musicais dan para facer un estudo. ¡¿De onde sairán algúns?!
Seguro que cando esteas aquí seguirás tendo moitas cousas que contarnos. Se non é dos piratas de California, será dos da ría de Vigo. O importante é que seguirás sendo ti, co teu estilo, o que nos escriba. ;)
Un saúdo!

 
At 5:02 AM, Anonymous Anonymous said...

Interesante a túa paxina... Moi boa... Un saudo, contosdexallas.

 
At 5:06 AM, Blogger besbe said...

Ti, coma Barbanegra, tamén poderás dicir que fixeches de Warrenton o teu fogar e eso que pon nesa mesma ligazón que a finais do século XVII a piratería era un "vicio de moda"...a comezos destes poderiamos dicir que bloggear tamén o é.
Piratas á abordaxe, pois!!O Porriño semella bo sitio pra saquear.

 
At 10:13 AM, Blogger Veloso said...

Abofé que atopas cousas ben curiosas. Encantáronme as bandeiras, sobre todo esa do corazón (xente sensible, sen dúbida) e a deses dous, esquelete e pirata, que semellan estar bailando. Un saúdo dende a abafante tarde zamorana.

 
At 2:27 AM, Blogger Peke said...

Grazas polas ligazóns en español!

 

Post a Comment

<< Home