Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Xente estragadora

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, May 06, 2006

Xente estragadora



Hoxe fomos Ana mais eu a Rocky Mount. Temos que vender o coche e habia un profesor filipino interesado en miralo e fomos ata esa poboacion para mostrarllo. El non dixo nin que si nin que non e quedou en chamarnos. Xa decidira cando queira.

O caminho a esta poboacion e longo (45 millas, mais ou menos 60 quilometros) pero pintoresco. Pasase por zonas de bosques, outras de pastos, a casa das latas, casas ailladas e poboacions pequenas. Hai unha casa que sempre me admirou pola cantidade de xoguetinhos que ten aparcados fora e un dia fixenlle unha foto. Ese dia faltaba a moto acuatica pero o resto dos xoguetes estaban: un jeep, un quad, un deportivo antigo, unha lancha e un descapotable. Non sei a ti pero a min semellame demasiados vicios e estragar cartos tontamente, non ?. E nos a regatear polo coche.

7 Comments:

At 2:28 AM, Blogger Marcos Valcárcel López said...

Hai xente que quere ter de todo, aínda que non teña tempo logo de usalo: a natureza humana é así de imperfecta e egoísta. Por certo, hai por esas terras esas terríbeis motos de monte, de catro rodas, que pola Galiza se puxeron de moda ultimamente e que tamén andan polas estradas do centro das cidades facendo ruído e barullo para exhibición da "machosería" de turno? E que ademais din que destrozan pistas e todo por onde pasan pola zona rural... Supoño que nisto tamén copiamos aos eeuu.

 
At 2:35 AM, Anonymous Anonymous said...

A min o que me sorprende é ese aparente afán de o pór todo á vista, como se necesitase que o recoñecesen polos seus signos externos.

 
At 3:33 AM, Blogger Madeleine said...

Aínda estou a esperar a que mos devolva, empresteillos un día pero nada... QUE XENTE! ;)

 
At 7:43 AM, Blogger Peke said...

Ía comentar algo semellante ao de marcos valcarcel. Aquí en Nigrán están moi de moda os famosos quads (non sei se escribe así) que son un verdadeiro castigo para os oídos e a vista. Os usuarios van todos fachendosos enriba armando barullo para que os demais os vexamos ben. En fin!

 
At 9:26 AM, Anonymous Anonymous said...

Benquerido amigo, encantado de contactar a medio deste invento, que tanto se parece ás seccións de solicitude de correspondencia entre descoñecidos que viñan nas revistas dos anos sesenta. Conveño cos respetados Marcos Valcarcel e Gradicela no molestos que resultan os quades, que semellan vehículos lunares ou marcianos, na cidade, pero moito máis o son no medio rural, onde, a máis do ruído, estragan canto atopan por diante, principiando polo chan que arrasan,, facendo nos montes camiños de rodeiras que son coma pragas bíblicas. Deixando á parte a contaminación estética que supoñen os seus xinetes.
Un saúdo.
Xabier

 
At 11:57 AM, Anonymous Anonymous said...

Mentres no Norte xogamos, no Sur fabrican os nosos xoguetiños. Apertas.

 
At 5:12 PM, Blogger acedre said...

Iso dos quads pareceme unha papaxada para xente de pouco cerebro pero bueno...Eu miro mais loxico e emocionante unha motocross (aqui chamanlle dirty bike). A min nunca me gustaron polo medo a cair e, o que si me gustou, foi a bicicleta de montanha e ainda percorrin bastante do Val da Lourinha e arredores.
Unha vez na praia (cambiando de tema) habia dous rapaces falando e dixolle un ao outro: Eu son parvo. Tenho duas motos de auga e eu son un so. Eu pensei: Pois si seras parvo.

Pois nada, gracinhas polo tempo adicado a ler o que ponho e o tempo perdido en escribir un comentario.

 

Post a Comment

<< Home