Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: April 2005

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, April 30, 2005


Pendellos e prados perto de Norlina Posted by Hello

Sabado agrisallado na casa

Onte a tarde fomos Ana mais eu a piscina. Era o derradeiro venres de abril e habia a festa da familia pero non habia ninguen. Bueno, estaban os socorristas: Adan, Heather, Bethany e Robert. O Adan e mexicano e moi simpatico. Nos chamamoslle Shin Chan porque fai trasnadas e leva o banhador que parece o polon do tal Shin Chan. A Adan non lle gusta o nome que di que lle lembra a Sancho.
Tamen foi o cumpre de Ines, a chica arxentina e fomos cear co ela e a familia.
E hoxe quedamos na casa que ia facer un dia malo pero non e para tanto ao final.
Levo todo o dia fozando no blogomillo e hai de todo. Ana traballa e escuita musica e no de eurovision xa ten favoritos: Suiza, Alemanha, Servia e Montenegro e Lituania.
Eu so sain para mercar algo para facer Ana un postre e fixen a foto esta. Faltan os cabalos para darlle un toque mais bonito...outra vez sera.
Manha temos previsto ir a Richmond en Virxinia. A ver que tal dia fai.

Friday, April 29, 2005


O osinho triste pensando no seu futuro Posted by Hello

Unha historia cun final feliz

Hoxe chove aqui que semella Galicia nos bos tempos. Aparte diso todo vai ben. Hoxe chamaronme de Staffmark , a empresa de traballo temporal para quen traballo en Revlon, para que volvese ao choio este luns.
As rapazas estan no choio, o Colin esta ben lavadinho e descansando dos paseos e Tonho esta hoxe aqui ata manha.
O Tonho esta a facer un internado en Waynesboro, en Virxinia, a unhas tres horas de aqui. O sitio e un centro de recuperacion de animais salvaxes e o Tonho esta na sua salsa.
Ali entran muitos animais feridos e enfermos e uns acaban mal e outros tenhen un final feliz e a iso vou.
Hai unha semana chegou un osinho duns tres meses coma muito. O pobrinho quedou orfo que uns cazadores acabaron coa nai. Si, aqui cazanse osos e ben ghabachos que estan...
Pois alguen trouxo o bichinho que andaba perdido por eses montes e sen muitas esperanzas de sobrevivir de tan pequeno que e. No centro de recuperacion cuidaronno mui ben , con todo o carinho e o saber desa xente...pero o osinho estaba triste e asustado.
Ata que a xente do centro se puxo en contacto con outros centros e apareceu un que tinha o caso contrario e complementario: unha nai osa que perdeu a sua cria dunha enfermidade e a osa estaba triste tamen.
Os dous centros puxeronse de acordo e o de Virxinia mandou o orfinho onda a osa para veren se se aceitaban mutuamente...E asi foi : a nai e o fillo fixeron unha nova familia feliz e unida.

Thursday, April 28, 2005


Ana e mais Cris disfrutando da praia Posted by Hello


O Colin facendo amistade cun sapocuncho Posted by Hello

Paseos e praias

Pois si. Estivemos en Wilmington estes dous dias.
Ana e Cris facian un curso polas manhas na universidade e eu e mailo Colin dabamos voltas polos parques. Un parque e pequeno: o de Hugh Mcrae, e de curioso tinha un feixe de tartarugas tomando o sol que semellaban crocodrilos e un ninho artificial para morcegos.
O outro parque era o de Greenfield Lake. E un lago en plena cidade pero totalmente bravo e ata ten crocodrilos !!!. O lago e "swamp" que e coma as gandaras nosas, augas pouco fondas e muita vexetacion. O Colin mais eu demos a volta completa que eran mais de seis quilometros e habia un feixe de animais como garzas, tartarugas, parrulos, cisnes, gansos, ocas e os omnipresentes esquios aparte de mais animais...
Pola tarde fomos a praia de Wrightsville o mercores e hoxe a praia de Fort Fisher.
Non facia muita calor polo aire que soplaba pero non estivo mal de todo.
A noite do mercores ceamos no Rum Runners bastante barato e con dous pianistas que tocan en vivo e unhas camareiras xeitosas, je, je, que lles chaman as vixiantas da praia...

Dende logo, Wilmington e outra cousa. Ten bastante ambiente e esta bastante cuidado. E unha cidade un pouco mais pequena que Pontevedra pero con muita vida e muita luz. E coas praias a menos de media hora. Ten todolos servizos e universidade e un barco de guerra de museu.

E isto foi a viaxe en poucas palabras.
Ata outra.

Tuesday, April 26, 2005

Hoxe vou a Wilmington por dous dias

Iso.Vou estar ata o xoves a noite que as rapazas tenhen un curso ala.
Chau.

Monday, April 25, 2005

Outro luns po saco

Hoxe facia fresco porque o aire zoaba.
Fun co meu amigo Gustavo a Raleigh. Fomos coller unha caixa con libros e materiais escolares para Cris no edificio de educacion. Como hai medidas de seguridade fixeronnos un carne con foto e todo para entrarmos e...botariamos dez minutos ala en dentro !.
Era cedo e estabamos ao ladinho do Museo de Ciencias Naturais e ala fomos.
Este museo e bastante completo e de balde. Ten representacions dos habitats de Carolina ( un estado un chisco mais grande que Portugal ). Hai dende peixes a aves pasando por formigas, esquios, "possums" (principais victimas do asfalto), dinosaurios e un feixe mais. Tamen habia granito e o de aqui e o Mt. Airy granite que e branco con pintas. Tamen habia ouro neste condado e centos de cousas mais...pero estivemos unha hora e pouco.
A tarde fun a ingles e aprendemos mais "idioms". A profesora Natasha da un nivel un pouco alto para a maioria da xente e de feito alguns alumnos escaparon. Con Amy a cousa era mais doada e mais variada.
Cambiando de tema. Onte Ana entrou en Eurovision e estivemos escuitando as cancions e facendo a nosa votacion.
A musica e variada e rara e hai austriacos que cantan anacos en espanhol, portugueses que representan a Belxica, estonias representando a Suiza e unha holandesa a Andorra.
E mais nada. Chaucinho.

Sunday, April 24, 2005


Os nenos eran quen mais desfrutaba. Posted by Hello


Tamboreiros no powwow dos Haliwa-Saponi en Warren County, NC. Posted by Hello

Nada novo por aqui.

Hoxe foi un dia tranquilo. Como o tempo estaba frio non fomos facer ningunha excursion.
Despois de xantarmos fomos o ximnasio a nadar un chisco. Logo pasamos polo Wal-Mart e para casinha.
A fin de semana pasada foi mais movida. Fomos a un powwow, unha xuntanza de indios onde bailan o son dos tambores e dos canticos coa gorxa forzada.
Habia tenderetes de artesania e postos de comida e muito corido e xente de todalas cores de face e de pelo. Un bonito exemplo de integracion !.
Por Galicia sei que foi o dia do libro e a festa da Lamprea en Arbo...co ben que a fai minha sogra !.
Outro dia xa chimparei da lamprea e do vinho.

Saturday, April 23, 2005


Algunhas das misses. Posted by Hello


Hoxe houbo un picnic da VIF no lago Wheeler en Raleigh. Posted by Hello

Aqui estamos Tonho, Cris, Ana e mais eu.
A festa estaba organizada pola VIF, para quen traballan Ana e mais Cris. Estivo ben e o dia axudou que pensabamos que ia chover.
Despois fomos o Triangle e habia un concurso de misses.
Tamen estivemos no Barnes & Noble mergullados entre os centos de libros ata que nos doian os ollos.

Friday, April 22, 2005


Aqui estou eu en Wilmington hai unhas semanas.
Eu en Wilmington, NC Posted by Hello

2

Non sae a ligazon a esta terra

1

Estou de forzadas vacacions e non tenho en que pasar o tempo.
Aqui porei algunhas fotos desta terra.
Chaucinho.