Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: October 2005

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, October 31, 2005

Halloween


Nos EEUU o Halloween e unha festa para nenos mais que nada. A iso das seis da tarde saen en grupos pequenos normalmente acompanhados dalgun adulto que hai muito medo a pervertidos que ponhen cousas daninas nas lambonadas que os nenos conseguen nas casas.
Hoxe vinheron a casa cinco negrinhos e o Colin ladrou e eles liscaron co rabo entre as patas pero logo volveron e Cris deulles chocolatinas (Ana mais eu non estabamos). Aparte dese grupo apareceu Maggie, a nena arxentina, acompanhada do seu irman Pichu e levaron un feixe de lambonadas.
Os maiores non se disfrazan. Bueno, agora empeza a haber clubes e discos onde a xente se disfraza pero non e mui habitual. En Chapel Hill seica hai movida abonda pero e que e unha cidade universitaria. A policia proibiu o alcol nas ruas e a unha e media de noite todos para casinha.
Manha non e festivo, nin tan sequera para os nenos e onde si e festivo e en Mexico onde celebran o dia dos mortos. Esa celebracion sonsiste en montar altares nas casas con comidas e doces e pan de mortos (que sae na foto da dereita ). Os doces tenhen forma de osos e caveiras (foto da esquerda) e se morreu un neno na casa ponselle o nome na caveira. Xa sei que soa un pouco macabro pero o costume e asi.
Pois non hai mais nada por hoxe. Ata manha.

Sunday, October 30, 2005

Ceas chinesas


Onte sabado convidamos a cear aos arxentinos pola despedida de Tonho que volve a terrinha neste mercores para comer o turron. Pedimos cea chinesa no restauran chines de Warrenton e de sobremesa ceamos castanhas asadas. Magoa que non houbese vinho novo !.
Hoxe domingo fun traballar e Ana aproveitou para mercar un xersei tirado de prezo no Goody's.
Cris e mais Tonho foron a venda de libros pero non mercaron nada.
Despois do choio tocou rapa das bestas na minha cachola e logo fomos cear ao Bamboo Garden en Henderson que nos convidou unha mestra filipina. A cea tamen foi o seu home que se chama Tom Pinlac e botou vinte anos embarcado. Foi tamen Deivis, o colombiano ao que axudou Ana despois de que a filipina o botase da sua casa que o home estaba ciumento. A cea estivo ben que era buffet libre e da para probar o que hai. Eu ceei gambas cocidas e fritas con fideos e verduras e tamen probei ancas de ra que nunca probara na minha vida. A min souberonme a polo frito e fixome lembrar cando probei crocodrilo que tamen sabe a polo pero duro coma a sola dun zapato.
E manha e luns de Halloween e van andar pola vila adiante os rapaces disfrazados e chamando nas portas coa frase tipica "trick or treat" que ven dicir algo asi como "trasnada ou golosina".
E iso e todo neste domingo.

Saturday, October 29, 2005

Venda de libros



Hoxe a biblioteca de Henderson vendia libros a prezos tirados: cincuenta centavos por libro de tapas brandas e un dolar por libro de tapas duras. Manha e a venda final que consiste en encher unha bulsa a tres dolares. Hai dous anos houbo esa venda e pasamolo mui ben enchendo unha bulsa o Tonho mais eu. Este ano non creo que o fagamos porque os libros pesan e temos muitas cousas para levar de volta a casa. Dame magoa polos letrasferidos que non poden aproveitar esta oferta especial.

Polo resto non hai muito que contar. Hoxe traballei ata as tres e media, logo fun a venda de libros e mais tarde en Warrenton fixen fotos dos "dogwoods" que estan cunhas follas vermellas de cor explosiva. Tamen fixen fotos de casas e unha mui adornada de Halloween.

Con respecto aos demais, Tonho foi a un curso a Durham e Ana e mais Cris foron co el e aproveitaron para iren de compras. Ana mercou unha saida hippie de cor lila e logo mercou castanhas e un pan artesan que de sabor non queda atras co da terra. Iso si no prezo hai diferencia, claro.

E asi foi este dia outonal con manha de xeada e tardes soleada pero fria. E hoxe toca cambiar de hora e vou poder durmir unha hora mais que boa falla me fai que manha hai que volver ao choio...e menos mal que o tenho, non?.

Manha xa verei o que comento.

Friday, October 28, 2005

Cancion para inmigrantes


Co este sinal avisan as autoridades aos conductores de que hai inmigrantes cruzando a estrada na fronteira dos EEUU con Mexico.
Esta manha oin unha cancion na radio de Los Tigres del Norte que se titula Jose Perez Leon e trata dun mexicano que quixo entrar de "mollado" nos EEUU e morre cando queda sen aire el e mailos companheiros no camion que os levaban. Impresionoume muito e non podo evitar falar diso.

E para que non sexa triste o meu comentario de hoxe ponho aqui unha noticia que tamen comentaron na radio dun preso que dmanda a Deus por non levalo polo bo caminho. O que non ten escusa e que non quere.

E agora a durmir que son horas e tenho que madrugar.

Thursday, October 27, 2005

Os mecanicos de Revlon

Onte non escribin que tivemos problemas coa interrede e case non tivemos e eu non tiven muito tempo para escribir e ademais non tinha ideas. Bueno, minto, sonhei que voaba e habia unha cheeeea de tempo que non sonhaba que voaba. Non lembro muito do sonho que o despertador estragouno pero sei que era nunha paisaxe fermosa e penso que era nun caminho en Acedre...ou parecia.

Hoxe traballei cos champus e mirei un mecanico que habia tempo que non o miraba pola Revlon e decateime de que nunca che falei dos mecanicos, unha elite na empresa.
Eles acostuman ser brancos (que raro, non?) e tenhen uniforme de pantalon azul marinho e camisa celeste con viseira vermella que pon escrito "Engineer" que e mecanico en ingles anque soe rimbombante. Hai varios e acostuman a pasear coas mans nos petos que lles ha de cheirar a facotexo. Muitos tenhen barba ou bigote e tenhen que levar unha redecinha por baixo do nariz. E agora vou describir varios dos que deambulan pola fabrica.
- "O Pinabrancas". Este ten un coche con matricula "Hooked4you" que ven a dicir "Colgado por ti". Tonho mais eu bautizamolo asi porque so fala con rapazas brancas e o resto non existe. Muitas veces leva un pantalon militar de camuflaxe. El paseo mascando chicle e presumindo de musculos anque xa ten un pipotinho xeitoso. Ten o pelo (o que lle queda) rapado ao cero e debaixo da matricula chuzou outra coa bandeira surenha.
-"O Quilometrico". Bautizado asi polo longo e enxuto que e e polos quilometros que fai no dia. Vai pola fabrica coma un zombi e apenas fala. Nas mans sempre leva luvas e estan limpinhas. Hai veces que leva un pano na man ou unha aceiteira. Para que, non mo preguntes.
-"O Papa Noel". Chamolle asi porque ten umha barba inmensa e branca e fai muita gracia coa redecinha posta. A este gustanlle as Harley Davidson e os cabalos, afeccions tipicas de brancos. A ver, dime cando miraches un moteiro negro, eh ?.
-"O Castor Bolechudo". Este ten dentes grandes que daban para rillar un carballo e e grande e mais lacazan que a chaqueta dun guardia. Esta casado cunha mexicana de raza branca e ollos azuis e o fillo mais pequeno so fala espanhol e a el fodelle bastante porque e o tipico surenho ("redneck").
E para rematar esta "O Hitlerinho". Chamolle asi porque ten un bigote e un fisico parecidos. Este da gusto velo traballar. Cando hai algo escangallado ali aparece el e amanhao mentres os outros todos estan reunidos comentando a xogada e facendo vult. Traballa tanto que nos descansos esta todo nervioso, fumando e escribindo notas. Cando non esta nunha linha esta no seu carrinho de ferrramentas fedellando.
E iso e todo por hoxe. A ver o dia de manha que nos depara.

Tuesday, October 25, 2005

Racismo subtil.


Hoxe morreu Rosa Lee Parks. Eu non sabia nada dela pero resulta que foi unha das pioneiras dos dereitos dos negros nos EEUU.
A situacion legal cambiou muito en cincuenta anos e agora toda a xente e igual por lei. Pero resulta que na practica hai unha lei non escrita onde funciona o archiconhecido "xuntos pero non revoltos" e nesta vila hai funerarias, perruquerias e igrexas distintas se un e branco ou negro. Por suposto non esta proibido ir por exemplo a unha perruqueria de negros pero da un nonseique que bota para atras.
A situacion real non cambiou muito nestes anos e non leva trazas de cambiar mui rapidamente. Por exemplo, no instituto ou mesmo na Revlon; brancos e negros traballan e estudian xuntos pero cando tenhen un tempo libre xa se xuntan os brancos cos brancos e os negros cos negros. Hai casos de mestura pero son os menos e case anecdoticos.
Os nenos brancos do instituto o que mais odian e un "whigger" que non e outra cousa que un rapaz branco que se xunta e leva a mesma indumentaria que os negros. E se unha rapaza branca ten relacions cun negro xa a deixan de lado como apestada e non topara noivo formal na zona.
Co tempo ira cambiando a cousa pero de momento esta desta maneira.
E mais nada por hoxe. Manha seica e outro dia.

Monday, October 24, 2005

O anticipo do Wilma


Hoxe chove e fai frio. O aire sopla con forza as veces. Estamos co adianto do Wilma que anda pola Florida facendo das suas. En Mexico fixo bastante destrozo, cousa que xa saberas de sobra. A Carolina do Norte non vai chegar. Mandara frentes chuviosos coma este e pouco mais.
Do resto todo con normalidade total: choio, piscina, Wal*Mart e casinha. Consultando as ligazons enteirome que hoxe e o dia mundial das bibliotecas via Naufrago e que manha vai ser o dia de Internet via Galiciaencantada. Tamen tenho conhecemento via Colazo dun Big Brother que fai propaganda do mundo blogueiro galego e descubro unha Corunha mais localizada en...Australia !.
Pola minha banda vouche mostrar a foto da flor do tabaco, para que mires que non todo o relacionado co tabaco e malo.
Deica manha.

Sunday, October 23, 2005

A casa nova dos arxentinos



Hoxe tamen traballei e rematei algo canso. Despedinme da xente ata o luns como se houbese un fin de semana por diante e riron.

Pola tarde fomos ver a casa que lle estan a facer aos arxentinos en Rolesville, xa perto de Raleigh. Como podes ver na foto a casa esta case rematada e vanlla dar en decembro. A casa e ben xeitosa e esta nunha urbanizacion tipica americana e tenhen piscina comunal e cancha de tenis.

Logo demos un paseo polo parque novo da vila e o Colin puido estirar as patas. E na casa fixemos fotos para entrar no sorteo da Tarxeta Verde. Hai poucas posibilidades (menos de 0.5%) pero hai que intentalo, non e?.

E iso e todo. Manha sera posible que haxa algo.

Saturday, October 22, 2005

Sabado de choio

Hoxe tocou traballar. Foi dende as seis as doce cun descanso de vinte minutos que non dan para nada. Polo caminho do choio vin unha zarigueia?, un possum; que e tipica carne de asfalto. E no choio foi todo case sen novidade. Bueno, minto; a unha rapaza deulle un yuyu e esvaiuse no posto de traballo. Demoslle aire e vinheron buscala nunha silla de rodas que estabamos a traballar perto da enfermeria. Parece ser que a rapaza esta gravida e que lle deu un esvaecemento tipico dese estado.
Na casa estaba Ana a esperarme cunha tortilla de patacas e logo fixemos a dixestion para irmos a piscina. Na recepcion estaba Frank Russell, cherokee e orgulloso de selo, que fala coas mulleres e cos homes nin pio e con cara de malas pulgas. Nadando estaba Dennys que levaba dende abril sen aparecer porque estivo a cuidar do pai que ten Alzheimer.
Volvemos para casa e andei pola interrede adiante e topei o fin do xogo de Super Mario Bros gracias aos servidores da Cova do Dragon Negro que tenhen ligazons interesantes.
E agora vou durmir que manha traballo e non de cura precisamente que estes fins de semana ata Nadal vexoos ocupados que hai que producir para os agasallos nataliceos.
Pois nada. Ata manha.

Friday, October 21, 2005

Arco do trono

Hoxe amenceu con mollaparvos. No choio falei con Juan, un mexicano que limpa os banhos. Falamos do tempo e dixo que lle chaman "chipichipi" a ese tipo de chuvinha. Fixome lembrar aos meus primos de Canarias que lle chaman "chispear" a ese tipo de precipitacion ou o tipico nome de "txirimiri" que sobrepasa as fronteiras linguisticas bascas.
E tirando do fio pregunteille se tinhan algunha historia relacionada cos arcos da vella ou o arco do trono que e como lle din en Arbo. E contoume unha. Juan dixome que cando aparece o arco din na sua terra que os arcos de cores estanse a casar e que non vai chover en sete dias e dixome que doutro lado do arco chove forte e deste non. En Honduras din "esta pariendo la venada" cando chove, fai sol e hai arco da vella. Un conhecido meu da Caniza di que estan as meigas a peitearse e semelloume unha imaxe bonita e poetica como poucas.
Os arcos da vella tenhen nomes bonitos e estan rodeados de lendas curiosas en todalas culturas do mundo. Dende os indios americanos, os incas ata os brasileiros con raigame africana pasando polos irlandeses e os galegos que din que onde nace un arco da vella hai un caldeiro cheo de ouro.
E sen mais, despidome ata manha.

Thursday, October 20, 2005

Horta de outono



Por aqui segue facendo calor e temos o xardin feito unha selva que non venhen segalo. E xusto debaixo dos comedeiros dos paxaros naceunos unha hortinha coas sementes que espallan os paxarinhos ben estradas coas suas cachichas.

Agora mesmo temos un xirasol, unha pranta de calacus, millo e non sei que mais saira dai.

Para a semana que ven xa pronostican mais frio e xa morrera o xirasol. Nesta paxina (en ingles) falan dos xirasoles e mais prantas.

E o outono avanza e aqui podese saber como van as cores da follaxe no estado de Carolina movendo a folla que fai de frecha (preme no fall color view).

Na zona oeste e onde se topan os millores bosques e hai montanhas. Nos estamos no centro que e zona de semichairas co seu aquel pero sen chegar a beleza das montanhas Apalaches.

E isto e todo por hoxe. Manha pode ser que haxa algo mais.

Wednesday, October 19, 2005

Wilma e a tele

O furacan Wilma esta lonxe e agora e de categoria 5. A categoria e indecisa e chegou a ser o furacan mais potente do oceano Atlantico. Esta previsto que chegue aos caios de Florida ala polo sabado pero con menos forza. Ogalla que asi sexa.
No choio todo foi ben. Emma (the big black lady) que e unha senhora grande que ten unha cara que se a topas de noite foxes, dixome para traballar o sabado e o domingo e dixenlle que si (seguro que dei positivo no test de droga, ha, ha).
Susan, a indonesia, vai a un cursinho de espanhol en Revlon que e gratuito. A Susan sinalaba e dicia: naris, okos, cabesa. Logo quedou pensando e dixome: Cabeso for men. Eu rin e dixenlle: Cabesa a de arriba, a de abaixo (sinalei para onde pensas) e cabeso. Ela riu e chamoume loco, crazy e guila (tolo en indonesio).
Pois mentres ela aprende espanhol, eu lembrei os programas infantis nos que aprendia ingles como os Teletubbies (non e para rir asi que deixa de rir).
e falando da tele, hoxe puxeron un documental sobre a inmigracion mui interesante. Tamen o programa foi na PBS da UNC (public broadcasting station da universidade de Carolina do Norte) para min unha das poucas cadeas televisivas boas e, se sabes ingles e gustanche os documentais, nesta lista hai para dar e tomar.
Un saudo e ata manha.

Tuesday, October 18, 2005

Proba sorpresa



Fun traballar coma sempre e cando estaba no descanso das duas dixome Bob Campbell, o meu xefe de Staffmark, que tinha que facer un test sorpresa de droga. Viunos buscar unha furgoneta a min e a catro mais e fomos a Henderson a mexar no botinho. Cando voltei a Revlon andaba Dennis Clayborne na minha busca. Preguntoulle a Sandra se sabia de min e preguntou a mais xente. Cando foi a oficina de Staffmark xa lle dixeron que eu marchara ao test de droga e xa quedou tranquilo. Bob mandaralle un emilio pero o outro non tivo tempo de ler o correo e non sabia nada de min.

A tarde Ana saiu tarde e non fomos ao ximnasio. Millor porque eu tinha malletas de correr pola pista e de andar na bici onte. O xoves abren a piscina e por fin farei algo en mollado que o exercicio en seco acaba comigo.
E pasamos a tarde na casa. Ana estivo buscando hotel para os dias de accion de gracias. E Cris e Tonho buscaron vo para ir no Nadal a casa.

O tempo esta quente como dicia ao primeiro e o algodon esta a punto para ser apanhado. Antes faciase a man como fago na foto, pero agora hai maquinas monstrosas que arrapanhan con todo e logo quedan os caminhos estrados de algodons.
E como esta o tempo tan caloroso os grilos e as carriolas cantan e as barbantesas (que aqui son enormes) van atras deles. Os gansos que migran de Canada cara ao sur pasan por estes ceos chiando e algo perdidos pola calor que fai paran nos estanques das granxas e dubidando de se xa chegaron ao seu destino.

E xa non hai mais. Manha e outro dia.

Monday, October 17, 2005

Furacan Wilma a vista !


Pois si. Eu estaba na bibicleta do ximnasio, lendo unha revista e mirando unha das teles cando deron as novas. Falaron dunha manifestacion de neonazis en Toledo, Ohio e logo falaron dunha tormenta tropical que se esta a formar perto de Honduras e que para o sabado ou domingo chegara aos EEUU. Os meteorologos cren que vai entrar por Florida e cren que vai ser forte. Espero que todo quede en menos grave do previsto. Despois deste furacan empezan co alfabeto grego porque o alfabeto latino xa esta copado neste ano de record de furacans. Hai que remontarse ao ano 1933 para topar tantos furacans nun ano !.
Deica manha.

Sunday, October 16, 2005

Arte, cinema para coche e unha fada


Hoxe non saimos. Fai bo tempo. Corre unha airexa un algo fresca pero o sol pega. Van vir os arxentinos tomar un cafe e estamos na casa. Ana esta facendo un traballo de ordenador para a clase. Cris corrixe traballos. O Tonho esta coa internet a voltas e eu tamen.Topei arte galega de Urbano Lugris e cando aforre mercarei algunha obra del. Tamen busquei os tipicos cinemas das pelis onde vas co coche e a noiva a mirar unha pelicula. En Henderson (a vinte minutos) hai un pero fechou. Hai outro en Durham a unha hora da casa e temos que ir un dia. Estivo fechado e abriu de novo en agosto e polas manhas dos sabados aproveita para montar un mercadillo no recinto. Iso chamase buscar negocio.E tamen explorando topei un mercadillo medieval que fan en Charlotte (xa queda lonxe) e non puiden evitar subir a foto da fada que e de pelicula.E iso e todo por hoxe. Que a folga de transporte na terrinha non vos afecte muito.

Saturday, October 15, 2005

Yard sales nos sabados



Aqui e mui tipico montar 'yard sales' nos sabados que consisten en por a venda as trapalladas que sobran na casa. Na foto sae unha montada en Warrenton.

O dia hoxe estivo soleado e quente pero parece ser que o luns xa baixan as temperaturas.

A manha adiqueina a fuchicar na interrede aparte de limpar e lavar ao Colin despois de que Ana o rapase. A tarde fomos a piscina e logo fomos ao Target de Wake Forest a uns trinta quilometros de Henderson...e agora estou aqui, despois de cear unha pizza do Milanos, o noso proveedor das noites do venres ou do sabado.

Na internet topei un video onde un reporteiro da CNN pregunta a xente da rua cal debe de ser o proximo pais para invadir nesta querra contra o terror e logo mostraba un mapa e a xente tinha que cravar unha bandeirinha onde cria que estaba o pais en custion que tanto podia ser Francia, como Italia, como Corea do Norte, Iran, Brasil... e asi a recua de paises 'inimigos' dos EEUU. E os resultados son divertidos abondo.

Esta xoia de video topeina no blogo do Regueifeiro e ven a reforzar o meu comentario pasado sobre a falla de conhecementos xeograficos na xente deste pais.

E mais nada. Ata manha.

Friday, October 14, 2005

Marcela e a cea no "chisqueiro"


Hoxe en Revlon acabamos cos champus antes da hora do xantar e, menos mal, porque nada mais empezar e eran as sete e cinco e xa estaban as mulleres 'Oh, lord', 'I'm tired', 'I'm ready to go home' e demais expresions de cansazo.
Logo de rematar fomos a outra linha e estaba case a minha beira Emma, a hondurenha, que lle andan detras todolos homes e non sabe que facer. Eu conteille a historia de Marcela e Crisostomo do Quixote que a tal Marcela non tinha a culpa de que a perseguisen que ela non daba pe para semellantes ilusions e que non era culpa dela. Eu non sei que pasa. A tal Emma non e para tanto pero todos a queren "tronar" (como din en Centroamerica).
Pola tarde fun buscar a Ana e quedamos atrapados no centro de Warrenton que habia o desfile dos candidatos a rei e rainha do 'homecoming' que son coma os embaixadores do equipo de futbol americano do instituto e ala ian os candidatos sentados na capota dos coches con cartaces dicindo 'vota por min'. Resaltar que unha das candidatas chamase Jalishia anque non o creas (isto dos nomes da xente aqui da para un comentario futuro).
O desfile estaba precedido polas animadoras e o coche do director e estaba pechado pola banda de musica coa sua musica tan peculiar que me lembra ao Planeta dos Simios e aquelas musicas raras dos 70. Este ano a banda esta formada cen por cen por negros que o ano pasado tinhan un branco despistado no medio deles.
Logo fomos a Raleigh a cear e fomos ao "chisqueiro" que non e outro que o Cheesecake Factory da foto e estivo ben. Ceamos fora e xa fai fresco para andar de manga curta. Logo demos unha volta polas tendas e xa estaban a pechar que eran as nove e media e logo tiramos para casa. E entre pitos e flautas xa e a unha da manha.
Asi que me despido ata manha ou pasado.

Thursday, October 13, 2005

Hoxe tocou traballar.


Pois si. Hoxe estivemos unha chea de xente na linha dos champus e, como estaba avariada a embaladora, tivemos que facelo a man. A xente estaba cansa e suspiraba e dicia: Oh, Lord! e comentaban o cansos que estaban e as ganhas que tinhan de iren a casa. Dende logo a xente aqui non esta acostumada ao traballo duro e asi venhen mais e mais mexicanos como explica este artigo topado na interrede.
Por outra parte, manha empeza a Feira do estado en Raleigh. Ana mais eu fomos hai dous anos e non estivo mal. O malo e que hai que pagar entrada e logo ainda se paga nos postos de comida e as atracions diversas e non e mui barato que digamos. Era sabado e estaba cheo de xente e apenas se podia caminhar.
Nunha feira desas hai mostras de gando, de artesania, musica, atracions como as das festas e logo atracions particulares deste pais como carreiras de porcos, exhibicion do cabalo mais pequeno do mundo ou a serpe mais grande qe non deixan de ser trucos tipicos de espellos ou unha "car demolition" onde os coches chocan uns contra os outros ata que deixan de andar.
Un mundo aparte e a comida. Hai centos postos de todo: dende crocodrilo (sabe coma o polo pero mais correoso) ata salchichas e xelados que aqui estan enamorados dos xelados. O que non hai e alcol nin empanada nin pulpo e da magoa ver os vellos comendo unha hamburguesa e baixandoa cunha coca cola.
Tamen miramos unha danza de indios e un Buffalo Bill que era mui simpatico e facia diabluras co latego.
En fin, esta ben visitar unha feira destas como experiencia para conhecer un pouco deste pais. E aqui esta o exemplo da State Fair de Indianapolis.
Ata manha.

Wednesday, October 12, 2005

Dia de la raza


Nos EEUU hoxe non e festivo e pouco se fala da celebracion de hoxe. Na radio "La ley de las Carolinas" recordou que hoxe foi o dia que Colon descubriu America e "empezou o intercambio cultural". Por suposto que o dixeron con sarcasmo. Sexa o que for a historia esta ai e este dia apareceu un novo continente para os europeos. Os primeiros en saber da volta das carabelas foi a vila de Baiona e por iso hai en Migran unha praia chamada America (o nome galego propio e Arealoura).
E mentres aqui o dia foi normalinho de todo; na Corunha estaba Sir Paco facendo das suas e digo eu que a culpa non e del senon de quen lle fai caso e parece que non son poucos.
Tamen o rei estivo en Madrid no desfile das forzas armadas e en Zaragoza son as festas da Pilarica.
Espero que todos pasarades un bo dia festivo.
Deica manha.

Tuesday, October 11, 2005

Xantar surenho


Hoxe en Revlon houbo xantar da minha area.
Cada certo tempo dan un xantar e aproveitan para comentar como vai a area e cales son os obxectivos.
O menu non e nada variado. Consiste en polo fritido con garnicion surenha. A garnicion e de "hush puppies" que son os que saen na foto e son unha especie de croquetas de farinha milla con ovos, leite, cebola e farinha triga e non estan mal. O nome parece ser que era o que lle daban aos cans para que estivesen calados. Tamen habia "potato salad" e xudias guisadas con bacon.
A comida surenha non se caracteriza pola sua exquisitez e non vai ter fama nunca. Comento isto aqui para dicir que non so comen hamburguesas e cachorros quentes e hai comidas tipicas anque dunha calidade non mui ala.

Despois da piscina non tinhamos ganhas de facer cea e Ana mais eu ceamos comida chinesa que e mais rica que a surenha e vainos millor.

E cambiando de tema, xa estou no blogomillo. Asi que non sei que esperas para engadir a tua bitacora e agrandar a blogosfera galega.

Saudos e ata manha.

Monday, October 10, 2005

Este mundo anda revolto


O mollaparvos segue dominando o panorama por aqui.
No choio foi un dia doado que estiven ao final da linha metendo caixas de champu no pallet. Estiven con Phillip Fleming, un branquinho de vintetres anos que esta medio careco. Quere aprender espanhol pero cada pouco tempo dicia: "No more Spanish". Eu calaba e dali a pouco preguntaba por palabras e expresions. El sonha con conhecer unha muller caribenha (calquera non sonha co iso) pero non ten cartos para viaxar. Eu digolle que fai fogueiras cos billetes porque tinha que ter cartos... E asi pasou o dia.

Eu ia botar unha carta pero a oficina de correos estaba fechada por "Columbus Day". Aqui non se celebra o 12 de outubro senon o segundo luns do mes adicado aos italianos.
Neste pais os festivos son rarisimos e hai institucions que traballan e outras que descansan e non sabes nunca quen desfrutara do festivo.

E o resto do mundo mundial segue cos seus problemas de fames, guerras, emigracions, desastres naturais e problemas de violencia e politica asi que ponho esta foto para darlle un chisco de humor ao comentario de hoxe.
Ata manha.

Sunday, October 09, 2005

Chuvia e mais chuvia


Hoxe choveu todo o dia. Cris mais Tonho quixeron cambiar a camara que lles da problemas pero non lla cambiaban. Tinhan que amanharlla e ian botar seis semanas para facelo. Asi que volveron co ela para casa. Un chivatazo: o Tonho esta a deixar barbas.Ana mais eu quedamos na casa. Visitounos Gustavo e falamos de mil cousas. Logo eu escribin unha carta (case non sei escribir a man) e fuchiquei na interrede. Resulta que eu escribo no meu galego e hai traduccion para o ingles que soa mui ben. Tamen consultei as novas sobre a fronteira en Melilla que me fan lembrar as batallas fronteirizas desta terra e as pegatas para os coches. Tamen souben dos desastres naturais en Guatemala e Pakistan. E para darlle un toque alegre ao comentario ponho unha foto de agropopart Made in USA.Manha sera un novo dia.

Saturday, October 08, 2005


Cabazo en Ove, Ribadeo, LU. Posted by Picasa


Cornshed de Macon, Warren County NC Posted by Picasa

Canastros aqui e acola.

Con canastros quero dicir horreos. E o nome mais extendido polo Porrinho adiante e mais zonas. Tamen esta a forma calustra pero e nunha zona mais pequena que pode ser o Val da Lourinha. As calustras acostuman ser os horreos de madeira.
Aqui nos EEUU non hai muitos, bueno, case non hai. Os poucos que hai conservanse ou restauranse pero xa non se empregan (penso). E ponho a foto dunha reconstruccion perto de onde vivo que semella unha casa dos Alpes e e facil imaxinar a Heidi asomada na fiestra.
A outra foto e dun cabazo lugues que esta en venda en EBay por 1000 euros !. Hoxe e o ultimo dia da subhasta e podes mercalo para a tua horta se queres.
E estas son as cousas que pensei para o comentario de hoxe que aqui houbo chuvia e treboada e non houbo muita interrede.
Saudos e manha habera mais.

Friday, October 07, 2005

Homecoming e as maras.


Vaia titulo raro, eh?.Explicome. Hoxe venres era a eleccion da rainha do "homecoming" pero o dioivo que cae do ceo anulou a cerimonia.Ana e varios alumnos saen na foto disfrazados no instituto. Eu non me disfracei que non vou ao instituto para magoa do anonimo do comentario do outro dia.No choio enteireime de algo do submundo mexicano que acrara a segunda parte do titulo de hoxe. Resulta que en Revlon hai unha empresa de limpeza que carreta o lixo e xunta o carton e como non pode ser doutra maneira, a maioria dos traballadores son mexicanos sen papeis. Hai un deles (que pilota o carro de lixo co nome poetico de "El sonhador") que anda detras de Emma, a hondurenha. Ela pediume consello que non quere saber nada del porque o rapaz e "marero" e esta nunha "mara" que e unha especie de mafia ou pandilla perigosa como podes comprobar nestas duas ligazons. Eu dixenlle que non lle fixese caso e a ver se ten sorte porque o rapaz pode ser perigoso e a ver en que queda a cousa.Ao sair do choio mandei a solicitude de prorroga de permiso de traballo. Aparte do papeleo e as fotocopias mandamos duas fotos que custaron 8$ . Tamen tivemos que mandar outros 175$ nun cheque ao que hai que engadir o gasto de 5,60$ pola carta certificada. Todo suma 188,60$ so para conseguir un permiso de traballo...Vaia "gran" pais este da liberdade e demais gaitas que so cren eles ou queren crer!. Aqui non e gratis nin o aire das rodas nas gasolineiras...Aburinho.

Thursday, October 06, 2005

Mes da herdanza hispanica.

Dende o 15 de setembro ao 15 de outubro e o mes da herdanza hispanica nos EEUU.
Celebrase neste periodo de tempo porque coincide coas datas de independencia de Costa Rica, El Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua, Mexico e Chile e suponho que tamen pola data do descubrimento de America por Colon.
No museu Exploris de Raleigh hai actuacions musicais todolos sabados para conmemorar este mes.
Nesta zona hai dous periodicos en espanhol gratuitos: Que pasa e La Conexion.
Todo son celebracions e fanfarrias pero sendo so o 6% da poboacion de Carolina latina, perto do 50% dos mortos laborais do estado son latinos.
E, a proposito, morreu hoxe un rapaz de 24 anos nunha obra no Porrinho.
A ver se todo cambia e prospera a comunidade hispanica. Exemplo de prosperidade e o asunto de que o autografo mais desexado dos EEUU sexa dunha o dunha latina: Rosario Marin, tesoureira dos EEUU, que asina os billetes de dolar.
Deica manha.

Wednesday, October 05, 2005

O outono ven ai



Aqui tes a Ana vestida de hippie. O Colin sae na foto pero nin esta disfrazado nin foi ao instituto.

Os grilos cantan pero con pouca forza (se a temperatura e menos de 14 grados centigrados non cantan), hai poucos paxarinhos e os gansos migran para o sur en formacion de uve e chiando. As arbores empezan a tinxir as follas e pola seca que hai as cores van ser intensas este ano.

No choio vai todo ben. Estiven alimentando unha moega con botes de suavizante. Despois fun buscar a Ana e fomos ao ximnasio. Ana foi a Pilates e eu a nadar. Estaba o chino que remata a sua sesion batendo a auga coas mans abertas e dobrando as pernas. Eu pensaba que era para espantar os malos espiritus pero e unha forma de relaxar o corpo (iso di el). Logo na ducha topeime con Bob, un branco sicologo que esta aprendendo espanhol e falamos un chisco. El fala mui dispacio pero bueno. Logo tiramos para casa, ceamos e Ana meteuse nun curso online sobre a Historia dos nativos americanos. O Tonho xa rematou no centro de recuperacion de carnivoros e agora esta a estudiar ingles e Cris segue coma sempre.

Ata manha.

Tuesday, October 04, 2005

Spirit week

Onte xa refrescou e xa ponho xersei para ir ao choio. A noite apenas estiven co ordenador e logo non sei que me pasaba e sentia que perdia o equilibrio...sera un virus do ordenador.
Hoxe xa non me pasou e aqui ando.

Esta semana e a "spirit week" no instituto onde traballa Ana. Durante o ano hai unhas normas de vestimenta para os alumnos e os profesores e esta semana adicana a rompelas.
-Onte luns foi o "caracter day" e ia xente disfrazada de personaxes coma Superman ou o rato Mickey.
-Hoxe martes foi o "viceversa day" onde a xente cambia de roupa para o sexo oposto e, segundo Ana, habia chicos que estaban guapisimos de moza. En troques, as mozas caracterizadas de home non tenhen tanta gracia.
-Manha mercores toca "flash back e celebrities day" que e cando a xente vai con roupa e peiteados doutras modas pasadas ou disfrazados de famosos. Ana vaise vestir de hippie para seguir un pouco a festa.
-Xoves toca "tacky day" que van de trapalleiros ou con cousas do rives ou asi.
-E venres e o "spirit day" e a xente vai coas cores do instituto: camiseta granate; e tamen hai un "prep rallie" que e un ensaio xeral da banda e as animadoras do equipo de futbol americano.

E pola minha banda nada novo. A ver se manha non tenho esas perdas de equilibrio. Sera que vou vello ? ;)

Sunday, October 02, 2005

Celebracion do cumpre de Gustavo



Hoxe celebrou Gustavo o seu cumpreanos. Convidounos a sua casa e fixo tortellini con prebe de champinhons e saiulle ben saboroso (os arxentinos saben facer pasta). Estivemos de chachara falando de todo un pouco e a filla estivo coas Barbies e saltando a comba mentres cantaba: Ice cream with cherry on the top, tell me who is your sweet heart: A, B, C... Para que vexas que hai xogos tradicionais que non se perden mesmo nesta sociedade tan "electronica".

Logo estiven coa interrede adiante e busquei ligazons a Ponte Vedra, na Florida. Non falan muito da historia e agora e un centro turistico con praia, campos de golf e hoteis. So topei esta paxina que di que ven o nome da cidade galega pero non topei mais.

E a foto e dun rueiro aqui en Warrenton con outro nome galego como o de Dena, parroquia de Salnes e que lle tinha prometido esta foto a unha amiga blogueira.

E iso e todo por hoxe. Manha habera mais.

Saturday, October 01, 2005

Mercado de pulgas e festa celta



Onte venres fomos cear ao Ruby Tuesday con Beatriz, unha profesora mexicana que traballa no condado de Tyrrel. Este condado esta nunha zona deprimida da costa. Esta nunha zona chea de gandaras e con muita pobreza que di que vive xente sen electricidade ali.

E hoxe fomos Tonho mais eu pola manha a un mercadillo perto de Burlington, a vinte millas de Durham e corenta de Raleigh.
O mercado semellaba un rastro e o cartel da entrada xa prometia: Prohibido armas de fuego (en espanhol e ingles).
No mercado habia postos do mais variado: dende roupa que vendian pretos a fruita vendida por mexicanos pasando polos postos de venda de trapalladas da casa dos brancos. Habia postos de CDs, videos, instrumentos musicais, pezas para coches, unha nora de ponis a 5$ a volta, periquitos, iguanas, xoierias, xoguetes, camisetas con mensaxe e viseiras que os mexicanos chaman cachuchas coma nos lle chamamos a cabeza do porco... e ata habia remedios en botella contra a envexa e males de corpo !.
Nos fomos buscar pulpo e habiao en varios postos. Vendeno conxelado a 3,5 $ a libra(menos de medio quilo) pero non o mercamos que se ia desconxelar de caminho e manha xantamos cos arxentinos. Asi que queda para outra ocasion.

Logo fomos buscar as rapazas e no centro de Raleigh habia un festival celta organizado por xente con ancestros irlandeses, escoceses e galeses. Estivemos admirando bailes irlandeses, xente tocando a gaita, unha demostracion de luita de espada contra lanza con xente que organiza cursos de luita medieval e puidemos beber cervexa Guinness no parque por vez primeira que un pub montou un posto ...e coa policia a beira que estaba un policia no alto dunha tina chea de auga e por tres dolares probabas punterias a ver se lle dabas ao mecanismo que facia cair o policia.
Ou sexa, estilo pelicula total.

Logo fomos de miranda ao Crabtree e para casa.

Ata manha seica.