Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: June 2006

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, June 15, 2006

Fin do eueoseeuu



Na foto esta o Colin o dia de onte cando ia marchar para a terrinha. Chegou hoxe ala sen novidade pero marearon a minha irma e o meu cunhado por problemas de papeis e tras unhas horas de lios deixaron que levasen ao can.

Nos por aqui seguimos cos preparativos da marcha: que se dar de baixa a auga, cambiar enderezo na oficina de correos, mandar algun paquete de ultima hora, pedir documentacion no instituto, pechar a conta do banco, doar roupa, entregar a matricula do noso coche, comprobar que se aceleras no coche de aluguer a radio sobe de volume !!!, etc, etc.

Ainda asi tivemos tempo para irmos ao YMCA por ultima vez e despedirnos de Adan, Heather, Dennis (que quere mandar un cheque para o Acedrinho) e Bob, o sicologo que fala espanhol mui, mui despacio e esta ledo que se xubila en duas semanas e pode adicarse a escribir novelas de ficcion.

E manha entregamos o modem ao Correcaminhos, o noso servidor de interrede, e quedamos sen internet.

Asi que hoxe e o ultimo dia que escribo desde este pais neste blogo (resistome a escribir derradeiro dia) para agradecer a todos os vosos comentarios e o interes mostrado por min e a minha xente. Tamen tenho que agradecer o carinho e a calor humana que nos destes neste tempo tan lonxe da terrinha e da familia e amigos.

E, xa para rematar, dicir que o novo blogo pasara a chamarse leoeosseus e xa podedes imaxinar de onde ven o nome do blogo. Cando o ponha a andar xa vos enteiraredes.

Ata pronto. Sodes demasiado.

Wednesday, June 14, 2006

Carolina on my mind



Xa queda pouco para deixar este pais. O Colin vai nestes momentos caminho de Madrid e a nos tocanos o sabado.

A verdade e que acaba collendo carinho aos sitios onde vive e nos non o pasamos mal; a comida un pouco mala pero do resto case non houbo queixa.

Este estado de Carolina do Norte e un chisco mais grande ca Portugal e ten montanhas ao oeste, chairas e semichairas de tabaco, algodon e cada vez mais bosque no centro e costa pantanosa e chea de mosquitos ou costa de praias longas e ao mar aberto no leste.

Neste blogo tratei de comentar a nosa vida aqui e tocar temas relacionados cos EEUU e detalles curiosos (polo menos para min). Pasou o tempo e agora toca deixar esta terra. O que si tenho claro e que cando escuite esta cancion sentireina no corazon.

http://www.youtube.com/watch?v=ph-dncciBMQ

Tuesday, June 13, 2006

Adios Mexico lindo


Hoxe foi o meu ultimo dia de choio. Na foto estan Poncho (Alfonso) que e o mais gordinho e Enemias que e o que digo eu que semella Jonhy Depp (amplia a foto e dime se non ten un aire co el). O Poncho e "baterista" nun conxunto musical que debe de ser do estilo dos grupos desta ligazon que non ten desperdicio. No choio estamos sempre con La Ley de las Carolinas. A musica e bastante pachangueira pero acabo un por acostumarse e hai algunha cancion que e simpatica e todo coma a do sirenito.Se queres disfrutar dun mix de pasito durangues de dez minutos aqui podes escuitalo. Se non o fas entendoo perfectamente.
http://www.youtube.com/watch?v=K9YWechtQUU
E neste dia paso paxina a minha relacion con xente mexicana.
E agora vou durmir que hai que madrugar para levar a Colin ao aeroporto.
Minha irma, a rainha Kasege, vai ir buscalo a proposito a Madrid. Dende logo, tenho unha irma que ben vale un reino imaxinario ou real.
Ata manha.

Monday, June 12, 2006

Ishi, o derradeiro indio salvaxe



Hoxe a minha companheira Goya contoume como vivia en Guerrero, Mexico, antes de vir para o "norte". Vivia sen luz e sen auga e durmia debaixo dunha arbore. A casa que tinhan so valia para gardar cousas. Non cultivaba nada a familia que era "puritito" deserto todo. Tinhan unhas pitas pero cazaban muito no deserto. Nunha ocasion foi a unha vila en burra e fixoselle tarde para voltar e quedou a durmir na casa dunha senhora. Na casa habia muita luz e non estaba acostumada a iso. Aparte a neveira facia muito ruido e ela estaba afeita aos paxarinhos do deserto e non eses ruidos da civilizacion. Agora que esta no "norte" non quere regresar a aquelas terras que di que son terras de indios.

E falando de indios lembrei a a Ishi, o derradeiro indio salvaxe dos EEUU. Ishi era membro dunha tribu case aniquilada que vivia polas serras de California. Foron quedando menos e cando morreu a nai de vella el quixo morrer. Apareceu nunha granxa e chamaron ao sheriff. Ishi non sabia falar mais ca o seu idioma e viviu na carcere ata que o recolleron uns antropologos dunha universidade. O seu nome significa home na sua lingua e non se sabe o verdadeiro nome del porque era tabu dicir o propio nome unha persoa. Levarono a universidade e viviu cinco anos mais ata que morreu de tuberculose. Nese tempo mostrou como facer arcos, como facer lume, como facer unha chouza e como sobrevivir nas serras. Coa sua morte en 1916 desapareceu unha cultura e un modo de vivir totalmente alleo a civilizacion occidental.

Na foto esta Ishi ao pouco de descubrilo. Nesta paxina en espanhol din mais ou menos o que contei eu. Nesta paxina en italiano saen mais fotos e algo da historia dos indios en xeral e Ishi en particular.

Ata manha.

Saturday, June 10, 2006

Graduacion 2006



Hoxe tocou fin de curso coa graduacion. Nos estivemos controlando nunha cancela que non entrase xente no campo de futbol e o publico quedou nas gradas. No campo de futbol estan os que se graduan e duas persoas por graduado.

A cerimonia empeza coa entrada dos graduados no campo. Logo venhen discursos do director, dun alumno que se gradua e dun antigo alumno que prosperou na vida e que trata de incitar aos rapaces ao estudio. Hai un par de himnos e logo a entrega un por un dos titulos dos alumnos con fotos. Ao final, todos botan os seus gorros ao aire e botan serpentinas, esprais e papelinhos.

Home, en Suecia fan unha graduacion bonita e con mais parranda...pero eche o que hai.

Ata manha. Suponho.

Friday, June 09, 2006

Luitando contra as forzas da natureza



Estes tempos de calores incitan a pensar na praia e o frescor da costa.

A costa de Carolina e longa e aberta. As praias son areais longos e sen rochas pero o oceano e bravo aqui. Hai muitas tempestades no inverno e no veran non son raros os furacans coma o Isabel de hai tres anos.

A primeira vez que lin algo de Carolina era eu un rapaz e tinhan meus pais na casa "El mundo de los ninhos", dez tomos variados falando de todo cunha linguaxe sinxela e entendible. Falaba de North Carolina e do cemiterio do Atlantico que formaban os praceres perto das praias (praceres son areais poco fundos), un verdadeiro perigo para os barcos que embarrancaban. E para evitar estes praceres puxeron faros aqui e acola e un deles e o de Hatteras que e famoso porque como estaba en perigo de destrucion polo mar que comia a costa non se lles ocorreu outra cousa aos estadounidenses que desprazalo uns centos de metros nunha obra case faraonica descrita aqui.

A min os faros sempre me atraeron e tenhen un toque de novela de aventuras que chega ao fundo.

Na foto non sae o faro do cabo Hatteras que non localizo a foto nos nosos arquivos. Sae un faro en Miami ao que lle fixen a foto co sol mesmo onde iria a luz.

Ata manha que toca a graduacion dos alumnos do instituto de Ana e algo hei contar.

Thursday, June 08, 2006

Cirqueiros e tiraboleiros



Dende logo hai que nacer para facer determinados choios. Lembras Carlos, o meu mestre que sufria ataques de misteriosos chupacabras de fin de semana ?. Pois topou choio. Non traballa no circo pero pouco menos. Adicase a pintar depositos de auga coma o da foto que e o de Warrenton pero duns meses atras e con neve. Parece ser que cobra ben pero a min iso de subir a esas alturas e pintar por fora e por dentro ganhando case 1000 $ por semana non esta feito para min.

Estes dias estiven axudando a encher moldes con cemento e enchemolos cunha especie de formigoneira pendurada que semella un botafumeiro. O outro dia tocoume acabala de baleirar e ai me miras pendurado e amarrado dunha man e cunha pa na outra dando voltas pola fabrica coma tiraboleiro ido a menos. Vamos, que xa non estou para esas circadas.

Polo resto mais ou menos ben. O Colin xa ten vo para o mercores que ven e quedara en Madrid na casa duns familiares ata o domingo que o recollemos. Hoxe tamen fomos a graduacion da filla dos arxentinos e rapaces como son que non chegan aos doce anos e xa van disfrazados con toga e o sombreiro tipicos.

Pois ata manha que escribirei no noso portatil xa que este emprestado da escola para Ana hai que devolvelo.

Deica manha.

Wednesday, June 07, 2006

Normas para conhecer un lugar

Esta foto topeina na interrede e non e minha pero poderia selo que foi feita neste estado hai tres anos.
Topei unha paxina dunha parella que percorreron 50 estados dos EEUU e fixeron muitas fotos e comeron muitas tortas e conheceron muita xente.
Na paxina tenhen escritas unhas normas que mais ou menos nos tamen tratamos de seguir.

As normas son:

1- Observa o mundo real. Sae fora das estradas principais.
2- Come tortas. Come onde comen os lugarenhos. Evita os restaurans de franquicia. Escolle millor a comida feita a ritmo lento que non a comida rapida.
3- Mira as vistas que outros perden. Non precisas visitar muitos parques tematicos.
4- Planea desfrutar co inesperado. Cando hai algo que che pareza interesante, investigao.
5- Proba novas cousas, novos lugares, conhece nova xente, nova comida, novas experiencias, etc.
6- Detente e cheira as rosas...ou a flor que sexa. Non hai presa. Desfruta a viaxe.
7- Pensa de maneira local. Escuita emisoras locais. Le periodicos da zona e mira television local.
8- Tira o millor de cada situacion. Se algo che semella aburrido, volve remiralo.
9- Anda fino. Mantente seguro. Esta alerta. Fai deporte diariamente. Circula co deposito cheo de gasolina.
10- Conserva a experiencia. Manten un diario. Garda lembranzas ... e tira un feixe de fotos.

Seguindo estas normas mais ou menos un pode chegar a ser un viaxeiro. Se non se seguen un non pasa de ser un turista.
E co esta racion deste pais despidome ata manha (se blogger quere que tamen iso e outra).

Tuesday, June 06, 2006

Piratas en Carolina



Hai uns dias vinheron actuar uns colombianos chamados "Sonora Dinamita" ao antro de Norlina. Unha rapaza do grupo leva un parche na foto e non sei se lle explotou un cartucho desa dinamita sonora ou a rapaza e unha pirata. Podes crelo porque houbo mulleres piratas por eses mares. E falando de piratas, o famoso Barbanegra tinha a sua base na costa de Carolina. Nesta paxina falase del (topeina en espanhol) e nesta outra (tamen en espanhol) saen distintas bandeiras piratas porque cada un tinha a sua.

Dende logo vou botar en falta estas terras coas suas cousas curiosas.

Manha e outro dia, nonsi?.

Monday, June 05, 2006

O mostro do veran


Cando venho caminhando do choio sempre miro este dinosaurio de edreiras que mete medo. Un mostro destes e o que lle ataca ao Colin coas calores do veran. Con que tenha unha pulga ou un carracho xa a ten montada. Esta noite pasada non nos deixou durmir que lle proia o cu. A ver hoxe se nos deixa durmir.
Aparte diso hai outros mostros como a incompetencia dos traballadores dos aeroportos que din que temos que mandar o can outro dia que o veterinario de Madrid non traballa nin venres, nin sabado, nin domingo. Seica non o sabian no momento de facernos os billetes. O mais seguro e que cheguemos os tres o domingo 18 a Madrid, Ana mais eu durmiremos en Madrid e o luns de manhancinha recolleremos o can no aeroporto. A ver se o conto remata asi.
Agora o Colin esta durmindo co Concerto de Aranjuez (a ver se lle dura).
Desexanos boa noite aos tres. O Acedrinho parece ir por libre e dorme cando lle peta e non necesita tranquilidade.

Sunday, June 04, 2006

Lio cos billetes de avion



Esta fin de semana foi movida, movida.

Venres unha senhora confirmou que mercaba o noso coche e logo tivemos que ir ao aeroporto que habia problemas cos billetes. Polo caminho caiu unha treboada xa case rotinaria nesta epoca do ano. No aeroporto "atendeunos" unha tal Georgia do US Airways e dixonos que tinhamos que voltar o sabado que estaba todo aberto.

Sabado fomos e atendeunos unha tal Katherine Dunn e deunos os billetes pero que o can non o levaban. Dixonos que todalas companhias tinhan embargo de veran. Preguntamos en Continental e un tal Bill Raudenbush dixo que eles levaban cans pero como carga. Volvemos a US Airways e atendeunos Vickie S. e xa nos puxo os billetes saindo de Raleigh e voando con Continental. Logo fomos a Continental e Lisa B. dixonos que estaban os billetes confirmados e logo Ana chamou para confirmar o vo do Colin. Temos que levalo cedo o dia 17 e pagar tropecentos dolares por el (a prezo de marisco non, de angulas). Buscamos onde tinhamos que levalo e dixeronnos que ali non era que tihamos que levalo a facturacion normal. O dia 17 quen sabe que pasara.

En resumo: pares que saimos o 17 pero non sabemos se esta ben todo.

Despois fomos visitar os arxentinos a piscina e a noitinha ceamos unha barbacoa. E hoxe domingo xa foi mais de relax.

Thursday, June 01, 2006

Caseiros



Este senhor que sauda a camara foi o noso caseiro o primeiro ano. Un dia foi el e a xente da igrexa metodista dona da casa a recibir a Ana con agasallos para a casa coma cuberteria, menaxe de cocinha, mantas, pilas, unha cafeteira, etc, etc. Bueno, coma nas peliculas. So faltaba a torta. Este caseiro foi mui bo conosco e estivo en Vietnam case enganado. Agora ten problemas respiratorios das trapalladas que botaron naquela guerra e traballa a tempo parcial nunha gasolineira e nun reformatorio. Ten o titulo de alcalde de Macon pero en verdade e pedaneo dunha aldea de 110 habitantes.

Por outra banda, hoxe recibimos a visita do actual caseiro. O apelido e Harris igual e estudiaron ambos na mesma escola pero son persoas ben distintas. O Carroll e un home bo e simple e o noso caseiro actual (xa por pouco tempo) e un terratenente con casas, terreos e negocios que ten na oficina unha frase enmarcada: Se non queres morder o po vai por diante dos outros. Nada, o perfecto porco de pe. Recibiunos cos pes por riba da mesa, a viseira encrustada e case nin nos mirou para a cara e cando asinamos o contrato tamen tivemos que anotar ao Colin como habitante da casa. Hoxe mirou o casa e quedou conforme co estado dela e ata nos desexou boa sorte no futuro pero coa boca case sen abrir e sen sentilo de veras.

Para que mires que no mundo hai de todo.