Hoxe comezou a traballar Arturo, un "chalan" (aprendiz en mexicano) para sustituirme. Ven de Veracruz e e alto e enxuito coa pel mais clara que a minha e gafinhas que semella norteamericano.
Xa hai duas chalanas que levan un mes amanhando moldes na carpinteria. Unha chamase Goya (apocope de Gregoria) e ten 33 anos, esta solteira e ten catro fillos. Goya e mexicana do estado de Guerrero. Aparte de na fabrica tamen traballa algunhas tardes da semana nun restauran e nas fins de semana vende tacos e tamales na porta dos estadios. Agora unha filla dela de 14 anos e alumna de Cris escapoulle da casa e foi para a casa do noivo. Bueno, unha telenovela.
A outra chalana e Nora, unha hondurenha de 22 anos (cantamoslle o Sapo Verde o mesmo dia que o cumpreanos da mariquinha de Vedra)( Sapo Verde e o Happy Birthday en version mexicana). Nora esta casada e ten unha filla de seis anos.
Carlos, o meu mestre, por outra banda esta aparecendo cunhas marcas sospeitosas no pescozo os luns e eu digolle que durma coa fiestra fechada que lle atacan os
chupacabras de noite. Carlos vive con Enemias, un rapaz que se parece a Johnny Depp pero coa cara mais ancha. Ana di que non pero un dia a ver se lle fago unha foto e comprobamos o parecido. Este Enemias ten unha moza americana e non sei como fan para entenderse que ela non fala espanhol e el non pispa o ingles (misterios do amor, suponho).
Andy segue igual de tolo e esta divorciado e ten...cinco fillos !. Os xoves non ven traballar que leva a un fillo a un sicologo. Ese fillo ten algun problema mental e, de feito, foi o que lle prendeu lume a casa.
E asi e algunha xente da fabrica e alguns dos seus chismes.