Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: February 2006

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, February 28, 2006

Stop all war


Hoxe seguin co paro vacacional que xa se esta facendo longo de mais pero e que non hai muito mais onde ir nesta vilinha. Aproveitei e mirei o documental Fahrenheit 9/11 de Michael Moore.
Este documental e unha critica do goberno do actual presidente norteamericano. Explica as relacions entre os arabes e o presidente e achegados. Descubre as relacions monetarias con empresas petroliferas e armamentisticas e o desvio da atencion da poboacion norteamericana sobre o verdadeiro motivo da invasion de Iraq. Tamen explica como o goberno esta interesado en ter unha poboacion amedrentada para facer o que queren eles.
Bueno, o documental e duro e ten momentos emotivos e fala dende muitos puntos de vista. Eu recomendo este documental para conhecer un pouco mais dos verdadeiros motivos da guerra de Iraq. E para rematar o posteo de hoxe deixo unha foto dun sinal modificado pola xente para pedir a paz.
Ata manha.
E

Monday, February 27, 2006

Dia do "pancake"



Cando leas isto xa e martes de entroido na terrinha. Aqui, en Warrenton, este dia e o dia do "pancake" que e unha especie de filloa pero muito mais grosa que as nosas filloas. Resulta que antes de empezar a coresma a xente tinha que consumir os ovos todos e o leite que tinhan na casa e non habia millor maneira de rematar co isto que facendo festas de "pancakes" e a iso dedicaban o martes antes de coresma.

Como ves no cartel hai unha festa desas pero non vou ir: unha festa que hai que pagar e ademais e nunha igrexa non me semella mui festeira...e ademais sen disfrazarse...onde se mirou tal cousa ?. Porque neste pais o entroido non existe. Hai algun caso aillado coma o de Nova Orleans e pouco mais.

E como nos botamos de menos os disfraces o que facemos e ir probando sombreiros nos comercios e co iso imos safando a morrinha do entroido. Ou sexa, aproveita o entroido ti que podes, non sexas parvo.

Ata manha.

Sunday, February 26, 2006

O tio Pepe



Este senhor tan feliz e o Pepe, o tio de Ana. Este Pepe e un pequeno gran home. Un home cheo de vida e festeiro coma el so. O Pepe e un home xeneroso e falangueiro cun riso rapido e real. Traballando non ten paraxe e preocupase de que todo estea ben listo. Ten un restaurante nas montanhas de Carolina, nunha zona preciosa cuns arredores que son esceario de muitas peliculas americanas (despois de California e Nova York este estado e o terceiro no mundinho cinematografico). O Pepe e un exemplo dun emigrante galego que fixo a sua vida fora da terra. Despois de facer o servicio militar andou embarcado. O seu sonho era desembarcar en Australia pero foille imposible. Cando o barco chegou a Tampa, Florida; ai xa puido desembarcar e quedou no pais. Fixo a sua vida nos EEUU e tivo tres fillos e agora ten tres netos en Montana chamados Elijah, Matteo e Celia (en honor a avoa de Ana e nai do tio Pepe). Aqui abaixo esta a foto dos netos do Pepe, galegos nun 25%.

Co este posteo quero felicitar no seu cumpreanos ao tio Pepe. Parabens.

Saturday, February 25, 2006

Paseo polo lago Kerr


Pola tarde do sabado aproveitamos que facia bo dia, ventoso de mais pero bo, e fomos ao lago Kerr. Este lago e en realidade un encoiro bastante grande coas ribeiras ocupadas por casas de ricos cos seus embarcadoiros. Espallados aqui e acola hai parques con zona de acampada, mesas de picnic e peiraos publicos. Ana, Cris, o Colin e mais eu intentamos ir a un que nunca foramos antes pero estaba fechado de tempada. Fomos a outro e tamen estaba fechado pero aparcamos e decidimos entrar que non hai peches arredor. Demoslle unha voltinha ao parque e como o encoiro tinha pouca auga quedaba unha especie de prainha boa para pasear e asi estivemos. Houbo un momento que apareceu un raposo que non sabia que estabamos ali e eu fixenlle unha foto xusto cando se decatou da nosa presenza e liscou. Na foto esta no medio e hai que ampliala para podelo mirar ollando para nos.
E asi foi o dia de hoxe.
Ata manha.

Friday, February 24, 2006

Luar



Hoxe e venres e tocaria na TVG Luar. Aqui tamen hai "luar" pero e un chisco distinto. Nesta zona de Carolina vive xente do mais normal que traballa, estudia e vive unha vida normal coas suas cousas boas e as non boas. De cando en vez hai problemas con roubos, tiros, pelexas de cans e "luares". E ti diras que raio sera ese "luar". Explicocho. "Luar" seria a traducion galega de "moonshine" que non e outra cousa que a elaboracion caseira de alcol procedente do millo. Este nome de "moonshine" ten a sua orixe en que se facia o choio de noite, lonxe dos sitios habitados e a luz da lua, ao luar. A elaboracion de alcois neste pais ten a sua procedencia en Europa onde se facia alcol caseiro de case calquera cousa como por exemplo de patacas en Irlanda. En Europa foise proibindo por motivos sanitarios e chegara o dia en que proibiran facer vinho caseiro. E se non xa veras. Nos EEUU estivo mui extendido e eu lembro peliculas de toda a vida coa imaxe do tipico montanhes facendo alcol caseiro. E pasou o tempo e agora esta proibido en todo o pais. Pero a xente segue facendoo as agachadas e as fotos son unha mostra do descubrimento dunha destileria caseira a sete quilometros de onde vivo. Nas fotos vese un policia de paisano destruindo os barris e o mecanismo de elaboracion deste alcol caseiro que non deixa de existir porque sae mais barato que mercalo nas licorerias tipicas do Estado: ABC.

Ogalla que nunca se vexan imaxes asi na terrinha por estar proibido facer vinho na casa.

Ata manha.

Thursday, February 23, 2006

O meu 23-F



Hoxe volveume visitar Gustavo. Estivemos mirando a pelicula Hotel Rwanda que e bastante dura e trata da guerra civil entre tutsis e hutus en Rwanda habera mais de dez anos. Eu non vivin ningunha guerra nin quero nin lla desexo ao meu pior inimigo.

E falando de guerras hoxe e o 25 aniversario do intento golpista de Tejero e companha. Eu lembro que estudiaba no instituto e apenas levaba dous anos afeitando o bigote e os pelos da fame do queixo. Eu de politica, nin flores; como suponho que pasaria coa maioria dos meus companheiros. No instituto tocabame clase de frances e Luis, o noso profesor, dixo: Hoy vamos al hotel a ver la television. E ala fomos ao hotel que ainda esta hoxe perto do instituto. O tal Luis, un leones de bigote e que lle faltaba un dedo da man, aquel dia explicounos algo de politica mentres mirabamos imaxes do golpe na tele. Asi souben porque o profesor de lingua e literatura espanhola que daba clases en galego (si, en galego) aquel dia non apareceu a traballar nin en varios dias. E como el alguns mais. Todos estaban achantados sabia deus onde. Non asi a profesora de xeografia que era cubana fuxida de cando Fidel e que, eu non sabia porque, apoiaba sempre a economia norteamericana e falaba pestes da rusa. Aquel profesor aclaroume muitas cousas a min e aos meus companheiros diante dunha television en branco e negro e falounos de temas case intocables naqueles tempos. E asi foi o meu 23-F que non recomendo a ninguen.

Wednesday, February 22, 2006

Entroidos



Unha das celebracions que boto en falta neste pais e o entroido. Refirome ao entroido, entroido; o que se vive na rua coa diversion e metendose coa xente que non vai disfrazada. Por aqui hai entroido que lle chaman Mardi Gras e o mais famoso e o que se celebra en Nova Orleans. Co furacan Katrina o Mardi Gras perdeu en cantidade de comparsas ("krewes") pero ganha en dispersion porque os habitantes da cidade que non regresaron celebran o entroido nas cidades de acollida e o que parecia unha perda irremediable parece ser que vai producir un espallamento desta festa. Isto pareceme ben que tamen este pais necesita algo de alegria. De todas formas quedame mui a desman este Mardi Gras. Outro grande que hai e o de Quebec que esta en Canada pero xa rematou e tamen me quedaba un pouco lonxe de mais.

Pero os que me gustan de verdade son os da terrinha. Na terra hai muitas localidades con entroidos tipicos como Laza, Verin, Xinzo, Viana, Vilarinho, Manzaneda, Cobres, Chantada, terras do Ulla, Maceda, etc.

Bretemas falaba nun posteo acerca do intento de recuperacion dunha personaxe do entroido antigo vigues. Un anonimo respostoulle que os entroidos tipicos galegos non lle interesan, que el vai por libre e que non lle gusta que lle manden ir disfrazado dunha forma ou outra. Eu concordo en que meter algo artificial no entroido vai contra a loxica do entroido en si pero penso que hai que botar unha man para recuperar algo que se perdeu. En Ourense capital intentar recuperar un entroido antigo, os das Pitas, e semella que vai ben. Dende logo eu prefiro que se apoien esas tradicions e non pasar de todo como o anonimo e que logo nos pase como aos nosos curmans asturianos que perderon tanta riqueza cultural nun pasado borroso. Bueno, iso penso eu.

Tuesday, February 21, 2006

Dia da lingua materna



Enteirome que hoxe e o dia da lingua materna declarado pola Unesco.

Eu non sei mui ben como se celebra nin que hai organizado para este dia e suponho que os da Unesco queren que os gobernos e as institucions varias boten unha ollada sobre as linguas maternas e os seus problemas. E pouco mais podo engadir.

Ata manha.

Monday, February 20, 2006

Ano nevado non pode ser malo



Hoxe estamos contentos. Amenceu todo nevado e as rapazas non tiveron clase. Eu xa temia que ia pasar este inverno sen unha nevada digna de fotos pero a natureza sabe e produciu esta especie de miragre que e cubrir todo de branco cunha beleza tan grande, silandeira e misteriosa como perecedeira.

Ana, o Colin e mais eu aproveitamos a coxuntura e fomos de paseo ata o cemiterio onde puidemos tirar algunhas fotos coa neve e algun video. O Colin gozou coa neve como acostuma gozar coa area da praia: bota carreiras e escarba coas patas. Logo afucinha no buraco e asoma os fucinhos todos larafuzados. O malo da neve e que e fria e remata tremendo o parvechinho del, pero que lle quiten o bailado.

E aqui embaixo deixo o video rodado no cemiterio. Escuitanse as minhas tripadas na neve dura e danlle un toque tetrico a gravacion. Desta volta non dixen nin pio que esta visto que o meu non e o choio de locutor: falo mui dispacio e cunha voz profunda que da medo.

E iso e todo por hoxe.

http://www.youtube.com/watch?v=1RLqgk_36bo

Sunday, February 19, 2006

A Casa das Latas


Hoxe fixo un dia soleado pero mui friiio. Como estes dias pasamos sempre pola "casa das latas" que chamamos nos, decidinme a facerlle un minivideo para desfrute teu e meu. Esta "casa das latas" lembrame un pouco ao museu do tolo de Camelle, Man. Non sei. O que facia Man e o que fai este (ainda non lle mirei a cara) de Marmaduke, Warren County, suponho que sera arte. Polo menos reutilizan o que outros tiran e dun xeito orixinal.Pois iso, aqui queda o video para que fagas unha idea do que temos cerca da casa e de por que as veces creo vivir nunha pelicula. Polo menos hai personaxes extranhas e escenarios de pelicula, non ?.Manha seica habera algo mais.

http://www.youtube.com/?v=MAmhxBfK4FM

Saturday, February 18, 2006

Auganeve e cinema



Hoxe quixo nevar pero foi unha neviscada que non callou. A auganeve caia no chan e desfaciase. Nin na foto se aprecia a neviscada. Quizais o luns. Ainda non se sabe.

E aproveitamos a tarde para ir ao cinema a Rocky Mount a mirar a pelicula "Brokeback Mountain". Dicir que os escenarios son marabillosos co esas montanhas impresionantes. Os protagonistas non eran exactamente vaqueiros que eran pastores de ovellas e habia hispanos cuidando ovellas tamen (preguntome se serian parte dos bascos que emigraron a esa zona para cuidar ovellas). E a pelicula trata da relacion entre os protagonistas e as suas relacions coas familias respectivas. Por suposto que isto crea unha luita entre o que "deben" facer e o realmente desexan facer. E diso trata a pelicula que non vou contar mais.

Un saudinho.

Friday, February 17, 2006

Aprendendo idiomas

Hoxe fixo mui bo dia e pola tarde fomos facer unha rota polo Medoc Mountain, a unhas vinte millas da casa. O percorrido que fixemos era de tres millas e o terreo apenas ten desnivel. O Colin andou ben anque rematou coa lingua por fora.
No choio Ana estivo gravando a alumnos de espanhol e non o fan mui mal para levar so dous meses de clases. Podes comprobalo no video de abaixo.
O video que e simpatico de verdade e o que topou o nenodanorita e puxo na sua cabaseira. Se queres rir un pouco ou sorrir como menos podes mirar a sorpresa que ten preparada para ti neste dia adicado a aprender idiomas.
http://www.youtube.com/watch?v=ADcT8CnBIoo

Thursday, February 16, 2006

Pais dos cabalos



Hoxe fixo mui bo dia e apareceu Gustavo para acompanharme pola manha. Paseamos ao Colin, mercamos unhas cousas, buscamos unha pelicula de DVD na biblioteca e levou a documentacion nosa para facer a declaracion de facenda que neste pais faise agora. E asi pasou a manha.

Paseando ao Colin pasamos polo cemiterio grande de Warrenton. Aqui os cemiterios son coma parques abertos con tumbas no chan e lapidas familiares que non son mui ostentosas. De cando en vez aparece unha que ten o seu aquel. Un exemplo e esta da foto na que se pode imaxinar que o morto queria un paraiso para percorrer en cabalo. E isto faime lembrar unha cousa que dixo un neno na terrinha. Estaban varios falando e un preguntalle a outro: De maior onde queres vivir ?. E o rapaz respostou: No pais dos cabalos. Ti, suponho que pensaras o mesmo ca min e coincidiras en dicir que este e o pais dos cabalos.

Wednesday, February 15, 2006

International Blog Serial Number


Estes dias que tenho libres adicoos a fedellar pola rede adiante e unha cousa que fixen e porlle un numero de codigo de barras a este blogo. Que para que serve ?. Pois non sei pero sei que este numero e para este blogo e e unico.
Se queres engadir o teu blogo a lista podes facelo aqui.
Eu descubrin isto do codigo de barras gracias a Calidonia.

Tamen brincando por ai diante topei un blogo dun espanhol que vive en Corea e que conta cousas curiosas daquel pais. A magoa e que non se pode comentar no blogo. O enderezo e:
http://gunpo.blogspot.com/ e descubrino gracias a unha paxina de espanhois que estan polo mundo adiante.

Tamen dicir que rematei de ler o libro "La sombra del viento" e gustoume bastante e recomendoo a calquera.

Deica manha.

Tuesday, February 14, 2006

Laid off

En cristiano: despedido temporalmente por escaseza de traballo. Si. Aqui cando non hai traballo din que vaias para casa que xa te chamaran. E iso tocoume de agasallo de San Valentin. Dennis Clayborne dixome que habia de ser esta semana soa e que para a semana que ven que haberia traballo e patatin e patatan. Tamen me dixo que mentes estivese el non me deixaria "off" ata que marchase no veran...e aqui estou.
Pois aproveitei hoxe e pola manha fun andando ata a fabrica de caixas onde traballei o primeiro ano neste pais. Fun pola rua principal de Warrenton. Pasei pola oficina de trafico onde saquei o carne. Rescatei un paxarinho que non voaba e estaba no medio da rua. E un "cardinal", o paxaro emblema do estado. Pasei polo The Ivy, un hotelinho xeitoso e pola casa onde fan masaxes. Logo seguin e pasei pola fabrica de fios que foi ao tacho habera catro anos. De fronte esta a fabrica de mobles Cochrane onde pedin traballo hai tempo. Logo hai que pasar unha gasolineira media desfeita e a distribuidora de combustible para calefaccion...e xa esta a fabrica Elberta Crate & Box que soa rimbombante e so fan unhas caixas para apanhar fruita que son de usar e tirar. Falei co encargado Tommy (mayordomo en mexicano) e que me cai ben. Ten unhas barbas mestas e descuidadas e uns ollos azuis que dan medo pero bota risadas grandes por nada e pareceme bo home. Dixome que non habia muito movemento de momento e, de feito, das tres cortadoras unha esta parada e so traballan catro dias na semana. Saudei aos antigos companheiros e marchei para casa.
Cris deixara unha pelicula de DVD e mireina e gustoume muito. Titulase "Rabbit-proof fence" e en espanhol esta traducida como "Cerca de la libertad". Trata dunhas nenas aborixes australianas que son separadas das nais porque son mestizas e naquela epoca (1931) o goberno australiano queria diluir esa xente misturada na raza branca para purificalos e co tempo acabar sendo brancos. Mandanas a unha especie de mision relixiosa e elas foxen.
A pelicula esta mui ben e informoume dunha cousa que non sabia eu do trato dos aborixes por parte dos brancos.
Pola tarde fomos a piscina, pasamos polo Wal*Mart que estaba cheo de xente mercando globos de San Valentin, bombons e flores e logo tiramosw para casa.
E asi foi o dia de hoxe.

Monday, February 13, 2006

Visperas de San Valentin



Esta fin de semana estivemos case pechados na casa. O sabado choveu todo o dia e pola noite empezou a neviscar e o domingo neviscaba e paraba. A neve non chegou a callar e so habia unha pouca nas prantas, nos coches e nos tellados.

Como estamos de anticipo de San Valentin miramos dous DVDs con tema romantico:

-"I capture the castle": ambientada en Inglaterra nos anos trinta. E unha historia de amores cruzados, amores non correspondidos e amores interesados. Esta ben e o final non e o tipico que se poderia esperar.

-"Elizabethtown": unha azafata (a chica de Spiderman) ensinalle a un executivo despedido o importante que e o amor. Muito da pelicula non nos gustou pero a partir do funeral do pai do chico a pelicula pega unha volta e millora muito. O chico segue unha viaxe en coche coas cinsas do pai seguindo as instrucions que lle deixou a chica. Esa viaxe e preciosa e a musica que o acompanha (elexida pola chica)esta mui ben. Unha magoa que toda a pelicula non fose esa viaxe !.

E isto e o que hai por hoxe. Manha toca mirar globos con forma de corazon que neste pais e de tolos a celebracion do San Valentin. Non so celebran o amor de parella senon tamen o amor entre pais e fillos (muitos nenos manha non van en bus que esta proibido montar con globos e o instituto e un desfile de xente con globos, peluches e bombons). E aparte do amor aqui tamen celebran a amizade e os amigos entreganse tarxetas, agasallos e os inevitabeis globos. Mesmo os profesores reciben algun carinho dos alumnos e Ana seguro que trae algo para casa. O dito: unha cousa de tolos que non ten igual na terrinha.

Sunday, February 12, 2006

Un saudo blogueiro a Xiana



Ia falar do amago de neve que caiu por aqui, das peliculas de DVD que mirei nestes dias que estivemos case aislados do mundo e todo iso pero o nacemento desta nena tan xeitosa anulame o posteo de hoxe.

Dende aqui quero felicitar ao pai de Xiana que non e outro que Kiko, un galego que vive en Suecia e que ten un blogo que sigo con interes.

Iso, felicidades, parabens e noraboa e que todo che vaia ben a ti e a tua familia.

Saturday, February 11, 2006

Fotos, fotos



Hoxe fai mui mal dia. Chove frio e pode ser que neve un pouco asi que non saimos a ningun lado. Bueno, Ana segue co curso dos sabados pola manha e Tonho seica ven hoxe de Washington a facer unha visita fugaz. Iso se se anima que esta a nevar dende Washington ata aqui.

A verdade e que me gustan as fotos de epoca, esas marabillas en B/N que nos falan de tempos idos e que nos fan meditar. E fuchicando por ai topei esta de Rianxo daqueles tempinhos e puxena de cabeceira. Se queredes mirar algunhas fotos antigas de autores galegos podedes ir a esta paxina.

E, aparte disto, topei unha paxina con fotos de Extremadura antigas e algunhas das fotos fixoas Ruth Matilda Anderson. Poderiamos aprender os galegos e montar unha paxina asi con fotos desta muller que creo que non hai ningunha paxina adicada as suas fotografias por terras galegas. Outras das fotos de Extremadura foron feitas por Eugene Smith (un fotografo dos mestres) e nesta foto dun velorio namorouse da muller retratada e mantivo correspondencia co ela por muitos anos. Iso si que e amor de verdade e que serve de exemplo agora que ven o dia de San Valentin, non ?.

Ata manha.

Thursday, February 09, 2006

Wednesday, February 08, 2006

Gastronomia extranha



Onte e hoxe tocoume traballar noutra area de Revlon. Onte cadroume estar cunhas senhoras que tinhan muita leria e falaron entre elas de todo. Empezaron comentando as novas da zona que sairon na tele e na radio e logo seguiron falando de cans que traban a xente, dos seguros dos coches, de vodas e divorcios e de comida. Unha dixo que lle gustaba o peixe e as ostras e tamen que lle gustaba o coello como toque "exotico". Outra senhora respondeu que antes que coello prefire esquio. Eu nese momento conectei o radar. Eu xa sabia que por este pais cazan esquios e que os comen pero nunca conhecera a alguen en persoa que os comera.

Onte pola tarde estiven buscando receitas e apareceu unha paxina onde hai receitas de esquios, cocrodilos (que probei e sabe a polo pero correoso), zarigueyas, etc, etc. A paxina esta en ingles e aqui podedes comprobalo. Agora comeno con medo e xa case ninguen come os miolos que seica son unha delicia por medo ao mal das vacas tolas.

E non so os norteamericanos comen esquios. Nos Pirineos habia costume de comer os esquios antigamente.

E isto e o que ponho hoxe. Para que vexas que non so hai hamburguesas neste pais.

Tamen agradecer a pintega porque gracias a ela puxen a ligazon para a biblia de Lego.

Un saudo.

Monday, February 06, 2006

Cabaleiros confederados do KKK



Pois si, hoxe apareceu unha nova no periodico de Henderson "The Daily Dispatch" tratando da polemica que crea un numero do Ku Klux Klan na guia de telefonos que temos na casa. Resulta que o numero leva vinte anos na guia telefonica e agora queren sacalo. A companhia telefonica Sprint di que non vai retiralo que non e ilegal e que a chamada e vontaria e que pode chamar quen queira. Tamen din que este e un pais de discurso libre e que as palabras non ofenden. Ponhen de exemplo os ateos que poden reclamar que hai igrexas na guia telefonica.
O debate esta servido por aqui e agora a xente que esta en contra quere buscar que cometan algo ilegal para poder retiralo do listin. E asi esta o tema: estancado de momento.
Do resto sen novidade.
Ata manha.

Sunday, February 05, 2006

Relixion, relixion



Estes dias esta o mundo revolto co asunto das caricaturas contra Mahoma.

Dende logo isto da relixion e un tema espinhento que non me gusta tocar porque todos cren ter a razon e tratan de meter en razon a quen non coincide con eles. Esta e unha historia vella coma a humanidade e seguira sempre asi ata que queden duas persoas en pe e luitando por cadansua fe.

Eu prefiro levalo con bo humor e como hoxe e domingo e non fun a misa polo menos aprendo da biblia nesta paxina onde un 'reverendo' explica a biblia paso a paso e con imaxes do Lego por se un non sabe ler. Na foto sae Sanson desfrutando dunha muller de mala vida. Dende logo, se os cristians chegasen a ser coma os musulmans este 'reverendo' acabaria sepultado a pedradas.

Un saudo e ata manha.

Friday, February 03, 2006

Video

Despois dalguns problemas con blogger e despois de meter un video en youtube aqui podo mostralo para quen poida velo.
O video e do desfile de Nadal en Warrenton. Nel miranse os rapaces do instituto de Ana. Ai volo deixo como nota curiosa.


Thursday, February 02, 2006

Colectando cartos



Onte pediume un dolar Lakisha, unha negrinha de control de calidade da Revlon. Esta Lakisha e pequerrecha pero xeitosa. Ten dous fillos e no embarazo do segundo traballou ata o ultimo dia. Tinha un bombo impresionante e andaba abanandose pola fabrica adiante que parecia que ia cair e porse a rolar en calquera momento. Esta casada cun homon que lle quita varias cuartas e que e "trailero" que e a forma de chamar a un camioneiro en espanglish. O dolar que me pediu era para a sua igrexa que xuntaba cartos para non sei que problemas duns nenos.

Aqui e mui tipico pedir cartos para todo e a xente daos sen problemas. Que un companheiro esta no hospital ?, pois o companheiro de turno pide cartos. Que unha casa arde?, outro tanto: a pedir cartos. E asi sempre e con naturalidade. Ata na tenda de mascotas cando pagas con tarxeta preguntan se queres deixar un dolar para as canceiras de cans abandonados e podes indicar que si ou optar por marcar " Hoxe non" que queda millor que dicir que non directamente.

Este habito de pedir ven a que neste pais o goberno non paga muitas cousas. Logo a xente ten que idear o que sexa para xuntar cartos. E podes ver dende bombeiros pedindo nos semaforos coa bota de traballo na man, ata rapaces nos sabados que che lavan o coche pola "voluntad". Outro metodo de conseguir uns cartinhos e o de vender comida feita por vontarios. Nesta foto do lado ponho un exemplo disto. Venden bandeixas de carne asada para conseguir cartos para o departamento de bombeiros de Hawtree.

E isto foi todo por hoxe. Ata manha.

Wednesday, February 01, 2006

Dia da Candeloria (nos EEUU dia da marmota)



Explicome. O dia 2 de febreiro e o dia da Candeloria "que vai medio inverno fora". En Galicia habia muita trdicion nese dia e dician que era o dia que casaban os paxarinhos e os marinheiros dabanlle voltas as tellas para que cambiase o mal vento de direccion. Tamen era un dia que se facian fogueiras e se adoraba o lume (Candeloria=candea). Eses ritos e crenzas perdense no pasado. Pero agora somos mui "listos" e perdemos eses costumes aos poucos e non se lle da a importancia que se lle daba antes.

Por outra banda, os norteamericanos brancos tenhen raigames europeas. Entre eses europeos houbo alemans que levaron a Pennsylvania ( concretamente a vila de Punxsutawney ) o costume que tinhan na Alemanha de consultarlle aos ourizos o que faltaba de inverno. Cando chegaron aos EEUU toparon as marmotas e quitaronlle o posto de predictores do tempo aos ourizos cacheiros. Co paso do tempo foi collendo fama e a marmota destes ultimos anos chamase Phil e ten un tobo con calefaccion e todo (na foto).

O ritual e asi: o dia 2 de febreiro van ali uns homes e sacan a Phil do tobo; se fai sol e Phil mira a sombra do seu rabo volve ao tobo e iso significa que faltan seis semanas de inverno. Se Phil non pode mirar a sombra da sua cola porque esta o dia cuberto iso quere dicir que o duro do inverno xa rematou.Logo hai festa con musica, comida e demais parafernalia e na vila esta xuntanse mais de 30000 persoas. E por se fose pouco ata hai unha pelicula da vila protagonizada por Bill Murray.

E este e o dia da marmota. Para que vexas que dun costume pode facerse festa e negocio. Como diria meu pai; estes americanos son finos como allos e agudos coma cebolas. A ver se aprendemos deles o que tenhen de bo.

Deica manha.