Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: May 2005

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, May 31, 2005

Martes coma luns

Hoxe estiven coa sensacion de que era luns.
O dia foi bo con nubes e claros e non muita calor.
No choio estiven traballando coa etiquetadora con xente que xa presentei. Tamen habia alguns que non presentei ainda coma Eric: branco, vintecatro anos, case dous metros e un pipote por bandullo. Asi foi que o bautizou Tonho coma o "Zampabolos". Non e mal rapas anque un pouco lacazan si que e. Ten unha perilla estilo Redneck que e como se chama a xente do sur profundo de EEUU. O nome ven do uniforme que levaban os soldados confederados que tinhan o colar vermello. E falando disto, venme a memoria o alcume do estado de Carolina do Norte que e "Tar Heel State" e proven da guerra civil americana que habia un xeneral que dixo que aos carolinians habia que pegarlles os pes ao chan con alquitran para que non fuxisen do campo de batalla, que eran uns covardes. Pero cando chegou a hora da batalla, os carolinians portaronse mui ben e demostraron a valentia e, cando rematou a batalla, o xeneral non puido reprimir un hurra polos "Tar heels" e dai saiu o alcume do estado.
E seguindo co tal Eric "Zampabolos", dicir que ten unha camioneta rancheira cunha pegata que pon: Americano por nacemento, surenho pola gracia de Deus.
Unha definicion en broma dos homes surenhos di que se dividen en dous tipos: os que conducen unha rancheira Chevrolet e os que conducen unha Ford...
Tamen estaba traballando Pearline que de perola non ten nada. E negra coma boca de lobo e con aspecto machorro pero mui boa persoa. Non me entende a min cando falo ingles nin eu a ela e necesitamos a nosa amiga comun Cecelia para entendermonos.
E o choio foi a trancas e barrancas e durou todo o dia. Nun momento do final dixome Sheyla que a min non me gustaban as mulleres negras, que so me gustaban as asiaticas coma Susan ou as latinas coma Emma e que eu estou casado cunha branca e todo iso demostraba que non queria saber nada das negras. Dixo todo isto chiscandolle un ollo a unha amiga demostrando que estaba de broma e coma para darse de mais branca ensinoume a marca de moreno nun brazo e dixome que a parte cuberta do seu brazo e da sua cor natural e pouco mais escura era ela ca min.
Eu esta distincion por cor non a tenho mui clara. Hai brancos que son negros coma chamizos e negros que serian a envexa de Michael Jackson...Na terrinha andamos xuntos xente loira con xente de pelo castanho ou xente de pelo negro, e xente de todalas cores de ollos posibles e non pasa nada...Penso que si todos foramos cegos a cousa iria mais rodada. Ou inventariamos razas polos tons de voz ?. Non sei. Coma di un amigo meu: o caso e ter saude e os pes quentes...o resto non e nada.
Manha sigo.

Monday, May 30, 2005


Ana e mailo Colin na pagoda "inclinada" de Baltimore. Posted by Hello

Luns en Baltimore.

Hoxe tocou a volta a Warrenton.
Saimos de Elkton cedo e unha hora mais tarde estabamos en Baltimore. Antes paramos nunha oficina de informacion turistica pero non tivemos a sorte de que houbese boyscouts dando cafes.
Baltimore e ben distinta de Philadelphia. Ao millor equivocome pero pareceume unha cidade morta, fea, en obras, desmantelada e con muitos vagabundos pola rua. Philadelphia tinha vagabundos pero non tantos, e as zonas pobres eran menos.
Estivemos no Inner Harbor que e o porto onde hai restaurantes, pedaletas, o acuario e barcos museu e un submarino (como me soa todo isto). Conseguimos aparcar unha hora por un dolar debaixo dun ranhaceos e co coche a sombra que no centro de informacion turistica cobraban 10 dolares os mui ladrons por ter o coche ali ao sol.
Esa hora dedicamola a percorrer o porto e subimos a un faro que tenhen ali que e gratis a visita.
Polo paseo habia muita xente e na auga unhas pedaletas con forma de dragon mui curiosas.
Facia calor e tomamos unhas canhas frescas con vistas ao veleiro Constellation que botou un canonazo en memoria dos mortos americanos en guerra que hoxe e o Memorial Day polos caidos.
Dali collemos o coche e fomos ao parque Patterson que e triste, case sen arbores, pouca xente e de mala pinta e ten un casino abandoado e unha pagoda que parece de Pisa pola inclinacion e, inda por riba, estaba pechada.
Fixemos as fotos pertinentes e fuximos desa cidade que ten unha Little Italy pero mui apagada. Tamen ten o forte Henry para visitar pero xa non o miramos.
Logo tiramos millas para casa e aqui estamos dispostos para seguir coa rotina: eu a Revlon e Ana a clase pero xa sen alumnos.
Tonho xa esta aqui dende o sabado e esta con Cris organizando as vacacions na costa oeste dos EEUU. Alguen que os convenzan para que fagan un blog contando iso todo.
E nada. Na casa, Ana rapou a Colin que sufre co estas calores; logo banheino e xa parece un cancinho novo outra vez.
Agora tomarei un cafe e para cama.
Manha contarei algo.


Ana diante do Museu de Arte Contemporanea. Posted by Hello


Parellinha debaixo do simbolo de Filadelfia. Posted by Hello

Filadelfia, a cidade do amor fraterno.

Saimos do hotel en Elkton e collemos a 95 norte para Philadelphia. Este dia xa non habia trafico que o anterior houbo retencions bastantes. E o dia foi caloroso con nubes e sol.
Antes de entrar na cidade habia un posto de informacion turistica e tivemos a sorte de que habia un grupo de boyscouts ali con cafe, donuts, madalenas que daban pola vontade e con tres dolares xa almorzamos Ana mais eu e estaba todo ben bo que parecia caseiro.
Despois entramos en Philadelphia e buscamos onde aparcar perto de Market Street onde esta o centro de informacion turistica e e unha rua con ambiente. Tivemos sorte que aparcamos en Pine Street, unha rua paralela, e nun sitio con sombra e gratis. Por esa zona visitamos unha casa onde foi o primeiro congreso de Estados Unidos e habia unha senhora cega vestida da epoca colonial que tocaba un instrumento rarisimo de cristal coma se fose un piano. Por fora habia nenos tamen vestidos da epoca colonial xogando a xogos antigos con paus. Tamen estaba unha senhora preta que tecia algodon nunha roca e explicaba como era antes a roupa.
As ruas estaban cheas de turistas e habia carrozas de cabalos, autobuses con forma de barco que daban a xente asubios con sons de parrulo e tranvias turisticos.
Fomos caminhando dende a Market Street ata o museo de Arte Contemporanea e pasamos polo bairro chines, o concello, o simbolo LOVE, as varias fontes e a rua abeirada das bandeiras de todolos paises do mundo onde estaban os museus de historia natural e de Rodin e remata no museo de Arte Contemporanea que tinha a Dali nas escaleiras que estivo unha exposicion ata o 15 de maio. Non entramos no museo que xa non habia entradas. Logo voltamos e mercamos unhas sandalias que se me romperon as minhas. Collemos o coche e fomos a Fairmont Park e paseamos co Colin por ali. Estivemos pola beira do rio e habia varios clubes de remo e muita xente. Tamen habia un grupo bailando con patins e eran uns artistas do ben que o facian.
Era tarde e voltamos a aparcar onde antes e tivemos sorte que topamos un sitio perto do anterior. Fomos por esas ruas ata o porto onde habia barcos museu e un submarino. Nas ruas habia unha feira de artesania e topamos unha rua con muito movemento: South Street. Esta rua tinha muitos restaurantes e tendas variadas que parecia o Soho en Londres. Habia un restaurante espanhol con pulpo e todo e, claro, escollemos cear nun bar americano, he,he. O pulpo hai que comelo na terrinha, non ?. No bar Ana ceou unha ensalada Cheers to you e eu un Philly cheese steak que e o tipico de Philadelphia. Dali marchamos para o hotel.
Philadelphia e unha cidade grande e ten muitas cousas para facer e muitas cousas bonitas que mostrar e a escolla das fotos e dificil.


Ana no paseo de Wilmington, DE. Posted by Hello

Sabado en Wilmington de Delaware e Newark de Delaware

O sabado foi o dia de viaxe. Tronou polo caminho pero cando chegamos ao hotel en Elkton xa escampaba.
Wilmington estaba perto e fomos ala. Erramos de estrada e pasamos por barrios pouco seguros e ao final chegamos ao paseo do rio. Wilmington tinha asteleiros no pasado pero foron ao tacho. Deixaron unhas gruas e alguns almacens que restauraron e fixeron tendas e restaurantes. E por ai estivemos dando un paseo.
Para cear fomos a Newark que era onde estivo Tonho facendo unhas practicas. Newark e pequeno pero ten a rua principal con muita movida porque hai universitarios. Ali ceamos no Ali Baba que ten comida arabe. Ceamos falafel que o botabamos en falta dende Londres. Logo pasamos polo Mc Donald para mercarlle a Colin unha double cheese burger...e para cama.

Friday, May 27, 2005


Palco, alumnos e publico na graduacion. Posted by Hello


Momento no que recollen a senhora do esvaecemento. Posted by Hello

Graduation Day

Hoxe fixo mui bo tempo. Un pouco quente de mais pero nada esaxerado.
No traballo mandaronnos a todos a outras zonas que non habia choio que facer na nosa area. Estiven primeiro carregando unha maquina de tapons, logo embalando e logo metendo algodons nunha caixa onde se enchoupan de crema e pasan a unha fita onde os embalan. Logo mandaronme a outra linha e xa non estiven mais con Emma a hondurenha que non para de falar co seu acento caribenho...e a ela gustalle o meu. Por ai gustanlles que se pronuncie a zeta.
Emma faloume dunha telenovela que esta a mirar: "La mujer en el espejo" e e unha muller que e guapa de dia e fea de noite e e filla dun home rico pero ela non o sabe e ten unha madastra que a trata mal. Ou sexa: unha mistura de contos, lendas e mitos.

Cando sain Ana xa estaba na casa que a trouxo o noso vecinho. Preparamonos e fomos a graduacion. Ana quedou axudando ao fotografo e tinha que apuntar un numero ao lado de cada alumno e por se era home ou muller e branco ou preto.
O dia foi bo e houbo muita xente. Mais de douscentos alumnos conseguiron o titulo.
A cerimonia empeza cos da mesa principal e os alumnos desfilando dende fora do campo de rugby ata o palco e as sillas de diante. Nas beiras hai outras sillas para familiares con invitacion dos titulados e o resto da xente esta por fora nas bancadas.
O meu choio era estar nunha cancela entregando programas. Cando pechamos as cancelas xa puiden facer fotos e videos menos cando aguantaba a corda para separar os familiares e os alumnos que se non xuntanse e hai un cristo.
A banda toca a musica tipica da graduacion "Pomp and Circumstance" e logo toca o himno. Despois venhen as presentacions e saudos para os profesores e os pais. Houbo tamen unha lembranza para un alumno que morreu nun accidente e o pai del recolleu o titulo e presentes dos alumnos e companheiros do fillo e foi emocionante. Logo deu un discurso unha antiga alumna que prosperou na vida e deulle azos aos alumnos e dixolles que traballando duro e respetando aos demais poden chegar lonxe. Logo o coro cantou o himno do instituto "Like an eagle" que a aguia e a mascota do instituto. Por certo, o coro de vinteseis alumnos non tinha nin o primeiro branco.
E logo xa foi a entrega dos diplomas por parte do director e rematou co lanzamento de globos, confetti e sombreiros polo aire e oubeos dos graduados.
A cerimonia foi coma a do ano pasado e houbo unha senhora maior que se esvaeceu pola calor e a cantidade de xente. Pero quedou nun susto.
E asi foi a cerimonia, coma nas peliculas.
E non tenho mais que contar. Manha saimos de viaxe e ata luns non volvo escribir.

Thursday, May 26, 2005

Xente da piscina

Ola de novo.
Hoxe fun ao choio e foi todo ben:estiven na minha area coa xente de sempre. Ensineille as fotos nosas a Ronie, o "Patachula" e a Katie a "Amante dos bechos". Esta Katie e branca de 44 anos e baixota e gordechinha e fala muito e ri tamen. Na casa ten loros, iguanas, unha becha xigante que esta nunha foto cun fillo pequeno todo ledo co demo da serpe enroscada non pes e mais bechos que lle queren mais a ela que ao home e que tenhen a habitacion principal coma territorio dos animalinhos. E mui boa rapaza, si senhor. E dixo que Ana e guapa ou sexa que leva mais puntos.
A tarde fomos para o ximnasio que hoxe apetecia nadar que facia unha calor de derreter a un.
Estaba nadando a senhora "Nadadora" que e unha muller que se pon a nadar estilo crawl unha hora amodo pero seguido sen parar.
Tamen estaba "Madelman", un senhor rarisimo que nada estilo ra pero para atras e logo ponse na beira da piscina a falar so e ponse de pe no medio e anda no sitio e segue a falar so. A min pareceme que estivo en Vietnam e quedou trastocado.
Outro que estivo anque no vestiario e Bob, un sicologo que traballa no hospital pegado ao YMCA.
Esta aprendendo espanhol e fala despacio, despacio e pensando muito as palabras. Comigo aprendeu chatarra, irritar e presumir. E el di: Grasias, grasias.
Faltaba hoxe Burt que quedou trastocado (este si seguro) dun accidente. Botou un tempo en coma e logo tivo que aprender todo coma un neno pequeno desde vestirse a falar e isto non o aprendeu mui ben que non hai quen o entenda. Cando fala de comida que lle gusta babea coma o seu tocaio dos Simpsons. Ademais estes dias ten a teima de que imos mudarnos a Wake Forest e todolos dias mo pregunta e eu digolle que non e ao dia seguinte xa volve coa mesma leria.
Estivo Adan ensinando a nadar aos chamaquitos e logo quedou de socorrista. Este Adan ten cada unha...asi lle chamamos Shin Chan. Unha vez dixome que escribira unha poesia en galego e eu dixenlle que ma trouxese e un dia trouxome un papel escrito a boli e empezo a ler e si, era en galego; pero era "A forza desta vida", unha cancion da Operacion Triunfo. Noutra volta dixome que un companheiro del socorrista tamen, que era mexicano pero que eu non lle podia falar espanhol que so falaba ingles e nahualt e eu crinllo e el botouse a rir.
Tamen estivo ensinando Bethany de bo nome "La Sirenita" que nada mui ben e rapido; e de mal nome "Olivia" porque e algo delgaducha e ten unha cara asi coma a de Olivia.
Eu herdei de meu pai isto de alcumar a xente e suponho que todo o mundo o fara. Suponho que a min me chaman na piscina "Hairy Fish" ou o "Peixe peludo" e a Ana seguro que a bautizaron coma a "Peixinha Duracell"....Bueno, eses serian os nomes que poria eu.
E mais nada. Manha toca a graduacion no instituto e eu irei de vontario para atender unha porta de entrada do campo de rugby onde fan a cerimonia. O ano pasado estiven de acomodador e acompanhaba aos pais dende a porta ata as sillas diante do palco. Se non vou de vontario non podo entrar que esta mui restrinxida a entrada e so hai profesores e familiares dos alumnos. Espero que non faga muita calor e que todo saia ben.

E manha falarei disto todo.

Wednesday, May 25, 2005

En Vieiros estou aqui.

Cheirando a fin de curso

Ola.
Hoxe Cris acabou de darlle clases aos nenos. Agora quedanlle uns dias que ten que ir a clase pero sen alumnos e Cris esta leda. Por outra banda, Ana ainda esta cos exames e van aprobando os alumnos que aprenderon muito. Ao primeiro do curso eu axudaba as veces a Ana a corrixir exercicios e metian a pata que eu morria coa risa, pero agora xa non fan gracia...aprenderon demasiado con Ana.

Eu no choio ben. Hoxe houbo unha reunion para falar dos novos productos que vai sacar Revlon e Almay e vai haber choio abondo a partires de xullo. O xefe dixo que os eventuais ian ter traballo e preguntou cantos habia e so quedo eu na minha area. Son o ultimo das Filipinas, o ultimo mohicano, o derradeiro que os companheiros foron caindo na minha area. Pero xa somentes quedan un par de semanas para que volva a casa e enton xa non habera blog nin Revlon...magoa. Agora que saia na paxina de vieiros e en Google e hai alguns amigos blogueiros que me enlazaron... Pero ainda estou aqui e quedan cousas que ver e que contar e esta fin de semana, que ten o luns festivo por ser Memorial Day; Ana, Colin e mais eu imos a Elkton, unha cidade entre Philadelphia e Baltimore e habera cousas para contar.
E isto e todo de momento.

Tuesday, May 24, 2005

A ver se sae aqui a ligazon para o xogo xeografico.

Aclaracion

Sigo sendo un peido co isto do ordenador.
A ligazon para a paxina de onomatopeias e esta.
E a ligazon para o xogo xeografico esta aqui.
Perdon.

Martes "cultural"

Hoxe xa traballei na minha area. Tocoume por chapinhas con Susan, a indonesia, e paseino ben. Ela fala que fala no seu ingles macarronico e sabe muito espanhol. Eu tamen aprendo algo dela como a dicir tolo en indonesio "guila" e en chines "sanchimpi". Ademais fan un ademan raro para dicir tolo: pegan o dedo a fronte. Non fan coma nos que damos media volta para atras e media para adiante co dedo clavado na tempa. Tamen en Centroamerica fan un aceno distinto: tenhen o dedo separado e danlle voltas grandes. Iso lembroume o das onomatopeias, os sons que fan animais e cousas e que cambian segundo o idioma e non e o mesmo un can ladrando en ingles que en polaco e topei esta paxina con exemplos. Tamen seguin mostrando as fotos da mafia galega de Warrenton e Sandra e Emma dixeron que as espanholas eran ben lindas e altas. Os americanos tamen quedaron abraiados que pensan que os espanhois son baixos e morenos coma os mexicanos en xeral e hai de todo. Creo que fixen asi un bo acto cultural.
Pasou a manha rapidamente e fun buscar a Ana e no caminho caiu unha treboada de medo.
A Ana o dia foille millor ca onte: puxo o video a un grupo e aos outros fixoos traballar. Estes rapaces queren man dura e Ana sabe como tratalos dandolles unha de cal e outra de area.
Como seguia a chover e habia lostregos fixemos tempo antes de irmos ao YMCA e aproveitei para botar unha soneca que me soubo mui ben.
Logo deixou de chover e apareceron un feixe de cadelas de frade e digo eu que habera que ter cuidado cos oidos a partir de hoxe. O que non hai son esquios que dixo Tonho que migran nesta epoca.
Fomos ao ximnasio e nadamos e logo voltamos para casa. Ceamos e andei polos blogos e topei cousas coma lendas galegas, xogos de xeografia e o festival de Cans no Porrinho, a minha terra chica.
E asi foi o dia. Suponho que manha habera mais.

En canto a foto dicir que dende o primeiro dia deixoume pensativo. Se proiben vender tabaco aos menores de 18 anos por que piden o carne aos que aparentan menores de 27 ?. Non sei a que ven esta norma que me parece retorta e incongruente.


Fumador: Non venderemos tabaco a menores de 18. Comprobarase documentacion con foto expedida polo goberno de todas aquelas persoas que aparenten menores de 27. Posted by Hello

Monday, May 23, 2005


Festa de Aninovo coa xente "ben" de Henderson. Posted by Hello

Xente branca do YMCA

No choio segue a cousa escasa e mandaronnos a outra ponta da fabrica, onde fan os lapices de ollos e ali botei a xornada. Levei unhas fotos para mostrar a Ana e Cris que habia mulleres que querian velas. Preguntaron se eran irmas (debe de pasarlles coma a nos que os negros parecennos iguais) e dixeron que eran guapas e altas. Tamen lles gustou o Colin. Ese can ten un exito bestial coas mulleres.
Ana pasou un mal dia. Os alumnos estan na recta final e se xa non fan nada no curso, agora xa e esaxerado. Manha vailles levar un video para que non lle rompan a cabeza. Tamen os alumnos estan cos exames e o venres e o dia da graduacion, cando van coas togas e os topetes na cabeza.
A tarde fomos ao ximnasio: Ana fixo Pilates e eu nadei. Antes fixen tempo que habia xente a nadar e falei con Gwen (outro distinto do que me convidou a navegar) e este convidoume a pescar que ten unha casa no lago Kerr. Gustalle relacionarse con xente doutras culturas e cando estaba no instituto estaba cun paraguaio chamado Jorge pero preferia que o chamasen George porque facian burla do seu nome que dito jorge soa a cacheira, cabeza de porco.
Non sei en que quedara a invitacion.
Iso lembrame a Denis, un senhor que nada mui ben e xa hai tempo que non miro. Convidounos o ano pasado a nos e aos arxentinos a sua casa a comer no dia de anonovo que comen unhas verduras que parecen grelos e que chaman turnips e din que e tradicion e da boa sorte no ano. Suponho que nos convidaria para dar un toque exotico a festa porque ali estaba a alta sociedade de Henderson: medicos, avogados, facendados, funcionarios e demais " titulos nobiliarios ". Fomos ala pero non pegabamos nin con cola. Levamos turron e a xente comeuno ben.
O Denis e constructor e ten unha casaza na zona " ben " de Henderson. Este home pareceme bo tipo pero hai veces que me parece do Kukluxklan tan loiro e os ollos azuis frios.
Non sei, debe de ser que me parece que estou nunha pelicula e toda a xente asocioa con personaxes de peliculas.
Manha escribirei mais.

Sunday, May 22, 2005


Tonho, Cris e Ana con Petunia detras. Posted by Hello

Maraton de shopping

Hoxe fomos de shopping a Raleigh todo o dia. Primeiro fomos ao Southpoint que e o centro comercial mais grande de Raleigh e ten coma unha rua chea de tendas e restaurans aparte do centro comercial cuberto.
Na parte de fora habia unha asociacion de defensa de cans abandoados recollendo axudas e tinhan a Petunia de mostra, unha cadela xigante feita con frores que e a que sae na foto. No Southpoint paseamos e xantamos e mercamos alguns detalles para a xente da terrinha.
Do Southpoint marchamos para o Triangle e estivemos no Dicks que e unha tenda de deportes e material de tempo libre. Tamen estivemos no Barnes&Noble onde venden libros e noutras tendas de roupa e calzado ata quedarmos fartos de tanto andar e buscar presentes.
Ali ao lado estaba o Old Navy e o Target e ali fomos e de caminho a casa ainda paramos no Wal*Mart para buscar mais agasallos.
Ou sexa, un maraton de compras que nos deixou derrengados.


"Troca" da voda e a igrexa. Esquecia dicir que habia un policia no banquete...por se ascaso. Posted by Hello

Voda a mexicana

O sabado foi movido. Pola manha fomos Ana mais eu de compras a Rocky Mount mentres Cris foi a unha voda mexicana.
A voda e distinta as nosas e non sei se e a tipica, tipica. Muitas cousas deben de cambiar porque aqui non estaban todolos familiares dos noivos e invitaban mais que nada a comunidade coa que se relacionan. A cerimonia parece ser que foi longa e non habia muita xente e poucos homes (debe de haber unha "capela" ao lado). Na voda habia damas de honor e muitos padrinhos: padrinhos de soga, padrinhos de coxin e os padrinhos da voda en si. Os padrinhos da soga ponhenlle unha lazada aos noivos no pescozo coma se fosen cabalos e quedan xunguidos os dous. Logo xa lla tiran. Os padrinhos de coxin traen uns coxins brancos e grandes nos que se axionllan on noivos durante a cerimonia e parece ser que ten que ver coa fertilidade. E xa os padrinhos verdadeiros traen a biblia e os aneis.
A igrexa era grande e moderna e o cura chapurreaba espanhol.
Despois foi o convite que foi nun local alugado. A comida era tortillas mexicanas, feixons e arroz e porco asado. De beber habia refrescos e cervexa. Servian as mesas as damas de honor e diante da torta nupcial punhan os presentes os invitados.
Os noivos bailaron o vals mais de media hora eles sos e logo bailaba toda a xente. Habia dous conxuntos a tocar musica mexicana e tamen puxeron musica disco suave.
Un detalle curioso foi cando se puxeron os noivos enriba dunhas sillas e o noivo colle enton a cola do traxe dela e levantao. As invitadas enton bailan ao redor deles todas enganchadas da man e logo pasan por baixo da cola. Cando xa pasan as mulleres, tocalle o turno aos homes que xa son mais bestas e case tiran aos noivos.
Outra cousa curiosa e que alguns homes levan sombreiro tipo cowboy e que lle penduran billetes do lombo ao noivo.

Cando chegou Cris da voda xa estaba Tonho que viu para pasar a fin de semana. Tamen estaban os arxentinos e ceamos pizzas. Logo da cea estivemos a falar de mil cousas e ata falamos dos debuxos animados da tele e non hai muita diferencia entre Arxentina e Espanha que tivemos Heidi, Marco, Mazinger Z, Erase unha vez a vida, etc, etc.
E asi foi o sabado.

Saturday, May 21, 2005


Dogwood: arbore simbolica de Carolina do Norte. Posted by Hello

Avanza a primavera

Hoxe deixou de chover, anque anda o tempo algo fresco. Nada, que a primavera vai para adiante e xa case non hai flores. Pensabamos tirar para a praia pero o tempo non vinha mui catolico e decidimos quedar esta fin de semana pola casa.
Os bechos empezan a multiplicarse e o outro dia miramos o primeiro vagalume ou lucecu. O ano pasado habiaos a centos onde viviamos que era un lugar con mais arbores e menos casas.
Cris esta a prepararse para a voda mexicana que ten hoxe e Ana esta facendo manualidades con fotos. Mais tarde iremos a Rocky Mount a dar unha volta e nesta tardinha viran os amigos arxentinos e cearemos pizza que hai tempo que non estamos co ele

E agora vou comentar a foto.
Esta arbore chamase "dogwood" que ven sendo algo asi coma madeira de can e ven o nome de que antigamente fervian as cascas da arbore e co esa auga curaban a sarna dos cans.
Esta arbore e a arbore simbolica do estado de Carolina, asi como o "cardinal" e o paxaro oficial do estado. Aqui hai costume de por animais, prantas e mais cousas como simbolicos do estado.
Pois esta arbore ten unha lenda que ten que ven con Cristo, por non variar. A lenda di que antigamente era grande coma un carballo, forte e dereita e co ela fixeron a cruz de Cristo. Deus castigou logo a arbore infame e fixoa que quedase pequena, de madeira retorta e branda e as frores son brancas con forma de cruz e tenhen unhas manchinha castanhas do oxido dos clavos de Cristo, unhas pintas vermellas que representan o sangue e ten no centro da flor unha coroa de espinhas coma a de Xesus.
Manha contarei mais.

Friday, May 20, 2005

Radio no coche

Eu boto unhas duas horas no coche ao dia. A media hora da casa a Revlon, en Oxford e a volta para casa e pasando a recoller a Ana; e despois unha hora de ida e volta dende a casa ao ximnasio e ao Wal*Mart que esta ali pegado en Henderson. Nese tempo escuito a radio. Na radio do coche tenho programadas seis emisoras de radio. Nesta zona hai muitas con musica country e eu programei unha que non ponho muito. Tamen hai emisoras con musica hip-hop mui moderna e ruidosa para o meu gusto e relixiosas que non as tenho programadas. Unha que si tenho preprogramada e unha de clasicos do rock con musica heavy e non tan heavy. Outra e de clasicos deses que os cantantes xa estan mortos e e musica dos 40, 50 e algunha dos 60. Cando quero tranquilidade e entender o cen por cen do que cantan, pois ponho esta emisora. Outra que entendo e La Ley de las Carolinas que ten musica mexicana con letras que fan rir e os anuncios no spanglish da zona.
Pero as minhas emisoras favoritas son Wral.fm e The River. A primeira ten as novas do dia e musica dos 80, 90 e de hoxe e ten de malo que repiten bastante a musica e hai unha chea de anuncios e aproveito ese momento para cambiar para The River que ten menos anuncios e novas e unha musica non mala de todo pero un pouco pior.

Ven esta introduccion a que hoxe escuitei unha nova na radio de que queren permitir levar armas ao posto de traballo no estado de Carolina ... por se aparece algun tolo, seica. Xa hai unha lei parecida no estado de Florida que deixa levar armas pola rua para autodefensa.
A min parecenme estas leis unha barbaridade e a volta ao salvaxe oeste do que ainda non perderon de todo.
E, co conto da lei esa, acordeime do cartel da foto que aparece nas entradas de oficinas, bancos e outros sitios publicos.
Eu, cando mirei o cartel por primeira vez, pensaba co meu pouco ingles que "concealed" significaba arma cargada; pero eu miraba policias que ian ao ximnasio con todo o armamento e viase cargada a ferramenta de matar e ninguen lles chistaba. Quedei coa mosca detras da orella e fun ao diccionario a desburricarme e souben que "concealed" significa oculta e que o cartel vinha a dicir: Prohibido levar armas ocultas. Ou sexa, os cacos non incumplen ningunha norma cando entran nun sitio coa arma ben a vista ...
Nada, que non deixan de asombrarme estes americanos e as suas leis...


Que alguen me explique isto. Posted by Hello

Thursday, May 19, 2005


Pareceme unha incongruencia: falar de xesus e logo levar un rifle no coche. Suponho que se Xesus non morria, xa se encarregaba este do asunto...ou sera que e un aviso de que non se pode opinar o contrario ? Posted by Hello

Andan a cambiar os mobles no ceo

Iso e o que se di cando trona e estivo a tronar ata hai un pouquinho.
A manha saquei o Colin a pasear no colo que iso da chuvia non vai muito co el. Pouseino na funeraria que temos ao lado que ten un cuberto para os coches. O Colin mexou nunha roda e xa tirou desflechado para a casa. Iso si, non se cagou nos mortos de ninguen.
No choio segue a escaseza de traballo e mandaronme para tres sitios distintos. Primeiro facia caixas para embalar, logo tocoume unha linha onde pasaban botellinhas de tinte e tinha que comprobar que levaban tapon e etiqueta. E menos mal que me cambiaron porque xa me pegaba o sono. O ultimo choio xa foi movido que tiven que embalar caixas de tintes. Habia unha senhora que me facia as caixas e boteille unha man que non daba avio. Preguntoume de onde era e, miragre, sabia onde caia Espanha. Mirouno nunha canle de viaxes e mirou os touros e os Sanfermins e preguntoume se eu facia iso. Eu dixenlle que non, que era perigoso e e un abuso parvo dos pobres animais. Estou de acordo co amigo Pepe.
Nun descanso falei co dobre de Apollo Creed, o que boxeaba con Rocky Balboa. O senhor este e de Nova York e fala ben que se lle entende e dixome que ao primeiro faciaselle dificil entender a xente de aqui. Seria para nos como un que fala castelan do norte e outro que fala andaluz.
Tamen hoxe houbo unha emerxencia medica. Cando pasa isto soa a sirena dunha maneira especial e para toda a fabrica. Logo anuncian polo altavoz onde tenhen que ir os paramedicos e ala van eles cun carrinho de golf adaptado como ambulancia. A fabrica para toda para deixar o caminho libre de obstaculos para os paramedicos. Xa dixen unha vez que aqui hai xente mui maior traballando e tamen obesos de quitar o hipo e non me extranha que cando fagan un esforzo minimo lles dea un "yuyu". Normalmente so e un susto e o de hoxe foi outro susto mais.
Ao rematar o choio fun buscar a Ana e inda tinha alumnos que repiten exercicios que fixeron mal. Non lles chega co exame que e tipo test e doadinho que ainda tenhen que repetilo. Un dia hei de por un exemplo coas respostas que dan os alumnos que son mui graciosas.
Como hai treboada seguro que fechaban a piscina que din que a auga atrae os raios e xa non fun ao ximnasio. Ana si que foi para desestresarse e Cris aqui anda na cocinha facendo postres para manha que vai facer unha festa cos alumnos. Este sabado esta convidada a unha voda mexicana e xa nos contara como e iso.
E o que e do dia xa esta contado. Como vedes non hai muito que contar. Tenho un amigo que di que viaxo muito pero hai quen me ganha dabondo e quen me ganha por muitisimo.
Ata manha.

Wednesday, May 18, 2005

Loiras nas minhas mans

Hoxe pasaron muitas loiras polas minhas mans e miraban cun sorriso sensual pero eran frias coma o estoxo do carton no que vinhan.
Tranquis todos que non e unha fantasia sexual senon o traballo que me tocou hoxe. Non habia choio nas cremas da cara e mandaronme para os tintes de pelo.
O dia pasou rapido e sen novidade. Unha das que traballaban comigo era a "Corderita", unha rapaza de dezanove anos, loirinha e con cara doce e unha expresion de ollos coma de anho esganado e de non romper un prato. Cando traballa asoma alingua de forma nada profisional e topase coma perdida. Chamase Erin e ten apelido aleman e ten un vozarron forte que non lle pega nada. E das poucas brancas que se rebaixan a falar comigo. A maioria tenhen aires de princesas e resulta que logo viven en trailers. Asi sonche as cousas.
O choio de hoxe era meter estoxos en caixas e pasalas por unha fita que pechaba a caixa con celo. E un choio manual e foi unha das cousas que me abraiou cando entrei en Revlon: a cantidade de traballos manuais que hai podendo facelo maquinas e robots. Home, para min e mais xente e millor que sexa asi que temos traballo; pero e unha cousa que me desconcerta deste pais. Tenhen cousas modernas por un lado e polo outro parece que viven na fronteira co territorio indio. Un exemplo e o da policia que as veces vai dacabalo e outras que levan eses aparellos da foto que bauticei coma funcicleta como poderia chamalo rodadeira ou outro nome e que semellan a cousa mais futurista de calquera pelicula.E agora que esta o personal todo coa guerra das galaxias a foto ven que nin pintada.
E manha pode ser que haxa mais.


Poli con funcicleta en Chicago. A que semella un Dark Vader? Posted by Hello

Tuesday, May 17, 2005

Futuro Himno galego

Fedellando por esa aranheira electronica topei esta poesia que repito aqui pola cara:



Hazuelos jariosos



Que dicen las crujientes
en la llanura parduzca
cuando torrido rebufa
nuestro disciplente sol?
Que dicen los rastreros matojos
de ocre espina enhiesta
en su ahogada protesta
por el aire achicharrador?

De aquel verdor cenhido
y de los aborrecidos castros
no quedaran ni pizcatos:
conquistado hemos el solar.
No dejes caer en olvido
de la envidia la ruda sanha;
aherroja toda Espanha,
Hogar del gran Hernan.

Los buenos, sumisos y obedientes
su voz pronto censuran,
y con arrobo se apresuran
adoptando nuestro hablar;
mas solo los paletos,
y cerriles y mentecatos,
permanecen obstinados
en sus modos conservar.

Los tiempos han llegado
de sedientas limpiezas;
libremos de lo que apesta
este mapa entero ya;
pues, donde quiere gigante,
nuestro clamor anuncia
del vecino la renuncia
ante el Reino de Hernan.

Co este poema quero lembrar que debemos manter a nosa lingua e non fagamos como coas cousas queridas que esperamos a perdelas para querelas.
Aproveito tamen para lembrar aos irmans da nosa lingua en Extremadura, os nosos curmans do pais verde, os ultimos dos Pirineos e os ultimisimos dos Pirineos.
Ogalla mantenhamos entre todos ese tesouro que e a pluralidade linguistica.

Monday, May 16, 2005

Luns cotian 2

O choio en Revlon foi ben. Esta o traballo un pouco frouxo e os traballadores eventuais por Staffmark contanse cos dedos dun par de mans.
Hoxe tocoume con Susan, a indonesia, na cabeceira da linha colocando chapinhas para encher de producto.
A Susan non para de falar e sabe indonesio, chino mandarin e cantones, ingles nivel medio e tamen bastantes palabras e expresions do espanhol que aprende dos mexicanos (xa lles gustaria a Ana e Cris ter alumnos asi de bos ). Hoxe interrogoume sobre todo e preguntaba cousas como se dician en espanhol e Susan e coma unha mistura de esponxa e de loro que asimila todo e repiteo case cravado. Petardea un pouco cos eles e erres pero bueno...Tamen facia acenos raros coa cara e de ves en cando dalle un meneo a cachola para desbloquear o pescozo. E un fervellico que anda sempre a correr e e pequecha e delgada e ten roupa de nena (a unica que lle vale). Ten un coche vermello tipo deportivo cheo de peluches na bandeixa traseira. Esta orgullosa de ser americana (e iso que ainda non o e) e esta casada cun americano que xa debe de ter un trono no ceo por aturar a semellante maquina de falar.
De operador de linha estaba Wesley que e branco, alto e delgado con barba e fala surenho total que non pispo nin a primeira. Ten un chisqueiro coa bandeira confederada que fala e e un bo traballador. Tardou muito en falar comigo pero xa me vai tratando.
Cando sain esperei por Rosi, a arxentina , que me deu productos para Ana. Resulta que de cando en vez, a empresa reparte catalogos para que os traballadores escollan cinco productos de balde. Rosi preguntoume que queria Ana, Ana mirou o catalogo e marcou o que quixo e Rosi deumo hoxe.
Rosi hoxe non tinha un bo dia que estaba sen forzas. Ten problemas con alerxias e un cancro de pel que a queima viva. Colleu o cancro en Arizona cando traballaba ala que tomaba o sol as bravas, sen proteccion nin nada e agora esta asi. E unha verdadeira magoa co boa que e con todo o mundo...
Con todolos contos, cheguei tarde a buscar a Ana pero aledouse cando mirou as trapalladinhas de Revlon.
Mais tarde fomos ao ximnasio: eu nadei e Ana foi facer Pilates. No vestiario un tal Gwen dixome que me ia dar o seu telfono e convitarme a dar unha volta en veleiro polo lago Kerr. Suponho que quedara en nada.
Logo merquei cousas no Wal*Mart, busquei a Ana e para casa.
E asi foi este luns con ceos con nubes e claros e unha temperatura agradable.
Manha habera algo mais.

Luns cotian

A foto vai adicada para Mary e Mon que esperan un neno para setembro.
Unha vecinha tivo unha nena e fixo o acostumado aqui: por na entrada un globo rosa por ser nena, un cartelinho co nome e a data do nacemento e hai casos que ponhen o peso tamen. Logo atan un lazo rosa por ali cerca e xa esta todo anunciado.
Non sei porque o fan ...se sera para informar sen que venhan pola casa a dar a tabarra ou para o contrario; que pasen pola casa para felicitar a nai e a familia e que traian algun presente de paso...
A foto non quedou mui ben. O globo xa case non tinha aire e o cartel non quedou mui claro pero a mensaxe intuese:-Nome: Davis, nada o seis de maio.
O dia anterior ao da foto paseaba eu a Colin pola noite e botouse a ladrar coma un descosido. E a quen ladraba ?. Pois ao raio do globo que o Colin nunca mirara un globo nese xardin abaneandose co aire.
E xa remato, espero que Mary tome nota e que ponha un anuncio asi, pero en azul, cando lle venha o neno.
Bicos e saude dos galegos de Warrenton, NC.


Foto adicada a Mary e Mon. Posted by Hello

Sunday, May 15, 2005

Sherando lake e Charlottesville

Hoxe domingo tocou a volta para Warrenton.
Tonho tinha que ir ao centro de recuperacion e nos fomos almorzar ao Lynn's por variar. Logo fomos ao Sherando lake que esta a unhas vinte millas de Waynesboro. Habia que pagar dez dolares por entrar pero o chico deixounos entrar gratis unha media hora, asi que fomos ata o lago que era xeitoso e mais ou menos coma o de onte. Fixemos fotos na beira do lago e na casa de madeira cunhas chemineas que era a oficina do parque.
Despois de volta, despedimonos de Tonho que estaba todo guapo cunha rede para o pelo que ia operar un falcon.
Chegamos a Charlottesville e fomos dar unha volta. O centro da cidade e peatonal e ten muita vida e iso que e domingo. Hai restorans, tendas, salas de arte, un teatro, uns multicines, unha exposicion de maquetas dos arquitectos da universidade de Virxinia e librerias de libros usados e novos e Ana mercou un que fala da sociedade americana. Tamen hai unha pista de xeo cuberta.
Esta visto e comprobado que os estudiantes ou os militares son os que dan vida as cidades.
Chegou a hora de xantarmos e tomamos pizza que estaba mui boa e cafe que nolo reenchian de balde.
A rua estaba chea de xente de todolas cores e misturados con toda a normalidade do mundo. Muitos paseaban cans e tamen habia dous nenos tocando: unha nena co violin tocaba musica celta e un neno (parecia o irman) tocaba o acordeon mais adiante.
No centro de informacion deronnos un mapa cunha rota a pe rodeando a cidade e fixemos un anaco.
Non topabamos a entrada e Joseph axudounos. O tal home parecia un artista (nesta cidade miramos xente de todolos tipos) ou un hippy. Tinha a casa con flores e cadros na entrada e un can xigantesco e bonachon.
A rota era pola beira do rio Rivanna que ten auga choca. Isto non servia de obstaculo para os cans que se banhaban a cada pouco. Esta rota ten muita xente que pasea o can.
Cando levabamos unha milla andada botou a chover e tivemos que pegar media volta. Pasamos por un atallo que parecia Galicia porque habia silvas, xestas, salgueiros e ata videiras botadas a monte.
Xa logo tiramos para casa e so paramos a botar gasolina. Choveu todo o caminho ata Carolina.
Na casa tocou o banho de Colin e Ana e Cris botaron no buzon da biblioteca uns libros para devolver. A ver se Ana non vai ao trullo que tinha que devolver " O codigo Da Vinci " o venres pasado.
E asi foi esta fin de semana. Manha toca rotina e calor que volve ser luns.


Rematando a pizza en Carlottesville Posted by Hello

Douthat e Lexington

Fomos ao parque estatal de Douthat.
Neste parque tivemos que pagar tres dolares por aparcar e era bastante grande.
Demoslle volta ao encoro que ten unha praia con area branca traida de onde Deus sabe. Ali hai barcas de pedais, barcas de remos, kaiaks e bicis de auga para alugar pero non alugamos nada. Iso si, eu queria unha foto montado nunha desas bicis e ai estou.
Na praia habia unha voda e os convidados tinhan que facer cola para coller a comida que estaba debaixo dunha carpa. E raro unha voda de sirvase vostede mesmo, non ?.
Habia unha chea de rotas para caminhar e decidimos darlle volta ao encoro. A rota estivo mui ben e pasamos por cabanas de madeira para alugar, un camping e polo medio de bosque. O malo da rota foron os bechos que os habia a milleiros.Onde esta o muro do encoro habia zona de pesca so para rapaces menores de doce anos e no resto pescaban adultos.
Cando rematamos a volta fomos a outra rota que tinha unha ponte colgante e o Colin pasou por ela porque nos mirou a nolos catro doutro lado. O Colin e bastante cagon para esas cousas pero desta volta volta portouse coma un machote.
Saimos do parque e Lexington quedaba de caminho para Waynesboro asi que paramos ali a cear.
Lexington ten uns sete mil habitantes pero ten muita vida porque ten un campus e unha academia militar. Ceamos nun restoran tipico americano rodeados de soldaditos e as mozas e debian de marchar destinados para algun sitio que habia ambiente de despedida.
En definitiva, pasamolo ben en Lexington e ceamos ben e barato.
Cando chegamos a Waynesboro e estabamos mirando as fotos do dia eu quedei durmido do canso que estaba de conducir e andar todo o dia.


Eu nunha bicicleta de auga...estes americanos inventan de todo !. Posted by Hello

Terra de montanheses

Covington queda a unhas 10 millas de Virxinia do oeste e esta no medio do George Washington National Forest que e unha masa arborea inmensa nas montanhas que deixan ridiculo a calquera bosque galego e hai que reconhecelo.
Paramos nunha gasolineira e os homes miraronnos con cara rara porque non levamos viseira, suponho; que por aqui son os tipicos da bandeira confederada,o pelo rapado, a perilla, a furgoneta descuberta e a roupa de camuflaxe para cazar.
Fomos a ponte da fonte que esta nun escenario de pelicula e eu xa tinha ganas de ver unha ponte cuberta.
Esta fixerona polo 1850 e estivo en uso ata os anos 1930 e dende aquela usabaa un vecinho coma alpendre ata que unha asociacion mercouna e restaurouna. Agora esta ben e chea de pintadas de amor por dentro.
Tonho preguntabase por que facer unha ponte cuberta e topou a resposta de supito cando caiu un batallon de auga e tivemos que acollernos ali con outra xente que estaban cos nenos disfrutando do rio.
Os nenos disfrutaban coa auga e mollabanse coma pitos e os pais todos tranquilos que aqui deixan os nenos bravos de mais, ao contrario que na terrinha que os protexen un chisco de mais.
Unha nena dixolle a Ana toda preocupada: Non esquezas o teu can, cando mirou que Colin quedaba un par de pasos atras...os nenos tenhen cada unha...
Ainda era cedo e podiamos ir a outro sitio asi que fomos ao Douthat State Park.


Humpback Bridge, VA ou a ponte xorobetas, a ponte cuberta mais antiga das cinco que quedan en Virxinia. Posted by Hello

Sabado no Natural Bridge

O venres 13 foi normalinho. Sain do choio media hora antes e cadroume ben para facer as maletas para irmos a Virxinia. Ana xa estaba na casa que a trouxo Ines, a arxentina.
Fixemos as maletas, chamamos a casa e tiramos para Waynesboro. O Colin esperaba por nos no coche que lle gusta ir de viaxe. Xa ten un territorio inmenso se consideramos os sitios onde mexou!.
A viaxe non tivo dubida. Topamos unha gasolineira a 2.01 dolares por galon que son case catro litros (3.74 l). Muito subiu o combustible !. O ano pasado estaba nalguns sitios a 1.33 asi que hai ben diferencia. Isto da guerra en Irak repercute muito nos prezos todos.
Como dicia, chegamos ben e fomos con Tonho a cear a "El puerto", o restoran mexicano da semana pasada e xa nos conhecian os camareiros. Despois fomos para casa a durmir.
O sabado almorzamos no Lynn's, onde fan bos pancakes. Dali tiramos ao Natural Bridge que esta a unhas sesenta millas de Waynesboro. O caminho e ben chulo; cheo de granxas e todo ondulado.
Onde esta o Natural Bridge tenhen un complexo turistico montado ao grande con tenda, museu do xoguete, museu de cera, casa do terror e, ali a beira, un zoo e unhas covas. O edificio da entrada tamen tinha piscina cuberta para nadar e era gratis...magoa de banhadores.

O sitio e un caminho duns tres quilometros a beira dun rio e pasa polo natural bridge que e grande (mais grande que as cascadas do Niagara, din eles) e ten unha reproducion dun poboado Monacan. Estes indios, segundo as lendas, fuxian dos Algonquins e toparon cun muro de rocha impenetrable e pregaron os espiritus por axuda e eles abriron o Natural Bridge. Pasaron para o outro lado as mulleres e os nenos e os homes loitaron contra os enemigos e venceronos. Comprobaron que o sitio tinha auga limpa e boa caza e ali fixeron o seu refuxio. E o sitio e unha valguinha que e un paraiso como o de Sangri-la... e cando tenha algo aforrado voullo mercar a Ana, he, he.
O rio tinha muitas bechas e cagados e cabracegas e a auga e limpa e fresca e Colin pasou a metade do tempo nela.
O percorrido pasa tamen por unha covinha de onde aproveitaban (xa os brancos) os excrementos dos morcegos para faceren polvora.
Ao final hai unha freixa pequena.
Xantamos nunhas mesas uns bocatas perto dunha arbore que morreu en 1980 despois de vivir 1600 anos.
Dali tiramos para Covington.


Cris, Ana e o Colin no Natural Bridge, VA. Posted by Hello

Thursday, May 12, 2005

Treboada americana

Hoxe o choio foi ben. Primeiro traballaron duas linhas pero as once marchou xente para casa coma Sheila, unha negra mui simpatica que no Nadal deu tarxetas a todo o mundo e un detallinho con golosinas. Esta muller e festeira e mui traballadora. Cando fun a Miami trouxenlle un chaveiro de recordo con area da praia e gustoulle.
Outra que marchou e Virginia, outra negra simpatica que se adica a bailar cando ten a minima oportunidade. Dende logo esta xente non ten complexos e e leda.
Tamen marchou Kathy, unha branca de Florida moi simpatica que ten 44 anos e e baixinha e repoluda. Ten a casa coma un zoo pois ten loros, iguanas e unha serpe xigante.
Ronnie tamen marchou. Eu chamolle Patachula porque coxea dun accidente. E bo home. Gustame cando se escaquea que ponse a mirar as maquinas como traballan ou pega unha volta para tirar algo e volve por outra trapallada e asi fai tempo. E pequeno, feo e fraco. Ten un cinto de coiro que parece Indiana Jones pero e pacifista que ten unha pegata co simbolo dos pacifistas anque coa bandeira americana.
Os que quedamos traballamos ata a hora de marcharmos.
Fun buscar a Ana coma sempre e facia muita calor. Cando voltabamos para casa fixemos esta foto das vacas refrescandose que as temos visto muitas veces e parecenos unha imaxe ben graciosa. Despois saquei ao Colin a dar unha volta e viu Cris conosco e fixen mais fotos para futuros comentarios.

Aqui e mui tipico ter prados con vacas e lagoinhas para beber e refrescarse o gando.
Estamos nunha zona rural e o que se cultiva mais que nada e algodon, tabaco e soia. Hai tamen boniatos e unha especie de melons que se chaman cantaloupes.
As hortas coma as galegas non existen. Hai pouca leituga e e dura e brava para aturar as xeadas e as calores. Os tomates, cebolas, pementos e xudias millor esquecelos. Tampouco hai fruita. As vinhas que hai son de adorno e son unha videira cun par de espalleres coma muito.
Logo non hai valados nin muros e nunca se sabe onde empeza unha propiedade e acaba outra. So hai valados cando hai gando que acostuma ser vacas sen cornos e as da foto son peludas ademais e tenhen as cores perpendiculares e semellan bandeiras.
Tamen hai alguns cabalos e cabras e logo algun farinhote. Pitas mirei mui poucas e porcos xa non tenho mirado e dos coellos nin rastro que nin tan sequera hai a vender carne de coello nos supermercados.
E xa volvendo a falar do dia; coa calor no seran fechouse o dia e puxose a lustrar e a tronar como so sabe facelo aqui: ao grande, pero agora quedou todo en chuvia.
E iso e todo por hoxe.
Manha volvemos a Virxinia e a ver se tenho tempo de por algo.


Vacas refrescandose Posted by Hello

Wednesday, May 11, 2005


Arbore cuberta de "Spanish moss". Posted by Hello

Monstros e lendas

Hoxe o choio foi rodado. Fixo unha calor abafante pero calmeina na piscina a tarde.
Un dia cadroume ver un programa no Discovery Channel e falaban dos bigfoots e dun monstro que vive nun lago coma o do lago Ness. Este vive nun estado do norte e hai unha vila na que a maioria da xente di telo visto. O monstro chamase Champ porque o lago e o Champlain.O caso e que aproveitan que hai varias fotos nada claras para montar a parafernalia toda e vender souvenires coma chisqueiros, gorras, chaveiros, camisetas e todos eses productos e vivir diso e do turismo que atrae que a vila non queda lonxe de Nova York.
E digo eu, a ver cando aproveitamos nos e facemos negocio cos cozarellos, biosbardos, piopardos, Santa Companha, lobishomes e as vilas afundidas nas lagoas que hai por Galicia. E iso faime lembrar unha que me dixo un de Panxon.
Hai un lugar que se chama dunas de Gaifar e queda xusto nas dunas da praia de Panxon e resulta que ese lugar antigamente era un porto de mar prospero e cheo de vida pero antes chamabase Caifas e deu en pasar por ali Xesucristo e dixo aos moradores que lle cambiasen o nome que era sacrilego e que se non o cambiaban, cubria todo de area ata facer desaparecer a vila. Os vecinhos non fixeron caso dicindo que o nome do porto era asi e non ian cambialo. Acto seguido, Xesus marchou e mandou unha tormenta que levantou a area de toda a praia e xuntouse enriba do porto e desapareceu o porto e os seus habitantes. Co paso do tempo, a xente foi volvendo ali pero como xa sabian da condea decidiron cambiarlle o nome por outro parecido e dali saiu o nome de Gaifar que ainda segue hoxe vixente.

Hai unha lenda nos EEUU sobre a orixe dunha pranta trepadora que hai no sur dos EEUU e sobre todo en Luisiana e Florida, anque chega ata a costa de Carolina.
A pranta chamana "Spanish moss" que seria musgo espanhol e ten unha orixe curiosa.
Resulta que en Florida habia espanhois (chegaron antes que os ingleses) e habia un que tinha unhas barbas desas que meten medo do longas e descoidadas que as tinha. E resulta que o tal home un dia viu unha indiecita que lle gustou e foi detras dela con fins libidinosos. A inda botou a correr o mais que puido pero o espanhol ese xa lle ia no rabo dela . Enton ela agabeou por unha das arbores que habia ali e de pola en pola foi fuxindo. O espanhol subiu coma puido e foi detras dela pero ia enganchando pelos das barbas nas pontas das polas ata que ao remate quedou pendurado das barbas e non era quen de soltarse. El chamou pola india para que lle botase unha man pero ela xa estaba ben lonxe que non queria saber nada do mangallon ese. E ao final o home morreu pendurado polas barbas na arbore. E eses pelos quedaron transformados dai en diante na pranta trepadora.
...E esa e a orixe da pranta "Spanish moss" que sae na foto.
Manha hai mais.

Tuesday, May 10, 2005


Aqui esta o coche de Sarah, a companheira de piso de Tonho e ten tantas pegatas que non sei como lle anda ainda. Posted by Hello

Dia da nai en Mexico

Pois si. Hoxe e o dia da nai en Mexico. Esta visto que cada pais ten un costume distinto. En Espanha e o primeiro domingo de maio, nos EEUU o segundo e en Mexico o dez de maio cadre no dia que cadre.
No choio todo foi normal. Hoxe tocoume abrir as caixinhas e houbo un momento que quedou a etiquetadora sen o rolo das etiquetas e monteino eu. A muller que estaba ali quedou aparvada e eu dixenlle que eu pode que non falase mui bo ingles pero non son parvo. Non e ?.
Na hora do xantar houbo un video de seguridade sobre caidas de escadas e andamios. O de sempre: sentidinho e precaucion. Deronnos polo e habia patacas cocidas (mais ben cruas) con coleslaw (ainda non sei o que e) e tirabeques con bacon e hush pupies que son unha especie de croquetas e de postre galletas. Xantei coa mafia hispanica: Emma, Rosi e Sandra que e mexicana e esta casada cun guatemalteco e di que esta ben que os mexicanos son machistas e estaria chea de fillos e so ten dous con vintenove anos. Emma ten dous tamen pero so ten vintetres anos. Por estes paises seguen casando cedo e tendo varios fillos.
Rosi dixome que a minha princesa esta gravida e eu non caia. Logo aclaroume que era Letizia a do Felipe e eu dixenlle que iso pasa por xogar coas cousas de mexar e fixolle gracia. Ela nunca oira esa expresion.
Estiven na linha de David que lle chamo Mortadelo porque se asemella e parece que ten medo que o boten que sempre esta a traballar ata nunha ocasion que tivemos un minuto de silencio pola morte dun companheiro; e e que aqui traballan ata ben vellos e xa houbo mais dun que morreu coas botas postas.
Logo do choio fun a casa, despois a biblioteca e ao banco onde traballa Maria, unha portoriquenha que me deu ingles un mes aqui en Warrenton. Fala simpatico porque as erres finais de silaba dias coma eles e di cogel, cualto e cousas asi. Fixome acordar a cancion rap "Mi aguela".
Na piscina todo ben. Habia muita xente e tivemos que esperar un pouco a que houbese lugar.
Heather (a chaparrita) e Bethany (a sirenita) estaban ensinando a nenos a nadar nunha esquina. Na outra estaban as de aquarobics e nas "calles" estaban dous que entrean para un triatlon no lago Kerr e na outra unha parellinha.
Logo fomos ao Wal*Mart e para casa.
Hoxe fixo calor e parece que seguen subindo as temperaturas.
E asi foi este dia.

Monday, May 09, 2005

Luns caluroso e despedida do curso de ingles

Hoxe fixo ben calor e dan calor para toda a semana. Sei que en Galicia a xente vai a praia pero aqui queda un poco lonxe , como a unhas tres horas en coche.
Fun a Revlon e tocoume meter caixas de champu en palets. Xa non tinha malletas nas pernas das caminhatas pero acabei coas costas tocadas...e o malo de facerse vello !.
A tarde fun a clase de ingles que era o derradeiro dia de Natasha que se vai aforcar, ou sexa, casar. A semana pasada dixo que trouxesemos algo para comer e eu levei unha empanada de bonito que fixo Ana e que saiu exquisita e encantoulle a todo o mundo. Bueno, iso de todo o mundo e relativo porque so estaban Sergio, o colombiano que ensina ingles basico; Katia, a ecuatoriana que leva o papeleo das clases; Babu, un indio companheiro meu e dous mexicanos de ingles basico. Faltaron Gustavo, Socorro, Fatima, Adrian e Arvind.
Katia mercou os refrescos, Sergio trouxo hojuelas ( que son coma orellas pero mais gordas e con sal ) e Natasha trouxo un Boston cake que e unha tarta de chocolate, e aparte trouxo pinha.
Estivemos comendo e falando e a todos gustoulle a empanada de bonito e iso que os ingredientes non son dunha calidade mui boa.
E mais nada por hoxe. Tenho que ir para cama para madrugar.
Manha habera mais.

Domingo por Dayton e arredores

Ola outra vez.
Vou seguir relatando a miniviaxe a Virxinia.
O domingo non nos erguemos tan cedo. Eu tinha malletas pero aturables. Fomos almorzar ao Lynn's, un restauran de pancakes mui familiar. Almorzamos Ana, Cris e mais eu que Tonho quedou no centro de fauna. O almorzo foi bo e non mui caro e atenderennos ben. Habia unha fartura de xente porque este domingo e o dia da nai nos USA.
Logo collemos rota para Dayton no condado de Rockingham que eu mirara nun folleto que por ali viven menonitas, un grupo relixioso que viste de forma antiga e van en coches de cabalos e dedicanse a agricultura, unha cousa parecida aos amish. No folleto non especificaba o sitio en concreto, asi que fomos mais ben ao chou. Unha media hora despois estabamos en Dayton que e unha vilinha xeitosa pero sen nada especial. Iso si, fedia a bosta como Galicia nos bos tempos e habia bosta pola estrada indicando que por ai pasaban coches de cabalos. Tamen miramos sinais de precaucion por carros de cabalos na entrada do Wal*Mart que e un hipermercado e e algo chocante.
Pois estivemos un chisco bo en Dayton sen cheirar nada dos Menonitas famosos e xa iamos preguntar a alguen ou marchar cando apareceron de supeto. Primeiro foi un coche de cabalos guiado por un home xoven que pasou botando chispas por diante nosa. Detras del vinhan tres rapaces nunhas bicis grandes desas vellas e vestidos estilo antigo con sombreiro redondo e chaleque e todos felices e saudandonos. Fomos montar no coche para seguilos pero apareceu outro coche de cabalos por outra estrada e logo outro e logo dous mais noutra direccion e xa estabamos rodeados e non sabiamos por onde tirar e decidimos seguir a un para facerlle as fotos e logo adiantalo para facerlle mais fotos.
Logo das fotos seguimos por esa estrada que percorria a paisaxe de granxas coas suas vacas que son coma as suizas pero de patas mais altas e sen cornos que inda non mirei neste pais unha vaca con cornos!!!!..
Despois de percorrer a zona fomos a unha vila vecinha que se chama Harrinsonburg. A oficina de turismo estaba aberta e atenderonnos unhas senhoras mui amables que nos encheron de informacion e folletos. Dixeronnos que habia un museu de "quilts" que son cobertores feitos con retais e a Cris encantanlle. Foi Cris a ese museu e logo fomos a unha feira de arte e artesania que celebraban nun campus universitario ali pertinho.
A feira estivo mui ben e foi a entrada de balde. Habia postos con mobles, cadros, adornos para xardins que aqui agroman por todolos lados, prantas, comida, paseos de ponny para os nenos e ata habia unhas alpacas trosquiadas das que aproveitan a lan para facer roupa... e mais cousas.
Tamen habia musica e unha exhibicion de baile de "clog" que son os zocos e e un baile das montanhas que parece musica country pero e outro tipo chamado bluegrass. Nesta exhibicion bailaron cinco senhoras e foi mui divertida. No publico habia un vellinho que lles seguia o baile e era mui gracioso. En todalas festas hai o tipico que baila todo.
O dia estaba quente e pegaba o sol e decidimos marchar para carregar as cousas, devolverlle a chave a Tonho e volver para Carolina que ainda quedaba viaxe bastante.
Cando nos despedimos de Tonho, el mostrounos o centro e puidemos ver a Sarah dando de comer a un paxarinho e a Margarita alimentando unha cria de "zarigueya" ou opossum que parecia un hamster ou un ratinho.
E despois non pasou nada interesante. Fixemos a viaxe e miramos os videos no ordenador e cantamos a musica que punha Ana e parecia que estabamos nunha pelicula tipica americana.
O que si decidimos e que hai que voltar que quedan cousas para vermos coma a Natural Bridge, que e un arco de rocha; e o poboado indio que ten pegado, e logo algunha ponte cuberta das cinco que ainda existen no estado de Virxinia.
E asi foi o domingo.


Menonitas de volta da igrexa Posted by Hello

Sunday, May 08, 2005


Cervos en Shenandoah Posted by Hello

Sabado de caminhadas por Shenandoah, VA

O sabado erguemonos cedo e tiramos para o parque de Shenandoah.
O parque fundouse polos anos trinta e forma parte dos Apalaches en Virxinia. Non e mui ancho pero si alongado e ten unha estrada que vai pola crista dos montes que esta chea de sitios onde parar e admirar a paisaxe. Hai que pagar 10 dolares por coche e o pase e valido por cinco dias. Aqui hai que pagar por entrar nos parques nacionais. O unico que e de balde e o das Smokey Mountains en Carolina que esta perto onde vive o tio de Ana.
A estrada ten un murinho feito por GALEGOS e esta chea de vistas pintorescas. E aqui hai un artigo falando do tio de Ana, unha maravillosa persoa por certo, e eses canteiros.
Volvendo ao que estaba, fixemos primeiro unha rota curta caminhando ata uns penedos que se chaman Calvary Rocks e nesa zona mirei un oso.
Si, xa mirara un nas Smokey a uns pasos de nos e fuxiu botando chiribitas e este mireino nunha arbore e debeu de cheirarnos que baixou fogueteado e non me deu tempo a tirarlle unha foto boa. Mireino de casualidade que eu buscaba un peto que marchara voando nesa direccion. Tamen e casualidade xa que hai uns mil osos nas Smokey e seiscentos en Shenandoah.
Os animais mais doados de mirar e que estan na beira da estrada son os cervos que aproveitaban a herbinha que medra ali. Os cervos non tinhan medo dos coches e fixemos fotos abondas deles.
Mais tarde paramos onde habia unha rota con freixas ou fervenzas ou cachons ou como sexa.
A rota era longa e encostada. Primeiro foi baixar uns dous quilometros por un regato e logo subir por outro e esa subida foi matadora porque iamos recen comidos e facia calor. A subida non chegaba a dous quilometros. E logo vinha o tramo final duns catro quilometros con pouquinha subida. E nada , acabamos case arrebentados e salvamonos de miragre dunha molladura que habia prevista unha treboada e quedou en catro pingueiras de nada.
Logo fomos a un Visitor Center en Big Meadows que son acrarados de vexetacion para uso gandeiro. Shenandoah estaba case sen arbores cando o fixeron parque nacional e muitas das arbores que ten agora, e son muitisimas, foron prantadas.
Ali perto habia outra baixada para unha fervenza que fomos mirar. E esa foi a que nos rematou.
O Colin xa non foi que non estaban permitidas mascotas e o pobre coxeaba.
E logo xa fixemos o caminho de volta en coche para Waynesboro e ceamos no Cracker Barrel, un restaurante que e tenda tamen e esta mui adornado con cousas de madeira e rusticas.
Xa logo fomos para o cocho.

Venres atarefado

Este venres pasado foi movido. Primeiro foi o choio ponhendo etiquetas as caixinhas en Revlon.
Abrindo estaba Emma, unha hondurenha de vintetres anos que fala con acento caribenho. Cantou muitos coritos, cancions relixiosas e non parou de falar con Rosi, a arxentina. Emma tamen cantou unha cancion infantil dunha chiva que non quere sair, logo o lobo non quere sacala, o pau non quere pegar ao lobo, o lume non quere queimar o pau, o balde non quere apagar o lume, o burro non quere beber a auga, a corda non quere atar o burro ... e asi ata non sei cando. A min soame isto de telo lido pero non sabia que se cantaba.
Acabou o choio a unha e media e puiden meterlle duas rodas diante ao Nissan Altima por 136 dolares e non me pareceu nin caro nin barato.
Cheguei a casa e preparamos as maletas para irmos a Waynesboro VA, onde esta Tonho.
Chegamos sen novidade tres horas mais tarde e fomos cear a un mexicano onde nos preguntaron se nolos catro eramos arxentinos.
A casa onde esta Tonho e bonita por fora. Dentro esta mal cuidada e vella e viven ali os vontarios do centro de recuperacion de vida salvaxe.
Tonho esta cunha americana de orixe irlandes que ten o cu do coche cheo de pegatinas que non sei como anda co ese peso. Sarah toca a guitarra e sorri sempre.
Tamen esta Margarita, unha colombiana que conhecemos no centro.
Waynesboro e unha vila xeitosa con todolos servizos que se poden esperar e rodeada de granxas e na entrada do parque nacional de Shenandoah.

Thursday, May 05, 2005


Alguns alumnos de Ana. Topas o branco ? Posted by Hello