Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: September 2005

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, September 30, 2005

Vou de paseo a Raleigh


Pois si. As rapazas estan nun curso organizado polo FLANC en Raleigh, a capital de North Carolina e que esta a menos dunha hora de casa. Xa estiveron onte xoves, hoxe venres e queda manha sabado pola manha. Eu tiven que traballar e elas quedaron nun motel 6 e Tonho tamen foi co elas. Agora vou prepararme para marchar e a noite daremos unha volta por Raleigh agora que vai rematando o veran e xa non fai tanta calor. E manha iremos Tonho mais eu a un "flea market" (mercadillo) que me dixeron que ali venden pulpo. E sera verdade ?.
Saudos a todos. Se non escribo manha escribo pasado.

Thursday, September 29, 2005

Andrew Mack: fillo adoptivo da Corunha


Seguindo coa toponimia galega nos EEUU topei cun caso interesantisimo que da para unha novela.

Resulta que topei unha Corunna en Michigan, EEUU; e consultei a paxina e descubrin que o nome desta vila puxoo un tal Andrew Mack que fundou esa vila e colleu o nome porque trouxo unhas ovellas da Corunha. A min este punto pareceme un pouco tonto e prefiro pensar que tivo un amor imposible na Corunha ou que lle encantou a cidade. A ninguen se lle ocorre bautizar unha poboacion co nome da localidade de orixe dunhas ovellas por mui boas que sexan !.
E o asunto non remata ai senon que o tal Andrew Mack marchou de Corunna e deu por morrer en...
Corunna, Ontario, Canada.
Neste caso a cidade foi fundada co ese nome por un ingles que loitou na batalla de Elvinha.
E ainda hai mais: esta cidade canadiana ia ser capital do Canada pero que non chegou a selo pola proximidade cos EEUU e o perigo que corria con iso.

Que cousas ten a historia: polo rabo dunha cereixa non chega Corunna a ser capital do Canada !.

E por todo isto pido no meu nome que Andrew Mack sexa decrarado fillo adoptivo da Corunha; un home que por algunha razon misteriosa fundou unha vila co ese nome e que por destinos ineludibles foi morrer nunha cidade do mesmo nome ben merece ese reconhecemento.

E ti que opinas ?.

Wednesday, September 28, 2005

Toponimia galega nos EEUU














Estes dias non tivemos internet e asi non escribin no blogue. Antes de perder internet o domingo puiden fuchicar e fozar e dando voltas topei estas xoias toponomicas nos EEUU. Topei mais que colocarei en posts sucesivos.
Estas de Vigo non tenhen ningunha relacion co noso Vigo. O nome ven dun apelido italiano e ai perde o interes. De todalas maneiras quedan ben lucidas as imaxes estas.
Topei mais Vigos nos EEUU pero son pequenos e non tenhen explicacion de onde ven o nome.
Ata manha.

Sunday, September 25, 2005

Visita a Occoneechee



Hoxe estivo o dia anubado e puidemos caminhar. Decidimos tirar para Virxinia, a unha media hora da casa; a un parque chamado Occoneechee que esta no encoro Kerr.

O nome tan raro ven do nome dos indios que vivian ai e que remataron fuxindo a outras partes e mesturandose con outros indios ou outros brancos e asi hai descendentes deles que viven no condado Warren.

O parque ten percorridos e paneis explicativos sobre os indios que vivian ali e a plantacion de tabaco que houbo mais tarde. Hai un museo pequeno con restos dos indios e explicacion da sua vida. E no parque hai a replica dun chouzo dos indios e restos da casa da plantacion e un cemiterio pequeno onde enterraban os esclavos sen por nin tan sequera o nome na lapida.

Pasamos un bo dia caminhando, admirando o bosque e vendo os ricos nas suas barcas pescando no Kerr. Despois tomamos un cafe nunha gasolineira con terraza con vistas ao encoro e logo tiramos para casa.

E iso e todo por hoxe. Ata manha e que as festas do Cristo no Porrinho vos sexan leves.

Saturday, September 24, 2005


Apanhando o tabaco Posted by Picasa

Rita esmorece

Rita entrou esta madrugada polo lugar previsto. Fixo das suas e arrincou sinais de trafico, arbores e deixou sen electricidade a muita xente. O furacan foi malo pero despois do de Katrina quedou en menos... e gracias.
E por esta terra non hai muito que contar. Ana fixo un cursinho no instituto (pagaronlle e todo) e logo fomos ao Triangle en Raleigh. Cris e Tonho foron a Rocky Mount.
Nos collemos a estrada 401 direccion sur que ben pode ser unha mostra do rural surenho. Bosques de carballos americanos e arces, plantacions de pinheiros, labradios de soia, tabaco, millo e boniatos. Aqui e ala hai casas arruadas e granxas abandonadas, trailers (casas mobiles), casas vellas de madeira e outras mais novas. A xente estaba facendo barbacoas ou cortando o cespede ou fozando nos coches. Tamen habia xente collendo o tabaco que non e tan doado como parece pois tenhen que arrincarlle as follas unha a unha e despois pasa a recolledora que as apanha do chan. O senhor branco conduce a recolledora e os mexicanos apanhan a man. E menos mal que o dia estaba cuberto e as temperaturas aturabanse ben e ata puidemos levar ao Colin de paseo.
E iso foi todo por hoxe.

Friday, September 23, 2005

Rita xa provoca problemas

O furacan Rita agora ten categoria tres. Trae muita auga e as rafas de vento que escapan do centro provocaran tornados como fan sempre os furacans. A chuvia acumulada rompeu os diques que protexen Nova Orleans e volve entrar auga na cidade. E o furacan chegara a madrugada do sabado a costa de Texas e Luisiana.
Hoxe non traballei que habia pouco choio en Revlon. Cando iamos a piscina, eu queria facer unhas fotos e a camara deunos un susto que quedou sen pilas e non recollia o obxectivo e pensamos que se estropeara pero so foi falta de pilas.
A min gustame a fotografia e as fotos antigas mais. No YMCA entre as revistas para follexar hai unha con fotos antigas de xente, sitios e que son enviadas por xente particular que as tenhen de recordo. Magoa que non dean feito o mesmo co Arquivo Pacheco en Vigo ou as fotos que estan en Nova York de Ruth Matilda Anderson nunha viaxe que fixo nos anos vinte a Galicia.
Manha habera mais.

Thursday, September 22, 2005

Na espera de Rita



Mentres Rita segue o seu paso e a xente da costa de Texas e Luisiana fai colas de 100 millas ! para fuxir do furacan; a vida por aqui transcorre con normalidade.

Ana segue ensinando espanhol e os pobres alumnos van os poucos como pode verse neste exemplo da foto que mais parece papiamento que outra cousa. Cando estea rematando o curso (que e semestral) porei unha mostra do avance dos alumnos que ao final aprenden e todo.

Cris tamen segue na escola ensinando espanhol a nenos mexicanos e a nenos americanos e Tonho vai polas manhas ao centro de recuperacion de carnivoros fora de Raleigh. E eu, xa di o refran: O que vale, vale; e o que non...a Revlon.

Ata manha.

Wednesday, September 21, 2005

O vinho en Carolina



Onte houbo treboada que asustou as rapazas e todo e non houbo interrede. Logo sairon os sapos e pola manha habia mofetas atropeladas que deixan un tufo incrible.

En Arbo, meus sogros remataron coa vendima e isto leva ao vinho en North Carolina. Aqui a xente ten unha videira nun espaller de adorno como muito. No resto do estado hai algunhas espalladas aqui e ala. Unha adega famosa que hai e a de Biltmore House, un palacio que ata pouco tinha o record Guinness como casa particular mais grande do mundo.

Nesta zona esta a vinha esta onde vas ti vendimar. Non fan vinho, so vendimas para ter uvas. Nos ainda non fomos e non sei se habera que o cartel leva ben tempo ai posto.

En canto ao furacan Rita, dicir que esta no Golfo de Mexico e xa ten forza cinco. Esta previsto que chegue entre o venres e o sabado as costas de Texas ou Luisiana. So espero que a desfeita sexa minima.

E isto e todo por hoxe. Aburinho.

Monday, September 19, 2005

Agora tocalle a Rita



Estase formando outro furacan. De momento e so unha tormenta tropical mentres non colla mais velocidade o vento. Seguirei informando a medida que haxa novidades.

En canto a rotina non deixa de ser iso: rotina. No choio Susan, a indonesia, deume un doce que se chama "Galleta da lua" porque hai unha festa chinesa (Susan e de pais chineses) na que a lua casa co sol e a xente fai esas galletas para dar a amigos e familia. A galleta e rica. E unha masa cun recheo que semella cabaza pero ten o sabor chino da soia.

E pouco mais queda por contar.

Manha habera mais.

Sunday, September 18, 2005

Vendimas e Samains



Hoxe volveu facer calor. Tinhamos pensado ir a Richmond que habia unha festa da cervexa pero coa calor que pasamos onte xa nos chegou e so fomos a piscina pola tarde.

O Tonho adicouse a tallar a cabaza da foto en prepararacion do Halloween ou o Samain galego, costume celta mui antigo. Daquela os celtas punhan as caveiras dos inimigos nos muros dos castros para que non vinhesen as animas dos mortos a vingarse. Co tempo pasouse de caveiras a cabazas e perdeuse o significado antigo e hoxe e Halloween, unha festa infantil nos EEUU na que van disfrazados os nenos e piden polas casas.

Eu nunca escarbei unha cabaza pero meu pai seica o facia.

Por outra banda, na terrinha estan os meus sogros coa vendima e manha empezan a vendimar uvas albarinhas para a adega.

Parece ser que hai muita uva e boa, asi que pode dicirse que foi un bo ano.

E mais nada. Deica manha.

Chapel Hill



Onte sabado fomos a Chapel Hill, unha cidade universitaria pequena. Ten tanto encanto que hai unha anecdota sobre ela. Din que un home queria chamar por telefono ao Ceo e en Raleigh dixeronlle que non habia linha, logo foi a Durham e tampouco e chegou a Chapel Hill e preguntou e dixeronlle que si e preguntou canto custaba e dixeronlle que nada, que era chamada local.

Estivemos paseando polas tendas pequenas e unha libreria de libros usados e tomamos algo contra a calor nunha tenda-restaurante mediterranea con productos como as follas de vide en frasco que din que son boas para comer.

Coincidiu que habia un partido de futbol americano da Universidade de North Carolina contra Wisconsin e as cores azuis relucian por todalas partes. As cores vermellas do Wisconsin eran poucas pero aqui as afeccions non son mui "hooligans" e paseaban os afeccionados con toda a tranquilidade do mundo. E na foto vese a chegada dos tropecentos xogadores da UNC precedidas polo carneiro-mascota e as nenas dos pompons abeirados dos afeccionados e a banda de musica.

Como facia unha calor infernal fuximos ao Southpoint, un centro comercial que tinha o aire acondicionado a tope; asi que saimos da calor ao frio. Estivemos pasando o tempo e vendo os disfraces para o Halloween e ata habia disfraces para os cans. Tamen diante do Barnes & Noble estaba un malabarista mui bo que ten paxina web e todo e no video do juggle boy poden admirarse as suas artes.

E xa dali tiramos para casa que o Colin botou todo o dia sen sair. Warrenton estaba mollado que acabara de cair unha treboada.

Friday, September 16, 2005

Dia da independencia de Mexico

Unha das minorias deste pais e a dos latinos: complexo grupo onde se incluen as persoas de cultura hispana con independencia da sua raza. Neste grupo parece que estan os brasileiros tamen. Non hai unha idea mui clara ao respecto e cando tes que cubrir un formulario e aparece o apartado de etnia a escoller entre branco, europeo ou latino non sabes que por.
E dentro desa etnia dos latinos estan os mexicanos que seguen entrando polo deserto ou cruzando o rio a miles diariamente (as cifras oscilan entre 1000 ou 4000) atraidos polo sonho americano.
E hoxe e o dia da independencia de Mexico. Tal dia coma hoxe no ano 1810 dixeron basta e empezaron unha guerra que durou once anos contra Espanha. E podes velo aqui con mais calma.
Logo seguiu a historia o seu ritmo e o xeneral Santa Ana perdeu un bo pedazo de terra mexicana a mans dos norteamericanos. O xeneral perdeu esta guerra pero conquistou as bocas de muitos inimigos vendendolles o chicle como podes comprobar nesta ligazon.

Un saudo e Viva Mexico lindo !.

Thursday, September 15, 2005

Bye, bye, Ophelia.


Desta o Ophelia marchou sen desfacer muito. Houbo inundacions e alguns desperfectos pero nada comparando co Katrina. Esperemos que o resto da epoca de furacans, ata novembro, remate sen mais problemas.

Muito se ten falado de se houbo racismo ou non no caso de Nova Orleans. Eu penso que pode haber un punto de verdade pero creo que mais ben a discriminacion foi por algo mais extendido polo mundo e archidemostrado como e a diferencia de clases. A xente que quedou era a mais pobre cunha maioria aplastante de negros ou Afroamericanos como lles gusta que os chamen e a maioria dos que fuxiron foron brancos con maior poder adquisitivo.
Este e un tema do que se poderia falar ata o infinito e vou deixalo aqui.

Unha cousa que me impactou foi que aqui existe unha literatura para negros que consiste fundamentalmente en novelas rosas do tipo que sae na foto e libros relixiosos. Logo tamen hai revistas para lectores negros como Essence e outra mais aparte de revistas musicais.

Non sei eu pero si a sua lectura queda restrinxida a isto, non creo que saian do pozo de pobreza e incultura onde estan metidos.

Deica manha.

Wednesday, September 14, 2005

Ophelia anda pola costa


Si. O furacan Ophelia de forza 2 esta pola costa de North Carolina facendo das suas. Muita xente marchou despois de reforzar portas e fiestras, os colexios pecharon e todos esperan que marche sen facer muita desfeita.Nos estamos afastados da area afectada e hoxe cairon un par de treixadas e estivo o ceo negro todo o dia. Este mal tempo non foi obstaculo para que se celebrase a Warrenton Fair que vai estar aqui ata o sabado. Hoxe os rapaces do instituto sairon antes que tinhan entradas de agasallo. O malo e que despois tenhen que pagar por montar nas atraccions e para mercar as lambonadas tipicas destas feiras.Nos non fomos que non somos muito de atraccions, ademais ian estar todolos alumnos de Ana e non quere estar saudando todo o tempo. Ademais non hai musica nin pulpo nin muita cousa de proveito.E arriba esta unha foto algo movida do terreo da feira.Manha escribo mais.

Tuesday, September 13, 2005

Martes trece: dia de mala sorte ?

Pois o dia non foi malo. No choio o unico malo foi que non me entendeu Cecelia cando lle falei dos meus avos "grand parents" que entendeu que fun a Paris:" I went to Paris". Cousas que tenhen o falar con tapons nos oidos e a minha pronuncia. Terei que aprender ingles falado nestas paxinas:
http://manythings.org/pp
http://www.antimoon.com/how/pronunc-soundsipa.htm
http://www.englishclub.com/pronunciation/index.htm

Pola tarde habia treboada e pechan a piscina cando sinten os tronos. Aqui din que a piscina atrai os raios. Mentres non abrian andei a follear revistas na entrada que a cantidade seria a envexa de calquera dentista da terrinha. Revistas hainas ben variadas: dende caza, saude, politica, deportes ata algunha cultural como a que publica o Smithsonian que ten tantos museos en Washington.
E esa foi a minha mala sorte do dia. A Ana non lle pasou nada extraordinario nin a Cris. A Tonho si que lle rebentou unha xanela do coche sen saber polo que.
Deica manha.

Monday, September 12, 2005

Cun ollo no Ophelia


O furacan Ophelia cada vez esta mais perto de North Carolina. O bo que ten e que non vai ter a forza do Katrina e aqui, en Warrenton, non vai afectar. Tal vez traia chuvia pero nada grave. O pior vai ser na beira do mar e nos Outer Banks, unha linha de illas areosas na costa caroliana. Estas illas estaban practicamente virxes ata os anos 70 que empezaron a construir sen muito siso casas e casas. Ata o de enton habia unhas vilinhas marinheiras e uns cabalos bravos supervivintes dun naufraxio dun barco espanhol de hai seculos.
A vila mais surenha e Ocracoke e so se chega a ela en ferri despois de botar unhas duas horas en coche por unha estrada estreita abeirada desas casas de veran de xente de cartos de Nova York.
Ocracoke e unha vila encantadora e turistica e ten un porto cheo de iates e pelicanos que non tenhen medo da xente e un faro que sae na foto de arriba cando estivemos en abril do 2004.

Ou sexa, ou muito cambian as cousas e hai problemas pola costa ou todo queda nuns dias de mal tempo.

Por outra banda, no choio estiven con Sandra colocando chapinhas para encher de producto. Sandra e mexicana e ten medo a auga. Cando cruzou o Rio Grande de ilegal, foi nunha barca inchable cos ollos pechados todo o tempo. Ela procede do estado de Veracruz, da vila Papantla que ten muitos turistas que a visitan polos homes paxaros: catro homes que dan voltas a mais de vinte metros de alto pendurados de cordas cumprindo un rito precolombino en honor ao sol. Estes voadores tamen actuaron en Barcelona.

E isto e todo por hoxe. Ata manha.

Sunday, September 11, 2005

Aniversarios


Hoxe e o famoso once de setembro que todos conhecen pola caida das torres xemeas de Nova York que foi unha desgraza aqui e en mais paises que se viron e ven afectados polas consecuencias. Tamen e o aniversario da morte de Salvador Allende no Palacio de la Moneda en Chile, informacion que recollin de Bretemas e que pon unha ligazon coas ultimas palabras do presidente chileno para os seus compatriotas e que me deron arrepios so de imaxinar a situacion.
Por outra banda, non sabiamos que facer hoxe. A praia non podiamos ir que facia mal tempo, a facer unha caminhada por aqui tampouco que facia calor abonda asi que tiramos cara Richmond, a capital de Virxinia, que esta a menos de duas horas en coche. Fomos ala e xantamos no restauran Richbrau onde fan cervexa e que nunca a probei tan saborosa. Logo fomos ao museu de Edgar Allan Poe (un dos muitos que hai) e fixonos unha rebaixa na entrada a senhora porque lle cai simpatica a xente espanhola. Deunos unhas fotocopias en espanhol describindo o museu e pediunos que se tinha erros que os corrixiramos e estaba bastante ben, algunha frase mal colocada, alguns cambios de xenero e algunha falta de vocabulario. Nada grave.
O museu esta na casa mais antiga de Richmond e ten unha maqueta da cidade no tempo que viviu Poe nela. Tamen hai manuscritos del, copias de obras suas, retratos, roupa, un baston, un baul, a cama que usaba sendo un neno, un video co poema "O corvo" e demais recordos.
Dali fomos dar un paseo pero non deixaban cans polo Canal Walk asi que fomos a igrexa onde esta enterrada a nai de Poe pero estaba fechada. Quixemos ver o capitolio pero estaba en obras e en vista da mala sorte tiramos para casa cunha paradinha estratexica nun Target e a coller gasolina que xa baixou dos 3 dolares o galon.
E asi foi este dia.
Manha toca volver ao choio e a rotina.
Seguirei contando.

Saturday, September 10, 2005

Fastidio de Ophelia

Hoxe tinhamos pensado ir a praia a Wilmington pero chove ala gracias ao furacan Ophelia. Cris e Tonho foron acampar a Shenandoah en Virxinia e nos quedamos.
Estiven fozando pola interrede adiante e topei o blog dun asturiano que vive en Florida e gracias aos comentarios cheguei a saber dun peruano emigrado en Nixeria que ten unhas fotos que me fan lembrar as imaxes de Nova Orleans; un americano que creou un blog a partir do furacan Katrina e un xapones que quedou flipado dun texano que lle preguntou a cantas horas conducindo dende Texas estaba Xapon. O xapones flipou e creou un mapa mundial coas nocions xeograficas que ten a xente de aqui. E se esta leccion xeografica non che chega tamen hai esta. E podo xurar que o creo que os alumnos de Ana son un exemplo da escaseza de xeografia que tenhen. Con dicir que unha vez dixeronlle que en Londres falabase frances ! e son alumnos maiores que non son rapaces de dez anos.
E iso e todo, agora imos cear cos arxentinos e manha sera outro dia.

Friday, September 09, 2005

O dolar

Hoxe foi un dia normalinho: xa sabes, traballo e para casa. Non fomos ao ximnasio que Ana tinha que corrixir traballos dos alumnos para ter a fin de semana libre.
Non sabemos se ir a praia manha porque anda o furacan Ophelia por ai e, anque non dea de cheo, pode mandar chuvias que fastidian o plan.
E cambiando de tema, cando vinhemos de Boston deronnos un billete de dolar escrito cun enderezo de internet para saber por onde foi. Entrei nunha ligazon desa paxina e estiven lendo cousas curiosas coma a orixe do simbolo $ e que se tes un anaco do billete maior do 50% podes cambialo nun banco por un novinho. Tamen aprendin que non se pode estropear de ningunha maneira ningun billete que hai multas de ata cen dolares para o culpable e prision ata seis meses. Ou sexa, cuidado con queimalos ou rachalos que podes ir ao carcere por iso.
Esta paxina para seguir o percorrido do billete esta mui ben. Na terrinha hai unha web que quixo seguir o percorrido de varios euros pero que non deu muito resultado.
E non hai mais que contar. Manha a ver que hai.

Thursday, September 08, 2005

Que podo contar?

Por aqui a situacion segue con normalidade: as rapazas seguen dando clases e os alumnos non dan problemas. O Tonho vai a un curso de ingles en Raleigh e o Colin engorda que a vida americana prestalle un cacho. Por outra banda, eu sigo en Revlon pasando o tempo e facendo as americas, ha, ha.
O asunto do furacan segue o seu ritmo cos desprazados, as axudas de todolos colectivos: televisions, radios, igrexas, empresas privadas (en Revlon hai unha caixa enorme onde a xente pon auga, comida, roupa e articulos de hixiene). O goberno vai dar 2000 $ a cada adulto evacuado nunha tarxeta de debito e a reconstrucion e reparacion da zona afectada parece que vai adiante.
Eu non quero ver a television pero ponho a radio de caminho ao choio e contan detalles espeluznantes como o dos vellos dun asilo que quedaron desamparados con consecuencias fatais para muitos deles ou o caso dunha familia que rescataron e levaban unha television e un can e os rescatadores non tinhan espacio e deronlle a escoller entre levar a tele ou o can e escolleron a tele !. Tamen esta o caso contrario dunha senhora que achantou o seu cancinho no bulso de man e asi puido salvalo.
E como non vai ser triste todo vou contar como se crearon os numeros en ingles. Pois resulta que saiu un de Lugo da sua casa e facia frio, asi que dixo: Cuantufrioufai !. Non sei se fara gracia pero conteillo ao socorrista mexicano e ainda riu. Que Deus lle conserve ese humor.
Ata manha.

Wednesday, September 07, 2005

Opinions personais


Segue a rotina o seu paso. Fun ao choio e sigo enterandome das novidades da xente do choio: a John Paul, o vello que topaba o Pedrochosco, botarono que se pasou cos dias de permiso e agora a ver onde topa choio que xa e vello de mais. Hai xente enferma coma Terry, unha branca mui gorda que botaba carreirinhas de hipopotamo para o banho. Outra que esta mal e Kathy, unha floridiana que ten o zoo montado na casa con iguanas, loros e bechas que a queren a ela e andan a trabazos detras do seu home. Tamen esta enferma Vivian, a negra que dixo que eu me parecia a Swarzenegger e que non lle gustaba, ou sexa, chamoume feo dun xeito curioso.
Botaron do choio a Tim , o negro delgado e remolon, que deu positivo no control antidroga e tamen botaron polo mesmo motivo a Charles que ten un apelido italiano. Porque aqui hai controis antidroga sorpresa e se das positivo...
Por outra banda, a Cecelia segue a monear no choio: queda co estuche na man e fecha os ollos. Eu fagolle burla e ela ri e tamen ri a sua companheira Ernestine. Eu dixenlles que se o xefe na terrinha topa a alguen durmindo no choio pois botao a rua e elas dixeron: Really ? coma se fose do mais normal monear no choio ou mesmo nas reunions que facemos as veces e onde falan os xefes de diferentes temas laborais.

por outro lado, queria saber da opinion da xente de a pe acerca do furacan e pregunteilles a Sandra e a Emma, a hondurenha. As duas coincidiron en resaltar o das violacions nos refuxios. Suponho que para as mulleres e do pior que lles pode pasar.
E tamen falei do furacan con Brian, un encargado de 24 anos que parece da minha quinta e que ten dous fillos ( cousa normal neste pais onde incitan a procreacion para extension do Imperio ). Dixome que na tele dician que ian tardar dez anos en reconstruir a cidade e eu comenteille o dos douscentos autobuses escolares que deixaron alagar en Nova Orleans e que servirian para evacuar a milleiros de persoas. O Brian dixo coa voz baixa que o Bush actuou mui mal. Dixomo coa voz calada que nunca se sabe quen escuita...Ao millor falar mal do presidente neste pais e unha blasfemia...e pola foto xa sabedes que esta proibido.

Manha comentarei mais cousas.

Tuesday, September 06, 2005

Volta a Warrenton

O luns era festivo e adicamolo a volver de Boston. Despedimonos do hotel con encanto, de Boston e os seus tuneis e a sua vida. Polo caminho, adiantamos camions militares con auga para Nova Orleans. Logo paramos a xantar nun McDonalds. Mais tarde esquivamos un "trooper" que cazou ao coche de diante nosa que nos adiantou fungado.
Pasamos por Nova York polo Bronx a toda velocidade. Logo pasamos por fora de New Jersey, Philadelphia, Baltimore, Washington e Richmond e despois de tantas cidades e tantas horas de coche, dous depositos de gasolina, varios sudokus e varias buscas de emisoras; por fin entramos na zona rural onde estamos.

E hoxe martes tocoume madrugar para ir a Revlon onde me abrazaron as morenas e me saudou o resto. Semella que deixei o outro dia de traballar e que so botei un fin de semana fora.

E logo do choio buscar a Ana ao instituto, tomarmos un cafe, ir a piscina, ir ao Walmart (onde estaban recollendo cousas para levar a Nova Orleans), volver a casa, cear, ver na tele como segue o desastre de Nova Orleans, que deixaron escarallarse douscentos autobuses escolares que poderian salvar a muita xente e ver tamen que o exercito non actuou antes porque faltaba a orde directa do moneco que tenhen no poder aqui que tivo que chamar a papa e ao anterior presidente que el non sabia que facer...cheguei a pudrirme mirando as babecadas que fixeron e o que deixaron de facer.
Cando me tranquilicei , dediqueime a comprobar o correo, a escribir no portatil e agora xa son horas de durmir.
Manha habera mais.

Ponhamos que non falo de Katrina e si de Boston


O domingo dedicamos todo o dia a visitar Boston e Harvard.
O hotel onde estabamos tinha pinta cutre pero tinha uns almorzos potentes con zume, cereais, torradas e cafe en barra libre. Asi que almorzamos ben e tiramos para Boston. Chegamos sen problemas ao centro polas pontes e os tuneis de Boston que esta furado aqui e ala e ainda o estan furando mais.
Puidemos aparcar a sombra dun ranhaceos perto de Boston Common, o parque mais grande da cidade. Facia un dia agradable para pasear comparado coas calores de Carolina que non te podes menear e asi levamos ao Colin conosco. A xente estaba de domingo no parque e outros ian nunhas barcas grandes a pedais polo lago e tamen habia un globo para subir, sabe Deus a que prezo.
No Boston Common hai unha oficina de turismo e dali partia o percorrido da liberdade "Freedom Trail", percorrido que pasa polos lugares clave da independencia dos americans dos ingleses. O percorrido e doado de seguir: e unha raia vermella no chan; e pasa por igrexas, cemiterios e edificios emblematicos da cidade.
Boston e unha cidade vella para os americans que aqui vinheron vivir os pelengrins do Mayflower despois de vivir en Salem. Esta cidade ten muita cantidade de xente de orixe irlandesa que chegaron fuxindo da fame (an gorta mor) a mediados do seculo XIX.
E paseando, paseando , puidemos ver unha cidade con vida, aberta e bonita.
E logo de pasar unha pequena Italia, cruzamos por unha ponte a outra beira do rio Charles e chegamos onde esta o barco Constitution e o seu museo. Cris e Tonho subiron e nos quedamos co Colin no parque do lado. Logo seguimos o percorrido ata Bunker Hill que e un obelisco erguido onde houbo unha batalla famosa contra os ingleses. Mentres eu quedaba con Colin eles subiron os tropecentos escalons ata arriba onde habia boas vistas. Ia sendo a hora de xantar e acurtamos a volta pasando polas ruas de casas pequenas e con encanto: casas de ladrillo con muitas fiestras e flores e arbores na rua. Chegamos a Faneuil Hall, onde hai comida de todo o mundo (esta o segundo Cheer's) e muitas tendas. Eran as tres e estaba acugulado de xente e tivemos que comer de mala maneira. Logo fomos ao coche e deixamos ao Colin que estaba canso e tiramos para o bairro chines que e pequeno e sen gran encanto. Decidimos ir a Harvard que estaba noutra beira do rio pero esta vez fomos en coche.
Eu suponhia que ia estar tranquilo Harvard pero habia muito ambiente estudiantil e habia estudiantes veterans que facian xogos cos novos para conhecerse...E estivemos paseando ata que se fixo noite e logo ceamos ali nun restauran americano tipico. Despois volvemos ao hotel que foi dificil topalo que tivemos ese problema todolos dias.
Na foto esta Boston visto dende o Bunker Hill.

Ponhamos que non falo de Katrina e si de Salem



Saimos o venres rumbo norte. A viaxe era de doce horas asi que paramos a durmir na entrada de Philadelphia (ver posts de maio) e o sabado tiramos para o norte. O noso hotel estaba ao norte de Boston e chegamos ao mediodia. Como so tinhamos a tarde, decidimos visitar Salem: cidade pequena conhecida polas bruxas e a casa dos sete pinchos "The house of the seven gables" , a casa que da o titulo ao libro de Hawthorne.
Salem e mui bonito e esta cheo de sitios relacionados coas bruxas e a xuventude segue a moda gotica. A cidade ten cemiterios antigos, rotas guiadas por casas famosas antigas e de bruxas. Eu non sei como foi a historia pero no ano 1692 houbo unha persecucion contra supostas bruxas e aforcaron a varias persoas. Isto xa deu para vivir hoxendia do turismo e aqui e acola hai comercios, obras de teatro e demais atraccions; todo relacionado co tema das bruxas e fantasmas.
E este pode ser un futuro para Nova Orleans: comercios con souvenirs do Katrina e percorridos por zonas onde ocorreron traxedias que ainda non conhecemos. E non faltara muito que vendan gorras co lema " Eu sobrevivin o furacan Katrina "como fixeron co ultimo amago de terremoto en San Francisco. Aqui o espiritu mercantil case non respecta nada.

Na foto da esquerda estan Ana e mais Cris coa estatua da bruxa Samantha da serie de television.
Na foto da dereita esta Cris nunha libreria e non hai truco: os libros estan asi tal como os retratei.

Friday, September 02, 2005

Chegan as axudas a Nova Orleans


Mentres segue o caos e o Bush anda facendo unha visita pola zona, o alcalde de Nova Orleans cagase en todo canto hai. O alcalde Ray Nagin esta furioso que non ve axuda efectiva:.."non vexo a maldita axuda que venha"... A xente segue a pasalo mal e as condicions empioran. Nos refuxios houbo violacions e pelexas, hai mortos dentro e fora e fora esta arua toda cagada e chea de cueiros e merda.50000 persoas permanecen nos tellados, mais de 10000 xa estan en Houston e outros 30000 esperan ser levados a zona segura. Hai edificios ocupados por bandas armadas e a cidade esta chea de cadaveres e restos.
Mentres Bush esta preocupado pola lei e orde porque este pais tan grande ten que estar ben amarrado. Esa e a prioridade para el.
E agora mesmo estan a chegar os comboios militares con axudas despois de cinco dias sen axudas.
E xa non falo mais. Hoxe botaremos caminho para Boston a osixenarnos e non escribirei ata o luns.
Deixo a foto dun pub irlandes de Nova Orleans coas bandeiras das nacions celtas. Quen sabe como estara agora ?.

Thursday, September 01, 2005

Quilombo nos EEUU


Pois si, vaise acabar a admiracion de esquios, bechas, colibris e demais fauna. Parece ser que o martes empezo a traballar outra vez. O luns e festivo e imos facer unha viaxinha ata Boston. O malo e o prezo da gasolina. Hai pouco mais de duas semanas o galon custaba 2.60 dolares e hoxe estaba a 3.19 ! e subindo. O furacan afectou en muitas cousas e unha e o prezo do combustible. Hoxe houbo gasolineiras que quedaron sen producto e o resto subiu a prezos esaxerados que en Georgia andaba a 7.00 dolares que xa e de pelicula. Na tele falan de crise e non se sabe como vai rematar o conto. En fin, un quilombo, un lio.

E iso e todo. Deixo aqui unha ligazon a un comic artistico que me gustou.

Manha pode ser que haxa algo.