Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: July 2005

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, July 28, 2005

Volta a terra

Tocou volta no dia de Santa Ana.
Maria e Mon voltaron para a rotina do traballo e nos tiramos para casa de volta.
O dia xa estaba mais anubado e foi refrescando a medida que chegabamos a Galicia.
Tomamos un cafe en Benavente, xantamos no Padornelo e tomamos outro cafe na Gudinha e saiunos ben que deixaron algo sen cobrar nos sitios. E xa non fixemos mais paradas ata O Porrinho. Descargamos, saudamos a nai de Ana e levamos a Cris e Tonho a Marin. Na casa dos pais de Cris demoslle unha lavadela ao Peugeot e Ana mais eu marchamos. Paramos un chisco no Carrefour e logo fomos cara Vigo. Fomos ao Firs que Ana tinha cobiza de falafel pero non tinhan e tivo que se conformar cunha pita de vexetais. Tomamos o cafe no Jamaica e para casa. Buscamos ao Colin que estivo triste e apenas comeu mentres estivemos en Madrid.


Vista diaria dende o piso. Posted by Picasa

Dia de Santiago en Madrid.

O dia de Santiago tomamolo con mais calma. Fomos a piscina da urbanizacion antes de xantar. Xantamos pulpo, tortilla, croquetas e ensalada. Logo montamos un tendal deses que se recollen no teito e volvemos para a piscina ata as nove que e a hora de peche.
Fomos cear a unha terraza de Carabanchel e para casa que habia que madrugar no dia seguinte.


Na praza do Cascorro. Posted by Picasa

Andanzas por Madrid adiante.

O domingo collemos o metro en Oporto e fomos ao Rastro. Habia unha chea de cousas e un torrente de persoas. Xantamos en Tirso de Molina ben e nada caro. Logo fomos caminhando ata o parque del Retiro e pasamos pola praza de Santa Ana, polo edificio do Congreso, os hoteis Palace e Ritz, a fonte de Neptuno e o museo do Prado. No Retiro estivemos a sombra e Ana puxose a facer Pilates comigo e Mon. Logo pasamos polo estanque e Ana escapou dun mimo que so queria posar con ela para unha foto. Pasamos polo palacio de cristal e tomamos algo nunha terraza ao lado dun sitio onde habia libros para levar para casa diso de bookcrossing. Maria estaba cansa coa calor e o embarazo asi que collemos o metro de volta e tomamos algo perto de onde vivian antes.Dali fomos para casa cansos de tanto caminhar.


Vista nocturna dende a casa de Maria e Mon. Posted by Picasa

Sabado de viaxe a Madrid.

Erguemonos a iso das oito e as nove e media xa estabamos en rota. Enchemos o deposito na Caniza, tomamos un cafe na Gudinha e xantamos uns bocatas en Tordesillas, nun bar que ten posters de Cangas e o Morrazo.
En Galicia estaba algo anubado e no resto xa fixo calor ata chegar ao inferno de Madrid. Suponho que muitos de vos xa fixestes este caminho en coche pero a min non deixa de gustarme pola variedade que hai. O caminho ten poboacions bonitas e de exemplo esta Puebla de Sanabria e hai outras mais pero normalmente non se pode parar en todas.
Outra cousa que me fascina son as diferentes contrucions coma as adegas por terras zamoranas que parecen casas de Teletubbies ou de indios dalgunhas zonas dos EEUU. Tamen tenhen o seu aquel os castelos coma o de Arevalo, os pombeiros e ruinas curiosas espalladas aqui e ala.
E logo estan as paisaxes que cambian a medida que se avance: primeiro os montes queimados ou non das provincias de Pontevedra e Ourense cos virandelos nos altos aproveitando o vento para facer electricidade e darlle uns cartinhos as comunidades de montes. Logo venhen os bosques baixos de pino manso e xestas por Zamora . E de ai pasamos as terras chas con campos de trigo recollido, millo regado por esas regadeiras inmensas con rodas, “virasoles” seguindo o percurso do sol e videiras a rentes do chan por Valladolid. E rematamos cos penedos ciscados pola provincia de Segovia subindo a serra que a separa de Madrid.
En cuestion de animais estan as cigonhas nos campanarios das vilas castelas ou nas torretas da luz en Benavente ( Buena tierra, mala gente- di o refran ) e os minhatos e aguias surcando o ceo na busca de comida...
E conducindo e admirando o caminho chegamos a Carabanchel. Maria e Mon mostraronnos o seu piso e fomos ao centro comercial Parquesur e Maria e Mon mercaronlle a Ana “ La sombra del viento” e a Cris o ultimo de Harry Potter.
Logo fomos cear a unha trattoria en Aluches e para cama a sufrir coa calor.

Venres 22. Cea de balde.

O venres foi tranquilo. Pola manha Ana foi a perruqueria e eu levei ao meu sogro Moncho a Tui, ao taller, que tinha que cambiarlle o aceite ao Peugeot 306 para levalo nos a Madrid o sabado.
A tarde deixamos ao Colin cos meus pais e collemos un colchon extra para Cris e Tonho.
Logo pola noite fomos cear con Toni, Marga, David e Maria. Fomos a praza Eliptica e miramos un sitio novo aberto que se chama ” Firs: comidas del mundo” e decidimos cear ali. E resulta que ese dia inauguraban e todo era gratis, so habia duas opcions de comida pero de balde. Asi que ceamos ali anque David queria hamburguesa e o pai mercoulla no Mac Donalds do lado e Ana tivo que coller un bocata no Pans & Company que todo o do Firs levaba carne.
Despois da cea fomos recoller a Cris e Tonho e tiramos para casinha.


Ana e os muinhos do Folon Posted by Picasa

Caminhada polos muinhos do Rosal

O xoves 21 decidimos ir andar polos muinhos do Rosal a media tarde.
Son uns catro quilometros, a metade subindo e a outra metade de baixada. Deixamos o Panda no muinho de informacion e, despois de coller folletos, empezamos a andar.
A subida foi cansa pola calor e o desnivel pero e unha rota ben bonita e andase polos grupos de muinhos do Folon que din que son 36 pero eu non os contei. Ao primeiro, andase por un bosque de eucaliptos, logo chegase a un muinho privado ben cuidado e cun xardin bonito nunha zona umbria. Subese un pouco atravesando un regato e mais arriba xa estan os grupos de muinhos famosos nunha valgada case sen arbores. Por unha chan arborada Unha vez que se alcanza o cume, vaise llaneando un chisco e logo toca baixar abeirando os muinhos do Picon ata chegar a Casa da Pintora, unha casa de tapas cun xardin ben cuidado que esta aberto ao publico. A magoa foi de que non estivese aberto o restaurante para refrescarnos un pouco.
Logo volvemos para o coche e tiramos a Vigo para visitar a Marga, Toni, David e Maria.

Martes e mercores.

Martes 19.

Tocou lavar botellas en Arbo para o vinho.


Mercores 20.

Fomos a praia de Patos a parte menos “popular” onde a auga esta chea de algas e a area e mais gorda. Outro defecto que ten esa zona son as moscas que venhen atraidas polas algas mortas.
Fomos cear a Pias e levamos unha tortilla e unha torta de galletas. Lonxe, no monte, habia un incendio e semellaba un volcan polo fume que botaba. Os meus primos canarios miraron por vez primeira morcegos ao natural. Outros animalinhos que non tenhen visto en Fuerteventura son os grilos e ata as abellas son novidade para eles.

Tuesday, July 19, 2005

Talasoterapia !

Vida de senhoritos.


O luns 18 transcorria normal cando chamou Marga, a irma de Ana; que nos convidaba ao Talaso Atlantico en Oia. Resulta que mercaron uns bonos que sae o banho de auga marinha apresion por uns nove euros e podes ir os dias de semana...asi que ala fomos. So e necesario gorro e banhador que ali dan chancas, albornoz e toalla. Vas ao vestiario, deixas as cousas nunha taquilla que funciona cun euro que devolven e xa podes entrar na piscina cos seus diferentes chorros, duchas e tamen hai unha corrente que te leva se fas o morto.
Ou sexa, pasamolo ben e iso que so foi unha hora.
Logo tomamos algo mentres merendaban Maria e David na cafeteria que e bastante careira e marchamos para casa.
Despois de cear tomamos un cafe Ana mais eu con Nando e Nena no Meigas.

Domingo tranquilo

Pasamos a noite no piso de Cris en Marin. Almorzamos e fomos mercar un bocata ao Umia e despois tiramos para a praia de Tulla. O tempo foi empiorando e foi marcharmos e empezar a chuviscar. Logo paramos nos postos de venda de Marin e ainda paramos na feira do libro de Pontevedra onde Ana mercou "El zorro" de Isabel Allende, que tinha ganas del e despois para casa e xa non estaba a garda civil nos pasos elevados da autopista coma o sabado pola visita do principe a Marin.

Sabado en Cangas

Aqui estamos Cris, Maria (con David engadido), Tonho, Colin, eu, Ana e Mon. Estamos no paseo de Cangas e detras entraban os barcos celebrando o Carme.
Ese sabado estivemos xuntos despois de case un ano e relatamos as novidades nos esteits e en Madrid. E rematamos ceando no Gatanhal que ten boas vistas da ria e unhas pizzas mui boas.

Venres de volta a casa

Barca de pedra na finca Galea

Pola manha non prometia o dia polo tempo que facia asi que recollemos, pagamos e tiramos para Alfoz para visitar a finca Galea. A finca Galea e un museu aberto adicado a auga e o seu aproveitamento. Por dous euros podese visitar o xardin e estanque recuperado a unha canteira. O percorrido esta salpicado de estatuas, arbores e mecanismos hidraulicos saidos da imaxinacion do dono.
Tamen ten casa rural e un pequeno museu da casa galega con lareira, muinhos e un folon ou muinho de batan que fai un estrondo de medo. E o que mais me gustou foi a barca de pedra que fixo o dono escarbando un bloque de granito.
Despois dali fomos a torre de Castro de Ouro que ten boas vistas sobre o val do rio Ouro.
Chegou a hora de xantar e fomos a Mondonhedo onde xantamos no centro social a sombra que saira o sol con muita forza. Dali fomos en coche ata o salto do Coro que ten o ultimo tramo empinado.
Como habia tempo, decidimos ir a praia das Catedrais que Ana ainda non mirara as formacions rochosas e en media hora puxemonos ali. Aparcamos debaixo duns pinheiros para deixar a Colin e fomos apurando ali. Ana quedou encantada e penso que e o sitio ideal para pedir a man a unha rapaza e, se non quere, deixase ali, ha, ha.
Despois xa tiramos para casa cunha paradinha na do Rei das Tartas e a sua mostra de fotos xa historicas con personalidades mais que nada televisivas.
E asi rematou a acampada en Barreiros con boas praias, boas paisaxes, un camping pequeno e acolledor e con todo en galego e un tempo que facilitou todo.



Solpor na praia de Benquerencia

Xoves 17

Amenceu anubado e decidimos seguir a rota que nos quedaba dende Rinlo a Ribadeo.
Fomos a Rinlo e visitamos o resto dunha cetarea que semellaba unha piscina para xente. Rinlo e pequeno e esta metido nunha cala rochosa. Antes tinha muita xente adicada a pesca pero no portinho non apreciamos actividade ningunha.
De Rinlo sae un paseo que non ten farolinhas xa que o vandalismo acabou co elas. Hai veces que non merecemos nada, non si ?. Outra cousa que observamos e a cantidade de burros farinhotes que hai e a cantidade de rapaces que falan frances.
Recollemos o Panda e levounos a illa Pancha na boca da ria de Ribadeo. Dende ali habia un paseo ata Ribadeo pero decidimos facelo en coche parando nos lugares mais caracteristicos coma o forte de San Adrian que estaba pechado coma o faro; e o Cargadeiro cunha pasarela con vistas a ponte dos Santos. Deixamos o coche ali aparcado e fomos pola ponte dos Santos ata Asturias e habia ali un posto de informacion turistica onde recollemos folletos e un poster. Volvemos para a ribeira galega e aparcamos o coche en Ribadeo. O Colin estaba canso e quedou no coche mentres nos fomos xantar. Non topamos muito sitio onde xantar e acabamos en La Lira onde xantamos mais ou menos e caro e mais tarde topamos o Centro Social detras do Concello que tinhan menu do dia e boas vistas. E o malo de non conhecer!!.
Estivemos na Alameda facendo tempo mentres non abria a oficina de informacion turistica e miramos a Torre dos Moreno que e mais grande do que eu pensaba e que esta bastante descoidada. Tamen fixemos fotos coa figura do Marques de Sargadelos baixando as escaleiras do concello.
Na oficina atendeunos unha rapaza mui amable comparada coa senhora vella que atendeu a outros turistas antes ca nos. Tinhan ali aparcadas as doce bicicletas de aluguer para turistas que empezaba ese servizo ese mesmo dia. E coa informacion que nos proveeron fomos por esas ruas de Ribadeo adiante, facendo fotos de casas de indianos antes de que construan enriba delas que a construcion anda a cen ala. Chegamos a estacion do FEVE e pegamos media volta. Merquei unha pegata de Galicia para o coche americano.
Logo saimos co coche cara Asturias e estivemos de paso por Figueiras e Castropol e rematamos en Tapia de Casariego onde seguen coa teima de proibir pasear cans polos paseos e tivemos que marchar dali porque tamen habia muita xente co gallo das festas do Carme. Estivemos a buscar empanadillas para o Colin e ao final tivemos que mercarlle unha empanadilla de pizza!!!!! en Ribadeo.
Volvemos para o camping e demos un paseo pola praia mentres caia o sol.

Monday, July 18, 2005


Arcos das Catedrais Posted by Picasa

Mercores 13: o gran paseo.

Decidimos ir andando dende o camping A Gaivota ata a praia das Catedrais.
A costa e preciosa e ten un paseode madeira abeirandoa na maioria do treito. Hai zonas que vas pola estradinha. E asi fomos dende a praia de Benquerencia ata a praia dos Castros, despois da das Illas, do Esteiro e a das Catedrais.
Fixo calor abondo e acabmos case rebentados. Ao final foron oito quilometros de ida e outros tantos de volta sen sombra e mollando o Colin de cando en vez e furtivamente porque non deixaban cans en toda a zona.
Cando chegamos a praia das Catedrais ainda a marea estaba alta asi que fixemos tempo andando ata a dos Castros, paramos a xantar nun chiringo na praia de Esteiro e logo volvemos a praia das Catedrais. Primeiro baixou Ana e non topou nada. Logo eu e outro tanto do mesmo. Pregunteille a un artista que pintaba cristalinhos coas figuras rochosas e xa me explicou onde era. Fun ala coa camara e a pouco mais e afogoa. Fixen fotos a correr e volvin para que Ana as mirase pero xa non lle deu tempo que a auga cubria. O vendedor dos cristais variaba os prezos coa marea: se a marea era baixa subia o prezo e se a marea era alta baixaba o prezo.
A tarde, despois de tanto andar fomos en coche polo arredor e miramos os horreos de Viladaide que aqui chaman cabozos.


Burro a raias e admiradores Posted by Picasa

Zoo de Vigo e viaxe a Marinha luguesa

A manha fomos cos primos canarios a Madroa. Facia muita calor e os animais buscaban a sombra. O zoo ten zonas en obras e parece que non estan mui a gusto os animais.
Logo fomos xantar ao Compton (barato e a fartar, e servicio e calidade das primeirinhas. Xurovolo de corazon e non tenho nada que ver co dono ).
Logo enchemos o Panda e tiramos para Barreiros, na costa luguesa. Tivemos que parar en San Lazaro, saindo de Santiago que o Colin abafaba no coche da calor dese dia. Logo xa refrescou e baixando a Mondonhedo xa e outra cousa. Miramos o cartel do camping a Gaivota e ala fomos. Gustounos e quedamos sen preguntar prezo nin nada.


San Benito en Arbo Posted by Picasa

Luns de San Benito

Ana mais eu fomos xantar a Arbo que era San Benito (igual que no Porrinho).
En Arbo estaban os brasileiros: Clea, Eduardo, Mariluci, Monica, Filipe e Alicia. Tamen estaba a tia Carme de Bande e, por suposto, Celia e Ricardo.
Xantamos coma se tivesemos fame e logo houbo sesta a presion pola calor abafante.
A noite fomos con Nando e Nena, San e Pecas e os primos canarios as atracions da festa no Porrinho. A pequena meteuse nas gaiolas con bolas de cores e ali saltou e chimpou ata romper a saia. Javi foi no simulador e despois saltou enganchado a unhas cordas elasticas nunha cama tamen elastica. Elena non subiu a ningunha atracion que lle fan mal.


Chegada a casa dos pais de Cris. Posted by Picasa

Domingo en Tulla (por variar)

Si. Fomos a Tulla e apareceron Cris e Tonho con Manuel e Isa, unha parella de veterinarios que tenhen unha casa no Irixo, Ourense.
O dia pasou con boas charlas e Ana banhandose cada pouco, para admiracion dos ourensans que a auga non estaba precisamente quente.
A noite fomos onda os pais de Cris que a nai fixera unha tarta de mazan desas de premio.
E asi foi o domingo.

Sabado 9

Ana ten familia no Brasil e estaban en Arbo. Chamaronnos para irmos a praia todos xuntos e fomos co eles a Patos, pero a zona do mogollon. Cleia ou Clea ficou alucinada coa tranquilidade da praia que ala no Brasil tenhen medo nas praias pola xente. Claro, esta familia non e de pobres precisamente. E a Clea aprendeu que as toallas chamanse toallas en espanhol tamen que ela dicia toajas.
A noite ceamos na Casa do Penedo en Mosende. Aqui a cocinheira e suiza e ten un San Bernardo e todo coma Heidi. Non fai comida de fartar pero o sitio e tranquilo e bonito e a dona vai preguntando polas mesas que tal esta todo.

Friday, July 08, 2005

Cangas e Peinador.

Decidimos cambiar de praia e tiramos para o concello de Cangas. En Cangas fixemos unha parada discrecional e enteiramonos dos atentados en Londres. Quen sabe se os extremistas farian atentados nas outras cidades aspirantes para os xogos olimpicos !. Que nada, que as cousas seguen retorcidas e ninguen esta seguro en ningures...
Ao que ia, fomos polo concello de Cangas e pasamos Hio co seu cruceiro arrincado dun penedo dunha soa peza...Eses si que eran canteiros e non eu coa rebarbadora e demais apoios modernos !!.
Metemonos por eses caminhos do demo e fomos dar a praia de Area Brava. Deixamos o coche nunha finca onde nos cobraron dous euros por deixalo ali pero polo menos estaba a sombra.
Habia aire que foi a mais e acabou botandonos dali a media tarde pero ainda tivemos tempo tempo a banharnos que a auga esta ben boa cando esta picada. Mais tarde apareceron uns rapaces que estaban a facer unha cabana de canas e eu axudei a arrincar unha media morta e corteime nun dedo. Fun onda os socorristas e atenderonme nun caseto que tenhen para iso con biblioteca e internet. Era o primeiro dia e non estaba en funcionamento nada e eu encertei as tiritas e todo. Ali ao lado habia unha furgoneta de aluguer para acampar con enderezo web e todo.
E coma o vento ia a mais, marchamos a Hio onde habia unha caseta de turismo.Entramos e preguntamos por rotas e tamen pedimos folletos e posters para levarmos aos EEUU. Falaronnos dunha rota por Aldan que temos que facer un dia pero non ese dia que non tinhamos calzado apropiado. Asi que decidimos buscar un caminho para a praia Lagoelas dende Menduinha.
Aparcamos na capela de San Amaro que e un bo edificio nunha carballeira co seu encanto. Logo empezamos a andar por aqueles eucaliptais buscando o caminho pero o unico que logramos e suar e que Ana rompese a sandalia numero equis das nosas aventuras.
Fomos para a praia de Menduinha a refrescarnos e o Colin levou un susto dun can que se lle botou enriba. Eu deille un couce ben atinado ao can ese e a cousa rematou sen mais problemas.
Puidemos refrescarnos onde unhas rochas e dali a pouco apareceron un feixe de rapaces dende os dez anos aos quince ou asi e dous deles botaronse dende un penedo que impunha pola altura. Marchamos dali que a Ana non lle gusta ver esas cousas.
E a noite chegaron os meus primos de Canarias e fomos recibilos a Peinador. Elena, Javi e Uxia chegaron ben anque un pouco asustados.

Xuntanza con Cris e Tonho

Pois si. O mercores seis de xunho vinheron xantar Cris e Tonho a nosa casa. O Colin flipou e menos mal que case non ten rabo que se chega a telo caille dos meneos ao mirar de volta a Cris e Tonho.
Na sobremesa estivemos falando da sua estadia polo canon do Colorado, Yosemite, Zion, San Francisco, etc, etc. Eles si que tinhan material para encher catro blogues a un tempo !!.
Despois decidimos facer unha rota pequena pola zona: faltaria mais ! e fomos facer o percorrido Eifonso entre Bembrive e o parque forestal de Beade en Vigo.
A rota era doada (iso dicia o folleto), pero roncalle o c......!. Foron catro quilometros de pura ascension; primeiro seguindo o rio Eifonso con sitios ben xeitosos e logo de chegar a capela de San Cibran o caminho encostase e non e nada doado nin recomendable para levar unha familia ou iniciarse no sendeirismo como di o folleto.
Na zona mais pina pasamos polos restos dunhas casas que era o poboado de Ben Vivere ( dai ven o nome de Bembrive) que fan un conxunto arqueoloxico bonito cos carballos que o tupen.
Chegamos ao parque de Beade, tomamos algo e baixamos e a baixada xa foi doada.
Logo voltamos para o Porrinho e Cris e Tonho foron para Marin.


Fervenzas da Ferrolana no percorrido Eifonso Posted by Picasa

Martes de embotellado

Non todolos dias son festa e tocounos axudar a embotellar.
Fomos para Arbo de manha e botamos un par de horas pola manha e tres horas pola tarde para embotellar unhas 1700 botellas. A maioria e vinho Condado para venderen meus sogros no bar e o resto era treixadura.
Pasamolo ben que minha sogra fala muito e o dia foi redondo: non escachamos nin a primeira botella !.
Houbo empanada de almorzo regada co ese vinho recen " munxido " e iso non ten prezo.


Ana, minha sogra Marga e o avo Ricardo en plena faena. Posted by Picasa

Cea en Tui

A manha do luns 4 de xunho adiqueina a escribir no blog e a noite fomos cear Ana mais eu con Nando e minha irma.
Levaronnos a un sitio precioso saindo de Tui direccion A Garda. A casa e de pedra construida con bo gusto. Por fora semella unha igrexa ou algo semellante. Non levabamos a camara e foi magoa porque ben merecia un par de fotos. Dentro do comedor habia mesas de madeira cuns asentos que o meu cunhado deixou que puxasemos e case non podiamos co eles que eran de madeira maciza. Polas paredes, aparte doutras cousas, habia pendurados xugos de carros portugueses que a dona do sitio e portuguesa.
A cea estivo ben e os prezos cheganlle ben...pero bueno. A senhora tivo o erro de empezar a recoller a prata de peixes cando eu ainda non rematara coas navallas. Pediu perdon pero quedou toda cortada.

Monday, July 04, 2005


Nos a semana pasada no camping O Espinho de San Vicente do Mar Posted by Picasa

Luns de descuberta

Hoxe fomos Ana mais eu ao Alcampo e topamonos coa minha irma e Nando na cola do restaurante Flunch. Logo apareceu Pecas, un amigo deles e, non sei como, dixonos qu se estabamos perto da biblioteca do Porrinho; poderiamos conectarnos co noso portatil... e aqui estou !. Por fin podo subir fotos e ter un chisco mais de liberdade.
E mais nada por hoxe, imos cear con Nando e Nena hoxe e manha toca embotellar en Arbo.
Vou subir outra foto que xa tinha mono.


Ana e Beli coa illa de San Simon de fondo. Posted by Picasa

Caminhata polo Cabo Udra

Esquecin comentar que o sabado estivemos cos pais de Cris e Cris e Tonho chegaron, tarde e sen maletas, pero chegaron.

O domingo intentamos ir a illa de San Simon outra vez e pensabamos que a hora de xantar seria boa hora que haberia menos xente ,pero estabamos errados. Chegamos pouco antes da unha e facia vento e o dia estaba anubado pero xa habia xente para o barco das catro da tarde asi que pegamos media volta. Xa quedara para outra ocasion.
Na cola estaba Beli, unha amiga de Ana que non reconhecin cando me dixo que me tirara unha foto porque levaba gafas de sol. Logo xa lle tirei a foto con Ana e a illa favorita de Ana de fondo.
Fomos a praia Tulla e xantamos os bocatas do Umia ( non nos damos aburrido deles ). Banhamonos e todo que a auga estaba boa anque o mar andaba revolto polo aire. Mais tarde decidimos seguir unha rota sendeirista que pasa pola praia Mourisca e ala fomos Ana, o Colin e mais eu. A rota pasa pola praia do Lago e na praia Area de Bon pegamos media volta. Ao primeiro, a rota vai polo monte con vistas marabillosas das illas Ons e a ria de Aldan pero logo metese por estradinhas inzadas de chilotes e con trafico e xa perde a naturalidade.
Logo marchamos para casa e paramos en Marin a tomar un cafe para que Colin descansase un pouco das curvas que acaban co el.

O noso gozo nun pozo

Esta fin de semana intentamos ir a illa de San Simon que habia barco gratis pero o sabado chegamos as once da manha e habia muita xente. Pasamos por Marin, mercamos bocatas no Umia (sigoo recomendando) e fomos a praia de Tulla que este ano ten mais xente que antes pero polo menos podemos ter a Colin na praia conosco.
A noite do sabado estivemos con Sonia, Sergio, Puri e Manolo e ceamos en Vigo na dos Pepes. Estivo ben a cea e estivemos falando de muitas cousas. Logo fomos tomar algo pola zona e miramos a xuventude que vinha de volta ou das festas de Coia ou da actuacion en Castrelos que tocaban Hombres G e El Canto del Loco.


Chiringolata en Bueu. Posted by Picasa

Friday, July 01, 2005

Semana de San Pedro

Do luns dicir que fun a Matutano a visitar os antigos compañeiros de traballo e están máis ou menos igual: estresados e nunca contentos coas vendas. Ana aproveitou para ir ó Alcampo e mercar pinturas e máis cousas. Á noitiña fomos ó ximnasio e estivemos con Chelo e a xente do ximnasio: Toni, Manuel, Enrique, Carlos e Marita.

Martes choveu todo o día. Fomos cambiar a pintura e logo fomos ó Verbum, en Vigo; que había unha exposición de edicións do Quixote con traduccións en ruso, chinés, latín e outras máis "normaliñas". Tamén había posters de películas e emitían películas sen descanso. Outra cousa que había eran cadros e esculturas e o que me gustou foi o cadro de Urbano Lugrís. Non había xente e iso que é de balde. Esas cousas sempre me abraian, aquí a xente non ten preocupación pola cultura nin gratis. Que se lle vai facer...
Logo volvemos a casa e estivemos pintando o saído da cociña e entroume unha farangulla de Nanas nun ollo que só se me ocorre a min lixar o teito con Nanas. Ana sacouma e quedei co ollo resentido uns días.

Mércores de San Pedro. Fomos xantar cos meus pais , meus irmáns e o meu cuñado Nando.
Houbo langostinos cocidos e á prancha, unha ensalada de peixe sapo que estaba boa e pescada rebozada e bistés empanados. Houbo torta de sobremesa e champán e todo. Marchamos pronto que fomos a Vigo. Fomos coa miña cuñada Marga a levar a David a un cumpreanos que agora fannos en ludotecas ...¡manda carallo!. Logo fomos cheirar escaparates e tendas chinesas de roupa. Máis tarde levou Marga a María á ludoteca esa e nós marchamos. Fomos a La Casa del Libro a trocar o do meu pai e logo para casiña.
Á noite chamou a miña prima Bea de Menorca e ó mediodía chamara a miña tía Mª José de Fuerteventura.

Xoves 30.
A mañá fomos cambiar o pantalón pirata que me agasallara miña irmá por un bañador. Fomos polo veterinario que o Colín segue mal dos bechiños . Eu empecei a sentirme mal e hoxe venres teño mormeira.

Venres 1. Hoxe chegarán Cris e Toño.
Chau, non teño máis tempo.

Domingo 26. Celebración de cumpreanos.

A avoa Celia cumpriu 80 anos estes días e a súa filla ( a miña sogra ) 40 anos, segundo dixo Davidiño.
Houbo comida a fartar: lamprea, pulpo, pescada, carne e unha torta de sobremesa.
Máis tarde fomos ós muiños da Rocha andando. Levan cinco anos restaurados e xa andan medios abandoados coas portas abertas e as moegas tiradas e todo ciscado. E por fóra estan as varandas a caír e cheo de broza que semella unha selva. A ver se o cuidan máis que van ter que volver re-restaurar todo como siga así. Fixen fotos pola zona pero xa sabedes que non podo subilas. A ver se imos un día a Ponteareas e collemos Internet de balde que a hai inalámbrica nesa vila.

Sábado 25

Á mañá fomos a Vigo de compras. Ana foi a C&A para mercarlle algo á nai e eu fun a La Casa del Libro para mercarlle algo ó meu pai. Ana mercoume o libro de Anxos Sumai e estame gustando.
Xantamos no Gambrinus na praza Elíptica ( mágoa de que fechase o Open Kebab o ano pasado ) e logo fomos pasear polas praias onda o Museo do Mar.
Ás oito fomos a Ponteareas a visitar o meu irmán, Rocío e o Ficiño que está feito un fervellico.

Acampada en San Vicente do Mar

Martes 21 aproveitamos que facía calor e collemos os bártulos para ir de acampada.
Chamamos por teléfono e decidimos ir ó camping Espiño en San Vicente do Mar.
Chegamos sen problemas a esa parte de Galicia que eu aínda non coñecía e gustounos.
Despóis de montar a tenda fomos á praia xusto en frente do camping que é a praia Seixeliños; praia típica en forma de cuncha con algas e rochas e unha auga que corta. Había unha cadela e Colín xa se enamorou e tivemos que atalo todo o día.

Mércores 22 fomos ata o porto de Pedras Negras e topamos un paseo de madeira dende a praia da Barrosa pasando por unha zona militar( onde acaba o paseo e aparece un camiño de pescadores entre as rochas) e vai dar á praia de Aguieira.
Estivemos cunha parella inglesa que flipaban cun esquío enriba dunha rocha na beira do mar.
Voltamos á praia da Buraca da Londra e facía unha calor infernal. Xantamos pouco e caro nun chiringo da praia Farruco e fomos ó Grove que na praia morría un mesmo debaixo da sombrilla.
Xa empezaba o serán cando volvemos á praia Seixeliños ata que marchou o sol.

Xoves 23 Á mañá seguimos facendo a rota onde a deixamos o día anterior. Xa o día estaba bo para andar que estaba anubado. Fomos dende a praia Castiñeira, que é nudista, ata as casas de Coupríns. Logo fomos xantar ó Grove e xa foi máis barato e de máis calidade no bar Barrantes.
Tomamos café no bar Corgo onde hai apegado un restaurante cunha grella en forma de hórreo que lle fixen unha foto pero que non podo subir aquí na biblio.
Á tarde fomos á praia Buraca da Londra pero estivo ben fresca a tarde que non nos bañamos e aproveitei para ler bastante da Balada del abuelo Palancas de Félix Grande que escribe prosa mui poética e rebuscada.
Á noite buscamos fogueiras de San Xoán pero só topamos unha fogueira de veciños perto da praia Barrosa. A Ana entroulle a cobiza e fixemos no camping unha fogueiriña con dúas piñas ben achantada que está proibido facer fogueiras no camping.
Seica en Mos e outros sitios foi unha noite vandálica con queima de contedores de vasura e outros estragos ( en Mondariz tiraron pedras dunha ponte antiga ).
Cando eu era máis novo iamos roubar carros e cancelas de casas que antes era na noite de San Pedro pero que pasou á de San Xoán pola proximidade de datas.
Os costumes cambian segundo parece.

Venres 24. Tocou recollida que xa non facía tempo de praia. Despedímonos do camping tipo familiar con percebeiros e percebeiras que veñen almorzar antes de buscar os catro quilos permitidos pola Xunta.
Fomos ata a praia de Carreiro que ten unha escola de mergullo e uns restos arqueolóxicos dun cemiterio romano bastante tardío.
Seguimos por esas praias solitarias ata a lagoa A Bodeira que é pouco máis que unha charca. Collín caramuxos para cear e metinos nunha botella plástica de auga. Fixen fotos dun esquío que tiña a catro pasos de min que non fuxía. Logo si e púxose a tremer entre unhas rochas mentres me miraba de esguello e deixeino por mágoa.
Fomos xantar á illa de Arousa e fomos pola vía de alta velocidade e agora xa é outra cousa iso comparado con antes e as caravanas de coches que se facían.
Paramos na oficina de información turística e recomendaron o porto de Xufre para tapear. Xantamos pulpo e empanada deliciosos no bar Risón a uns prezos bos e calidade excelente e trato amable e rápido. Non sei os outros bares da zona pero supoño que serán unha cousa parecida.
Eu chámolle illa dos Dioses á illa de Arousa pola cantidade de xente apelidada Dios e polas rapazas que son ben xeitosas. Os homes xa son un chisco brutáns levando motores de barca ó lombo. Esta illa é mítica para min porque estivo illada ata ben pouco e sempre foron mui indepentes e mesmo nunha república (I ou II non sei), o concello declarouse independiente para protestar polo desleixo do goberno co eles e duraron independentes uns días ata que desembarcou unha dotación militar e fusilou os concellais e o alcalde .
Logo fomos ata o faro andando para facer a dixestión e Colín asustouse cunhas avestruces que hai alí nunha finca á beira do faro e logo á praia de Area da Secada que se conserva case virxe con só un chiringo e un paseo de madeira que vai ata o centro de estudios acuícolas que hai nunhas rochas.
Retirámonos cando facía fresco na praia e volvemos para o Porriño.