

O furacan Katrina esta a coller forza e esta a nivel 5, o maximo. A policia obriga a evacuar Nova Orleans que esta no caminho do furacan e hai caravanas de coches nas saidas da cidade e todolos carris estan habilitados para sair da cidade.
Non sei como acabara a cousa pero dame magoa porque e unha cidade que visitamos no Nadal do 2003 e que lle collemos un pouco de carinho.
Esta cidade e unha mistura de culturas e xentes que a fai mui distinta da tipica cidade americana. En
Nova Orleans hai arquitectura tipo francesa e espanhola (estamos os catro diante da catedral de S. Luis). Aqui hai cemiterios con nichos e con anxos nas cupulas, cousa incrible nos EEUU que soterran os seus defuntos baixo terra mesmo nas cidades e non fan nichos. Aqui tamen hai Mardi Gras, o noso entroido; tamen outra celebracion fora das mentes americanas comuns que so tenhen o Halloween que non deixa de ser unha cousa para nenos. Logo hai as historias de vudu traidas por esclavos que evolucionaron en historias de vampiros. Tamen Nova Orleans e a cidade de Ignatius Reilly da novela "A conxura dos necios" que recomendo ler e que eu vin representada en Salceda de Caselas polo grupo Sarabela (Ana mais eu estamos con Ignatius na foto)...
En fin, unha cidade fora do comun: con vida nocturna, cun bairro gai onde impera a bandeira do arco da vella e estan proibidas facer fotos pola rua. Unha cidade con bares que tenhen maquinas de tabaco e tragaperras (cousa impensable en North Carolina). Unha cidade onde se pode comer
marisco e admirar obxectos da pelicula Forrest Gump e unha cidade onde hai musicos de jazz pola rua...
E logo esta todo o delta do Mississippi cos seus "bayous" ou canles entre zonas de gandara e onde viven os ultimos cajuns, xente que fala frances e que acabou aqui fuxindo de Acadia, en Canada, porque non querian estar baixo o mandato ingles...
O que dicia, seria unha verdadeira magoa que o furacan levara todo isto por diante.
Manha veremos como acaba o asunto.