Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: August 2005

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, August 31, 2005

Dia mundial do Weblog

Hoxe e o dia mundial do weblog e recomendan facer cinco ligazons a blogs novos e de culturas distintas.
Busquei e busquei e vou por estas cinco (debo de estar tolo).

http://www.legendarysurfers.com/naw/blog/

Neste blogo falan de aniversarios na historia dos indios americanos.

http://www.inuitnativeart.blogspot.com/

Neste falan de arte feito por esquimais. Iso e nada !.

http://rufusnet.com.ar/

Rufus e un can arxentino que ten unha weblog.

http://www.espermadigital.com.ar/index.asp

Humor intelixente ?.

http://maggiezfarmaz.blogspot.com/

Unha granxa en Arizona.

E mando un mais dunha parella que vai andando dende Londres a Cidade do Cabo e que estan agora por Marrocos.

http://constanttrek.com/

Ata manha.

Tuesday, August 30, 2005

A calma e a tempestade.

Mentres aqui estamos en calma e o xardineiro sega o noso cespede nun "Toro" e apenas sopla unha airexinha; en Nova Orleans e o caminho que seguiu o furacan, pintan bastos.

Nova Orleans esta alagada nun 90%. Hai xente nos teitos das casas, Deus sabe cantos mortos. Non hai auga, electricidade, gas nin telefono. Polas ruas vese xente saqueando: saqueos onde vai a xente con carrinho de compra e todo...pero a hora de pagar que pague Santa Rita. Eu comprendo estes saqueos anque non os aprobe. A xente que quedou ali seguro que perdeu a casa, o coche e o mais seguro que o emprego. As mercadorias seguro que son declaradas perdas polo furacan e estan aseguradas...que ten de malo que aforren uns cartos desa maneira ?. O pior e que andan a tiros entre eles ou cos donos (non hai que esquecer que o nivel de criminalidade de Nova Orleans e bastante alto).
A policia decrarou toque de queda pero non pode patrullar por muitas zonas e o caos e evidente.

O que si me fastidia e o que din na CNN. A manha dician que o furacan era " o noso tsunami " e agora a tardinha xa rizan o rizo dicindo que e un novo Hiroshima...Come on !!!.Ferveme o sangue cando din iso cando non hai comparanza nin de lonxe; nin nos motivos da catastrofe, nin a magnitude. Estes americans queren ser o numero un en todo ata en victimismo.

Outros que me enchen son os economistas calculando os pozos petroliferos que pecharon ou facendo numeros dos cartos que perde o goberno en impostos polos casinos que destruiu o furacan.Por non falar das aseguradoras que afrontan a maior catastrofe natural na historia dos EEUU e xa lle tremelican as pernas pensando no desembulso de cartos.

Non sei que opinara a estatua de Ignatius J. Reilly que a estas horas debe de ter auga polas canelas pero para min, o pior e a xente que morre ou sofre ou que perde as suas posesions e traballo e tamen os muitos animais domesticos ou non que acabaron mal. Iso si, os golfinhos do acuario que practicamente desapareceu do mapa estan como reis nunha piscina dun hotel...

E non sigo que seguro que estades mais informados.

Manha e outro dia, non e?.

Monday, August 29, 2005

Katrina e a serpe.


Hoxe entrou o furacan Katrina pola costa pero por sorte non pillou de cheo Nova Orleans. Ainda asi a desfeita e grande. Hai outras cidades alagadas coma Mobile e Biloxi e o furacan segue caminho norte pero xa debilitado. Por sorte aqui non vai chegar; o furacan Isabel de hai dous anos xa foi bastante.E asi foi como estaba pola manha na casa, pendiente da tele que falaban do furacan e houbo un momento no que a nosa vecinha hondurenha botou un berro. Saimos Tonho e mais eu e resulta que a vecinha berrou porque habia unha becha no cespede. Tonho mais eu fixemoslle fotos e logo Tonho espantouna lonxe da nosa casa. Por fortuna e unha becha inofensiva.Durante o resto do dia (quitando o tempo que fomos ao YMCA) naveguei bastante por internet e topei unha paxina con anuncios antigos espanholes e outra tamen de anuncios americana coa cervexa que bebemos: Miller "the champagne of the beers". Toma ya !...Espero que desfrutedes dos anuncios.E mais nada. Saudos.

Sunday, August 28, 2005

Nova Orleans en perigo !




O furacan Katrina esta a coller forza e esta a nivel 5, o maximo. A policia obriga a evacuar Nova Orleans que esta no caminho do furacan e hai caravanas de coches nas saidas da cidade e todolos carris estan habilitados para sair da cidade.

Non sei como acabara a cousa pero dame magoa porque e unha cidade que visitamos no Nadal do 2003 e que lle collemos un pouco de carinho.
Esta cidade e unha mistura de culturas e xentes que a fai mui distinta da tipica cidade americana. En Nova Orleans hai arquitectura tipo francesa e espanhola (estamos os catro diante da catedral de S. Luis). Aqui hai cemiterios con nichos e con anxos nas cupulas, cousa incrible nos EEUU que soterran os seus defuntos baixo terra mesmo nas cidades e non fan nichos. Aqui tamen hai Mardi Gras, o noso entroido; tamen outra celebracion fora das mentes americanas comuns que so tenhen o Halloween que non deixa de ser unha cousa para nenos. Logo hai as historias de vudu traidas por esclavos que evolucionaron en historias de vampiros. Tamen Nova Orleans e a cidade de Ignatius Reilly da novela "A conxura dos necios" que recomendo ler e que eu vin representada en Salceda de Caselas polo grupo Sarabela (Ana mais eu estamos con Ignatius na foto)...

En fin, unha cidade fora do comun: con vida nocturna, cun bairro gai onde impera a bandeira do arco da vella e estan proibidas facer fotos pola rua. Unha cidade con bares que tenhen maquinas de tabaco e tragaperras (cousa impensable en North Carolina). Unha cidade onde se pode comer marisco e admirar obxectos da pelicula Forrest Gump e unha cidade onde hai musicos de jazz pola rua...

E logo esta todo o delta do Mississippi cos seus "bayous" ou canles entre zonas de gandara e onde viven os ultimos cajuns, xente que fala frances e que acabou aqui fuxindo de Acadia, en Canada, porque non querian estar baixo o mandato ingles...

O que dicia, seria unha verdadeira magoa que o furacan levara todo isto por diante.

Manha veremos como acaba o asunto.

Saturday, August 27, 2005

Paseo por Smithfield


O tempo non estaba nada definido asi que decidimos ir a Smithfield. Paramos a xantar no Schlotzsky ou como queira que se escriba ( anda, acertei a primeira ) en Rocky Mount. Neste sitio ponhen sanduiches de calidade. Xa o din eles: Schlotzsky's, nome simpatico, comida seria.
Despois fomos a Smithfield, onde esta enterrada Ava Gardner e demos un paseo por un parque a beira do rio e facia muita calor peganhenta. En Smithfield tamen hai un feixe de tendas a prezos baratos de boas marcas e ai estivemos toda a tarde. Ana e Cris mercaron un vestido vaqueiro para levaren a clase. Despois tomamos un algo nun mexicano: El Sombrero ; e ali preguntounos o camareiro se eramos uruguaios polo sotaque que temos. Non sei se se parecen ou non pero a el parecianselle os sotaques. Despois tocou a volta e paramos en Rocky Mount onde Cris mercou uns zapatos e despois tiramos para casa. E aqui estamos.
Manha pode ser que escriba algo.

Friday, August 26, 2005

"Big fish" en Warrenton


Queriamos sair esta fin de semana pero estamos pendientes do tempo. O furacan Katrina anda lonxe pero parece que manda chuvias para esta zona. Manha decidiremos.

A mediodia levei o coche ao taller para que lle fixesen a ITV do estado que aqui e ben sinxela e non martirizan o coche. Logo, cando fun buscar a Ana, fixen a foto dos zapatons pendurados dun cable. Xa os tenho visto nun par de sitios e non sei o significado que poida ter. Fanme lembrar a pelicula " Big Fish " cando penduraban o calzado os que entraban na vila da que nunca saian e non sei se estes de Warrenton significan o mesmo...Pode ser que creo vivir nun escenario desa pelicula americana. Non sei.

Pola tarde Ana chateou coa prima que vive en Montana e xa se fixo tarde para irmos ao YMCA asi que aproveitamos para que me rapase a cachola que eu xa tinha uns pelos coma a minha mascota " Cacheiro ". E cando chegou a hora da cea pedimos unha pizza vexetal para os catro na pizzeria da vila que esta atendida por arabes. E isto e todo.
Manha veremos se escribo.

Thursday, August 25, 2005

Museos de Raleigh


Hoxe fomos Tonho, Gustavo e mais eu a Raleigh. Paramos a ver unha casa igual que a que lle estan facendo a Gustavo e e un cason. E grande e de duas plantas con garaxe para dous coches, catro dormitorios, un banho con "walking closet" ( almario onde entra unha persoa caminhando ) no cuarto grande e dous servicios mais, etc, etc. Aparte ten un anco de terreo por detras para barbacoa mui xeitoso. Ou sexa, vai ser un palacio. Gustoume muito.
Logo fomos ao museo de historia de Raleigh e hai de todo: dende artefactos de indios, ata cousas confiscadas a inimigos iraquis coma un reloxio, unha matricula de coche e uns billetes (aqui fan un museo con calquera cousa). Nunha zona falaban de obras de enxenheria coma pontes e encoros e habia un simulador de como moveron todo un faro uns catrocentos metros fora da beiramar que corria perigo de levalo o mar. Tamen habia unha sala adicada a deportistas e outra con obxectos da guerra civil americana coma billetes sudistas, medallas, armas, etc. Noutra sala habia un "drug store" e diversos aparellos de hospitais cunha reproduccion dun hospital de campanha da guerra civil. Polo teito estaban pendurados unha reproducion do avion dos irmans Wright que despegaron dende as costas de Carolina no primeiro vo humano controlado ( que sae na foto ) e outro aparello voador que era un xirocoptero (unha especie de helicoptero monopraza). Outra cousa curiosa que habia era a bandeira do pirata Barbanegra que "traballaba" por estas costas... En fin, unha chea de cousas para admirar.
Logo fomos ao museo de historia natural que habia unha exhibicion das mellores fotos da natureza dun concurso convocado polo museo de historia natural de Londres e habia verdadeiras obras de arte. Na ganhadora hai dous tabeirons atacando un banco de sardinhas que esta mui ben, claro.
Pois asi foi o dia, fomos de paseo a airearnos un pouco.
Ata manha.

Wednesday, August 24, 2005

O dia transcorreu con normalidade. Chamei para pedir choio pero a cousa esta parada en Revlon.
Adiqueime entre outras cousas a ler novas hispanas de Carolina, admirar fotos e debuxos de temas tan vellos coma actuais.

Sei que Galicia segue a arder pero aqui a paisaxe esta verde (tampouco hai tanto pinheiro e os eucaliptos non se ven nin en pintura) e o tabaco (na foto) esta case listo para recoller polos mexicanos, claro. Logo viran o algodon e a soia.

Por outra banda, Ana estivo na inauguracion do curso e todo o persoal levaba niques brancos longos co anagrama do instituto e iso que estan proibidas as camisetas longas polo codigo de vestimenta do instituto...pero son asi de incongruentes. Este curso tamen proiben cubrir a cabeza en todo o recinto cando o ano pasado so estaba proibido nas aulas. Ou sexa, o poli do instituto vai ter traballo abondo.
E manha xa empezan os rapaces e os profesores tenhen que saudalos con sorrisos cando baixen dos autobuses...
En fin, non tenho mais novidades por hoxe.
Manha seica e outro dia.

Tuesday, August 23, 2005

Na caza de productos ibericos


A min a gastronomia americana non e que me vaia muito. Por que sera?.
As cousas non tenhen sabor e se tenhen e polos prebes que lle botan que ata Paul Newman creou salsas (mais ben puxolle o nome).
E busco e busco e topo poucas cousas: olivas Goya, algunhas anchoas salgadas de mais e uns fruitos secos que son da marca Barcelona e si foi fundada por un catalan.
Esta visto que un negocio seria un restaurante galego onde servisen unhas boas empanadas.
E para non facer agoar a xente prometo non ser tan gastronomico nos vindeiros capitulos.
Manha sera outro dia.

Monday, August 22, 2005

Vigo nos EEUU


Hoxe xa non fixo tanta calor e o dia transcorreu tranquilo. Chamei a Staffmark e segue sen haber choio. Non sei se rematarei apanhando tabaco que xa lle queda pouco.
Fun a piscina e Ana foi a pilates. Mentres non saia fun ao Walmart e merquei unhas cousas e fixenlle a foto darriba a un paquete de arroz con azafran estilo espanhol. O nome e VIGO e ten unha andaluza no paquete en troques dunha gaiteira xeitosa. Pensei que era unha empresa galega pero vai ser que non.Logo recollin a Ana e marchamos para casa mentres se facia noite neste ceo inmenso das chairas carolinianas e iso que eran apenas as oito.

Como quedei coa cobiza de cear algo galego cocin un chourizo de Lugo cunhas patacas americanas que me soubo a gloria.

Ata manha.

Sunday, August 21, 2005

Domingo de inferno

Hoxe fixo unha calor de forno. Pola manha saquei un faro dianteiro que non funcionaba e enchoupeime de suor entre a calor e o revirado que e de sacar.
Despois de xantar fomos a piscina do YMCA en Henderson que apetecia un monton. Na recepcion estaba o indio cabreado das fins de semana que sorri as mulleres e a min botame unhas olladas que se me cai a cabellera a plomo.
Estaba Adan, o socorrista mexicano e contoume que foi a Miami unha semana cos amigos e que se banharon de noite; unha proeza neste pais onde esta case todo proibido. A min preguntoume se fun a misa e se me lembrei del.
A auga da piscina estaba quente pero estivo ben. Cris viu conosco e nadou toda feliz. Logo fomos polo Walmart e a casa que na rua non se pode estar (nin paxaros nin mosquitos asoman os fucinhos). Cando baixou o sol puiden colocar a bombilla do faro e o coche xa non anda chosco.
E agora estou coa internete a voltas, lendo blogs, consultando a Galicia maxica e fuchicando en Google Earth.

Saturday, August 20, 2005

Bochorno e paseo a Raleigh




Hoxe fomos os catro a Raleigh. Cris e Tonho tinhan que preguntar por un contenedor que queren levar no avion e Ana mais eu cambiamos a data do vo de volta que decidimos non ir por Nadal a terrinha. Os prezos soben e soben e non paga a pena facer unha viaxe dunha semana e logo pagar un feixe de cartos por un avion.
Despois fomos ao Crabtree Mall e habia unha orquesta de rapaces tocando que pedian instrumentos usados para poder aprender no instituto (sae na foto). Os recortes en educacion chegan a este punto de que os membros da banda pidan instrumentos para poderen aprender.
Estivemos polo mall mais que nada cheirando que calquera sae ao aire libre coa calor que fai.
Tamen estivemos perdidos no mundo das letras que e o Barnes&Noble e Ana mercoume un Sudoku. Tamen eu mercaralle uns pos no Victoria's Secret (a segunda foto ).
Logo marchamos para casa facendo unha parada tecnica no Walmart.

Axuda a un VIF


Pola tarde do venres apareceu Ana cun profesor novo da VIF (sae no fondo da foto). E un rapaz colombiano e tinha unha profesora que o axudaba a situarse aqui porque e novo. Resulta que o home da profesora estaba celoso e deixou ao rapaz na escola de Ana coas maletas no coche e totalmente perdido. Ana fixose cargo del e levamolo a casa duns conhecidos colombianos de Henderson que alugaban un cuarto. Aparte o chaval perdeu todolos cartos que traia no aeroporto de New York (iso di el).
E nada, deixamolo con Deris e Edward e nos fomos cear a un restaurante mexicano barato de Henderson.

Friday, August 19, 2005

Adaptacion ao horario


Estes dias son de adaptacion: adaptacion ao horario, ao clima, a comida, etc. e imos indo. Ana xa empezou onte na escola (sen rapaces ainda) e eu ainda non empecei en Revlon. Chamei a Staffmark onte e hoxe e dixeronme que "esta la cosa lenta". A ver se para a semana...
Onte levamos o Nissan Altima a cambiarlle o aceite e o pobre ten a pintura queimada do sol. Fomos polo ximnasio e dixeron que podiamos empezar cando quixeramos.
E hoxe venres fixen fotos a un colibri que anda por aqui cerca pero e mui pequeno e non se aprecia muito na foto. O colibri mide cinco centimetros e e o unico paxaro que voa marcha atras. A min pareceme un moscardon mais ca un paxaro.
Despois chegaron os de Time Warner Cable e instalaron internet e TV e xa estamos comunicados outra vez e aparte Ana foi pedir o portatil a Oficina Central e deronlle o mesmo que o do curso anterior asi que hai ordenadores bastantes na casa.
E aqui estou: tecoleando mentres non venhen as mozas do choio.
Agora xa podo dicir: manha habera mais.....

Mercores 17 agosto

Cris foi para o colexio as sete da manha e nos erguemonos detras dela. O dia estaba morrinhoso pero non chegaba a chover. Aqui a calor e peganhenta e hai muitisimos ruidos de animais.
Mais tarde collemos o coche de aluguer e o noso e fomos ao aeroporto de Raleigh a devolvelo.
Despois fomos ao Crabtree Mall que tinhamos fame e empezamos coa dieta americana de fast-food.
Despois fixemos o aprovisionamento no Walmart e fomos para casa.
Chamamos aos arxentinos e vinheron visitarnos. Ines marchou que tinha un curso en Raleigh e o resto estivemos de leria e vendo fotos do veran ata aburrirnos.

Martes nos avions


Minha irma, meus sogros e meu pai vinheron despedirnos a Peinador. Minha sogra estaba pensativa e xa empezaba a choromicar cando nos despedimos deles. Dende o avion tiramos esta foto da enseada de Cesantes que queriamos fotografar a ponte de Rande cuberta pola boira.
A viaxe a Madrid foi ben. O malo foi no aeroporto de Madrid que non nos daban traido as maletas e Ana tivo que ir a outra terminal para facturar mentres eu esperaba polas maletas. Por sorte apareceron dali a un pouco de quedar eu so.
Na facturacion de US Airways habia muita cola coma sempre e estaban facendo as tipicas preguntas chorras de se levamos obxectos punzantes ou se alguen nos deu algun paquete sospeitoso, etc. O caso e que saimos ben e chegamos a Filadelfia nunha patada.
En Filadelfia chovia bastante. En Inmigracion tivemos que facer cola coma sempre pero non houbo maior problema. Collemos a Colin e logo tivemos que pasar por agricultura e tampouco houbo problema. Logo buscamos os coches de aluguer e habia autobuses pequenos das distintas companhias e montamos no de Thrifty que pensamos que polo nome non habia de ser cara (significa economico). Sabiamos que Hertz era cara e Alamo estaba ben pero non daba pasado o autobus ese e montamos no de Thrifty. E ao final saiunos o coche bastante caro porque non o devolviamos onde o collemos pero xa non habia mais remedio e non estabamos para buscar mais companhias.
Collemos o coche (un Dodge Neon vermello mui xeitoso que lle gustaba a Ana) e tiramos pola I-95 sentido sur. O primeiro que nos abraiu foi o prezo da gasolina. En xunho andaba polos dous dolares o galon e agora esta a 2.65 DOLARES POR GALON. Ou sexa, unha animalada.
Pensabamos que ese era o prezo en Filadelfia e que en Carolina ia cambiar a cousa pero nanai.
E a viaxe en coche fixose como se puido. Paramos a tomar cafe un par de veces e a botar gasolina e antes de Richmond puxose Ana ao volante que eu non podia mais. Na seguinte parada conducin eu ata Warrenton onde apenas chuviscaba despois dunha viaxe de noite con muita chuvia que aqui anoitece antes que en Galicia.
Cris e Tonho estaban despertos ainda e estivemos un rato de chachara contando as novidades e logo fomos para cama.

Mais despedidas


O luns tocou a despedida dos avos de Ana en Arbo. Polo caminho ardia polos catro costados Galicia. O fume estaba no aire e o lume chegaba a beira da estrada nas Neves.
En Arbo estaba Ricar, o primo de Ana de Madrid e metemoslle a cobiza por facer Sudokus e ali estabamos escribindo os tres na cocinha para admiracion de Celia, a avoa de Ana.
Xa a noite, estivemos coa minha irma e Nando nas Meigas de Torneiros. Minha nai falou por telefono con Ana que xa non queria despedirse en persoa.

Cumpleanos de Uxia


O sabado 14 foi o cumpleanos de Uxia, a minha prima de Canarias mais nova. Como nos iamos voltar para os Esteits e o 15 era o cumpreanos do meu irman, minha nai aproveitou para facer un xantar de despedida na Rochinha.
Despois fomos Ana, Colin e mais eu con Nesi, Rocio e Fiz a Mondariz a dar un paseo.

Despedida da praia


Ana, Colin mais eu fomos a praia Tulla de Bueu e foi un dia perfecto de praia: chegamos, demonos un banho, xantamos, tomamos cafe no chiringuito e estivemos debaixo da sombrilla lendo a prensa, libros e facendo sudokus. De cando en vez habia que meterse na auga pola calor e a auga estaba millor ca nunca. So dicir que marchamos cando o sol xa se pousaba.
Dixemos adeus a todo: o mar, a area, a unha cadela que esta namorada da auga e non deixa de nadar e ao solpor na auga que nos EEUU o sol deitase na terra.
Cando marchabamos habia xente que ia a Noite do Trasno en cabo Udra.

Despedidas


O venres tocou a despedida de Marga, Toni, David e Maria e estivemos en Vigo co eles.







A noite estivemos con Paco e Eva e fomos tomar unhas cervexas polo Porrinho adiante.

Friday, August 12, 2005

Outra despedida do blog.

Pois si. Hoxe e o ultimo dia que escribo dende a terrinha.
Tocanos a volta para Carolina do Norte este martes que ven e tratarei de retomar o blog o antes posible.
Aqui puiden ir facendo o blog na biblioteca do Porrinho e non tinha muito tempo para surfear pola internet adiante nin ler outros blogs que me interesan pola limitacion do tempo e o meu tecolear lento. Asi que se non visitei mui a miudo outros blogs o motivo era ese aparte de andar facendo visitas e movendonos por ai.
E nada. Agora toca queimar os ultimos cartuchos e despedirnos dalgunha xente (que non vai ser toda).
Un saudo a todos.
Ata pronto.


Solpor coas illas Estelas e Monteferro dende praia America. Posted by Picasa

Visita a Beli e familia

O xoves 11 adicamolo a caza e captura dunhas sandalias para a nai de Ana polo Porrinho adiante. A caza foi infructuosa pero puidemos disfrutar do xantar cos meus sogros. Logo tomamos cafe e eu cubrin o sudoku do Faro de Vigo (un costume que collin ultimamente). Logo fomos a casa e lin o ultimo numero de Malladoura, unha revista local que vai saindo de cando en vez.
Deixamos ao Colin no bar dos meus sogros e fomos a praia America a visitar a Beli, unha antiga alumna de Ana. Estivemos falando de todo un pouco e estivemos mirando as fotos da sua viaxe a Grecia o outubro pasado. Beli e Jesus andaron por Atenas e logo foron as illas de Milo, Santorini, Delfos, etc. As fotos da viaxe tinhan unha cor luminosa mui brillante e as vilas brancas gregas empoleiradas nos cantis eran marabillosas. Bueno, que nos gustaron e sempre quixen ir por Grecia e agora tenho mais ganas...Ah, o famoso "Jronha que jronha" e unha expresion de benvida ou bo desexo a pesares de que semella outra cousa.
E despois da charla, o cafe e a tarta de cenoria de Beli marchamos para casa.
Miramos o ultimo episodio de OT e fomos para cama.
Estes dias tocan as despedidas da xente e das cousas.


Mansion Xeiteiro Posted by Picasa

Intento de ir a Portugal

O mercores intentamos ir a Portugal pero como facia mal tempo habia unha cola de coches xa antes de chegar a ponte internacional. Saimos na saida da Guarda e fomos ao Haley onde merquei o libro de Manuel Rivas "Unha espia no reino de Galicia". Ana queria unhas sandalias as que lle tinha botado o ollo pero xa esvaeceran na tempestade das rebaixas.
Despois andei a facer fotos por onde vivimos e retratei a Villa Xeiteiro. Esta e unha casa de granito mestura de estilos (mais ben cumulo de engadidos) feita por unha familia de canteiros que eu imaxino unha gran familia unida baixo o poder dun petrucio e que xantan todos xuntos nun gran salon ao mais puro estilo pacego ou medieval. Non sei. Suponho que imaxino mais do que en realidade hai.
A tarde andamos por Vigo con Marga, David e Maria e eu merquei La Voz que vinha un librinho dos Carnavales de Galicia mui completo.
A noite houbo cea na casa de meus pais e logo tomamos un cafe con Nando e Nena no Meigas.

Tuesday, August 09, 2005

Visita a Rubios

A manha do luns adicamola a recados por aqui e acola: veterinario, optico e biblioteca.
A tarde fomos ao dentista a facer unha limpeza que non me gusta nadinha pero e o que hai.
Despois do dentista fomos Ana mais eu coa sua nai, Marga, David e Maria a Rubios a visitar os primos de Ana, a avoa paterna e a tia Isabelita. A avoa Lola estaba coma sempre e os primos grandes. O Angelito e un namorado dos cans e ten un pequeno que o acirraba contra o David que chiaba coma porco no San Martinho. O Jose esta feito un moceton cos seus dezaseis anos e segue traste que o dia anterior envorcou co chimpin sen mais trascendencia que unha rabunhadura nun brazo e un cabreo da nai. A Vanessa tamen esta mui medrada e agora traballa nunha perruqueria de Ponteareas toda a semana.
Isabelita puxo cousas para picar e eu piquei pan con tetilla e chourizo con vinho tinto que xa me queda pouco para disfrutar. A Maria lambeu as galletas de chocolate, o Angel comia fuet por presadas e as mulleres falaron de dietas e fillos. Na volta David chamoulle charlatana a avoa Marga e Maria queria ir a "los uniros" con nos para buscar un globo que lle escapou o ano pasado. Resulta que nunha ocasion escapoulle un globo e dixolle a nai que o globo agora estaba nos Estados Unidos e que llo iamos levar nos para Galicia cando voltasemos e agora esta a nena coa leria do globo e "los uniros"(Estados Unidos).
En fin, cousas de nenos.

Fin de semana polo Morrazo

O venres 5 acabamos indo a praia de Patos, a zona mais "suxa" porque levamos ao Colin.

O sabado 6 fomos a praia de Tulla e antes paramos na casa de Cris para despedila e darlle o cheque da casa en Warrenton. O dia foi quente e marchamos antes para evitar os atascos da volta. Fomos a Vigo que habia feira do libro antigo e de ocasion e non topamos nada. Son menos de dez casetas e con prezos nada ventaxosos. A caseta da libreria Maxtor era a que millor prezos tinha porque van fechar seica. Quedamos con pena de ter mercados os libros "El Zorro" e "Melodia de dias usados" porque ali si que saian ben de prezo.
Tomamos algo nunha cervexeria dali en Montero Rios e foi un timo e estaba quente. Logo fomos ao Firs e despois para casinha.

O domingo 7 xa houbo boira todo o dia e habia pouca xente na praia. Habia xente durmindo que vinha da festa do Albarinho de Cambados e a cadela que lle gusta nadar e tratar de pescar. Despois marchamos e pasamos por Bueu onde habia carteis dunha festa que se fai no cabo Udra esta fin de semana que ven e que ten paxina web e todo. Tamen en Bueu estaba o circo Raluy que non sei como sera pero que ten uns carromatos e unhas vallas mui artisticas e magoa de non ter a camara comigo porque son de foto. A ver se na paxina do circo Raluy saen e quizais ainda os pillo en Vigo esta semana.
Acabamos ceando no Firs e convidaronnos as bebidas (debemos de ser clientes de honra).

Friday, August 05, 2005

Venres indeciso.

Levantouse o día borrallento pero de fume. Sabe Deus se arde Portugal ou Ourense pero o sol non dá traspasado o fume.
Este venres é indeciso porque aínda non sabemos que faremos. De momento fomos a Movistar que Ana ten un móvil novo e hai que aclarar cousas coma se vale para os EEUU e outras lideiras.
Ana chamou a Cris e Toño contestou que están preparando as maletas que marchan o luns, igual que Marta pero en distintos avións e distintos destinos.
E agora estamos na biblioteca. Ana está buscando información de vós dende Philadelphia a Raleigh e sobre o móvil e eu mentres aquí ando.
Pois máis nada. Ata outra.

Xoves en praia América.

Pola mañá fun ó médico que teño un tirizó nun ollo dende o domingo. A médica receitoume unha pomada e fun mercala á farmacia. Cando volvía para o coche topei a Nando que lle levaba unha grúa o C2. Resulta que quedou sen marcha atrás, que non lle entraba. Menos mal que o coche está en garantía. Logo subimos buscar arroz con ovos escalfrados que fixo miña sogra con sabor a croques e foi o que xantamos.
Pola tarde quedamos coa tía Carme de Bande e Carmen María na praia América. Elas estaban ben pero a praia masificouse un montón e a auga estaba aínda máis suxa que a de Ladeira. Nadamos un pouco, andamos ata Panxón e despois xogamos á escoba ata a hora de marchar.
No paseo había clase de Taichi que a impartía Lucio, un compañeiro meu do curso de masaxe.
E así foi o xoves: quente de máis.

Mercores 3

O martes estivemos con Marta de Chicago no McDonalds de Samil (sen comer hamburguesas, ¿eh?) e dalí fomos á praza Elíptica. Ana quería un falafel no Firs pero segue sen habelo e vai marchar sen probalos. Despois deixamos a Marta en Chapela e fomos para casa.
O mércores fomos con Nesi, Rocío e Fiz á praia Ladeira, en Baiona. A praia é bonita anque a auga está algo turbia pero quente e tranquila. O Fiz estaba todo contente coa auga e a area (eu sempre dixen que a praia é ideal para os nenos e os cans que son quen máis disfrutan). Despois púxenme a coller cunchiñas con Fiz e logo enterramos a Ana. Tamén andaron a perseguirse Ana máis Fiz pola praia adiante.
Marchamos para casa, pegámonos unha ducha e fomos cear a casa de meus pais. Despois tomamos café con Nena e Nando no Meigas de Torneiros.

Tuesday, August 02, 2005


Supercicho en Torneiros Posted by Picasa

Chafaris en Torneiros.

Onte foi o cumpreanos de minha nai e mercamoslle unha estancia na finca A Galea que llo daremos con minha irma manha, suponho. Levamoslle hoxe ubha pranta que lle regalou minha sogra e a avoa de Ana e unha caixa de vinho para meu pai.
Cando baixabamos para a nosa casa habia un chafaris de mais de vinte metros na estrada xusto enfrente de Zeltia. Saltou unha alcantarilla e era impresionante a auga que saia dali. Os rapaces pasaban por baixo do chorro de xogueta para enchouparse e os automovilistas rian e subian as ventanillas. Os que o pasaban mal eran os motoristas, todos despelotados de veran e a cichada a deixalos coma pitos.
E por hoxe mais nada. No seran quedamos con Marta, outra companheira de Ana que esta nos USA pero en Chicago e xa leva o seu tempo ala.
Pois iso, ata outra.

Luns 1 de agosto.

Xa queda pouco para voltar para os EEUU. Duas semaninhas que van pasar voando.
Pois o luns fomos embotellar tinto pola manha. Logo ainda xantamos do dia anterior (a revoda).
Durmin a sesta e a tarde fun co meu sogro a vazar os restos dos bocois nun barril pequeno. Logo Moncho mechou os bocois, limpamos a ferramenta e para casa.
Isto de andar co vinho non se mira polos esteits e penso eu que chega a ser algo ilegal...Ala eles o que o perden, non?.


Esperando polos aventureiros en Caldelas de Minho Posted by Picasa

Domingo de espera polos aventureiros

O domingo fomos xantar a Arbo. Fomos Ana mais eu, os meus sogros, Toni, Marga, os nenos, os pais de Toni e os avos de Ana, por suposto.
O xantar foi a fartar que minha sogra debe de ter medo que pasemos fame e houbo langostinos, pulpo, croquetas, lamprea seca, polo, carne e pasteis e duas tortas...unha fartura.
Logo chegou Alejandro (un cunhado de Toni) e fomos despedilos aos dous que se montaron nunha piragua en Barcela, Arbo (onde saen os de rafting de Arrepions). Ala os deixamos e quedamos duas horas mais tarde en Caldelas de Tui. Fomos ata ali a esperalos e non aparecian. Cando xa eran duas horas e media chamaron que estaban chegando a Salvaterra que foramos ala a buscalos. Pasaron muitas peripecias: romperon un remo, cairon duas veces na auga e acabaron desfeitos polo esforzo. Cando ian por Setados preguntaronlle a un que onde estaban e o outro dixolles:" Setados" e o Toni e o Alejandro non sabian e dixeron: "Non, sentados xa estamos pero queremos saber onde estamos".


Paco, Uxia, Eva e Xesus co seu polegar tipo americano. Posted by Picasa


Nando e meu pai cun alcoholimetro Posted by Picasa

Sabado con mais ceas.

Fomos xantar a Pias cos meus pais, Nena, Nando e a familia de Canarias. Puidemos probar os alcoholimetros que estan a instalar minha irma e o meu cunhado por pubs e discos e pasamolo ben soplando.
A noite fomos cear Ana mais eu con Paco, Eva, Xesus e Uxia na Gulpilleira. Logo estivemos de chachara e mirando videos deles e fotos nosas ata as tantas.


Cea no Compton Posted by Picasa

Cea cos amigos.

A noite ceamos con Puri, Manolo, Sonia e Sergio no Compton. Logo tomamos unhas copas polo Porrinho adiante. No Parque do Cristo estaba a tocar un grupo folk e tomamos cafes e cervexas no Art&Drinks e no The Classic (isto xa parece un pais anglosaxon).

Mercores e xoves sen novidades

Non houbo muitas novidades. O tempo refrescou e chegou a chover. O xoves fomos con Marga e os nenos ata Montero Rios que Marga ia a unha revision. Tomamos algo nunha terraza e as pombas atacan os restos das mesas. Xantamos na casa de Marga e a tarde chovia asi que cada quen foi a sua casa.