Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: June 2005

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, June 27, 2005

Luns en Arbo

Do domingo esquecín comentar que xantamos bocatas do Umia en Marín. Eu luras e Ana pulpo. Estes bocatas son unha maravilla de sabor e de prezo. Recomendo a calquera que colla bocadillos no Bar Umia xusto na fronte da porta da Escola Militar de Marín.
A mañá do luns adiqueina a Internet na biblio. Ana foi á pelu coa nai.
Á tarde fomos a Arbo a visitar os avós de Ana. Ceamos sardiñas á sombra do canastro que quere tirar a miña sogra. O canastro é de tixolos e cemento e quere facer un de pedra portuguesa na horta así que non me dá mágoa a perda deste canastro de materiais modernos. Fixemos fotos por alí da horta para mostrar nos EEUU.
A avoa Celia explicoume como fai coas pitas que llas trae o piteiro e custan 4,75 eiros ( como di ela ). Despóis engórdaas na hortiña para que dean ovos e carne.

Domingo en Tulla, Bueu.

O domingo fixo bo tempo. Non fomos a misa que había que votar, ha, ha.
O que máis me gusta das eleccións é mirar xente que hai tempo que non miro e comentar as voltas que dá a vida.
Logo marchamos a Tulla. Aparcamos na praia de Mourisca e fomos polo monte á praia de Tulla que é onde acostumamos ir os domingos porque as outras praias están acuguladas de xente.
Fixo muita calor pero a auga cortaba e pouco nos bañamos. Eu acabei de ler "Ícaro" de Vázquez Figueroa que vai da vida do piloto que descubriu o Salto de Angel en Venezuela: a caída de auga máis alta do mundo. E, por certo, Venezuela vén de Venecia pequena que o descubridor español que visitou o lago Maracaibo por primeira vez mirou poboados de palafitos e recordoulle a Venecia.
Fomos cear á Cepa en Bueu que xa non ten tan bos prezos nin tanta cantidade.
Na tele andaban cos recontos de votos que non foron sorpresa para min.

Sábado: rape da Lisi.

Miña irmá deixounos o seu C2 e fomos á Rochiña en Pías. Fomos rapar á Lisi que tiña unha lá coma unha ovella e deu muito choio. Despóis refrescámonos na pisciniña que teñen meus pais alí montada.
Apareceu a Garda Civil que lle entrou un caquiño de pouca monta a meus pais. O caquiño este lévalles latas de conserva, botallas de viño ou Coca-Cola ou o que tope pero que non estea encertado... por se os viruses, supoño.
A Garda Civil fixo as anotacións correspondentes e marcharon.
Teño fotos de todo pero non podo subilas aquí. Mágoa.

Venres 17

Visitamos a Puri, Manolo e Eviña en Vigo despóis de ir á praia de Patos onde nos proibiron levar ó Colín.
Tamén fomos ó ximnasio Corpore a visitar ós coñecidos.

Monday, June 20, 2005

Xoves en Patos

Xoves dedicámolo á praia.
Aquí as praias son pequenas e con rochas e algas. O aparcamento acostuma ser gratuito e o acceso é caótico polos camiños que hai e as casas e chilotes que hai aquí e alá.
Dá gusto aparcar a trinta metros da area gratis. Tamén é unha gozada tomar algo cunhas vistas maravillosas da ría e das Cíes.
E así disfrutamos da praia.

Semaniña de adaptación 2

O mércores 15 foi día de meneos daquí palá.
Á mañá fomos á Caixa de Aforros a que nos desen poucos euros polos dólares. Tamén buscamos un adaptador para un enchufe americano e fomos a un cíber. Mercamos golosinas para Colín e fomos ó Lidl. Agora non cobran polas bulsas plásticas e teñen o aparcamento privado e non me extraña tal como está o Porriño patas arriba coas obras e estradas pechadas.
A tarde e o serán adicámolos a limpar e ordear a casa. Pensabamos que non funcionaba o quentador de auga de butano e resulta que tiña a chave de paso fechada. Hai que ver que pequeno parece todo, máis ben baixo: os mobles de cociña, os do baño, etc.
Outra diferencia grande é a luz que hai aquí que todo é máis claro e brillante. E o sabor das cousas é especial e iso que aínda non comemos muitas cousas da casa. A fruita aquí é máis barata e máis saborosa e o leite e as latas de conserva que alá case non existen e así muitas cousas.
Á noite ceamos cos meus pais e miña irmá e Nando e ceamos peixe, claro. Levo unha semana enteira comendo productos mariños a fartar.

Semaniña de adaptación

Luns 13 foi a chegada e pouco se pode engadir. A cea foi na casa dos meus pais cos meus sogros, miña irmá e o meu cuñado.
Martes 14 durmimos coma campións ata a unha da tarde. Foi o sono atrasado e a existencia das persianas: unha cousa que non coñecen os americanos (anglosaxóns en xeral) e permite unha escuridade total no cuarto de durmir.
Despois xantamos cos meus sogros e fomos visitar á miña cuñada, David e María. O David está coma sempre, bueno, anda fanadiño e progresa co seu acento vigués que foi unha cousa que notamos muito: os acentos. En canto a María...¿ que dicir ?. Pois que está feita un fervellico que non ten paraxe e leva a voz cantante na casa. Está alta e delgada e mui guapa.
Démoslles uns presentiños dos EEUU e muito riron co show do Colín e o globo.
Marchamos antes de cear e ceamos na Casa da Arenca en Torneiros do Porriño. Ceamos a fartar e non foi caro. Pedimos un revolto con cogomelos e gambas e unhas patacas bravas que non son tan "picosas" coma as mexicanas. O pior foi o pan que ben que o cobraron e estaba reseso. O Colín andou detrás dunha cadela todo histérico que levaba tempo sen cheirar unha. Isto vaille ben que así adelgaza un pouco.
E así foi o martes.

Fai un sol de carallo

Luns de resaca de eleccións. Non hai mujita novidade.
O PP baixou e o BNG tamén. O BNG baixaría polo efecto Beiras e a enleada que trouxo con el.
O PSOE arrapañou os votos dos descontentos do PP e dos do BNG xa que o PSOE é o caixón de xastre dos indecisos, dos que non están situados, aparte dos afiliados conscientes... que non quero que ninguén me confunda.
E iso é o que teño que contar das eleccións que non me sorprenderon os resultados.

Saturday, June 18, 2005

Viaxe ata a terriña

Ola, aquí estou nun cíber do Porriño.

O Porriño está cambiado. Aquí e alá medran edificios sen orde nin concerto.

Hoxe é xornada de reflexión e non andan dando a tabarra estes dos megáfonos.

Vou contar un pouco da viaxe.

De Raleigh a New York foi ben. Contar que os baños están automatizados cen por cen e sae auga da billa sen tocala, xabón de mans e o papel de secar as mans. So hai que pór debaixo e a maquiniña cuspe o papel necesario.

As medidas de seguridade non deixan pasar nin chisqueiros nin mistos no avión e hai que facer as colas de sempre, descalzándose e pondo todo nas bandeixas. Pasas polo arco e recolles todo noutro lado.

En New York había un novato facturando e o Colín foi de gratis. Foron cartiños que aforramos que non contabamos co eles. O Colín estaba dopado no aeroporto e era a admiración dos traballadores do mostrador.

O avión saiu un pouco tarde pero non importaba muito.

Chegamos a London ben. O de Heathrow é un aeroporto todo enmoquetado e non podes saír dalí que tés portas de cristal vixiadas . Sentinme coma nunha cárcere.

O avión a Madrid foi ben. En Madrid faltounos unha maleta. Durmimos por aí tirados. E o noso avión a Vigo saiu tarde. Tivemos un bo final de viaxe que fomos en primeiro e probei xamón despois de tanto tempo, logo durmín con sono atrasado.

Chegamos a Vigo pero faltaba o Colín. Ana pasouno mal esperando polo raio do can mentres eu saín e saudei á miña familia e á de Ana que estaban todos ben e pouco cambiados. Bueno, meu pai afeitou o bigote.

E o Colín apareceu no seguinte avión e tivemos sorte.

Pois así foi a viaxe. A ver se outro día conto cousas que nos pasen e subo fotos.

Chau.


Sunday, June 12, 2005

Despedida ata a proxima.

Hoxe e o ultimo dia. E domingo con neboa borrallenta e escribo antes de recoller o portatil.
So dicir que esta experiencia foi bonita e fixen amistades na rede. Gracias aos que escribiron comentarios e aos que me enlazaron nos seus blogs. Tamen gracias aos que perderon tempo lendo estas notas que espero que lles aproveitara para algo.
Volvemos para Galicia e vai ser dificil escribir no blog, asi que non prometo nada. A mediados de agosto vimos de volta a Warrenton NC e procurarei coller o ritmo do blog.
So me queda despedirme dos blogueiros e saudar a familia e amigos que vou visitar.
E aproveito para mandar unha ligazon a unha nota do 18 de maio contra o racismo baseada nun caso real e que e ben simpatica.
Tamen mando unha ligazon a caricaturas de Castelao.

E iso e todo. Ata un futuro que espero non lonxano. Saude e sorte.


Ultimo dia en Warrenton (que non derradeiro) Posted by Hello

Friday, June 10, 2005

Ultimo dia en Revlon

Hoxe foi o ultimo dia en Revlon. Foi a mala sorte que me tocou traballar noutra area que non e a minha. Despedinme da xente como puiden, aproveitando os descansos e a hora do xantar que non coincidian. Dei apertas e choquei mans. Desexaronme boa viaxe e boa estadia e preguntaronme cando voltaba. Pedironme regalos en broma e asi foi a manha. Fixen mui poucas fotos que non deixan entrar camaras e asi que tiven que facelas na porta a correr.
Fixo sol e houbo chuvascos esparexidos, todo bo para o tabaco que xa levanta un palmo; o feo que xa ten un corenta centimetros e servira para manter o gando no inverno. O millo vai medrando tamen, asi como a soia e os legumes das poucas hortas que hai aqui e acola.
Ana tivo un curso de Power Point que aproveitou e prestoulle.
Pola tarde fomos ao YMCA; eu a nadar e Ana as maquinas. Volvemos, ceamos e estivemos mirando a pelicula Ray de Ray Charles que collemos na biblioteca e sae gratis.
E asi foi este venres.
Manha e outro dia.


Emma e Sandra, duas companheiras de Revlon. Posted by Hello

Thursday, June 09, 2005

Preparacion de maletas

Hoxe tamen fixo calor e logo choveu un chisco. Menos mal que non houbo treboada e puidemos nadar na piscina. Por certo, estiven cun Wayne (noutro blog chamaballe Gwen polo parecido de pronuncia) e dixome que o que morreu no lago Kerr no triatlon era o outro Wayne que eu sospeitaba. E unha magoa. Era un home mui aberto e sempre ledo e mui querido no hospital de Henderson onde traballaba. Tamen estaba en forma pero deulle un ataque ao corazon e ali quedou. Non tivo solucion a pesares da rapidez de auxilio.

No choio ben. Primeiro estiven con Susan e cando rematamos ali, mandaronnos a outras linhas e tocoume pegarlle etiquetas a man nuns frasquinhos e ali rematei a xeira de traballo. Ana tivo un curso no que aprendeu cousas para clase e quedou toda contente.

Pola tarde fomos a piscina e agora estamos na casa preparando algo das maletas como meter libros mercados de segunda man no Salvation Army e no campus de Henderson que os vendian a vinte morrinhosos centavos. Magoa de que pesan un quintal que se non, enchia mais as maletas. Tamen metemos roupa que xa non imos usar e alguns detalles para a nosa xente.

O viaxe e longo: catro avions e saimos as cinco da tarde aqui de Raleigh o domingo 12 e chegamos (se non hai novidade e que o demo sexa xordo) o LUNS 13 AS NOVE DA NOITINHA A VIGO no vo Iberia de Madrid IB 580. Asi que xa sabedes, traede as pancartas e os foguetes para recibirnos, ha, ha.

Manha vou levar a camara a Revlon e, anque non podo facer fotos dentro, a ver se as fago fora.
E iso e todo por hoxe.
Ata manha.


Vista de duas das catro maletas de volta para casinha. Posted by Hello

Wednesday, June 08, 2005

Perdon pola minha pifia.

Aqui estan as ligazons para pifias:

Euskalherria

Brasil

Pifias variadas (agora que ven a Selectividade)

Agora e noite e cantan os grilos, as ras e as carricantas.
O dia estivo quente e ameazaba treboada pero quedou en nada. Menos mal, porque a de onte foi esaxerada.
Hai tempo comentei que ia falar de pifias dos alumnos de Ana pero non pode ser porque Ana xa non ten os exercicios eses. Lembro alguns graciosos que eran de relacions familiares e, por exemplo, preguntaba que era a irma da tua nai para ti e respondian: o meu avo; e asi muitas mais. Outra vez mandou dibuxar un mapa do mundo e non sabian. Debuxaban os EEUU de mala maneira, Mexico debaixo e sabiase que era porque punhan o nome, logo unha illa enorme que era Puerto Rico e o resto das illas que son mais grandes desaparecian por arte de maxia. A pregunta de cal era a capital dos EEUU dician Raleigh ou Nova York ou San Francisco ( menos mal que non punhan Warrenton)...O que xa era un misterio era o resto do mundo que debuxaban un borranchon e ala metian o resto do mundo...E non e de extranhar porque non estudian xeografia.
Nas matematicas non andan mui espabilados que para dividir 500 entre 10 tenhen que usar a calculadora.
E asi poderia encher libros de exemplos.
Todo e gracias a Bush e a sua politica " Not child left behind "( Ningun neno deixado atras ), que consiste en baixar o nivel de tal maneira que con escribir ben o teu nome e pouco mais xa aprobas.
Aqui deixo ligazons a pifias que topei de Euskalherria, Andalucia e Brasil para disfrute xeral.

A foto que puxen e do Colin xogando cunha luva de traballo de Revlon. Encantalle menealo ata rebentalo e despois ponse a rillar os restos. Demosllo de premio despois de metelo na gaiola que o estamos acostumando para a volta a casa e hoxe ceou dentro da gaiola para que a asocie con algo bo.
E isto e todo por hoxe


O Colin xogando cun globo-luva. Posted by Hello

Tuesday, June 07, 2005


Vagon Museu de Norlina. Posted by Hello

Cambio de ordenador

Hai treboada e aviso de inundacions en condados surenhos.
Ao sair do choio fun ao YMCA. Cando levaba un chisco a nadar Adan "Shin Chan" mandounos fora a xente da piscina que habia treboada e fechana porque din que atrae os raios. Quedei con Ana no veterinario e fixen tempo nunha gasolineira. E curioso, proiben fumar nunha chea de sitios e logo nas gasolineiras estan todos co pito na boca. Tamen entran na tenda e sempre hai reunions. Segundo parece, as gasolineiras foron dos primeiros lugares onde podian entrar os negros pola porta dianteira e asi quedou coma lugar conquistado por eles.
Bueno, ao que ia, levamos ao Colin para a revision para o viaxe a casa e Ana foi para o ximnasio e eu vin para casa...e aqui estou.
Vou ver se subo unha foto que fixemos o sabado buscando casas por ai adiante.
A foto e diante do Museu do Ferrocarril en Norlina, aqui no condado. A estacion morreu hai ben anos por culpa ou gracias a millora do transporte por estrada.
Logo escribo mais.

Monday, June 06, 2005

Celebracions raras americanas

Hoxe si que fixo calor.
No choio todo ben anque hoxe traballei que me tocou encher caixas de champus. Ana practicamente rematou de arrombar todo na aula e encher formularios. Cris e Tonho chamaron de Washington que ian coller o avion para San Francisco e preguntaron se topamos outra casa pero ou non contestan nos telefonos ou non nos gusta a casa e quedaremos aqui de momento.

Agora e noite e andan os lucecus a centos. Onte tiven un na minha palma. Poderanse meter nun bote para alumar as noites negras?. Tenhoo visto nalgun conto e nalgunha pelicula pero non sei se sera factible.

E fozando por ai topei celebracions curiosas americanas como o dia da sogra, o dia do xefe, o dia da secretaria e outros especiais coma o dia da marmota que coincide coa nosa Candeloria no dous de febreiro e o dia da Kwanza, unha celebracion afroamericana no Nadal.

Manha conto algo mais dende o outro ordenador que Ana ten que entregar este na Oficina Central. Mecachis na mar!.

Sunday, June 05, 2005

Domingo de bichorno

Pois si, hoxe fixo unha calor abafante ata que choveu un chisco a tarde.
A manha adiqueina a navegar e topei unha paxina de mariscos, outra de receitas dunha rapaza e outra con receitas mais enxebres.
Lembrei que nesta epoca empezan os curros na terrinha e iso levoume a un caso curioso aqui en North Carolina. Resulta que hai uns seculos un barco espanhol naufragou nesta costa brava. O barco levaba cabalos e quedaron ceibos nunha illa ata o dia de hoxe. Resistiron fame e temporais (algun morreu co furacan Isabel o ano pasado) e ai estan. Non son muitos e hai unha asociacion que vela por eles.
Pola tarde fomos a piscina e Adan contoume que afogou un competidor do triatlon do lago Kerr. Dixome que se chamaba Wayne e pola descripcion parece ser o tal que me convidou a navegar no seu veleiro. Eu espero que non sexa el porque senon vou pensar que son un gafe.
E iso e todo por hoxe. Manha habera mais.


Adan, alias Shin Chan, e Ana na piscina. Posted by Hello

Saturday, June 04, 2005

Sabado interneteiro

O dia esta gris e quente.
Estivemos toda a manha na casa, esperando a chamada da filipina para axudala na mudanza pero non chamou.
Eu adiqueime a errar pola Interrede e topei de todo. Dende xogos coma o Sudoku ata camisolas con mensaxes aqui e acola pasando por lendas urbanas en ingles. Tamen actualicei as ligazons con outros blogs...e asi pasou a metade do dia.
A foto ven a conto para dicir o bo que e manexar linguas e a mescolanza que vai haber no futuro (falo de 100 ou 200 anos para adiante).
Tinha pensado facer fotos de "yard sales", a tipica venda da borralla que acumula a xente na casa e que a pon a vender na porta da casa. Co conto da mudanza quedei sen facer as fotos e xa quedaran para un futuro esperemos que non lonxano.
Agora iremos a un Target e contra a noitinha convidaremos aos arxentinos a pizza.
Manha veremos o que hai.


Living a vida loca: englaguenhol, o idioma do futuro. Posted by Hello

Friday, June 03, 2005

Elexia a Pearline

Hoxe o dia estivo chuvinhento e triston como escenificando a traxedia.
Estaba eu traballando todo normal na linha 2805 cando Charles, o operator en practicas, parou a cinta. Susan, a indonesia, saltou a ver porque parabamos. Oimos berros e sentimos movementos da xente da linha e fomos cara ala. As mulleres estaban alteradas, chorando, acenando e ningunha a traballar. Preguntamos e dixeronnos que Pearline acababa de morrer. Eu non o tinha claro. Morreralle unha irma unhas semanas atras pero ela... Estivera onte traballando na linha na etiquetadora e estaba sa coma unha maza e andaba a xogar con Wexley e Tim e ameazandoos co punho con eses acenos machorros que ten ela...
Pois si, chamou a manha dicindo que non vinha traballar que lle doia a cabeza. Suponho que lle daria un derrame ou algo asi.
O caso e que quedamos desfeitos e derrotados. A senhora da gadanha volveu aparecer por onde menos se pensaba e nese momento lembrei aos meus mortos conhecidos e non puiden evitar un arrepio e a rabia esa de non poder facer nada ante esas desaparicions tan sorpresivas e inxustas na maioria dos casos. Suponho que a todo o mundo lle pasa iso. Non sei.
Logo apareceu por ali Denis Clayborne, o responsable da area, e dixonos que fosemos toda a area a sala de xuntas. Ali falaron el e dous mais. Eloxiaron a Pearline que ten ben merecido os eloxios porque era puntual, traballadora e gustaballe a xogueta. A xente toda ou choraba ou tinha os ollos a punto de estoupar porque a reunion foi mui emotiva cos sentimentos a flor de pel. Preguntaron se alguen queria falar de Pearline pero todos tinhan un no na gorxa e so falou un para eloxiala e lembrar o leda que era. Despois houbo uns minutos de oracion e todos pecharon os ollos e besbillaron as suas preces. E ao rematar dixeron que se alguen queria marchar para casa que o fixese sen problema ningun. Todos calaron e so Rosi, a arxentina, foi para casa que a pobre estaba desfeita.
E o resto da xente seguimos adiante, primeiro todos calados e logo empezando a lembrar os bos momentos con Pearline que inevitablemente todos tivemos.
A min quedame a sua imaxe rindo ou perseguindo a Wexley co punho ameazador e a lembranza de que me chamaba Pidro co seu acento tan pechado.
Non cheguei a conhecela muito pero si dabondo para que a sua morte se me clavase como unha espinha mais nesta vida de rosas e espinhas que a todos nos toca vivir.

Thursday, June 02, 2005

Minutemen

Hoxe chuviscou todo o dia.
En Revlon foi todo ben e fixemos mais de 18000 unidades na linha 2805 e vannos dar un vale para o comedor.
Pola manha, na radio, sorprenderonme duas novas. Unha de que prenderon lume a tres cruces diante dunha casa de negros estilo kukluxklan. Non sei onde foi pero pareceme totalmente fora de lugar.
A outra nova e que van por en funcionamento tres avionetas de axuda aos inmigrantes mexicanos que cruzan o deserto en Arizona. Dende estas avionetas van lanzar auga e instruccions de axuda para os inmigrantes. Todo este dispositivo esta subvencionado por doazons.
Esta organizacion "Paisanos al rescate" naceu en contraposta dunha que e a do Proxecto Minuteman que son rancheiros americanos que patrullan Arizona na caza de ilegais. Esta asociacion ten o beneplacito do Governeitor Swarzenegger e xa houbo casos de agresions aos inmigrantes con escopetas de pelotas de goma e paus. Esta asociacion di que non fan dano aos ilegais, que so axudan aos patrulleiros da fronteira; pero van coas armas no cinto estilo Farwest. Nada, que son uns malnacidos e ferveme o sangue a xente asi.
Cambiando de tema: Cris e Tonho foron mirar a casa e resulta que e outra distinta da que miramos onte e ala foron as nosas ilusions. Logo marcharon eles e xa non os volvemos mirar ata que cheguen a terrinha.
Ana mais eu fomos con Gustavo e o Pichu a mirar a casa da filipina por se lles interesa a eles e despois fomos a piscina. Logo ao Wal*Mart e para casa. Ana fixo unhas tortillas que manha hai un picnic dos profesores. E iso e todo o de hoxe.

Wednesday, June 01, 2005

Doazons e visitas a casas.

Ooooola de novo. Empezo co parte meteoroloxico dicindo que chuvisca e arrefriou un chisco.
En Revlon estiven con Susan pondo as chapinhas para crema na 2805, a linha de Wexley.
O choio foi monotono e Susan non estivo mui faladora. Ela practicou espanhol e eu aprendin algo mais de chines e indonesio pero a maioria das cousas foronse co vento. Manha terei que levar un papel e un boli para apuntar esas cousas.
Mais tarde empezaron a colectar cartos para dous companheiros que estan enfermos. Un e Chad que e alto e enxuto e de pelo colorado e ten leucemia. Non sei o grave que estara pero necesita cartos. A outra enferma e Cinthia, unha negra cuns ollos grandisimos e saltons. Non sei que problema ten coa diabete pero esta no hospital. Aqui parece que a sanidade cubre o noventa por cento dos gastos medicos pero o dez por cento restante e unha cifra bastante elevada que afunde os aforros que non son muitos que a xente vive ao dia neste pais.
Neste pais hai miles de maneira de recoller cartos para o que non paga o Estado e a xente esta acostumada a doar. Hai carreiras nas que pagas por participar a unha asociacion, logo venden camisetas, pulseiras, viseiras e todo o que se poida imaxinar. O bo desas doazons e que desgravan en Facenda.

A tarde fun buscar a Ana e resulta que ten unha companheira filipina que se muda e deixa a casa que ten alugada en Warrenton. E ala fomos os catro a mirar a casa que queremos mudarnos para a volta do veran.
A casa e xeitosa e grandeira con tres habitacions no segundo andar e un salon inmenso na planta baixa, un comedor e unha cocinha amoblada e un cuarto para a lavadora e secadora. Ten dous banhos: un arriba e outro abaixo. Fora ten un garaxe novo do trinque con capacidade para dous coches.
En fin, todo ben; pero o malo e a calefaccion que na planta baixa e a gas e na alta electrica. O gas esta carisimo e sairia mui caro manter a casa tepeda. E este foi o motivo de rexeitala. De todalas maneiras, dixemoslles aos arxentinos que a casa esa estaba libre e van vela manha.
Logo Cris e Tonho falaron dunha casa que toparan no periodico da zona e fomos Ana mais eu a mirala. Ana quedou namorada da casa e so a miramos por fora que o home que a aluga non podia atendernos hoxe. A casa e mais moderna que a da filipina pero mais pequena. Pero o millor e o sitio onde se topa: xusto a beira do lago Kerr. Un sitio apartado e tranquilo cunha casa co seu xardin e so outras tres casas perto.
Fixemos unhas fotos para ensinarlles a casa a Cris e Tonho e quedaron convencidos. Manha Cris e Tonho van vela co home e a ver en que queda a cousa. Despois de vela van falar con Ana e xa logo liscan para Elizabeth City para despedirse de Gabi que volve para Costa Rica, o pais da "Pura vida" que parece un paraiso e tenho ganas de visitar. So hai que pensar que tenhen abolido o exercito !. Xa pode ser ben un paraiso !. Dali, Cris e Tonho van a Atlantic City que ten Tonho un curso e dali a Washington para coller o avion para a costa oeste.

E iso e todo de momento. Non puxen as fotos da casa que ainda esta a cousa no aire e non vaia ser cousa do demo que se atrapalle todo e quede a cousa en nada.


Non e un termometro. E a cantidade de dolares doados contra o cancro en Warrenton. Detras esta a biblioteca. Posted by Hello