Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: December 2005

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, December 22, 2005

Kwanzaa e o Olentzero


Hoxe foi o meu ultimo dia de choio en Revlon e o ultimo de Ana no instituto. Ana fixo unha paparotada cos seus alumnos con cousas de comer que trian das casas. Ana levou unha tarta de maza e unhas "cookies". E pasaronno ben que estes dias de comer muito e traballar pouco agradecense. Na foto esta Ana con varios alumnos. Ana e branca e hai outra alumna na dereita da foto branca tamen. A que parece branca e esta na esquerda e albina. Eu non sabia que habia diso entre os negros pero parece ser que si hai. Os irmans dela din que ela e a ovella branca da familia e non estou bromeando.
Esta epoca e a do Nadal e tamen tenhen os negros unha festa que se chama Kwanzaa e que foi creada nos EEUU non hai muito tempo atras. Por aqui non a celebran pero semella que se celebra noutros lugares.
Os vascos tenhen o seu carboneiro que mira no lume os nenos que se portaron ben durante o ano e levalles agasallos. Este carboneiro chamase Olentzero e neste Nadal estrease unha pelicula sobre el.
Os galegos poderiamos ter unha personaxe destas, propia e enxebre...pero creo que a monarquia dos Reis Magos ainda vai durar e o rival que tenhen e que ven con forza e o Pai Nadal, Papa Noel ou Santa Claus. Crear agora outra personaxe seria un traballo inutil. Bueno, iso penso eu.
E xa remato dicindo que Ana, o Colin e mais eu marchamos manha cara a peninsula da Florida, na busca dunha pouca calor e para conhecer esa zona. Asi que non van haber posteos estes dias ata fin de ano.
Desexovos a todos boas festas e un bo comezo de ano.
A cuidarse e a disfrutar.

Wednesday, December 21, 2005

Boas festas



Ao final fixen unha foto de mala calidade que era noite e a camara apoiada no coche toda escorada. Na esquerda esta o rato Mickey vestido de Papa Noel, logo hai renos e a dereita Xose, Maria e Xesus.

Aqui e tipico adornar o cespede frontal da casa co estes luminosos que tamen incluen o moneco de neve inchable e iluminado. Nas portas e nos aleiros das casas ponhense luces penduradas e no interior da casa esta a arbore. Nas fiestras algunha xente pon candeas ou coroas de muerdago "mistletoe".

Desde aqui quero desexar unhas boas festas e feliz entrada de ano porque detras de cada ordenador hai unha persoa polo menos.

Monday, December 19, 2005

Arbores de Nadal



Un elemento tipico Nadal e a arbore de Nadal.

Nos EEUU vendense perto de 30 millons de arbores de Nadal cada ano. Ponhense a venda un 38 millons e os que non se venden rematan feitos serrin. Nesta ligazon hai muitos dados acerca das arbores de Nadal e a sua historia (en ingles).

As arbores sobrantes non se replantan porque son cortadas polo tronco e non se arrincan coa raiz enteira como se acostuma facer na terrinha. Nos temos algunhas arbores replantadas en Arbo e en Pias e sairon adiante. Dame magoa que se tiren con estas arbores pero o negocio e o negocio. Carolina do Norte e o segundo estado en producion destas arbores e as granxas de arbores cambian a paisaxe das montanhas.

Unha nota curiosa: a arbore mais grande non e a de Nova York que sae na foto senon que esta en Rio de Janeiro que de festas e celebracions saben un pouco.

E isto e o que hai por hoxe.

Sunday, December 18, 2005

Despedida de Cris



Onte vinheron Gustavo e Ines cos seus fillos Pichu e Maggie para despedir a Cris. Fixemos unha cea e houbo alguns agasallos adiantados de Nadal.

E hoxe domingo deixamos a Cris no aeroporto sen problemas. Habia ameaza de neve pero ao final choveu frio e sen problemas. Logo fomos polo Whole Foods onde podemos topar cousas pouco vistas neste pais e ldai tiramos para casa. Alugamos a pelicula de "Charlie e a fabrica de chocolate" e estivo ben. E un conto con moralexa e ten imaxes de muita imaxinacion e muita cor. Non sei se gustara muito aos nenos que ten momentos que non van entender, pero para un publico adulto pode valer. Ao primeiro pareceume Revlon cando se via verquer o chocolate nos moldes pero cando envolvian as pastillas de chocolate xa non era Revlon porque estaba robotizado todo na pelicula. E os Oompa-Loompa lembrabanme aos mexicanos: pequenos, traballadores, ledos e pillabans. Nada, que a pelicula fixonos pasar un rato agradable.

E iso e todo. Esperemos que Cris chegue sen problemas e que desfrute da familia e da boa mesa nesta epoca do ano.

Ata manha.

Saturday, December 17, 2005

Ambiente de Nadal



Onte en Revlon houbo xantar de Nadal. Xantei muito e bo porque habia nabizas con xamon que e tipico aqui en Carolina. Tamen habia pavo e un pan de millo da zona. De sobremesa "brownies" e galletas caseiras. Ou sexa que non estivo mal. Logo a xente estivo repartindo agasallos entre eles que fan o Santa Misterioso onde cada un escribe nun papelinho o agasallo que quere e despois xuntan todos e cada un vai sacando un papelinho e ten que mercar o presente ese que lle tocou en sorte.

E hoxe fomos a Rocky Mount e habia muita casa adornada de Nadal ( e ainda non tirei fotos !) pola estrada 43. Logo nos sitios ateigados habia xente con roupa alusiva ao Nadal e mesmo un home que tinha un gorro que dicia que cria en Santa Claus e asemellabase un chisco. En Pet Smart, a tenda de animais, estaba a xente facendo fotos co Papa Noel de turno e a sua mascota.

Ou sexa, todo rezumando Nadal e de colofon os vontarios do Salvation Army na porta (a foto non e minha pero para o caso vale).

Un saudo e ata manha.

Thursday, December 15, 2005

Situandose no vacamundi



Hoxe choveu xeo de manha e as mozas tiveron alguns problemas conducindo que a chuvia conxelabase no parabrisas. Cando cheguei a Revlon e apaguei o coche a antea non recollia que estaba conxelada. Deixeina asi e co trascorrer do dia e a suba das temperaturas, a antea volveu ao seu sitio. E o dia foi chuvinhento e miserable pero estamos no inverno e o tempo e asi.

Cambiando de tema dicir que no blogomillo estan na busca de blogos galegos ou en galego e en Lantania xa tenhen un mapa cun bo feixe de blogos localizados. Tamen dicir que Calidonia fixo a sua busca e ten unha listaxe de blogos ben interesante. E gracias a Lantania topei unha vecinha que ten un blogo e poreime en contacto co ela. Vai levar unha sorpresa ben grande. Podo dicirche que ten unha cadelinha e querian cruzala os pais da rapaza co Colin pero todo quedou en nada. Ou sexa, que iamos ser familia e todo. E falando de Colin topei un agasallo para el: un telefono movil para que non se perda e eu poida falar co el. Non vou mercalo que ainda non saiu ao mercado. Outro posible agasallo (descuberto gracias a El Ninho de la Guia) poderia ser un disfraz para can pero xa pasou o Halloween e o Colin arrinca todo o que se lle ponha enriba. Ao final vai levar un osinho de vaca e chegalle ben.

E iso e todo por hoxe. Unha proposta para o ano que vai comezar: a ver se enchemos o vacamundi de blogos galegos.

Wednesday, December 14, 2005

Agasallos especiais

Estamos cada vez mais perto do Nadal e rematase o tempo para mercar agasallos. E o pior e que quedamos sen ideas. A min pasame e suponho que a ti tamen. Sei que tenho que mercar algo orixinal, que guste e quero facelo de corazon. A intencion conta pero ao remate o importante e un agasallo que deixe marca. Aqui nos EEUU venden muitas cousas e as veces son realmente orixinais. Vouche por tres exemplos para estes dias que quedamos sen ideas.
- O primeiro e ideal para nenos: un peluche que o fas ti mesmo. Nesta tenda de " Build a bear workshop" (obradoiro para montar un osinho de peluche) entras cun neno e el vai elixindo o corpo do moneco, a cabeza, a roupa e todo para que sexa totalmente persoal. Aqui non so venden o moneco senon que venden os complementos coma roupa, bulsos, zapatos, gorras, etc. E nesta imaxe podes ver disfraces para o oso de peluche que tamen ten dereito a disfrazarse de Home Aranha se lle peta.
- Outra idea son os animais. Iso dos cans, gatos, paxarinhos e sapocunchos esta pasado de moda e agora racha cos pinheiros unha serpe de Nicaragua ou un dragon barbudo (nin sei que e). Nesta tenda de "Guppies to puppies" (dende peixinhos ata cans) podes topar semellante agasallo.
Un consello: sempre e preferible un animal de peluche que estes de verdade medran e requiren cuidados e carinho e non son xoguetes.
- E de terceiro temos a un grupo de chamados cristians ( xa toco a relixion, sorry, pero neste pais e case inevitable ) que son capaces de facer obras de arte ben xeitosas e labrar pezas de madeira representando tanques e avions de guerra que por algo estan en guerra contra os mouros.
Espero que estes apuntamentos sexan de axuda na escolla de presentes. Se sei de mais fagocho saber.
Deica manha, se o frio o permite.

Tuesday, December 13, 2005

Santa Lucia


Hoxe e Santa Lucia: mingua a noite e medra o dia.
Santa Lucia e avogosa da vista. Hai oficios e profesions que a tenhen de patroa. Costureiras, oftalmologos, taxistas e canteiros. E diras, canteiros por que?. Pois porque traballando a pedra acostuman saltar pedrinhas que son ben malas para os ollos. Asi hoxe non traballan os canteiros e hai uns anos cando andaba eu a facer casas de granito tampouco traballei este dia.
E curioso isto dos santos e santas que son bos para determinados asuntos. Segundo parece son os restos dun politeismo anterior ao cristianismo e malamente adaptado ao cristianismo cunha capa de pintura fina e que, se rascas un pouco, aparecen as antigas crenzas tan arraigadas no pobo.
E co este comentario sobre unha santa espero non volver tocar o tema da relixion por un tempo que este blogo xa ia semellando un libro de relixion.
Desexo unhas xidoas romanchas e un feliz aniversario a meu pai.
Ata manha.

Monday, December 12, 2005

Virgen de Guadalupe

Hoxe e festivo en Mexico. Millons e millons de persoas alaban a Virxe de Guadalupe no seu dia. Sandra faloume da aparicion da virxe ao indio Juan Diego en 1531 e de como montaron o santuario. Foi un 12 de decembro e neste dia cantanlle as "Manhanitas" e a "Guadalupana" e millons de persoas van ao seu santuario.
Estes mexicanos non deixan de abraiarme coas suas tradicions.
Tamen falamos dos chupacabras entre outros temas.
Menos mal que esta Sandra para falar co ela que se non durmo co choio tan aburrido de colocar chapinhas na cinta.
Ata manha.

Sunday, December 11, 2005

Nadal mexicano



O outro dia consultei a minha companheira Sandra sobre o Nadal en Mexico e practicamente coincide co noso. Tenhen Reis Magos , musica de Nadal , Nacementos e comen uvas da sorte. Cambia en que tenhen o costume das "posadas" que vai a xente en procesion coas figuras da Xesus, Maria e Xose pedindo pousada pola vila. Hai casas que os acollen por unha noite e hai festa e comida para os da procesion. Asi por varios dias antes do 24 de decembro no que xa dormen as figuras na igrexa. A cea de Noiteboa non ten marisco pero si pavo. Non hai torron, nin manteigados nin as larpeiradas tan tipicas que temos nos. No fin de ano queiman un moneco que representa o ano vello e no seu lugar ponhen un novo moneco que sera queimado no final do seguinte ano. Logo hai xente que pasea maletas arredor da casa para que o ano novo sexa de muitas viaxes.

Isto dos costumes e curioso e aqui podes ver distintas formas de despedir o ano vello polo mundo adiante.

Agora vou cear que cheira a pulpo. Ata manha, se non hai novidade.

Saturday, December 10, 2005

Mudanza



Onte a tarde estivemos axudando aos amigos arxentinos na mudanza da casa. Hai que ver canta cousa se xunta !. E asi botamos a tarde e o seran. Despois de cear estiven co ordeador pero Pedrochosco podia mais ca min e fun para cama sen postear. Espero que me perdoes.

Hoxe fomos pola nova casa e fixen esta foto no novo sofa da nova casa que ten unha luz que resucita un morto. A casa e preciosa e a luz e de premio. Despois deixamos aos arxentinos co choio que tinhan e fomos ao Triangle que desbordaba coa xente facendo as compras do Nadal. Esta todo adornado e soan panxolinhas todo o tempo. No centro estaba Papa Noel escuitando o que pedian os nenos. E aproveitan este costume os organizadores tirando unha foto que suponho que cobraran ben aos pais do pequeno. Logo fomos a un Whole Foods e a un Dollar Tree onde as cousas valen todas a un dolar, todinhas. Bueno a un dolar e sete centavos que as cousas tenhen un prezo no anaquel e logo engaden as tasas que son un sete por cento. E despois para casa que fai muito frio. Ana esta facendo "scrapbooking" co que mercou no Dollar Tree, Cris esta mirando a tele e o Colin durmindo despois da cea.

Ata manha.

Thursday, December 08, 2005

John Lenon e poliamor



Hoxe cumprense vintecinco anos do asasinato de John Lenon. Na foto esta Cris no lugar exacto dese asasinato. Fixemos a foto en setembro do ano pasado cando topamos o sitio por casualidade paseando polo arquifamoso Central Park.

As emisoras de radio estaban hoxe todas co esa noticia e puxeron bastante musica dos Beatles.

Na radio en espanhol falaron do poliamor, un tipo de relacion amorosa que esta rachando cos pinheiros na cidade onde mataron a John Lenon.

Andei a consultar ao meu informador google e comprobei que tamen hai asociacions poliamorosas en Brasil e outros paises e ata hai unions civis de mais de duas persoas.

Eu non entendo muito disto do poliamor (suponho que serei curto de miras ou vou vello) pero creo que calquera persoa tera unha preferencia por outra persoa en concreto que sera o numero un por pouco ou muito tempo e o resto das persoas do poliamor seran mais ou menos queridos e amados pero non deixaran de ser secundarios. Vamos, iso opino eu. Polo menos e o que creo que me aconteceria a min de estar metido nesta movida.

E isto e o que ponho hoxe. Outro dia falarei de agasallos e de costumes de Nadal.

Wednesday, December 07, 2005

Nomes familiares mexicanos


Estes dias falase de nomes de vacas e de nomes de persoas. Hai un tempo topei este artigo onde se fala dos nomes familiares de persoas. Hai unha variedade grande onde aparecen alguns simpaticos como o de Pepino, Chucho (eu conhezo un), Memo, Poncho e Cuca. Falta Polo que e o nome hipocoristico dun que traballa no lixo en Revlon e que se chama Leopoldo.
Outro dia falarei dos nomes americanos que os negros tenhen nomes curiosos e costumes interesantes como porlle nomes case iguais a irmans e mais se son xemeos. Asi Ana ten alumnos que son Jamar e Hamar e outros polo estilo que a min semellame falta de orixinalidade e posibilidade de confusion e senon lembra os famosos Zipi e Zape e dime cal e o moreno e cal e o loiro.
Outra cousa: puxen unha ligazon a Picara de Allegue que escribe ben e de maneira positiva e chea de vida.
Ata manha.

Tuesday, December 06, 2005

Primeira neviscada



Onte luns foi un dia miserable cunha chuvia constante e fria. Pola tarde quedamos na casa que non nos apetecia ir ao YMCA. O malo foi que co este tempo a interrede ia lentisima ou directamente non ia e non puiden postear nin cheirar blogos nin nada. Tenteino varias veces e ao final puxenme a facer sudokus que non tenhen problema electronico ningun. Tamen aproveitamos Ana mais eu para escribir postais de Nadal para a familia e amigos.

Hoxe martes cando me erguin para traballar topei o coche asi como esta no foto: cuberto de auganeve. Os tellados e os coches estaban branquinhos todos pero as estradas e demais superficies estaban sen neve. Foi resultado da ultima chuvia da noite que virou para nevisca e que durou ata que sairon os primeiros raios de sol.

O resto do dia foi normal e agora vou engadir ligazons: oollodavaca, que ten un posteo curioso sobre nomes de vacas galegas; cartafol de silencios, que me ligou a min; a cabaseira (polo mesmo motivo), o mestre culinario Colineta e o persebeiro onde falan autenticos persebeiros do Roncudo.

Manha a ver se posteo.

Sunday, December 04, 2005

Desfile de Nadal en Warrenton











Pola manha estivemos en Greensboro pero o centro estaba morto e decidimos marchar para casa.
Antes paramos no Whole Foods de Durham para mercar pan, vinho de Rueda, sushi e algunha exquisitez mais. Tamen habia queixo de Castela e membrillo pero non os mercamos.
Cando chegamos a Warrenton tivemos a sorte de que empezaba o desfile de Nadal pola rua principal.
Ainda levei unha boa sorpresa pola cantidade de desfilantes. Primeiro ia a rainha da vila que e a "homecoming queen", unha moza que se escolle por eleccion dos alumnos no instituto do condado. Logo vinha unha restra de veiculos coas autoridades do condado, os bombeiros, a policia, algunhas empresas (ata ia unha companhia de seguros), un Papa Noel en Vespa, nenos de primaria, coches antigos, "girls scouts", animadoras do instituto e a sua banda, rapaces en moto e xente dacabalo. Todolos componhentes lanzando caramelos a "multitude" desta vila de mil habitantes. Non quero imaxinar como sera nunha gran cidade.
Bueno, que so faltaban os reis magos e algun Belen pero que aqui iso como que non se leva.
E aqui estan algunhas fotos para ilustrar este acontecemento nesta vilinha de Carolina do Norte.
Espero che gusten as fotos.
Ata manha.

Festa do Nadal da VIF



O sabado foi a festa en Greensboro. Estaban convidados profesores da VIF e acompanhantes. Como a VIF acolle xente de todo o mundo habia filipinos, sudamericanos, surafricanos, ingleses, indios...e galegos, entre outros. A cea estivo ben. Foi a tipica cea tipo buffet na que colles o pratinho e vas apanhando cousas aqui e ala. Habia vexetais, crackers, pan de pita recheo de vexetais picantes, brochetas de carne, polo fritido, patacas asadas, etc, etc. Tamen habia unha variedade d queixo na que nos abraiou os queixos cor salchichon e verdes que eu na minha vida vira. De sobremesa habia torta de cenoria, biscoitos e os tipicos doces cheos de "icing", un azucre esaxerado que neste pais rompe pero que non nos gusta a nos.

Houbo baile e a musica latina foi a rainha e os colombianos os bailarins numero un.

En fin, pasamolo ben e xuntamonos con quen mais pegabamos. Acertaches, estivemos cos colombianos.

Friday, December 02, 2005

O frio ataca de novo

Hoxe foi un dia normal, frio e con rafas de vento frio. Ana levoulles aos alumnos tortilla e gustoulles, claro. Tamen levou Nutella, unha especie de Nocilla, para untar con pan e gustoulles aos mui lambons. Pola tarde sesion de piscina e logo a cea tipica dos venres: pizza vexetal do Milano's. Logo estiven a visitar blogos e agora vou buscar no Mapquest o caminho para o hotel en Greensboro porque manha imos ala a festa de Nadal organizada pola VIF.
Xa cho contarei o domingo.

Thursday, December 01, 2005

1000

Este e o numero de executados coa pena de morte nos EEUU dende que se reinstaurou no ano 1976. Cando leas isto, Kenneth Lee Boyd xa estara morto. Non sei se e unha morte merecida pero neste pais existe ese castigo nalguns estados. Din que asi hai menos crime pero en China condenan a morte aos que rouban coches e os roubos seguen.
Tema controvertido, non ?.
E como non quero que este posteo sexa tan lugubre aqui deixo unha ligazon a un texto simpatico onde sustituen palabras por nomes toponimicos galegos. Gracias, Paparruchas.
Un saudo e ata manha.