

Onte venres fomos cear ao Ruby Tuesday con Beatriz, unha profesora mexicana que traballa no condado de Tyrrel. Este condado esta nunha zona deprimida da costa. Esta nunha zona chea de gandaras e con muita pobreza que di que vive xente sen electricidade ali.
E hoxe fomos Tonho mais eu pola manha a un mercadillo perto de Burlington, a vinte millas de Durham e corenta de Raleigh.
O mercado semellaba un rastro e o cartel da entrada xa prometia: Prohibido armas de fuego (en espanhol e ingles).
No mercado habia postos do mais variado: dende roupa que vendian pretos a fruita vendida por mexicanos pasando polos postos de venda de trapalladas da casa dos brancos. Habia postos de CDs, videos, instrumentos musicais, pezas para coches, unha nora de ponis a 5$ a volta, periquitos, iguanas, xoierias, xoguetes, camisetas con mensaxe e viseiras que os mexicanos chaman cachuchas coma nos lle chamamos a cabeza do porco... e ata habia remedios en botella contra a envexa e males de corpo !.
Nos fomos buscar pulpo e habiao en varios postos. Vendeno conxelado a 3,5 $ a libra(menos de medio quilo) pero non o mercamos que se ia desconxelar de caminho e manha xantamos cos arxentinos. Asi que queda para outra ocasion.
Logo fomos buscar as rapazas e no centro de Raleigh habia un
festival celta organizado por xente con ancestros irlandeses, escoceses e galeses. Estivemos admirando bailes irlandeses,
xente tocando a gaita, unha demostracion de luita de espada contra lanza con xente que organiza cursos de luita medieval e puidemos beber cervexa Guinness no parque por vez primeira que un
pub montou un posto ...e coa policia a beira que estaba un policia no alto dunha tina chea de auga e por tres dolares probabas punterias a ver se lle dabas ao mecanismo que facia cair o policia.
Ou sexa, estilo pelicula total.
Logo fomos de miranda ao Crabtree e para casa.
Ata manha seica.