Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: November 2005

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, November 30, 2005

Ricardo e Celia



Hoxe tinha para escoller entre varios temas pero o meu amigo Veloso escribiu unha entrada marabillosa sobre os seus avos que me fixo pensar.

Din que cando mercas unha casa hai que ter cuidado que mercas uns vecinhos tamen. O mesmo poderia dicirse a hora de casar un: que non so casas coa tua parella senon que casas con toda a sua familia. Eu casei con Ana que e un tesouro que non deixarei de gabar nunca. Pero tamen casei coa sua familia e na voda tocoume a loteria: a familia de Ana e unha marabilla que me aceptou con carinho e cos brazos abertos. Poderia falar de calquera membro desta familia e contar virtudes e boas cousas pero quero concretar o meu relato nos avos de Ana: Ricardo e Celia.

Na foto estan recen casados, rozando os vinte anos e xa choveu dende aquela. Agora son unha parellinha maior que sempre me recibiu coma se fose o seu neto dandome todo o seu carinho e ledicia sen pediren nada a cambio. Son unha parella que cando o Ricardo solta unha ocorrencia das suas esta detras Celia para rirlla. Son un exemplo de amor e respeto mutuo dunha xente que pasou boas e non tan boas epocas e que seguen xuntos e felices para o meu abraio e ledicia.

Sei que se un dia chegan a deixarnos (Groucho Marx dicia que el era inmortal mentres non se demostrase o contrario) van ter que ampliar o Paraiso para que collan estas duas almas boas e xenerosas coma poucas.

Tuesday, November 29, 2005

O tempo virtual come o tempo real

Pois si. O tempo real hoxe estivo ben liado: traballo, ir para casa, volver para a piscina onde Wayne ofreceume un choio ben xeitoso: montar "decks" que son as terrazas e pasarelas de madeira que tenhen muitas das casas aqui. Todo quedou en nada porque eu tinha que aprender as medidas americanas e ia ser por muito tempo e o meu tempo nos EEUU vaise acabando. Paramos no Walmart e despois, caminho da casa, cairon un par de treixadas ou bataghons como din por Arbo e conducin a vinte por hora coas luces de emerxencia que non se via un pemento. Na casa facer a cea, xogar co Colin (que sandou dos seus males) e comezar co tempo virtual: visitar amigos vellos e novos e por novas ligazons a Arxentina, a Venezuela, ao Subsahara, aos EEUU, a Lugo, a Alemanha e a uns debuxantes que tenhen uns bocetos e retallos que tenhen magoa de perdelos para sempre.E asi foi o dia: enleado e complexo

Monday, November 28, 2005

Outra version de Santa Claus e Xesus

Xa tenho comentado a "sutil" diferencia entre brancos e negros que se da neste pais. Xa comentei o caso de que haxa igrexas distintas, perruquerias, tendas de noivas, casas funerarias, revistas, peliculas, series televisivas,etc, etc, para brancos e para pretos.
Hoxe falei con Ruby, unha negra alta que fala comigo bastante. Preguntoume sobre a minha viaxe a South Carolina e dixenlle que estivera ben, que Savannah e Charleston son bonitas e tal e tal. Ela dixome que ten unha curma en Charleston e dixenlle que era unha cidade agradable e ben cuidada e bastante xeitosa como para vivir nela. Cando cheguei a este punto, Ruby disentiu. Dixome que Charleston era unha cidade de brancos e que os pretos ali non estaban mui ben vistos. Baixou a voz e dixome que hai brancos racistas, tanto cos negros coma cos mexicanos e preguntoume se no meu pais pasaba iso. Eu dixenlle que ata o de agora non habia problema: a inmensa maioria da poboacion e de raza branca. Pero que agora empezaban a ser numerosos os negros de Africa e os musulmans e que empezaban os problemas. Aclareille que iso do racismo e un problema xeral. Que se da en todo o mundo e sempre hai etnias rebaixadas por outras e que a raigame do problema esta nos cartos e na educacion. Ela asentiu e rematou a leria que tinhamos que volver ao choio.

E falando de todo isto lembrei que hai negros que din que Xesus era negro e que Deus tamen e ...ata tamen Santa Claus e negro !.
Eu non son quen para dicir se estan certos ou errados pero penso que se de verdade queren ser diferentes pois que cren os seus propios mitos a sua imaxe e semellanza. Un Xesucristo negro e un Santa Claus da mesma cor como que non pegan, vamos, digo eu. Semellanme un mal apanho para quedaren satisfeitos. Non sei. A verdade e que e un asunto complicado.
E para que vexas que non o invento aqui quedan estas fotos. Magoa que este pais sexa unha republica e non tenhan os reis magos que Baltasar seria o rei ideal para solucionar este problema de a quen pedir os agasallos do Nadal.

Manha xa verei o que escribo.

Sunday, November 27, 2005

Cartaces no caminho de volta



Saimos as nove da manha do hotel e tiramos cara norte. Estaba anubado ao primeiro e logo botou a chover. Houbo retencions de trafico pola chuvia que entorpecia a vision e tamen polos accidentes que cada pouco habia dous ou tres coches que se deran un "bico".

Eu conducia, Ana tivo tempo para rematar "To kill a mockingbird" e o Colin durmia atras ou no colo de Ana ou no chan nos pes de Ana.

A estrada I-95 e bastante aburrida: rectas e rectas de estrada con dobre carril, a unha velocidade fixa duns 130 quilometros por hora co "cruise control" posto e a mesma paisaxe. Arbores sen follas canto mais ao norte, granxas (unhas abandonadas e outras pouco menos) e cartaces polo caminho. Quixemos facer unha foto dun cartaz que aparecia cada pouco dende 100 millas antes anunciando un parque de atracions dun tal Pedro con restorans, hotel e venda de foguetes artificiais que estan proibidos en Carolina do Norte (iso si, os rapaces poden ir cazar cervos e o que se lle bote diante). Tamen habia cartaces anunciando bares de topless para camioneiros con ducha de agasallo (non me preguntes de que vai iso) e no medio dunha granxa apareceu un labirinto no millo que ten boa pinta para divertirse un dia.

E chegamos sen novidade.

Ata manha.

Saturday, November 26, 2005

Charleston

Hoxe decidimos visitar Charleston, a unhas duas horas do hotel. Tinhamos pensado ir a San Agustin, na Florida, pero eran tres horas e media de viaxe asi que queda para outra ocasion.
O traxecto dende Hilton Head a Charleston pasa polo Low Country que e unha zona de terras baixas que apenas asoman por riba do mar e dos rios. Hai un feixe de gandaras, marismas, esteiros e illotes que forman unha fronteira difuminada entre auga e terra. As varias pontes que pasamos son o unico que levanta vinte metros por riba do nivel de mar e son boas atalaias para admirar esa paisaxe tan peculiar onde se mesturan pinheiros con palmeiras e muitas prantas mais.
Entramos en Charleston e fomos a Oficina de Turismo onde collemos folletos e iniciamos o pateo da cidade. O que e o centro historico percorrese ben que non e mui grande. Esta cidade e antiga (segundo a medicion dos brancos norteamericanos) e pasou por un terremoto, varios furacans e a guerra civil americana e rexurdiu das suas cinsas.
Perto da oficina de turismo esta o parque Marion onde habia un mercado dos granxeiros de Charleston que tinha productos agricolas a venda, obxetos de arte (encantaronme estes cadros) e postos de comida (pizza que non falte) e por se e pouco, ata tocaba unha rapaza unha guitarra. Dende o parque xa se dislumbraba un formigueiro de xente ao que non estamos acostumados neste pais e fixemos coma Vicente que vai onda a xente. A "King Street" era o motivo desa fervura de xentes. Esta rua e unha rua comercial longa con palmeiras e chea de tendas e restorans . Tiramos pola rua esa e logo chegamos a rua do mercado que tamen fervia coa xente e os postos de roupa, xoias, artesania e de comida. O novidoso foi os cestos que facian as negras dunha herba das gandaras da zona e que son dun estilo que apenas variou das suas raigames africanas. Iso en canto as senhoras negras. Os rapaces negros estaban en todalas esquinas da cidade coas suas bicis vendendo flores feitas de xunco mui xeitosas.
Seguimos o paseo ata un parque que tinha canons e o parque esta abeirado de casas senhorais como a da foto que son palacios ou casas de boneca feitas realidade.
Entrounos a fame e xantamos nun mexicano da "King St." que sabemos que os restorans mexicanos son garantia de calidade e cantidade boas.
Ao sairmos, pechouse o ceo coas nubes e fomos pasear o Colin a un parque e dali tiramos para o hotel.
En definitiva, Charleston paga a pena. E unha cidade bonita, ben cuidada e con cousas para facer e mirar e que recomendo a calquera.
E iso foi o de hoxe. Manha toca a volta a Warrenton.

Friday, November 25, 2005

Savannah


Pola manha estivemos na praia e percorrendo as tendas da zona, tipico centro comercial cos seus paseos e xardins que dan para boas fotos.
Despois fomos a Savannah e estivemos pateando a cidade que non e mui grande. E unha cidade con casas grandes e historicas que cando foi da Guerra de Secesion os nordistas non quixeron destruila como fixeron con Atlanta ou Richmond.
Ten muitos parques de forma cadrada entre ruas e hai palmeiras e "spanish moss" que son unhas prantas que se penduran das polas das arbores e tenhen a sua lenda. Habia muitos turistas que facian o seu tour por libre, en autobuses, carros de cabalos ou mesmo nas funcicletas que mirei por primeira vez en Chicago e que van ser un furor no futuro. Xa veras.
Tamen estivemos polo paseo do rio coa sua rua empedrada e a multitude de restorans e tendas de recordos, unha zona que me fai lembrar Oporto. Aqui e ala habia artistas da rua que cantaban ou tocaban instrumentos e estivemos admirando un que tanto facia malabares como xogos de escapismo e, aparte, tinha unha leria que a xente escachaba coa risa. Logo tomamos unha canha nun bar bastante apagado e tiramos para o hotel que xa refrescaba.
E non hai mais nada por hoxe.
Manha a ver que hai.

Thursday, November 24, 2005

Hilton Head Island


Pasamos do frio ao calorinho, do aire frio do norte a airexa tepeda do sur, do inicio do inverno ao outono e todo cambiando de Carolina do Norte a Carolina do Sur en menos de cincocentos quilometros.
Hilton Head Island esta pertinho de Savannah, cidade famosa polos seus piratas e a "Waving girl", unha muller que quedou esperando polo seu namorado. Este marchara nun barco e prometeulle a volta xunto ela e ela botou muitos anos saudando aos barcos que entraban no porto desexando que fose o barco do seu namorado e rematou tola.
Ao chegarmos ao hotel demos un longo paseo pola praia. Pola praia habia muitas familias desfrutando da praia coas suas cometas, frisbees, cans e pelotas. Nas casas dos ricos na beira do mar habia un feixe de luces e adivinhabase a xente ceando en familia a traves das fiestras sen persianas tipicas deste pais. O sol marchou e fomos buscar onde cear. Todo estaba fechado polo dia de hoxe e ceamos nun restoran tipico americano aberto as 24 horas do dia e Ana non tivo muita sorte coa cea que lla trouxeron mui cargada de prebe. A minha cea non estivo mal (quesadilla con terneira) porque eu tinha fame.
E isto foi o que deu o dia de hoxe.
Manha habera mais.

Wednesday, November 23, 2005

Vacacions de Accion de gracias



Manha e o dia de Accion de Gracias que nos EEUU e un festivo importantisimo no que se reune a familia para comer o piru e demais productos tipicos. Hai agasallos entre os familiares e o dia seguinte ao "Thanksgiving Day" empezan as compras para o Nadal. O dia posterior ao dia de Accion de gracias e o dia das ofertas nos comercios todos. E o dia con mais venda do ano que muita xente aproveita para cambiar os agasallos recibidos o dia anterior.

E manha saimos de viaxe a Carolina do Sur. Son seis horas de coche ata un hotel nunha illa na costa. Non fai tempo de praia pero aireamonos un pouco. Parece ser que hai internet aberto no hotel e a ver se podo actualizar ala.

Na foto esta unha casa que pode ser unha casa-almanaque. Cando e epoca dunha celebracion, a xente desta casa pon adornos relativos a celebracion e asi agora esta co piru no cespede da casa. De noite esta iluminado pero non sae ben a foto de noite.

E o tempo corre e despois de manha xa estara a casa-almanaque cos adornos do Nadal.

Pois nada, ata manha...se non hai problemas. E se manha non hai unha nova entrada neste blogo xa sabes que non logramos entrar na interrede.

Tuesday, November 22, 2005

Colin no veterinario

O dia apareceu chuvinhento e logo pasou a ser frio e ventoso e con poucas nubes.
No choio todo foi ben e quixen ensinarlle algo de galego a Sandra pero dixo que preferia o espanhol.
Logo levamos ao Colin ao veterinario e este meteulle un dedo polo ano. Finalmente deulle unhas capsulas e dous paquetes de comida de proba. Agora o Colin mirase millor e xa non anda arrastando o cu pola moqueta da casa que parecia unha alma en pena. Parece ser que e unha clase de hemorroides bastante comun e que cura facil. Menos mal porque pensaba que podia ser unha alerxia ou algo pior ).
E isto e todo por hoxe.
Ata manha.

Monday, November 21, 2005

Salud, dinero y amor

Hoxe choveu todo o dia e lembroume a Galicia. Este tempo dame fame e faime pensar. Non tinha muitas ideas para o blog ata que foron abrollando e cun titulo que resume ben o dia.

Na radio "La ley de las Carolinas" falou o Funfun dunha profesora mexicana que se retira...con 102 anos !. Isto pode ser un exemplo de saude. En canto a nosa saude dicir que vai ben, o malo e o Colin que ten problemas coa pel e arrasta o cu por toda a casa. Manha levamolo ao veterinario e a ver que di.

En canto aos cartos de momento non son problema. Temos para nos e se queremos podemos mercar loteria de Nadal. O que si fixemos foi entrar na loteria das cartas verdes para poder vivir e traballar nos EEUU. Non hai muitas posibilidades (calculo un 0.5%) pero na loteria non sei se habera mais. Deixo a ligazon por se queres probar sorte que non creo que me reste posibilidades e asi e como regalar participacions que e o mais bonito da loteria de Nadal. Iso si, esta e a unica paxina gratuita e oficial do sorteo das "Green cards". Non caias en timos.

En canto a amor...que dicir ?. Muito se fala del e non hai consenso. Para min amor e a imaxe da foto: compartir unhas risas con Ana, unha rapaza marabillosa que non cambio por nada do mundo e que seguirei onde queira que vaia.

Nunha ocasion lin un azuleixo portugues que tinha escrito: "Que Deus te de o duplo do que desejas para os demais". Asi que che desexo saude, cartos e amor.

Ata manha.

Sunday, November 20, 2005

Target, Michael's e World Market



Onte sabado aparte de choiar e levar e traer a Cecelia Kearsey e de facer as fotos co xigante Paul, fomos de tendas e a cheirar aqui e acola. Primeiro fomos ao Target, un sitio un pouco mais caro que o Walmart pero muito mais limpo e de mais calidade. Logo fomos ao Michael's onde hai todo para facer manualidades e Ana mercou un xogo de "scrapbook" con album e trapalladinhas para facer boas paxinas tipo collage nos dias que neve e non tenha clase. Dali fomos ao World Market onde hai mobles, adornos e bebidas do mundo. Ali topei un albarinho chamado Nora das Neves pero mais caro que o da semana pasada e non o mercamos. Na zona de cervexas hai marcas curiosas como "Hatuey", adicada a un cacique cubano; "St. Pauli Girl" que ten chica na etiqueta e que cambia co ano e "Dead Guy Ale" da casa "Rogue" que ven a dicir "cervexa home morto" da casa Pillaban. Habia outras coma "Saranac" de sabores varios, "Pete's Wicked", "Gaelic Ale", "Groslch" e muitas mais.


Hoxe domingo durmin coma un senhor ata as nove e media e chimpei pola interrede adiante mentres Ana estreaba o seu album e adornaba a casa de Nadal. Nadamos un pouco e recollemonos na casa que xa non apetece estar fora.

E iso foi todo.


Ata manha.

Saturday, November 19, 2005

O lenhador xigante



Aqui estou eu cunha figura de Paul Bunyan. Este home ten unha lenda. Na orixe el era un lenhador canadiano que luitou contra os ingleses na guerra da independencia canadiana. Paul Bunyan formaba parte dun grupo de lenhadores e era un homon cunha forza enorme que podia con todo, erguia troncos de 250 quilos e carrexaba quilometros e quilometros unha carga de mais de cen quilos. Co tempo foi esaxerandose a sua fama gracias as reunions dos lenhadores da fin da xornada ao redor dunha fogueira onde se contaban lendas, contos e chismes. A lenda foi complicandose e engadironse mais anecdotas coma a do seu boi Babe, un boi azul polo frio de Minnesota e xigante coma o mesmo Paul e que un dia fuxiulle ao dono e en duas semanas creou os 10000 lagos de Minnesota coas suas tripadas xigantescas.

Espero que che gustase esta lenda dos tempos que non habia television nin Superman.

Friday, November 18, 2005

Todos valen

Revlon semella un formigueiro estas ultimas semanas. Hai que producir para as vendas do Nadal e contratan a muita xente. Parece que hai escaseza de traballadores disponhibles e vale calquera. Na zona onde estou hai dous empregados novos que os pobres non tenhen muitas luces. Un chamase Cristopher e ten vintesete anos. E alto e forte. Fala e ri so e non fai caso do que lle din. Sua muito e leva as gafas de seguridade mesmo no aparcamento e hai veces que leva os guantes postos tamen. O outro e Jimmy, un senhor dun cincuenta anos cun sorriso sempiterno que parece o Joker. Tampouco se enteira muito e cando vai ao banho e quere voltar a linha de traballo, perdese e da voltas buscando onde traballaba.
Tamen hai unha senhora negra que traballa noutra area e que entra nos banhos dos homes a coller auga no lavabo. Hoxe sentouse comigo fora mentres comia o meu emparedado de terneira con queixo Monterrey. Eu estaba coa mosca detras da ourella. Non falou e cando falou preguntoume se podia ela traer a comida do comedor para fora e dixenlle que si. Nese momento demostroume o pouco que razona. Cando rematei esperei que marchase para dentro ela primeiro non fora o conto de que entrase no banho dos homes cando estivera eu dentro.
En fin, o que vale, vale; e o que non, a Revlon.
E sen que venha a conto quero por unha ligazon a unha paxina dun movemento de protesta dos negros deste pais que ten uns debuxos mui bos. Descubrina buscando dados para o dia de accion de gracias. O malo e que todo esta en ingles.
Para debuxante galego temos a Xaquin Marin neste debuxo con referencia a febre aviar.
E isto e todo por hoxe. Manha madrugo mais que entro as seis no choio.

Thursday, November 17, 2005

Accion de gracias adiantada


Hoxe en Revlon todolos empregados fomos convidados a xantar o piru estufado de Accion de gracias. Os xefes puxeron un gorro de cocinheiro e servian a comida mentres nos pasabamos co prato. Para comer habia piru, porco doce, xudias, pure de patacas, "stuffing", boniatos, prebe de arandos, torta de pecanas e te doce con xeo. Eu comin piru e porco con xudias e pure de patacas. O "stuffing" repiteme. Consiste nunha mistura de pan relado con ovos, apio, pementa, mantequilla e xarxa e normalmente e o recheo do piru. Os boniatos son mui doces, o seu sabor faime lembrar a chirouvea, un nabo que se da por Acedre, en Lugo. O prebe de arandos non o vin a tempo pero a pinta non era boa, semellaba unha xelatina vermella.
A torta de noces pecanas comina pero era docisima coma xarope. Bebin o te que era a unica bebida que habia.
O dia de accion de gracias e para a semana que ven pero aqui tenhen un costume extranho de adiantar as celebracions e asi hoxe celebramos a cea de accion de gracias na hora do xantar. Tamen este sabado celebran o desfile de Nadal polas ruas de Raleigh. Eu non vou que traballo. A ver se van as rapazas e fan unha reportaxe.
E isto foi por hoxe. Manha pode ser que haxa algo.

Wednesday, November 16, 2005

Limpeza de estradas



Contanse muitas cousas malas deste pais pero tamen ten as suas cousas boas. Un exemplo e a limpeza das estradas. Non sei mui ben quen se encarga de facela. Nas estradas grandes hai veces que vexo pelotons de limpadores e maquinaria segando os arcens das estradas. Outras veces vexo brigadas de presos limpando. Xa podes imaxinar a tipica escea de muitas peliculas: o policia co rifle, coa sua cara de can e o tipico sombreiro e os presos limpando con desgana...pois a imaxe e asi calcadinha. Non fun capaz de tirar unha foto que non cadrou de levar a camara comigo. Cando tenha esa foto que me escapa prometo pola no blogue.

Logo hai estradas mais pequenas que tenhen carteis coma o da foto. Resulta que dividen a estrada en tramos e hai xente particular, empresas da zona ou colectivos relixiosos ou doutra indole que adoptan un tramo e adicanse a limpalo cada certo tempo.

Os resultados estan para ver: estrada limpa. A verdade e que a xente non bota muitas cousas dende os coches. Aqui as multas por botar lixo son elevadas e nunca sabes onde hai un coche policia de incognito. Aparte a xente esta concienciada de que botar restos de alimentos atrae aos animais que rondan pola estrada co perigo de accidente que supon. Os conductores prefiren deixar os restos dentro do coche co resultado de que alguns estan cheos de refugallos ata a antea. Xusto ao contrario do que pasa na terrinha onde botamos pola xanela o que faga falla (xa mirei botar cueiros suxos) e temos o noso coche por dentro limpo coma unha patena.

E mais nada por hoxe mentres chove e cain raios ao lonxe e boa falta fai a chuvia coa seca que hai no estado.

Ata manha.

Tuesday, November 15, 2005

Obesidade nos EEUU



Hoxe na radio dixeron que MacDonalds ia por a informacion nutricional nos envoltorios dos seus productos. Eles din que e por informar a clientela pero todo o mundo sabe que e para evitar denuncias de xente que engorda e ten enfermidades por comer estes productos.

Esta nova fixome pensar na gordura que padece a xente aqui en xeral. Pola rua, no choio e mesmo nos colexios vense verdadeiros mostros dignos dun circo. Hai xente delgada pero non en demasiada cantidade.

Eu penso que estan tan repoludos polos seus habitos alimenticios. Almorzan pouco ou nada e logo tenhen lareca toda a manha e gulipan calquera trapallada de "snack" que son verdadeiras bombas caloricas e que non sacian a fame. Por exemplo, unha simple galleta Oreo ten case tantas calorias como un iogur ou unha maza pequena e, claro, quen e capaz de comer unha galleta soa ?. Tragan varias e ala van 400 calorias para un corpo que segue esfameado. Logo chega o xantar, o "lunch", e mandanlle unha fritangada chea de maionesa ou ketchup ou mostaza e unha bandeixinha de patacas fritidas Deus sabe con que tipo de aceite. E baixan isto cos refrescos que canto mais zucre millor asi o carregan de xeo que sen el non hai quen trague semellante xaropada. Despois do traballo ou da escola chegan a casa e empezan co maraton televisivo e as idas e vindas a neveira. E asi ata a hora da cea que a fan grande ou chaman a unha pizzeria.

E non e so os alimentos os que engordan. A falla de exercicio ten unha responsabilidade enorme neste proceso de engorde. Aqui, estou falando dunha zona rural que nas cidades xa son mais espigados, levan o coche a todalas partes e tenhen todo pensado para esta comodidade. Na foto vese unha oficina bancaria por onde vai un co coche e xa o atenden na oficina esa sen sair do coche. Se ese carril esta ocupado, o seguinte cliente vai ao carril mais a dereita e fala co caixeiro a traves do tubo da imaxe que e por onde vai a libreta de contas e ven de volta cos cartos. E logo ainda queda o caixeiro automatico a altura do conductor. E toda esta montaxe e nunha vila que non chega aos mil habitantes e que non ten problemas de estacionamento. E non se che ocorra ir a pe porque directamente non te atenden.

E aparte destes bancos "drive-thru" estan os telefonos publicos nas gasolineiras a altura do automovilista para que non saia do coche e logo os diversos establecementos de comida rapida onde a xente pide na ventanilla a galloufada que lle apetece e van a un parque a engulila e fano sen sair do coche anque faga o dia mais bonito do mundo !. E o mesmo acontece con buzons de correos, buzons dos videoclubes e bibliotecas e papeleiras. Todo ao alcanzo da man dende o coche.

En resumo, aqui estan gordos polo muito que comen e o pouco que se moven.

Xa o dicia un conhecido meu. Queres adelgazar ?. Pois menos prato e mais zapato.

Sunday, November 13, 2005

Nunca mais



Hoxe cumprese o terceiro aniversario daquel dia triste cando o petroleiro Prestige rachou e empezou o seu verquido velenoso. Foi unha mala experiencia coa sua perda de riqueza animal e perda de empregos. Foi un desastre que espero non se repita polo ben de todos.

Aqui fixo bo dia e non fun traballar despois de vintesete dias seguidos traballando. Ana, Cris e mais eu fomos a "pulga" de Burlington, na saida 157 sur da 85. Ali demos unha volta por ese mercado con tanto ambiente mexicano e a sua variedade de productos. Habia dende roupa, ata fruita, pasando por musica, remedios contra a envexa, ordenadores, periquitos e "rims" de coches (as nosas llantas) e mil cousas mais. No mercado mercamos pulpo conxelado, unhas minibananas e probamos "nopal" que e un cacto que lembra no sabor a cogombro ou pepino.

Dali fomos a Durham, ao Whole Foods e xantamos ali. Cris comeu sushi, Ana patacas ao alioli e gorgonzola e eu un "wrap" de piru ou pavo. Mercamos castanhas, vinho Albarinho e pan. Nesa tenda habia unha variedade de productos inmensa e cara. Entre os productos que habia podo nomear: chocolate para recoller fondos para os conservacionistas, canastros africanos, vinho co meu apelido, imans de frases con mensaxe, proteccion para os beizos recomendadas polos socorristas e feitas en North Carolina e musica de muitas culturas dispares. Ou sexa, de todo un pouco.

E por fin fomos a casa, fixemos o pulpo que non foi dos millores que temos comido pero tampouco dos piores e chimpamos a botella de Albarinho mentres falamos de tipos de letra feita a man e mais cousas.

E asi hoxe foi un dia completo, un dia Comansi.

E manha toca a volta para o choio.

Saturday, November 12, 2005

Traballo, xantar mexicano e Triangle

Hoxe traballei de seis a doce. As companheiras puxeronse a cantar panxolinhas e eu dixenlles que non era tempo ainda pero elas seguian coas tonadas. Non queda nada ata que rematen as festas do Nadal !. E cando vai un ao Walmart e mira o cartelon cos dias que restan ata o Nadal, xe entra un estres histerico.
Despois fomos ao centro comercial do Triangle pero antes paramos a xantar nun restoran mexicano que estaba de caminho en Rolesville. O camareiro que nos atendeu chamabase Selestino (asi escrito ) e preguntounos de onde eramos. Logo preguntounos a cantas horas estaba o noso pais e dixemoslle doce horas en avion e el preguntounos se non habia outro medio de transporte ao que lle repostamos que habia barcos pero eran mais lentos, que habia que cruzar o mar todo. El respondeu “Orale” que e o xeito mexicano de expresar asombro e afirmacion. Quen sabe onde situara o noso pais.
No centro comercial demos unha volta e eu quedei nun butacon do Barnes&Noble a mirar libros de fotografia e as rapazas andaron por ali cheirando. Nun libro de fotografias de todo o mundo dende o aire habia unha do afundimento do Prestige pero coa data errada que punha 19 en vez do 13 de novembro. Tamen merqueille algo a Ana e ela a min.
Logo volvemos para a casa e aqui estou.
O mais seguro e que manha ponha algo e relacionado co Prestige.

Friday, November 11, 2005

Veterans Day VS San Martinho



Hoxe foi Veterans Day aqui. Este e un dia festivo extranho. Os funcionarios, bancos e correos non traballan pero o resto da xente traballa. Ou sexa, eu traballei e as rapazas non.

Neste dia fanse honras aos veterans das guerras que tivo os EEUU e na foto tirada o primeiro de outubro saen uns veterans da guerra do Vietnam en Raleigh. O que non sei e como os deixan circular co esa tanqueta por ai adiante pero, bueno, este pais eche asi.

Na terrinha hoxe e o San Martinho, patrono das matanzas, o vinho novo, as castanhas e os trompos, buxainas e pions. Da mata do porco hai unha paxina portuguesa exemplo marabilloso do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugues e atopada por Modesto onde explica ben o asunto da matanza. E dos trompos topei varias paxinas interesantes onde falan de xogos e tamen saen os nomes do trompo en diferentes idiomas do mundo tan afastados como poden estar o sueco ou o vietnamita. E que o trompo e internacional, cunha longa historia que se perde no pasado e que chega a estes tempos en pleno enfrontamento coas novas formas de vida.

Eu xoguei aos trompos nos meus tempos. Nunca tiven unha buxaina que eran caras e faciaas un carpinteiro vecinho. Eu o que si tinha eran os meus trompos mercados no quiosco que lles punha unha punta grande e unha tachola na piricota para que non o rachasen por ela e logo tinha as apouchas que eran os trompos vellos e nicados que apouchaban cada vez que o meu trompo non bailaba ou quedaba dentro do circulo despois de bailar. Lembro pasar unha punta da baraza polo buraco dunha moeda de 25 centimos de peseta. E xogabamos despois das clases ou no recreo. Bueno, son lembranzas de hai xa un tempo. De cando meus pais me daban unha moeda de 2,50 pesetas cada domingo.

E co isto despidome ata manha.

Thursday, November 10, 2005

Adeus Pitusa

Un dia destes morreu a Pitusa, a cadela dos avos de Ana. O ano pasado morrera o Farruco, o seu fillo. Eran bos cans, garimosos, fieis e cazaban coellos cando ia o avo Ricardo de caza. Non sei se eran de raza, raza pero semellabanme podengos galegos e polas caracteristicas ben podian selo.
Que no seu paraiso tenhan comida a fartar e un raio do sol onde deitarse a durmir a sesta. Dixen.

Wednesday, November 09, 2005

Cousos



Nesta zona onde vivimos hai espallados aqui e acola cousos que aqui chaman "ponds". Son estanques para regar as plantacions e tamen serven para beber os animais e banharse cando apreta a calor. Unha amiga preguntoume nunha ocasion se me podia banhar neles pero estan cheos de prantas e animais coma bechas e sapocunchos e da un pouco de canguelo meterse ai.

No ximnasio mirei un anuncio de kurdos agradecendo aos EEUU por liberalos de Sadam. Tenhen razon en agradecelo pero sooume un pouco empalagoso. Nesta paxina esta o video onde di "Thank you".

Tamen lin revistas e nunha sae a lista de nomes mais empregados entre os nados nos EEUU no ano 2004. Eu estou no posto 225, ganhame Tonho no posto 93 e Ana no 140 pero Cristina queda atras no posto 437. En que posto estas ti ?.

Ata manha.

Tuesday, November 08, 2005

"Malla-na-muller"

Non sei se comentei que no instituto e nos colexios en xeral hai normativas sobre vestimentas e duas cousas que non se permiten, entre outras, son as "wifebeater" e os "doo-rags".
Os "wifebeaters" son "mallanamuller", unhas camisetas sen manga como a que leva posta Robert De Niro na foto. O nome parece ser que ven das esceas en cine e television onde acostuman a sair varons co esa camiseta posta que baten na muller. Houbo protestas por porlle ese nome curioso a esa peza de roupa pero o idioma non entende diso e a palabra normalizouse no idioma e a case ninguen lle extranha. Na Wikipedia explican a verba esta.
Non sei, pero non deixa de ser un caso idiomatico curioso que non conhezo que tenha un parecido no galego ou no castelan. Do portugues non sei pero se sabes dalgun nome curioso de roupa podesmo comentar.

A outra prenda que non se permite nas aulas e o "doo-rag" que e coma un pano pirata que ten a sua arte para montalo e que os alumnos montan e desmontan segundo saen ou entran nas aulas. Estes "doo-rag" tenhen muito exito entre os negros e mesmo hai rapaces latinos que o levan. Nos brancos e anecdotico o seu uso.

Outro dia volverei co tema das normas de vestimenta que tenhen a sua gracia.
Ata manha.

Monday, November 07, 2005

Parecidos na fabrica

O Tonho esta ben pola terrinha. Apareceulle o arcon pero a figura do can que levaba estaba feita anacos. Quen sabe o que buscaria a policia na figura !. A maleta da roupa apareceu mais tarde pero enteira.
Onte domingo marchou Susan, a indonesia a buscar a nai enferma para levala a Singapur e non sabe cando vai voltar. O sabado pediume que rezase por ela e eu deille uns cartinhos que non aceptaba pero que aceptou a fin e lle fixo soltar unhas bagoas.
E falando de xente de Revlon vou falar de duas rapazas co voso permiso. Non tenho a calidade literaria do meu amigo Veloso coa sua galeria de personaxes de Silvaoscura pero eu tiro para diante.
Ao que ia, en Revlon traballa Cassie, unha chica branca, delgada que nos chamabamos a "Anorexica" pero que ela e asi. Lembrame a Candy, Candy un chisco. Ao primeiro eu pensaba que era unha tipica princesa das trailas como chamo eu as branquinhas que non se dignan nin dicir ola e que semella que andan nun mundo principesco e que logo resulta que viven en casas remolque. Vamos, que era unha especie de pija pero sen ter onde cair morta.
Esa era a idea que tinha eu e estaba errado, coma case sempre. Resulta que a tal rapaza tivo o seu terceiro fillo con vintetres anos que ten. Estivo casada cun americano en Arizona e agora esta casada cun indio da India. E ainda por riba pariulle a hamster e ten nove crias e anda ofrecendo as crias pero ninguen quere ter eses ratos na casa. Ou sexa que pasou de ser unha pija a unha muller forte e traballadora a pesares do seu aspecto feble cunha vida complexa con nenos, hamsters e un divorcio nas costas.

A outra que me semella a unha personaxe e Wanda, unha rapaza preta que ten un xeito de andar e uns acenos de pilla que me lembran a Pippi, en negro e sen pencas nin chichos, pero Pippi. Wanda vive co noivo e ten dous fillos, creo. Ela sempre me sauda cun "Que pasa ?" e traballa ben sen ter a forza para erguer cabalos no aire pero mui ben.
E estes foron os retratos de duas rapazas mais de Revlon.
Ata manha.

Sunday, November 06, 2005


Centro de Warrenton en outono Posted by Picasa

Gracias, amigos

Hoxe quedei contente. As fotos que puxen onte gustoulles a uns bos amigos. Muito se discute sobre o valor dos blogues, para que serven, se son literatura ou son desbarradas...que sei eu !.
Na minha opinion, os blogues son uns diarios con ligazons, un relatorio dunha vida co seu punto de vista tendo un pe no chan e a cachola no ceo virtual que asi fomos feitos. Eu empeceino para non esquecer esta epoca da minha vida que o tempo acabara rematando. Eu queria un sistema eficaz para dar a conhecer o meu paso por estas terras, un sistema rapido, limpo, eficaz, economico e creo que ameno. Topei de casualidade o blogomillo e pasei unha tempada cheirando aqui e ala ata que me animei a comenzar co este meu blog, unha pinga mais nesa masa licuosa virtual da interrede. Fun escribindo a medida que podia e engadindo amigos... eu que pensaba que so escribiria para a familia e conhecidos !. E aqui sigo, actualizando ata que poida e feliz de que haxa xente que perde o seu tempo coas minhas cousas. Asi que dou as gracias e de agasallo ponho unha foto do centro da vila de Warrenton feita hai unhas catro horas por min e sen truco.

Saturday, November 05, 2005

Postais de outono




Estes dias esta o outono en plenitude. Como non tenho palabras para expresar as cores, ai deixo as suas imaxes.
Gozaas.


Thursday, November 03, 2005

O Tonho chegou, as maletas non



O Tonho chegou a terrinha pero non chegaron as maletas. Sempre ten mala sorte co elas e esperamos que aparezan manha ou un dia destes.

Por aqui non hai muita novidade. Ana esta no instituto preparando as notas dos alumnos e eu fun con Cris e o Colin facer unhas fotos pola vecinhanza que estan as arbores de outono coas suas cores. E na foto sae o "dogwood", a arbore emblematica de Carolina do Norte que e un adorno perfecto todo o ano e case todolos xardins tenhen unha polo menos.

No caminho do choio puxeron na radio unha cancion: "Lo busque" de Ana Barbara e lembroume a Ella baila sola.

E iso e o que hai por hoxe. Ata manha.

Wednesday, November 02, 2005

Tonho vai nun avon non nun Toxo


A estas horas andan o Tonhito polos aires pasando o gran charco. El vai nun avion grande e non nun Toxo, unha avioneta feita na casa e descuberta para min por Colazo. Esperamos que a viaxe cos seus trasbordos remate ben.
Por aqui os que quedamos seguimos coa rotina. Bueno, hoxe chegoume o permiso de traballo ata fins de xunho que e cando nos remata a visa.
No choio todo ben. Muita xente nova eventual e a indonesia ten a nai enferma e o domingo vai ata ala para levar a nai a Singapur que hai millores medicos.
Na radio contaron chistes e saia a palabra "bragas" e un mexicano preguntou que era iso e a locutora dixo que era un "sosten". Dende logo hai que aprender muito deses falares sudamericanos que dan lugar a situacions simpaticas. Para quen tenha dubidas dicir que as bragas chamanas "calzones" en Mexico.
Outra cousa que dixeron foi que Luis Miguel (que cantou en Raleigh estes dias) tinha muita cacofonia que para quen o dixo significa cantar en voz alta e repitindo. En fin...
E non hai mais por hoxe. Ata manha.