Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: March 2006

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, March 31, 2006

Tudo bem



Tudo bem. No choio aparte de traballar aprendo palabras mexicanas e espanglesas. Eu tapo os buracos das caixas con "bando" que non e outra cousa que a pronuncia en ingles da marca da masilla. Tamen usamos "tiner" que e o disolvente (ven de lacquer thiner). Unha palabra curiosa que aprendin e "diablo" que non e o demo que imaxinamos todos. O tal "diablo" e un carrinho de man para cargas. Busquei na interrede e topei o oficio de "diablero", aparte de outros curiosos como franelero, checador, bicitaxista, tamalera, bolero, cilindrero, etc. Xa sabes, se queres traballar en Mexico aqui estan estes oficios.

Polo resto ben. Hoxe foi dia de cobro; danme un cheque cada semana e pagan ben que sae contabilizado o tempo todinho segundo " se poncha" (fichar ou picar) e dez minutos que se chega antes cada dia e dez minutos que sae un mais tarde suman e logo son horas extras. E hoxe o xefe, Ted, ofreciame unha bici para ir ao traballo que me mira andando para casa. E non sei, quizais luns pidolle a tal bici.

Ana esta ben, un pouco triste por despedirse de roupa que lle vai quedando xusta, pero ben.

O Tonho estivo hoxe no zoo co futuro candidato dos republicanos para presidente dos EEUU que houbo unha operacion dun gorila.

Cris como sempre e o Colin outro que tal baila: so pensa en comer e logo xogar.

E iso e todo. Ata manha.

Thursday, March 30, 2006

Loteria



Hoxe foi o gran dia. Este estado deixou de estar aillado. Os estados que o rodean xa tenhen todos loteria: ese xogo do demo que desfai familias e fai que a xente gaste os cartos da comida no vicio, etc, etc.

Aqui non hai muitas novas falando de Espanha e unha que mirei hai tempo falaba do Gordo de Nadal e na television punhan a nova coma se fose un costume barbaro ou extranho e rian cando miraban a xente descorchando champan na rua.

Bueno, agora tocalles a eles que xa tenhen loteria. E como son asi xa hai camisetas e gorras apoiando a loteria.

Ata manha.

Wednesday, March 29, 2006

Carpinteiros de Warrenton



Na foto estan Lorenzo e Andy vestidos de paisano. Non me custa nada imaxinalos vestidos de indio e vaqueiro pero Andy seria un vaqueiro bo. Seino.

E na foto de abaixo esta Francisco Javier (o que me lembra a un dos de Camela) e Lorenzo outra volta.

E co esta xente e outros mais paso a xornada de traballo que agora e mais longa porque hai mais horas de sol.

Tuesday, March 28, 2006



Estes mexicanos son do que non hai; Bush quere dar mais canha aos inmigrantes e eles adicanse a ir a "antros". Na foto esta o programa da festa que perdin o sabado. Falta na foto a cabeza de Priscila y sus balas de plata que un fan dela da fabrica non puido evitar gardar un souvenir dela.

Manha sera outro dia e porei algunha foto dalguns companheiros.

Monday, March 27, 2006

Gustariame ser famoso




Gustariame presentarme para sheriff como propon ghanito, ser o candidato mais fino como di kiko, ganhar a estrela dourada desenhada por nemeth, por orde no condado de Warren e poder ir a Canada a evitar a matanza de 300.000 focas e ser famoso por iso.

Aqui falase da matanza de focas e outras animaladas (ou persoadas?) que se fan polo mundo adiante. Os videos e as fotos feren a sensibilidade de xente sensible e revolve o estomago e a mente. Estas avisado.

Sunday, March 26, 2006

Millas e millas


Si que fixemos millas estes dous dias. Onte sabado fomos a Rocky Mount a mercar roupa nova para Ana e logo voltamos a Warrenton. Dali fomos a Rolesville xa con Cris e Tonho que viu de Washington a cear a casa dos arxentinos que nos deron cousinhas para o bebe e dali volvemos a casa. E hoxe domingo fomos Ana mais eu ao aeroporto de Raleigh a cambiar o billete de volta a Madrid e tivemos que cambiar de companhia que agora a US Airways non permite cans nos seus vos. Con tal motivo non nos cobraron polo cambio de data.
Antes de ir ao aeroporto paramos a xantar no restaurante mexicano El Azteca (na foto sae o dono retratado). O dono e o tipico mexicano con exito que leva sombreiro de cowboy, cinto con fibela ben grande e botas campeiras. Eu xantei pulpo que estaba ben picante e branducho e de sobremesa sopapilla que non e outra cousa ca unha orella das nosas. As camareiras eran unhas pesadas preguntando se estabamos ben cada dous minutos.
Despois de irmos ao aeroporto fomos ao Whole Foods a mercar delicias como pan e falafel.
E asi foron estes dous dias. Manha toca volver a rotina.

Friday, March 24, 2006

Tempos novos, tempos vellos




Esta e unha parte do centro de Warrenton na actualidade. Aqui esta a pizzeria Milano's onde mercamos pizza os venres para cear. Bueno, agora Ana non atura o cheiro da pizza, xa sabes, cousas dos antollos. Agora hai dias que lle apetecen donuts e antes non os podia ver diante e tamen hai dias que prefire ovos.

Despois da pizzeria ven unha floristeria, unha xestoria, o local do periodico The Warren Record, unha tenda de antiguidades e a gasolineira.

Na postal antiga (agasallo de Nemeth) vese mais vida e na acera da esquerda habia un restaurante e todo onde hoxe hai unha casa de prestamos que ten un cartel na porta proibindo mendigar.

E agora que van elixir novo sheriff, Ghanito ten claro por que candidato votar. Gracinhas pola confianza depositada.

Thursday, March 23, 2006

Eleccion de sheriff



O outro dia lin unha nova desta zona que dicia que hai un incremento dos roubos nos coches e que aconsellaban aos propietarios pechalos con chave.

Esta nova da unha idea do nivel de delincuencia neste condado que xa me gustaria a min poder deixar o coche aberto na terrinha.

Para luitar contra esa delincuencia estan os policias e os sheriff e ainda non sei cal sera a diferencia. O que si sei e que vai haber eleccion de novo sheriff e hai carteis por todolos sitios. Aqui os carteis son destes de cravar no chan e non hai carteis de pegar nas paredes que me parece unha boa idea. E na luita polo posto de sheriff hai varios candidatos e o da foto e o que ten mais carteis. Logo hai outro candidato que ten paxina web e todo e ali explica o programa de actuacion. O mais bonito de ver e a sua garavata.

E iso e todo por hoxe, dia tranquilo e sen novidades e con Ana que o leva ben.

Manha vai ser outro dia, non ?.

Wednesday, March 22, 2006

Xente pouco discreta



















Hai xente que ten cara para todo. Na foto mirase unha voda dunha parella de norteamericanos que casaron o dia dos enamorados nunha pista de xeo tinxida de rosa a posta para a ocasion. Aproveitaron o descanso dun partido e montaron o chiringuito e deron o si nunha cerimonia de quince minutos diante do cura, a mascota do equipo e uns mil espectadores. O acto non sei se sera mui romantico pero o que e e pouco discreto. Se eu lle digo a Ana para facer isto primeiro ponse colorada e logo comeme cru. Ana e sinxela e non lle gustan as estridencias nin ser estrela nun video nin cousa polo estilo asi que non vai haber video de agradecemento anque saibades que vos damos muitas gracias por ese apoio que nos mandades. De verdade que sodes especiais. E isto e o que hai por hoxe, aparte da boa nova do cesamento do fogo permanente por parte da ETA.
Manha habera o que haxa.

A foto e a informacion son propiedade do amigo Diego.

Tuesday, March 21, 2006

Video de consolacion para o PQV

Hoxe choveu e quedei a xantar no choio. Xantei con Jessica e tres mexicanos mais. Un preguntaballe a Jessica polo home e a filla e ela contou que vinhan dentro de dous dias, que tinhan que entrar de "mollados" por Arizona e que tardarian iso en cruzar o deserto ata Phoenix.
E ali empezaron a contar historias de "mollados", de "coyotes", da "migra" (a policia de inmigracion), dos prezos (entre 1800 e 2000 dolares cobran os "coyotes" por pasar unha persoa a fronteira) e demais desventuras que ten que pasar esta xentinha e muitos mais polo mundo adiante. Cando xa ia ser hora de volver a traballar apareceu Andy que se xuntou conosco e cun par de mexicanos mais que chegaron e un preguntoulle a Andy que faria el se entrase a migra pola fabrica e el dixo que escaparia polo monte con todos coma se fose un mais deles, que era mexicano un 90% e que non lle gustaria quedar so el traballando na fabrica. Ai fixonos rir a todos. Dende logo este Andy e simpatiquisimo e caime mui ben.
E falando de norteamericanos, aqui deixo un video onde sae un hobbie desta xentinha norteamericana que en muitos casos non deixan de ser uns rapaces mentalmente nun corpo adulto ( coma o tal Bush falando do terceiro aniversario da guerra de Iraq ).
Este video vai de premio de consolacion ao comite organizativo da PQV ( Plataforma Queremos Video ). Eu estou intentando convencer a Ana e incluso queria disfrazar a Cris de Ana para facer o video pero Ana resistese. A PQV tera que idear unha estratexia e insistir mais.

http://youtube.com/watch?v=oz0QQ8e2kR4

http://youtube.com/watch?v=oz0QQ8e2kR4

Monday, March 20, 2006

Gracinhas



"WE'S IN HEBEN", "estamos no paraiso"; como negrinhos nun campo de sandias, asi sentimonos Ana mais eu despois de recibir tantos parabens, felicitacions, noraboas e zorionak.

Hai pouco tempo mandastes enerxia positiva para que eu topase traballo e conseguistelo. Agora mandades mais enerxia positiva para Ana e mailo bebe e vai sair duro coma un ferrote. Seguro.

A vosa resposta foi espectacular e quedamos sorprendidos, sobre todo Ana. Dixenlle a Ana para gravar un minivideo de agadecemento estilo mensaxe nadaleira dos Borbons pero ela ten mais siso ca min e chamoume parvo. Non hai video e deixo esa foto de agradecemento. GRACINHAS.

Manha a ver se ponho algo.

Sunday, March 19, 2006

Feliz dia dos Pepes e Pepas e dos pais !


Parabens a todos neste dia. Ana mais eu felicitamos aos nosos pais respectivos e demoslles un sorpreson: Ana esta embarazada.

Friday, March 17, 2006

San Patricio e o dia da arbore




Hoxe e o dia de San Patricio, patron dos irlandeses. Neste pais hai muitos descendentes deles. A este pais chegou xente que emigrou fuxindo da fame que provocou unha peste nas patacas de Irlanda. Vinheron aqui e fixeron unha vida nova e trouxeron costumes e tradicions. Na foto sae un disfrazado de leprechaun.

E hoxe non e a unica cousa verde que se celebra porque tamen e o dia da arbore: ese ser mudo e xigante que nos da sombra, frutos e calor. Estes dias hai muitos incendios por Texas (wildfires=lumes salvaxes, palabra expresiva coma poucas) e arden arbores, cultivos e prados e tamen sofren muitos animais como os dez mil cabalos e vacas que morreron queimados; unhas cifras xigantescas dificiles de imaxinar.

Na outra foto estou eu cun carballo americano que non collia na foto. Gustanme as arbores e, de feito, un dos meus apelidos e un nome de arbore.

E isto e todo por hoxe. Ata manha.

Thursday, March 16, 2006

Opcions



Muitas veces paro a pensar no mundo no que estamos e se paga a pena seguir este ritmo tolo de materialismo e sen metas.

Seguro que xa o pensache algunha vez coma min iso de deixalo todo e vivir co fundamental e sen mais problemas.

A foto esta e dunha rapaza dunha comunidade paquistani das montanhas que acostuma ter paxarinhos como mascotas. Esta comunidade respecta toda a vida animal e, de feito, cando o fotografo ia facer a foto, a rapaza estaba rescatando avelainhas dun bulleiro ou pucharca. A paxina descubrina gracias a Nemeth e a ligazon e esta.

Hai veces que me gustaria ser asi. O pior seria dicir adeus ao xamon e ao pulpo.

Ata manha.

Wednesday, March 15, 2006

Lenda urbana



Muitas veces creo vivir nun escenario de pelicula. Xa hai meses topei uns zapatos pendurados dun cable de luz nun bairro de Warrenton. Agora xa hai outro par noutro bairro. Estes zapatos lenbranme a pelicula "Big Fish", unha pelicula que me gustou muito porque e un xeito de conto.

O costume de pendurar zapatos ten varias explicacions: dende que e unha marca dunha banda de delincuentes ata que e unha mostra de perda da virxinidade. Outra explicacion di que e o paso da infancia a madureza. Logo esta a teoria de que os zapatos son dun que vai casar e os amigos ispeno na despedida de solteiro e penduran os zapatos por non pasar unha proba. E tamen hai a teoria que di que e broma e que empezou un nun sitio e vai extendedose o costume polo pais adiante. Eu non sei quen ten razon. Suponho que todolos motivos poden servir. So espero que estes zapatos en Warrenton tenhan unha orixe distinta a teoria de bandas delincuentes.

Deica manha, se cadra claro.

Tuesday, March 14, 2006

Alguns compas


No choio vou progresando e aprendendo diferentes tarefas. O meu mestre particular e Carlos, un mexicano de perilla que non me lembra a ninguen especial. Gustalle o meu nome que o emprega sempre para falar comigo e explica as cousas tranquilamente. En definitiva, parece bo tipo e bo traballador que busca que quede todo perfecto. Logo esta a companheira Jessica, unha mexicana baixinha, baixinha e eu acabo con dor de costas traballando na mesa adaptada a altura deles. Logo esta Francisco Javier que parece un dos de Camela pero mais baixo e mais moreno. Sempre sorri ensinando os dentes de ouro. Tamen esta Andy, un "bolillo" como din os mexicanos para referirse a un norteamericano sen mala intencion. Esta un pouco tolo e chapurrea bastante do mexicano e canta coa radio tanto en ingles como en mexicano e bota os aturuxos mexicanos mui ben. Ten catro chichos pequechos no pelo e esta sempre fumando co cigarro de esguello que parece Popeye (aqui non sei se esta proibido ou non fumar no traballo). Ah, Popeye dise "popai" en ingles.
Logo hai mais companheiros traballando que ainda non conhezo e como ainda non tenho fotos dos companheiros ponho esta dun vendedor mexicano nunha "pulga" (spanglish para mercado de rastrillo, do ingles "flea market").
Ata manha, suponho.

Monday, March 13, 2006

Mascotas



Este pais ten fama polo trato cos animais. Aqui pode haber de todo: dende ecoloxistas e zoologos do millorinho do mundo ata xente que e mais besta ca os pobres dos animais e cazan osos con arcos ou ponhen comida de cibo para cazar cervos.

Da caza xa falarei outro dia que aqui esta mui metida nos costumes da xente e da para escribir muito.

Do que quero falar e dun "vecinho" en Norlina (perto do antro dos mexicanos) que ten un cartel que di "Non entrar. Manterse lonxe: lobo". Ao primeiro pensabamos que era un que tinha un can e queria meter medo aos posibles cacos da sua propiedade pero un dia miramos o becho e tivemos que tirarlle unha foto. A de arriba fixoa Tonho e a de abaixo fixena eu en distinto dia. O Tonho preguntou no zoo (onde saben mais que inseminar elefantas) e os veterinarios dixeron que e un lobo e quedaron alucinados de que alguen tenha un lobo atado estilo can. Pero xa sabemos que neste pais hai de todo.

Ai deixo as fotos do "Calcetins" de "Bailando con lobos" que debe de ser lobo porque non ladra pero debe de ser un lobo bo que e mui amigable.

Ata manha.

Sunday, March 12, 2006

Visita a Wake Forest



Hoxe tamen fixo calor e bichorno. Fomos cos arxentinos xantar no restaurante mexicano da semana pasada e logo paseamos polo centro de Wake Forest. Tivemos sorte de que estivese aberto o museu da antiga universidade e a guia, unha senhora mui amable, ensinounos o museu.

Na foto estamos na enfermeria da universidade.

A ver se posteo manha.

Saturday, March 11, 2006

San Patricio en Raleigh, NC



Xa sabes como son neste pais que celebran as cousas cando cadra e hoxe celebraron o dia de San Patricio no centro de Raleigh.

Facia calor e un bo dia e o desfile empezou as doce do mediodia. Aqui nos desfiles participan colectivos mui diversos que non tenhen que ver coa celebracion pero eles van igual.

No desfile habia gaiteiros de orixe irlandesa e escocesa pero tamen habia unha asociacion de orixe alema e outra de orixe escandinava cun barquinho viquingo e todo. Logo habia motarras en Harley davidson, unha escola de animadoras, unha escola de danzarins irlandeses, un clube de luita medieval, un ximnasio de artes marciais, unha escola de xente con minusvalias, asociacions de defensa de animais, un clube de cans huskies (aparte dos galgos irlandeses da foto que son dos cans mais grandes do mundo), bombeiros, uns tolos que en vez de cars tinhan como camions en miniatura e ali andaban a toda velocidade. Desfilaban tamen vendedores de concesionarios de coches, perconal de emisoras de radio, unha escola de patinadores e unha restra de diferentes igrexas regalando estampas de santos, aparte de caramelos e colares tipo Mardi Gras de diversas cores brillantes anque o verde era o que predominaba asi como no atuendo do publico.

Logo fomos xantar ali ao lado do parque onde actuaban os gaiteiros e as danzarinas e disfrutamos do ambiente festeiro.

En definitiva, un dia de festa dos poucos que disfrutamos neste pais. E aqui abaixo queda un video dun baile irlandes do ano pasado que a camara non me deixou baixar mais que quince fotos de hoxe.

http://youtube.com/watch?v=SLn7cuLkhJU

Friday, March 10, 2006

Xa traballo

Si. Todo foi gracias a uns blogueiros que querian que topara eu choio e xuntaron enerxias e telepatias e moveron fios aqui e ala e deixaron os porcos coxos e asi me conseguiron traballo.
Hoxe non eran as oito da manha e chamaronme para ir a Cast Stone Systems, inc. Esta empresa foi a que visitei o outro dia. Empezou mal porque o encargado chamoume e deume un cuarto de hora para ir ao choio. Eu dixenlle que tinha que almorzar e logo ia para ali. Por suposto que almorcei. Non me gusta traballar con fame. Na mili un dia un cabo chusqueiro ergueunos da cama e mandounos apanhar follas que habia ciscadas na estrada que ese dia habia visita e fomos sen almorzar e estivemos ata a hora de xantar cunha mala uva... Bueno, ao que ia, eu almorcei e paseei o can e logo fun andando que son uns dez minutos. Non me dixo nada o encargado, faltaria mais, e logo xa me presentou a quen me vai ensinar e xa traballei hoxe. O choio parece bo, como de manualidades porque estou tapando fallos nos moldes para facer pezas para edificios. Xa explicarei mais no futuro sobre o choio e os companheiros.
Asi que xa sabes; se queres saber por Acedre pregunta aqui de oito a cinco da tarde. Pregunta polo novato.

Thursday, March 09, 2006

Piscineiros

No anterior posteo falaba de que nos iamos caminho do ximnasio cando tirei a foto (un pouco triste pero bonita). Hai tempo que non o menciono pero si que imos Ana mais eu ao ximnasio. E unha das poucas diversions que hai por aqui. Mais que nada imos a piscina e outros dias imos a sala das maquinas a andar en bici ou na maquina de 'step' (non sei como sera en galego. E esa maquina que fas que sobes unha escaleira.). Hoxe, por exemplo, eu fun a sala de maquinas e fixen bicicleta e 'step' mentres lia "To kill a mockingbird" ("Matar un reisenhor"). Ana foi a piscina e, de mostra, aqui deixovos un video do ano pasado onde estamos nadando e que conste que xa milloramos o estilo.
Ata manha.

http://www.youtube.com/watch?v=iEWqesLb8bM

Wednesday, March 08, 2006

Case, case


Hoxe case consigo traballo. Fun a unha empresa que esta a dez minutos da casa andando e dixome o encargado que estes dias puidera ser que houbese 'chanse' (oportunidade). A empresa e de molduras prefabricadas e son todos mexicanos menos un negro carretilleiro e unha senhora branca oficinista. A ver se hai sorte e traballo ai que queda ao ladinho da casa e aforro en gasolina e asi voume acostumando a silicose do Porrinho e Ponteareas para cando volva, ha, ha. Millor rir que chorar, non ?.

E como non vou falar de asuntos laborais ponho unha foto dun solpor nunha granxa de aqui agora que os dias son mais longos e xa e imposible facer esa foto indo ao ximnasio. Espero que vos guste a todos os que me ledes e comentades que sodes do millorinho da rede adiante.

Ata manha.

Tuesday, March 07, 2006

Prezos de casas



Despois do posteo do outro dia coa casa de conto de Wake Forest entroume a curiosidade polos prezos de casas. Non por mercar, por suposto; so por curiosidade. O domingo demos un paseo pola vilinha onde vivimos, Warrenton, e apareceu un cartel cun enderezo web e consultei prezos. Estaba a casa Dun Mor cun prezo un pouco inasequible: mais dun millon de dolares. A casa e esta da esquerda. Logo habia outra casa mais barata por menos de 160.000 dolares. A casa esta aqui a dereita. Pero tamen esta queda fora das nosas posibilidades asi que busquei e busquei e topei a fin a casa dos nosos sonhos: unha casa que custa menos que botarlle aire a roda do coche que aqui custa 50 centavos o raio da maquina do aire. Si. Topei unha casa GRATIS, de balde, polo papo, free, 0 pesetas, rien de rien, niente. Uau, unha casa gratis e non hai truco. E, efectivamente, a casa e gratis pero, sempre hai un pero, non venden o terreo asi que tes que desmontala e levala a outro lugar.

Ese era o truco da casa gratuita que sae nesta foto de embaixo.

Monday, March 06, 2006

"Antros"


Antros e o nome que usan os mexicanos para denominar o que serian os nosos pubs ou discotecas. Os antros para nos tenhen mala sona pero para eles e un lugar de diversion. En Norlina (a sete quilometros) hai un antro deses que mais ben semella un antro dos nosos. Eu nunca entrei, tamen hai que dicilo; pero as mozas tampouco queren entrar. Os carteis da entrada dan un pouco de medo, a verdade. E para que me creas deixo duas fotos feitas onte domingo. Unha e da entrada proibindo armas, drogas e solisitasion que e o espanglis de pedir cartos. E a outra foto indica quen pode "tomar" e quen non e os requisitos que se piden. Bueno, deixo as duas fotos que son tamen un bonito exemplo de espanglis. E pensar que hai alguen que quere escribir o Quixote en espanglis e di que o galego e un invento dos politicos. Non sei se rir ou chorar.

Sunday, March 05, 2006

Amor animal



O Tonho esta aprendendo muitas cousas nos zoos onde esta e nos centros de animais. Esta semana estivo mui emocionado coa inseminacion dunha elefanta. Na foto esta un veterinario inseminando a elefanta como ben supos. Que un home disfrazado de mago che insemine o producto non ten parecido a un bo revolcon. E agora a elefantaa tera que esperar uns vintedous meses, case dous anos, para ter a cria. Dende logo isto non e o millor exemplo de amor animal pero e o que hai.

Manha hai mais.

Saturday, March 04, 2006

Wake Forest


Hoxe facia sol pero corria un aire bastante frio. Fomos Cris, Ana, o Colin e mais eu a Wake Forest, unha vilinha que vai rematar sendo absorbida por Raleigh, a capital de Carolina.
Xantamos nun restaurante mexicano e logo fomos pasear pola zona das casas ricas e, de exemplo, esta a foto cunha casa que semella saida dun conto. Logo do paseo tomamos un cafe nun sitio tranquilo que ten pegada unha tenda de moedas antigas que ten unha paxina web e descubrin que tamen tenhen a vender chapas de identificacion de esclavos negros que as levaban colgadas no pescozo coma se fosen cans. Esas chapas eran para esclavos que alugaba o dono a outro senhor. Agora esas chapinhas poden chegar a custar 6000 $. Magoa de non topar eu unha tirada mentes paseo ao Colin.
E asi foi este dia. Ata manha.

Friday, March 03, 2006

Diferentes intereses, diferentes calendarios



Hai tempo descubrin unha paxina de indios no que cada dia relatan un acontecemento da sua historia nesa data. Por exemplo, un tres de marzo saiu Ponce de Leon de Porto Rico na busca da fonte da xuventude topada na illa Bimini (que non era illa senon a peninsula de Florida). E a historia segue. A ligazon deixoa aqui pero esta en ingles.

E hoxe tamen descubrin unha paxina na que ponhen unha foto diaria relacionada con obxectos astronomicos (non confundas con salarios de diversos fufbolistas ou politicos). A foto de hoxe e de Turquia e sae Venus e o cometa Pojmanski (non me preguntes sobre el que e a primeira vez que sei algo del). Deixo aqui a ligazon a esta paxina en ingles con esas boas fotos diarias de obxectos astrais.

E iso e todo. A ver que ponho manha.

Thursday, March 02, 2006

Ventase a primavera



Hoxe fixo bastante calor e cando paseaba ao Colin pola manha habia unha parella de rolas facendo o seu ninho. Aqui e acola empezan a abrochar as flores das arbores e fan unha imaxe bonita.

Aqui non hai amendoeiras como a da foto copiada de www.itineranceplus.com, pero non puiden evitar por esta foto e contar unha lenda do sur de Portugal que me semellou bonita para este tempo.

Hai muitisimos anos habia un rei mouro no Algarve que se enamorou dunha princesa do norte europeo. Pasou o tempo e a princesa estaba triste no palacio. Asomabase a fiestra e estaba triste mirando os campos. O rei mouro preguntoulle a un paisano dela se sabia o que lle pasaba e este dixolle que a princesa botaba en falta a neve. O rei mouro queria compracer a sua enamorada pero no Algarve non nevaba e non sabia que facer. Ata que un dia tivo unha idea e prantou milleiros de amendoeiras rodeando o castelo. Cando chegou a primavera, a princesa do norte asomouse e mirou a paisaxe cuberta de amendoeiras en flor e recuperou a ledicia: parecian arbores nevadas. E asi pasaron muitos anos felices esperando a primavera e as suas flores.

E isto e todo por hoxe. Aqui deixo a ligazon a esa lenda que me gustou. Ata manha.

Wednesday, March 01, 2006

Rico, rico



Estes dias tanto falades de filloas que acabo agoandoas. Gustariame comer filloas pero dandolle o toque norteamericano cun chisco de xarope de arce como o que leva o carro do debuxo. Un debuxo mui bo por certo. Saqueino dunhas infusions que mercamos da marca "Celestial Seasonings" que tenhen debuxos mui bos nos envases e so co iso da ganhas de mercalos. Busquei na interrede e tenhen unha presada de artistas que podedes consultar nesta ligazon.

Neste pais hai envasado de case todo e nos estantes dos supermercados hai unha explosion de cores e formas que queren vender polo ollo. Xa sabes que aqui venden de todo ou polos menos intentano.Esta arte de vender poderiamola aprender nos para darlle saida ao queixo en lata que seica e un invento galego segundo di Colineta. Dende logo se o envase ten un debuxo asi de bonito seguro que o merco.

E de despedida deixo outro debuxo. Ata manha.