Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: January 2006

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, January 31, 2006

Estado da Union

Hoxe seguin de Rodriguez sen muita novidade. Fun ao choio e logo ao ximnasio. Na tele estaba o programa de Oprah e saia un medico sen fronteiras que estivo en Nixer, o pais mais pobre do mundo, e onde nos anos bos morre un neno de cada catro. O malo e que non houbo colleita este outono pola seca e hai muita fame. E como a tele estaba tan deprimente eu mergulleime no libro "La sombra del viento". E doado mergullarse neste libro. Levo unhas setenta paxinas e esta mui ben na intriga.
Vin para casa e agora ponhen na tele o debate do estado da Union onde sae o presidente Bush facendo propaganda. Foi recibido con aplausos, lembrou a viuva de M.L.King que morreu onte e o camara estivo buscando negros entre os congresistas e volveuse parvo para topar tres ou catro. Logo Bush empezou coa leria de sempre de que en Irak son terroristas, que somos a policia do mundo, armas de destruccion masiva, etc, etc e agora segue falando e prometendo e os congresistas aplaudindo.
En vista do que hai, ponhome a dar a tecla e a cheirar novos blogos como o dunha cadela Husky galega que ten cousas curiosas e divertidas para ler.
Ata manha.

Monday, January 30, 2006

Monstros marinhos



Hoxe na radio falaron dun submarino canadiano que foi atacado por un pulpo que tinha uns brazos de catro metros de longo polo menos. Aqui esta o video do ataque que evitaron revolvendo o fondo marinho cos motores do submarino. Ese pulpo xigante non e o unico monstro marinho que tamen hai luras xigantes que pelexan contra cachalotes. Nesta paxina falase muito desas criaturas misteriosas e case irreais. Para mais mitoloxia marinha galega podes consultar o blogo do percebeiro de Corme que sabe mais dun chisco da materia.

Nada, que non hai nada coma un pulpo normalinho de tamanho e posto a ferver como fai Ana nunha foto do mes pasado que por certo o pulpo dalles noxo aos americanos. Pobrinhos que non saben o que perden. E agora non sei que boto mais de menos: se a Ana ou ao pulpo.

Manha habera mais.

Sunday, January 29, 2006

Ano novo chines

Hoxe empeza o ano chines do can e o Tonho marchou para Washington a facer practicas no zoo. Vai botar uns dous meses no zoo de Washington.
Nos fomos ao ximnasio e a casa dos arxentinos que nos deron tarta de Santiago que estaba ben boa.
E manha marchan as rapazas a un curso na universidade de North Carolina nas montanhas e van estar cinco dias ala. Ou sexa, quedo de Rodriguez co Colin.
Ata manha.

Saturday, January 28, 2006

Sabado soleado



Hoxe fixo un dia primaveral. Pola manha Ana foi a un curso onde falaban de pobreza. O bo do curso e que pagan e non pouco. Eu andei pola interrede e fun a biblioteca que Ana queria un libro para ler esta semana. En Warrenton non habia grande novidade. Habia unha reunion da chobenalla ou xuventude do trebo dos 4 H. Tamen habia xente nas perruquerias: os brancos nas dos brancos e os negros nas dos negros coma sempre. Tamen habia un enterro na funeraria dos negros e estaban os vellinhos de todolos sabados vendendo productos Avon na rua.

Bueno, que lle collin o libro "The Icarus girl" de Helen Oyeyemi, unha rapaza nixeriana que vive en Londres. Xa contarei que tal esta.

Pola tarde fomos a Macon a unhas cinco millas de onde vivimos agora e que foi o primeiro sitio onde vivimos ao chegarmos aos EEUU. Demos unha volta polas casas abandonadas (a foto e dunha delas) e a escola abandonada e co tellado estrado da cachicha dos avutres. Logo fomos ata o lago Gaston e estabamos facendo fotos cando se acercou un home que se ofrecia a facernos unha foto de grupo. O home preguntounos de onde somos e el comentou que esta casado cunha das illas Azores, da Terceira en concreto. Despois vinhemos para casa e aqui andamos.

Eu fixen un paseo virtual por Monteferro gracias a Apunta que vou engadir a minha xa longa lista de ligazons. Parece ser que os avutres inmobiliarios van escarallar a costa galega. Outra vaca mais no millo.

E mais nada. Ata manha.

Friday, January 27, 2006

Prezos varios

O prezo dunha cama nova (vai a terceira en dous anos) e o prezo do meu blogo.
Hoxe e tarde e deixo para manha o que tinha que facer hoxe.

Wednesday, January 25, 2006

Misturas de animais e misturas de razas humanas



E sigo falando de animais. Os Aduaneiros tenhen unha foto no concurso que lle despertou a curiosidade ao amigo Colazo. Este amigo pregunta se se poden mesturar as mulas cos burros. Eu busquei e busquei e topei hibrido de cebra e burro ou tamen o caso de cruces de leons con tigres.

No caso dos humanos tamen hai misturas e o idioma espanhol de America houbo que criar palabras novas para expresar esa variedade de razas e colores.

E chegados a este pais dos EEUU aqui resumen toda esa riqueza lexica baixo unha soa e triste palabra con mala fama: LATINO ou HISPANO.

E o que hai.

Tuesday, January 24, 2006

De frigocanceiras e tratos aos animais



Cada un ten unha idea preconcebida dunha persoa, dun pais, dunha cultura, etc, etc. E a minha idea dos EEUU era que aqui trataban millor aos animais do que os tratan na terrinha e levei unha decepcion coa minha presuposicion. Eu sabia que os cans non os ian atar con chourizas e que non ian vivir en casas ultimo modelo con calefaccion e todas esas comodidades que de cando en vez sae nos noticieiros. Non son tan boafe. Pero o que fotografiei o domingo ben merece estar no concurso dos Aduaneiros. Na foto vese un can encadeado a sua "casa" que non e outra que unha neveira coa porta aberta. Menos mal que non esta funcionando a frigocanceira esa.

E falando de relacions animal-home neste pais tenhen fama os rodeos e sobre todo os dos touros. Os montadores son xente ben tola. O home monta no becho, abrenlle o cancelo e ala ten que aguantar enriba do touro oito segundos para poder puntuar. Ten que agarrarse ao animal cunha man soa e a outra non pode tocar o corpo do touro. Premendo en "Continue" nesta paxina podes ver tres minivideos onde se ve esta luita entre home e touro que e perigosa para o home. Este deporte non ten arte ningunha pero non deixa de ser espectaculo e polo menos o touro sae enteiro que e o mais importante.

E manha pode ser que haxa mais.

Monday, January 23, 2006

Vezos, manias

...habitos, costumes, teimudeces, barrenes, terqueos, cabezonadas...En fin, cousas que fai un que non son mui normais.

A minha amiga Muralla embarcoume nisto e non me vou encomodar por tal cousa.
As normas do xogo son: No meu blogo escribo cinco manias, vezos, habitos ou o que sexa que tenho e que son raros. Feito isto, nomeo cinco persoas e ligo os seus blogos. A estas persoas pasolles a bola suponhendo que me lean isto.

Agharraivos que empezo. Aclarar que os meus habitos raros que non foi mui doado topalos porque para min todo o que fago e normal. Suponho que se tivese mais tempo toparia mais.

Dito isto, ai os van:

1- Madrugar de mais. A min gustame chegar con tempo e facer as minhas cousas con calma. Asi que me ergo as cinco da manha para entrar no choio as sete e vivo a media hora de Revlon. Esta mania e rara de mais, non ?.

2-Hipnotizarme con matriculas de coches. E unha mania que tenho pero que vai a menos, por sorte. Se estou nunha terraza busco as matriculas dos coches que pasan e memorizoas. Fagoo inconscientemente e chega a ser mui agotador asi que me ponho de costas a estrada. Houbo un tempo que eu conhecia as matriculas da maioria dos meus vecinhos e amigos.

3-Usar cuberteria canto mais pesada millor (xusto ao rives de meu pai). Se me dan a escoller collo os garfos e as culleres mais grandes anque sexa para un iogur ou uns pinchinhos.

4-Buscar pelos, lixos e demais obxetos extranhos na comida e na bebida. Iso, en vez de disfrutar da comida o primeiro que fago e explorar na busca deses elementos. Iso si, non son escrupuloso e aparto a "descuberta" e sigo papeando como nada.

5-Mania de consultar palabras que non conhezo ou temas que desconhezo. Cando oio ou leo algo que non sei procuro informarme en enciclopedias ou internet ou preguntando que para iso non tenho vergonza ningunha. Non paro ata que me documentei. Esta mania e boa para a aprendizaxe pero chega un momento que e excesiva.

E agora pasolles a bola a:

Pepe

Falabarato

Laurindinha

Nemeth

Veloso

............................espero me perdoen e sigan o xogo......................

Sunday, January 22, 2006

Fin de semana tranquila


Si. A fin de semana foi tranquilo e sen grandes novidades.

Onte sabado aparte de fozar polo mundo artificial este da aranheira fomos a Rocky Mount a ver prezos de camaras que Cris e Tonho andan detras dunha despois do desastre da outra que se esmendrellou e a marca non llela repara nin lles da unha nova.
No seran perdemos a actuacion deste grupo de fe que sae retratado na foto e estivemos vendo unha peli en DVD que vai de xente solitaria que se xunta e non semella unha pelicula americana. De feito recibiu premios en Ourense e Donosti.

Hoxe domingo estivo o dia gris. A manha adiqueina a facer safari fotografico pola zona para dar de comer a este blogo tan agoento. Pola tarde fomos nadar e logo tiramos para casa que xa estaba a chover. E estivemos a mirar Spiderman 2. Como ves, non hai muito movemento por estes lares.

A ver manha.

Saturday, January 21, 2006

Fantasmas en Arbo

Muito do dia de hoxe andei fuchicando pola interrede adiante. Entre muitas cousas topei unha paxina onde sobes unha foto e buscanlle o parecido entre unha listaxe de famosos. Muitos dos resultados son ben patateiros e ata aparecen fantasmas. Nunha foto da nosa sobrinha Maria nos muinhos da Rocha en Arbo o programa ese descubriu que habia outra face na foto e non era outra que Yoko Ono. Incrible pero certo. Aqui podes comprobalo.

Friday, January 20, 2006

Organizacion

Os norteamericanos unha das cousas boas que tenhen e o relacionado coa prevencion. Por exemplo, no instituto de Ana fan simulacros en caso de tornado, tamen no caso de que haxa un incendio e ata hai simulacro para evitar estas matanzas que de cando en vez suceden de rapaces armados que se ponhen a disparar a companheiros e profesores. O bo destes simulacros e que soa a alarma no codigo correspondente e todo o mundo sabe que facer. Asi o dia que pase algo de verdade (ogalla que non se dea o caso) a xente toda sabe como actuar e farao con naturalidade e sen histerismos pensando que e outro simulacro mais.
Este tema veume a cachola pola catarreira que tenho que o mercores soou a alarma de incendios na piscina do YMCA e ala estivemos os catro nadadores fora da auga, mollados e a piques de sair para a rua. Foi unha alarma falsa e logo volveu soar e outra vez fora da auga e asi unha terceira vez mais. O caso e que con tanto baile papei muito frio e agora ando coas napias vermellas e inchadas.
E remato falando de instrucions curiosas en maquinas expendedoras de condons onde explican os pasos a seguir para conseguir os condons. O mais simpatico e que aclaran que hai que meter as moedas todas na mesma ranura. Por falta de explicacion que non sexa. Ai che queda a foto e despidome ata manha.

Thursday, January 19, 2006

Ata outra, morrinha


Hoxe xa estou millor. A vista do fundo da ria de Vigo dende o avion que foi o ultimo que mirei de Galicia xa non me da ataque de morrinha. Todo gracias aos vosos comentarios e o paso de tempo que todo cura. Hai dias que un esta apagado sen motivo aparente e iso foi o que me pasou o outro dia. E onte non tinha ideas para escribir asi que saltei o dia.

O luns pasado fomos ao cine por primeira vez neste pais. Cobraronnos menos (5.75 $) por irmos antes das seis e eramos seis persoas nun cine con capacidade para cento dez. A pelicula foi Casanova e estivo pasable. Lembroume a pelicula de Shakespeare enamorado pero sen tanta calidade.
Antes da pelicula puxeron o trailer dunha pelicula de cans de trineo que tiveron que abandonar na Antartida e pasaban calamidades mentes non os rescataba o chico da pelicula. A min estas cousas tocanme a fibra sentimental (por que negalo?) e cando xa me proian os ollos mirei de esguello a Ana que xa estaba cos ollos humidos. Nada, que somos uns sentimentais.

E para que miredes que xa recuperei de todo vouvos contar unha anecdota da mili referente ao idioma galego.
Estaba eu de paseo en Burgos cun companheiro corunhes e habia duas rapazas sentadas nun portal e unha preguntounos de onde eramos que elas xa sabian que non eramos de Burgos polo corte de pelo estilo militar. O meu companheiro, que estaba un pouco peneque, dixolle todo cheo: 'Cheirache a perrecha'. Eu quedei pampo mirando para el que se atrevera a dicir tal cousa e despois esperei a reaccion das rapazas que foi ben simpatica. Vai unha e dille a outra sen inmutarse: 'Uy, estos dos son vascos'.

Pois nada, ata manha e dicir que estamos todos ben e que non fai muito frio.

Tuesday, January 17, 2006

Morrinha

Non sei por que pero boto de menos a terrinha. Quedan menos de seis meses e hai por diante un futuro incerto. Unha igrexa deste pais tinha na sua porta este texto: O pasado e historia, o presente un miragre e o futuro un misterio. Creo que tenhen razon.

Como estou asi de choucho millor metablogueo e mandote rebotado a unha exposicion de fotos que me gustaria visitar, a un documento curioso e a Manuel Rivas cunha imaxe un chisco curiosa.

Seica manha e outro dia.

Monday, January 16, 2006

Dia de Martin Luther King



Hoxe e festivo aqui. Celebrase o nacemento de Martin Luther King, un sacerdote que luitou pola igualdade de dereitos dos pretos cos brancos. A Ana preguntanlle os alumnos se se celebra este dia na terrinha e cando di que non quedan abraiados e non imaxinan unha terra onde non haxa negros.

O caminho para a igualdade ainda non rematou pero xa esta enfiado e, aos poucos, conseguense avances impensados hai anos e xa hai unha muller negra presidenta en Africa, concretamente en Liberia, pais creado polos norteamericanos para instalar esclavos liberados.

Ogalla que se consiga a igualdade plena no mundo entre os seres humanos e o sonho que tinha Luther King sexa realidade.

Sunday, January 15, 2006

Fin de semana en Winston-Salem

O sabado saimos de manha cara Winston-Salem que esta a duas horas de Warrenton. Topamos a oficina de informacion e fomos visitar Old Salem pero facia muitiiiisimo frio. Corria unha xistra de mil pares e non se paraba co frio. Logo tamen quedamos sen pilas para a camara de fotos.Dali marchamos para o hotel onde deixamos as cousas e fomos visitar Bethabara. O frio puido conosco e marchamos a un centro comercial e dali para a habitacion.O domingo xa fixo millor tempo e volvemos a Bethabara para percorrelo de vagar e facer fotos xa con pilas. Bethabara era unha aldea duns relixiosos moravios de Alemanha e tinhan unha empalizada rodeando as casas. E un sitio bo para facer fotos e ver as cabanas antigas de troncos e barro. Como facia bo dia (relativo) tiramos para Pilot Mountain que e unha montanha que sobresae na paisaxe case cha desta zona. Pateamos bastante e o Colin acabou con malletas que agora baixa as escaleiras de lado. E caminho a Old Salem paramos nunhas 'pulgas" que son os mercados de segunda man onde podes atopar de todo entre chambonadas e cousas curiosas como por exemplo bicicletas-tandem (onde miraches ti unha a vender ?) ou un carro de bolas ou carrilana coa forma dun coche de carreiras antigo. Tamen un home regalaba cancinhos ben bonitos que non e todo vender neste pais.Dali fomos a Old Salem onde xantamos e tomamos biscoitos feitos na panaderia que leva funcionando mais de douscentos anos e que os fai ben saborosos. A panadeira atendia coa roupa de estilo antigo e facia as contas no ordenador. Vaia mistura !.
Despois iamos parar nunha casa que din que e a mais rara do mundo e non nos parecia asi que aforramos eses cartos. Logo paramos no Whole Foods de Durham e tiramos para casa.
E iso e todo. Deica manha.

Friday, January 13, 2006

Venres 13, que medo !



O dia de hoxe foi bastante normal. Nada de medos nin cousas raras desas. No choio pregunteille ao xefe para traballar por Revlon e o martes a ver que pasa. De todolos xeitos, xa me asegurou que traballaria ata xullo que e cando remata o meu visado.

Pola tarde Ana mais eu fomos ao YMCA e Cris e Tonho foron a Raleigh que tenhen problemas coa camara dixital que non lla dan amanhado e din que a garantia non a cubre e patatin e patatan. Ou sexa, un lio.

E manha Ana, o Colin e mais eu iremos a Winston-Salem que e unha cidade cun bairro antigo conservado onde vive e traballa xente real ao puro estilo do seculo XVIII.

E Cris e Tonho queren ir as montanhas.

Xa contarei como vai todo.

Thursday, January 12, 2006

Baixon de choio



Onte choveu a rabiar e hoxe fixo calor coma no veran.

No choio baixou bastante a cousa. Onte e hoxe mandaronnos a outras zonas de Revlon. Onte tocoume na linha de Almay con semente de moringa, a arbore milagrosa que non sei se sera verdade o que din dela (dubidoo). E hoxe tocoume nos tintes de pelo e pasaron miles e miles de loiras pola minha man. Despois apareceron os xefes e dixeron que alguns quedaban sen traballo ata o martes que ven (luns e o dia de Martin Luther King e non se traballa). Eu traballo manha.

E na foto saio eu no veran sufrindo un tratamento de beleza de Maria, a nosa sobrinha e a mais moreninha da foto e Iris, unha vecinha dela. Eu non estaba botando un peido senon que estaba aguantando os ataques delas que en vez de peites parecia que usaban martelos. A foto vai por Maria que estivo de cumpreanos onte.

E iso e todo por hoxe.

Tuesday, January 10, 2006

Futuro fantasma


Hoxe amenceu con neboa mesta e o caminho para o traballo semellaba fantasmal. Esparexidas aqui e ala hai granxas abandonadas que xorden da vexetacion espida polo inverno.
Non podo evitar pensar no futuro de muitas poboacions pequenas que van morrendo ou xa morreron hai un tempo atras.
No blogo de Nemeth fai a descuberta dunha paxina con vilas abandonadas nos EEUU da epoca mineira.

Por onde estamos nos a cousa non e tan esaxerada pero a xente emigra a Nova York, Philadelphia ou outras cidades. Cada vez menos xente adicase ao cultivo de algodon, tabaco, boniatos, soia ou a cria de vacas (a cria de pitos hai anos e anos que desapareceu) e as poucas fabricas que houbo na zona estan pechando unha a unha as suas portas.

Na terrinha tamen desaparecen aldeas e costumes como resalta Ian no seu blogo.

Suponho que sera lei de vida e estas aldeas serviran de base de muitas lendas e contos para as xeracions futuras.

E unha noticia na terrinha que non e triste nin e conto e esta dun lobo vivindo en pleno Monforte. Disfrutaa.

Monday, January 09, 2006

Lembras cando que dician:"xogas coma unha nena" para insultarte ?



Onte domingo estiven con internet a voltas (demasiadas) e aproveitei tamen o bo tempo para sair un momentinho e apanhar noces 'pecanas' aqui ao lado.

Cris e Tonho apareceron cedo e Tonho vinha cargado cos agasallos de Reis traidos dende a vella monarquia da outra beira do mar.

Logo Ana mais eu fomos nadar e fixeime na socorrista que levaba unha camiseta de futbol feminino cunha mensaxe en ingles que vinha a dicir o texto que ponho de titulo. Pensei un pouco e e verdade. Antes xogabas sen forza ou sen xeito e xa che dician os companheiros que eras unha nena. Suponho que algo cambiaria a cousa anque este tipo de ideas son dificiles de cambiar.
Aqui nos EEUU as mulleres non so son "cheerleaders" senon que xogan a muitas cousas e no futbol como entendemos na terrinha (o 'soccer" daqui) ten mais importancia a liga feminina que a masculina. E dende logo eu prefiro ver pernas femininas polo campo adiante que masculinas por mui depiladas e ben formadas que estean.
As mulleres xogan outros deportes iguais que os dos homes e unha excepcion e o 'softball' que e coma o beisbol pero que se diferencia na forma de lanzar a pelota.

E isto e o que conto hoxe que hai que madrugar e xa e tarde.

Saturday, January 07, 2006

Futbolins e Colineta



Hoxe fomos a unha tenda de deportes en Raleigh. Ali hai de todo: dende futbolins con luz e tres porteiros ata sudokus electronicos pasando por material de deportes tipicos e outros non tan conhecidos na terrinha coma o lacrosse, xogo dos indios americanos que agora ten exito entre brancos dos EEUU.

E seguindo co tema do futbolin, eu sabia que o inventor era galego e busquei pola interrede adiante. Na ilustracion sae o inventor do futbolin, un galego de Fisterra que tivo unha vida de pelicula e podes comprobar aqui. En canto a futbolins dicir que descubrin que os hai a tamanho natural e debe de ser unha risa xogar a iso. Tamen descubrin que se non tes rival para xogar ao futbolin hai un futbolin robotizado contra o que podes botar unhas partidas. Cousas veredes !.

Virando de rumbo. Hai outro galego que escribe un blogo sobre gastronomia premiado e que cumpre un ano hoxe. Queixase pola falla de comentarios aos seus escritos. Eu non sei porque sera iso pero e asi. Ai queda a ligazon para o seu blogo que podes visitar e onde fala de alimentos afrodisiacos, homes que non lles gusta a tortilla e trucos para dar sabor ao roscon de Reis por nomear so alguns dos seus ultimos posteos.

Pois nada, que che aproveite e a ver manha de que falo.

Friday, January 06, 2006

Reis e Befana



Hoxe e o dia de Reis e en Italia vai a Befana repartindo agasallos ou carbon segundo o rapaz foi bo ou malo. A Befana (deformacion da palabra Epifania) era unha vella que acomodou aos Reis Magos no caminho de Belen. Eles convidarona a acompanhalos pero ela dixo que tinha cousas que facer na casa e quedou. Mais tarde mudou de idea pero xa non topou aos Reis polo caminho e non deu chegado a agasallar ao neno Xesus. A partir daquela, ela percorre o mundo buscando ao neno Xesus e reparte xoguetes e lambonadas ou carbons a todolos nenos que atopa esperando dar dunha vez co neno Xesus. A Befana non e a unica que reparte regalos que aqui hai mais.

Por aqui todo ben. Ana explicoulles aos alumnos (aqui hai clase e o dia e laboral ) a historia dos Reis e mandoulles escribir unha carta pedindo cousas. A maioria pedia "ropa", "calzado", "mucho el dinero", "el carro", "la licencia", "joyas", "aprobados en espanhol", etc, etc.

Estivemos lendo as cartas mentres bebiamos champan californiano (xa beberemos do catalan na casinha) e picoteabamos no roscon de Reis mexicano e no turron de mousse de chocolate que chegou na maleta de Cris hoxe. A maleta apareceu hoxe despois de seis dias e faltan os chourizos requisados polo servizo de agricultura dos EEUU.

Neste momento Cris esta en Washington que foi buscar a Tonho que chegou hoxe.

E iso e todo. Que os Reis foran xenerosos convosco.

Thursday, January 05, 2006

Reis Magos

Hoxe e vispera de Reis e non se nota para nada neste pais, polo menos nesta zona. As casas xa quitaron as luces e adornos e quedan mui poucas co eles. Os mexicanos tenhen a celebracion dos Reis pero cando viven neste pais xa a perden bastante. Os da radio estan regalando roscas de Reis e eu merquei unha nunha panaderia mexicana de Henderson e non se pode comparar coas da terrinha pero fai a funcion. Nin polo prezo nin polo sabor.
En Nova York sei que fan a cabalgata de Reis organizada por hispanos da cidade. Contoume unha amiga que botou unha tempada nesa cidade. E falando de amigos, o amigo Pepe ten unha carta de Reis que vale a pena ler.
E asi pasou este dia sen muita novidade. Manha sera outro dia.

Wednesday, January 04, 2006

Tempo de lareiras

Hoxe esta o dia humido pero non mui frio. Por Warrenton flota un cheirinho a madeira ardendo nas chemineas e o dia esta triste e apagado.
O cheiro faime lembrar ao almorzo que fixemos nun Cracker Barrel no derradeiro dia do 2005. A madeira chisporretaba na lareira e o local agasallounos cun almanaque rustico con noticias curiosas, previsions de luas, ditos e prevision do tempo. Habia unha historia que non conhecia que e a referida a John Henry, un xiganton que morreu traballando nunha competicion contra unha maquina que ia roubarlle o seu posto de traballo. Esta historia adicolla aos mineiros mortos en West Virginia en particular e a todolos mortos no posto de traballo en xeral.
E como non quero rematar con historias tristes quero lembrarche que hoxe dia 4 e o aniversario do nacemento de Braille, o criador do sistema Braille para cegos. Topei a nova de casualidade nun blogo de nome lareira que parece estar ben.
Ata manha.

Tuesday, January 03, 2006

"Espeleando" espeleologos

Non quero dicir espeleologos senon mineiros. Traballan en situacions extremas e logo pasa o que pasa. Xa saberas a nova da mina en West Virginia con trece mineiros atrapados. Casos asi fanme lembrar a cancion de Victor Manuel "En la planta 14" que ainda hoxe arrepiame o brazo. A morte e mala pero no traballo semellame do piorinho.

E para que non te ponhas triste vou falar de "espelear" que e o espanglish para deletrear.
Nos EEUU unha das cousas que aprenden dende pequenos e a deletrear as palabras cunha velocidade asombrosa e a xente que o escuita pillao no momento.
Hai un concurso a nivel mundial organizado por periodicos no que concursan nenos menores de 16 anos e tenhen que deletrear (ou soletrear?) a palabra que lle di un home. O rapaz pode preguntar o significado, pedir contexto e orixe da palabra e ten que acertar o deletreo.
Estes dias empezan as eliminatorias e a final e en xunho.
Unha cousa curiosa mais que tenhen os norteamericanos.
Na foto hai concursantes do ano pasado co nome do periodico que os patrocinan e con momentos aburridos que fan bocexar.
Ata manha.

Monday, January 02, 2006

Fin de ano 2005 e inicio de 2006

O dia 31 fixemos a viaxe final dende Yemasee SC ata Warrenton. Chegamos, desembarcamos, fixemos coladas e fomos a casa dos arxentinos a pasar a Noitevella. Ceamos e tomamos uvas mentres baixaba a bola en Times Square en Nova York. Brindamos de pe nas cadeiras que din os arxentinos que da boa sorte e que se cumpre un desexo se o pides. Logo estivemos dandolle ao beo ata as tres e para cama que estabamos destruidos.

No 1 fomos para Warrenton e puxenme ao dia co blogo. Ana preparou as cousas de clase e chamou a familia de Cris para saber cando vinha no avion. Fun buscar a Cris ao aeroporto e chegamos a casa as once e fomos para cama (cadaquen para a sua, claro).

E hoxe dia 2 de xaneiro Ana traballa, Cris non (foi mercar roupa que non lle apareceu a maleta da viaxe) e eu tampouco traballo e aqui ando no ordenador pondome ao dia.

Un saudo aos que me seguen e xa podo dicir MANHA HABERA MAIS.

Sunday, January 01, 2006

30 decembro: Daytona Beach e Ponte Vedra



Daytona Beach e famosa polas carreiras de coches e asi ten unha praia onde poden circular coches (con permiso da marea) pero non cans que emporcan a area. Aqui, de feito, fixose na praia a primeira carreira de coches rexistrada na historia ala polo ano 1903 ... seica.
O hotel que collemos estaba na fronte do mar e con boas vistas como se ve na foto do mencer (aqui mence pola beira do mar). O defecto que tinha e que non se podia acceder ao noso balcon que estaba pechado por reformas...mecaghi...
Fomos co Colin a punta sur da illa onde habia un anaco de praia onde admitian cans e asi o pobre do animal puido probar auga de mar legalmente no estado de Florida.
Despois marchamos e paramos a xantar en San Agustin e dali fomos pola costa de Ponte Vedra. Esta zona non ten muito de especial. E a tipica zona de ricos coas casas enriba das dunas e campos de golf aqui e acola. O curioso e o nome e parece ser que ven da nosa Pontevedra anque quedou un pouco tolleito asi separado Ponte Vedra.
Despois tiramos millas e millas para parar a durmir en Yemasee, vila fantasma entre duas vias de tren escollida por estar a media distancia entre Daytona e Warrenton.

29 decembro: viaxe a Daytona Beach


Despois de almorzar no Manhattan Bagel pateamos a praia de Naples no sentido oposto ao outro dia e Ana comprobou que a auga estaba mais fria, turbia e revolta ca en Miami. Na praia habia un "beachcomber" ou bichicoma que e un home cun detector de metais peiteando a praia na busca de xoias perdidas .
Recollemos e tiramos para o norte. Xantamos en Punta Gorda (non fagas un chiste facil) "subs" que e como chaman aos bocatas nos EEUU pola forma de submarino que tenhen. Dali fomos polas vilinhas que hai na 17, zona de laranxeiras e casas pobres con tellados a medio reparar ou simplemente abandonadas. Esta zona e lugar de traballo de muitos mexicanos e habia aqui e acola tendas hispanas, servicios de taxis e anuncios en espanhol. Habia un que dicia: No sacuda a su bebe. Exemplo de maltrato no ambito familiar que esta bastante extendido en fogares hispanos.
A paisaxe estaba dominada por laranxeiras pequenas que apenas chegan aos dous metros e zona de pasto de vacas con cornos. Parecia unha sabana coas arbores solitarias no medio dos praderios.
E asi chegamos a interestatal 4 que tinha muito trafico polas obras e pola cantidade de xente que vai e ven de Orlando e Disneyland.
Despois pasamos a 95 e dali a Daytona Beach.

28 decembro: visita a Miami


Fomos a Miami pola 41 pasando polos Everglades.
A rota e longa e vaise pola zona de gandaras chea de fauna salvaxe. Polo caminho habia paxaros secando as asas ao sol e outros espreitando dende os cables da luz que van paralelos a estrada; as unicas cousas feitas pola man do home. Esta imaxe repitese por quilometros e quilometros nunha recta onde aconsellan prender as luces do coche polos espellismos que se forman na rua. Semella que hai auga de fronte e de supeto aparecen os coches.
Paramos no Big Cypress National Preserve e puidemos mirar os primeiros cocodrilos salvaxes da nosa vida. Mais tarde puidemos ver alguns dende a estrada pero xa non eran novidade.
No caminho habia aldeas de indios coa sua casa trailer e logo pendellos de polas de arbores. Tivemos que botar gasolina a 2,70 $ o galon na reserva dos indios Miccosukee que se adican a guiar turistas nos airboats polas zonas pantanosas e a criar cocodrilos...e a vender cara a gasolina na unica gasolineira en sesenta quilometros a redonda.
Entramos en Miami pola rua oito, a rua mais cubana da cidade cos seus cartaces en spanglish e o seu corido.
Fomos ao parque estatal do Key Biscaine en Miami e desfrutamos da auga por fin. O parque esta algo resentido polo furacan Wilma e mesmo o acuario de Miami estaba pechado para arranxalo.
Volvemos a Naples pola 75 e fixose longo o caminho polo trafico.

27 decembro: Naples e bisbarra


Amenceu mui bo dia e adicamos a manha a percorrer a praia de Naples onde as casas invaden a praia que tampouco ten mui boa area que e mais ben cunchas. Nun terreo avisaban que quen entrase seria disparado que aqui non andan con chiquitas.
Xantamos en Tin City que habia un grego vendendo comida grega de mui boa calidade e millor prezo e o dono e mui amable e simpatico.
Logo fomos a Marco Island ao parque estatal de Tigertail que ten unha semilagoa e unha boa praia. Para sair dali perdemonos entre as urbanizacions de casas con cespede no fronte e o embarcadoiro do iate na parte de atras. Todalas ruas eran iguais e cos buzons de figuras de golfinhos ou cabalos de mar.
Ceamos na rua terceira nun restoran pequeno espanhol. Leva poucos meses aberto e os donos son catalans. Servironnos mui ben e ata nos deron xamos e queixo de Castela gratis. Tinhan pulpo na carta pero non o servian xa. Bueno, esa seria como a nosa cea de Noiteboa atrasada.

26 decembro: viaxe a Naples


Amenceu con bo tempo anque ventoso. Saimos de St. Pete pola ponte de Sunshine Skyway que custa un dolar ( a ver cando aprende en Rande ). Chegamos a Naples e fomos ao Delnor Wiggins State Recreation Area. O Colin non podia pisar a praia pero demoslle un bo paseo polo parque. Na praia sopraba o vento e marchamos pronto.
Naples e unha vila mui elegante con tendas de alto nivel e muitas galerias de arte. Percorremos a quinta avenida, Tin City ( un sitio cuberto con muitas tendas de souvenirs e roupa de prezos accesibles) e a terceira rua con muitos restaurantes e mais tendas de alto nivel.
Ceamos no Meson Ole, un timo de restaurante caro con comida artificial que van de boa comida mexicana e espanhola. Este restaurante ten unha cadea en Nova York que pode enganar aos norteamericanos pero non a nos.
E na rua terceira topamos a Papa Noel descansando nunha arbore despois de todo o traballo que pasou no Nadal.

25 decembro: St. Pete, Tampa e St. Pete de volta

Comezou o dia chuvinhento e fomos en coche ata a ponta da praia de St. Pete. Volvemos ao centro da cidade e so habia vagabundos pola rua. Decidimos tirar cara Tampa e fomos por unha ponte que tinha espigons paralelos para pescar. En Tampa estaba todo pechado e tomamos un cafe na terminal dos cruceiros que non habia mais. Logo pateamos o paseo da baia ata que o Colin non podia mais. No paseo habia xente facendo footing e habia verdadeiros palacios coma o da foto.
Volvemos para o hotel e deixamos o can ali e fomos a praia. Despois dun chisco fuximos que apareceu a chuvia outra vez. Recollemos ao Colin e fomos a un parque no lago Seminole (nome dos indios da zona) onde tirei a foto do cartel proibindo darlle de comer aos cocodrilos. Despois fixose noite e collemos para cear algo nun restaurante chines (case os unicos que abren nunha data asi).
En fin, un dia tristeiro nun hotel feo que non recomendo a ninguen.

24 decembro: San Agustin e San Petersburg



Fomos visitar San Agustin, a cidade fundada por europeos mais vella dos EEUU. As ruas semellaban da terrinha e a bandeira espanhola ondeaba en muitas casas.

A orixe da cidade ten que ver coa busca da fonte da eterna xuventude que agora convertiron os americanos na fonte dos muitos dolares que cobran por beber desa auga. Logo chegaron as misions para cristianizar indios e houbo muitas pola costa da Florida e mais para o norte.

A cidade ten o castelo de San Marcos, unha entrada amurallada que me lembrou Valenca, un museo de cousas incribles de Ripley, o Flagler College que era un hotel xigante, o castelo de Zorayda que e unha triste imitacion da Alhambra de Granada, a escola de madeira mais vella dos EEUU, ruas con nomes de cidades espanholas e muitas cousas mais.

Deunos magoa non quedarmos mais tempo nesa cidade tan boa para pasear e desfrutar: unha cidade irmanada con Aviles.

Dali seguimos cara S. Petersburg pasando por bosques de pinheiros con palmeiras por debaixo no canto de fentos ou toxos. Tamen habia laranxeiras e prados con vacas.

En S. Petersburg quixemos cear no peirao da cidade onde estaban negros pescando con redes que botaban dende o peirao. Estaba todo pechado (Noiteboa) e rematamos ceando nun italiano nun centro comercial perto do peirao e saiu ben de prezo e calidade.

23 decembro: viaxe a Jackonville FL



O caminho foi longo e sen muito por resaltar. Topamos de casualidade un cartaz indicando a igrexa mais pequena dos EEUU e fixemos fotos dela. O Colin esta na porta e xa imaxinas o tamanho da igrexa con sitio para doce persoas. A igrexa esta en Georgia.