Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: April 2006

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, April 30, 2006

Paseos pola zona

Onte iamos facer un percorrido por casas restauradas nesta zona pero cobraban 25 $ por cabeza e pareceunos esaxerado. Iso si; puidemos visitar a casa Jacob Holt que sae na foto de abaixo. Ali habia unha exhibicion de cobertores ou "quilts" e algunhas antiguidades aparte de libros das "Fillas da Confederacion". A noite fomos cear a casa dos arxentinos e a volta habia un feixe de cervos repartidos polo caminho e varios cruzaronse diante do coche. Tamen esquivei unha "zarigueya".
E hoxe fomos ao Durant Nature Park e fixemos varios percorridos que non facia muita calor. Ana caminhou sen problemas e o Colin tamen.
A ver manha que novidades hai.


Friday, April 28, 2006

Prom



O prometido e debeda e aqui van duas fotos da preparacion do "prom" que non e outra cousa que un baile dos estudiantes dos ultimos cursos do instituto. Eles e elas van vestidos a todo trapo (nunca millor dito) e gastan montes e moreas en traxes, fotos, souvenirs (chaveiros con foto) e incluso aluguer de limusina.

O lugar do baile e o arsenal de Warrenton e nestes momentos estan a bailar musica a todo volume pinchada por dous pinchas. O baile acaba as doce da noite e logo as mozas xa se ponhen comodas e van a outros sitios que xa saberan elas.

Como esta e unha sociedade plural podense ver alumnos nativos Haliwa-Saponi debaixo do arco dos globos e afroamericanos na foto de abaixo vestidos para a ocasion.

Thursday, April 27, 2006

Morojo

Houbo blogueiros que se queixaron pero ninguen e perfecto e os academicos da RAE non son unha excepcion e se intentan meter no dicionario unha palabra galega 100% que mais falla de profisionalidade poden ter ?.
Proba a consultar a palabra "morojo".

Terra de indios



Non podo negar que me gusta o mundo dos indios. Sera un resto da infancia ou a influencia mediatica pero tenho aprezo aos indios e a todo relacionado co eles. Na foto do ano pasado estou cunha india monacan no Natural Bridge en Virxinia.

Irei contando cousas do libro que me mercou Ana que non ten desperdicio. E aqui deixo un video gravado o ano pasado dun powwow dos Haliwa-Saponi, os indios deste condado. No video entran os indios a bailar cos seus traxes rechamantes.

Manha os alumnos de Ana tenhen o baile da "prom" ou promocion na "armory". Ela vai axudar ao fotografo e aproveitara para facer fotos.

Ata manha.

http://www.youtube.com/watch?v=VuihYdOXo_c

Wednesday, April 26, 2006

Lenda de Popocatepetl



A semana pasada fomos cear ao restaurante mexicano "El rio" en Norlina que esta perto e comese ben. Os restaurantes mexicanos acostuman a estar pintados e adornados con cores vivas. Outro costume que tenhen e o de pintar murais con motivos indixenas ou do campo mexicano. Neste de Norlina hai un mural onde se ve unha muller morta e un indio velandoa. Cris dixome que hai unha lenda ao respecto e informeime. Resulta que habia unha princesa azteca chamada Iztaccihuatl que estaba namorada dun guerreiro chamado Popocatepetl pero o pai dela non estaba conforme co este amor asi que mandou ao guerreiro a unha guerra. A princesa agardou por el pero chegoulle a nova de que morrera no combate e ela rematou morrendo de tristura. Cando Popocatepetl regresou topou a sua namorada morta asi que a levou fora da cidade, fixo unha fogueira e quedou velandoa ata que tamen el morreu. Os deuses compadeceronse dos amantes e cubrironnos de neve e trasformaronos en montanhas. Na actualidade podese ver unha montanha coa silueta dunha muller deitada chamada Iztaccihuatl (muller branca) velada polo volcan Popocatepetl.

Aqui podes ver esta lenda e cadros relativos a ela.

Manha suponho que xa non chovera.

Tuesday, April 25, 2006

Relixion rockeira



Coma sempre, perdo as boas festas e non vou ir a esta na igrexa EN LUME; nome ben rockeiro para un santuario. Quen sabe que relixion sera esta e se esta incluida nos mapas topados por Nemeth sobre as relixions nos EEUU. Iso si, aparte das misas sempre se pode ir de excursion cos rapaces no bus mentes dan charlas aleccionadoras.





E agora vou desconectar que vai vir unha treboada electrica de mil pares.

Manha a ver que ponho.

Monday, April 24, 2006

Aletazos de bolboreta



Ana empeza a sentir os movementos do Acedrinho. Ela di que son suaves coma o roce dunha bolboreta.

Ana consulta muitas paxinas na rede adiante e mais ou menos coinciden en dicir que a partir da semana 18 empezan a sentirse os estrabuxos da criatura.

Se fosemos norteamericanos ao millor mercabamos o aparato para oir os latexos do neno e poder gravalos...pero non nos da por ai.

A ver manha que novidades hai.

Sunday, April 23, 2006

Libros e vagalumes



Hoxe foi o dia do libro ala por Espanha. Nos EEUU non houbo esa celebracion que non sei cando celebran. Na foto de arriba saen duas caixas cheas de libros usados que alguen deixou para que a xente aproveitase nun mercadillo de maioria hispana e semelloume unha boa idea. Outra idea que me gustou foi a ideada polo Naufrago do concurso para escoller a verba galega mais bonita. A palabra vagalume saiu ganhadora e hai que reconhecerlle a beleza anque non se lle pode negar a beleza as outras palabras concursantes. E o que lle comentei eu: nos concursos de misses so ganha unha pero non se lle pode negar o merito as outras.

Eu tenholle muito carinho aos libros e na foto de abaixo ponho o ultimo libro que me agasallou minha moza polo meu aniversario...e non tenho mais remedio que querela, nonsi?.

Saturday, April 22, 2006

Dia da Terra e aniversario de "Eu e os EEUU"

Hoxe e o dia da Terra e aquelas palabras do xefe indio Seatle ao daquela presidente dos EEUU seguen vixentes e nunha situacion mais apurada ainda.
Tamen hoxe hai un ano que empecei co este blogo de maneira tatexante e toupeira. Menos mal que fun aprendendo un pouco, non ?.

Un saudo de fin de semana.

Friday, April 21, 2006

Suicidas e ranhaceos



No posteo anterior habia comentaristas que falaban dos ranhaceos e de valados antisuicidas e unha combinacion pode verse nesta foto do 2004. O Tonho fixonos a foto a Cris mais eu no Empire State Building en Nova York (Ana ten vertigo e non quixo subir). Detras nosa esta o valado que ainda segue un anaco para arriba e esta dobrado cara ao edificio para evitar suicidios.

A xente gusta muito de suicidarse en sitios conhecidos como o Empire State, o Golden Gate de San Francisco ou mesmo a ponte de Rande ou a Internacional de Tui (construida polo frances Eiffel).

Hai dous tipos de persoa que se bota nas fervenzas do Niagara: os suicidas e a xente que quere ser famosa. Na fervenza do lado estadounidense non sobreviviu ninguen dos que se botaron por ela pero na canadiana en forma de ferradura sobreviviron alguns (hai museu, por suposto) e ata houbo un que se botou duas veces e na segunda ocasion foi coa noiva !. So houbo un home que sobreviviu sen levar nada de proteccion e tivo que pagar multa por gastos nos equipos de emerxencia !.

Un saudo e desfruta da vida. Deixa que os tolos sexan os outros.

Thursday, April 20, 2006

Fervenzas do Niagara



Mentres nos fomos esta fin de semana pasada ao sur, a praia; Cris e Tonho tiraron cara ao norte e ata sairon do pais que estiveron pola fronteira canadiana.
Eles estiveron nas fervenzas do Niagara e no dia foron no barquinho que se mete debaixo do cachon de auga. Dixeronnos que o ruido e intenso e forte e sempre hai un ou dous arcos de vella como se ve na foto de abaixo.
Na foto de arriba pode verse de noite o panorama. Eu non sabia que as tinhan iluminadas pero non se lle pode negar unha beleza grandisima como grandes que son elas.


Wednesday, April 19, 2006

Esta tele americana...

No ximnasio aproveitei para mirar a tele mentes facia bici. Non sei como andara na terrinha a tele pero aqui da pena a mala calidade que ten. Nas novas falaban dos prezos da gasolina que agora anda polos 2,93 $ o galon (case 4 litros) e hai tres anos podiase topar gasolina por 1,29 $ o galon. Tamen falaban de Iraq e do escandalo da violacion dunha bailarina negra por parte de tres xogadores de Lacrosse da universidade de Duke.
Como detalle simpatico deixo aqui un anuncio dunha das multiples igrexas deste pais e a foto dunha igrexa de Warrenton cun nome que me soa catalan.
Ata manha.

Tuesday, April 18, 2006

Explicacions



Por aqui segue todo con normalidade: Ana e o Acedrinho estan ben e de vacacions esta semana que non hai escola porque e o "spring break", unha forma politicamente correcta de chamar a semana santa asi como no Nadal hai o "winter break".

A primavera esta no seu esplendor e caminho do choio eu paso por este xardin xapo-americano xeitoso. E falando de prantas o outro dia houbo alguns blogueiros que me preguntaban polo "spanish moss". Pois ben, a pranta non e un musgo anque pareza que o di o seu nome senon que e unha especie de fias da familia da pinha que se penduran das arbores pero que non as matan que so as empregan de soporte.

O nome ten varias posibles orixes e a mais extendida e a lenda de Gorez Goz, un malandro espanhol que queria beneficiarse unha indinha e foi atras dela. A india agabou unha arbore e o outro seguiuna. Ela baixou por unha pola e o espanhol quedou enganchado das barbas e morreu e dai quedou o nome da pranta. Esta e a version mais extendida.

Logo esta unha version mais bonita que di que un espanhol estaba namorado dunha india e a familia dela non estaba conforme e ataron ao pretendente a unha arbore. Dixeronlle que o soltaban se renegaba do amor que tinha pola india e el dixo que non, que nunca a desprezaria. Ao cabo dun tempo acabou morrendo o espanhol de barbas vermellas e como mostra do amor eterno cara a india as barbas foron pasando de arbore en arbore polos tempos e tempos ata hoxe.

Podes quedar coa version que prefiras pero que saibas que esa pranta decora as arbores e serviu dende roupa para os indios, ata material para construir...pasando por recheo de asentos de coche !!!. Que o saibas. Mais informacion aqui en ingles, sorry.

Monday, April 17, 2006

Domingo de volta



Pola manha almorzamos no Ihop e logo, como estaba anubado, decidimos ir a Airlie Gardens. Pensabamos que era pequeno pero ainda e ben grandeiro. Ten un lago partido en dous e varias rotas por xardins de camelias, prantas carnivoras, rosaledas, azaleas (o que mais), xardin das bolboretas (Ana sae retratada ali), pergola italiana, xardin de North Carolina, un carballo inmenso de 400 anos, un xardin adicado a Minnie a senhora que estivo na porta por muitos anos e fixeronlle unha especie de capela con botellas de cores como se ve na foto. etc.

Despois decidimos ir a Fort Fisher a xantar e fixemolo de mala maneira que habia un feixe de mosquitos rabiosos que non nos deixaron tranquilos. Saiu o sol con forza e non corria chisca de aire e non tinhamos sombrilla nin nada. Banhamos a Colin e logo banhamonos nos. Estivemos un tempo na entrada da praia que hai unha especie de mirador cuberto de madeira e ali foi onde millor estivemos en todo o dia. Logo apareceron un grupo escandaloso de hispanos (a praia estaba chea deles) e marchamos cara Warrenton. Paramos en Rolesville a saudar aos arxentinos e logo fomos para casa.

E asi foi esta fin de semana en Wilmington e bisbarra. Foi case un calco do que fixemos o ano pasado pero con millor tempo este ano.

Sabado repetido co ano pasado



Si. Este dia fixemos case o mesminho co ano pasado. Almorzamos no Ihop. Logo fomos a Fort Fisher e ali collemos o ferri para Southport. Esta localidade encantame pola tranquilidade e por ser tan bonita. E un sitio ideal para xubilarse. Ana sae diante dunha casa adornada para o Easter co seu coello de Pascoa e demais trapalladas.

Este ano tamen habia a festa da primavera coma o ano pasado e habia tenderetes con artesania, postos de comida e concursantes de prebe de chili. Todo igualinho ca o ano pasado. Aparcamos ao lado do Visitor Center onde hai un carballo duns oitocentos anos que semella na forma un cervo deitado. Esta retorto a proposito que os indios tinhano como marca de zona pesqueira. Demos un paseo pola costa e estaban as marisquerias acuguladas de xente e nunha habia moteiros coas Harley aparcadas na entrada. Tamen habia un marinheiro limpando peixe e botaba os restos aos pelicans que habia na auga e que pedian de comer dando voltas.

Cando pasaron as horas de calor voltamos a praia de Fort Fisher no ferri e fixemos unha rota nun parque natural dali. Parque natural curioso e dividido en duas partes por unha especie de autopista para todoterreos que os americanos non poden andar dous quilometros pola area.

O Colin acabou derrengado e tamen se lle cravaban nas patas uns pinchos e tiven que levalo no colo.

Volvemos para o hotel e deixamos ao Colin e fomos cear. No centro de Wilmington estaban os restaurantes cheos e habia que esperar para sentarse asi que rematamos no Carrabba's que e unha cadea de restaurantes italianos algo careiros pero de mui boa calidade.

Venres: chegada a Wilmington



O venres fixemos a viaxe a Wilmington que esta a unhas tres horas de Warrenton.

Da viaxe non hai muito que relatar. Cando chegamos ao Motel 6 deixamos as cousas e a Colin que iamos a praia mais cercana. Na praia facia muito aire e habia unha chea de xente. Logo tomamos un cafe no Port City Java que foi unha cadea que visitamos bastante esta fin de semana. Aqui dan bos cafes e boas lambonadas e hai internet gratis anque isto ultimo non o aproveitamos.

Logo volvemos ao hotel e demoslle unha voltinha a Colin no Greenfield Park onde fixen esta foto espectacular de solpor no lago cun cipres careco que nace na auga e o seu "spanish moss" pendurando.

Thursday, April 13, 2006

Coello de Pascoa



Neste pais non hai rosca do padrinho nen cousa parecida. Aqui o que manda e o coello de Pascoa cos seus cestos de presentes a vender nos locais comerciais e os ovos de chocolate de diversas cores e tamanhos. Como tamen fan negocio de todo por estes lares, no centro comercial podes pagar por facer unha foto do fillo sentado no colo do coello de Pascoa como imitacion dos Reis Magos ou o Papa Noel.

O costume do coello e mui antigo e ven de Alemanha e e anterior a cristianizacion e ten que ver mais coa chegada da primavera e a procreacion que con outro asunto. Aqui podes saber mais deste costume.

Esta fin de semana nos non imos participar na busca de ovos organizada en Warrenton (nin na que hai na Casa Branca). Tampouco imos a un pow-wow dos indios da zona. Nos imos a Wilmington, a praia, ao sur. Cris e Tonho tiran para o norte. Eles van as fervenzas do Niagara como unha parellinha mais de rulas.

Ata domingo ou luns.

Wednesday, April 12, 2006

E un Acedrinho !!!



Tinhamos pensado o nome de Lia (un dos nomes favoritos tamen para *sara) se fose unha nena pero resultou ser un neno. O neno esta ben e normal e Ana tamen. Ana dicia que ia ser un neno que tinha sonhos premonitorios. A min dabame na espinha que ia ser unha nena pero esta visto que pronosticar non e o meu. Agora esperemos que todo siga o seu ritmo normal.

Ata manha.

Tuesday, April 11, 2006

Amnistia para ilegais


Nestes dias Bush esta a falar dunha especie de amnistia para os 12 millons de ilegais que hai no pais. Hai xente a favor e xente en contra. A maioria esta a favor e en muitas cidades hai manifestacions apoiando a legalizacion de tanta xente que ven a este pais a ganhar a vida.
Na foto esta Carlos, o meu mestre; Chucho, unha forma de dicir Xesus en mexicano, e a sua dona Jessica que pequecha como e fai uns traballos esmerados ao cen por cen. Non me extranha que esta xentinha fose capaz de facer obras tan ben rematadas.
A filla de Chucho e Jessica chegou habera duas semanas e tivo que pasar polas montanhas e acabou queimada da neve. O pai foi buscala a Arizona a ela e a un curman e trouxoos para Norte Carolina (como din os mexicanos). Para estes que chegaron agora non vai haber amnistia. Eu so espero que a amnistia lles chegue a estas persoas da foto que so con miralos traballar ben que o merecen.

Sunday, April 09, 2006

Arsenais e armerias

Tenho que pedir perdon por non explicarme ben. Cando falei da armeria fixen unha traducion directa de "armory" que tanto pode ser armeria como arsenal e suponho que neste caso seria mais ben arsenal ou almacen de armas e non armeria coma tenda de armas. Perdon. En vilas un pouco xeitosas e tipico que haxa unha armory que seria o almacen de armas da poboacion. O que non sei e contra que inimigos gardarian as armas. Suponho que seria no tempo da guerra fria e que xa vinha de cando tinhan medo que os invadisen os xaponeses ainda antes no tempo. Non sei. Nas fotos de hoxe xa ponho a "armory" de Warrenton onde non hai rastro de armas (noutras ainda hai canons nas portas) e unha real armeria ou tenda de armas de Wilmington NC.

Por outra banda dicir que o dia de hoxe foi fresquinho pero soleado e andei a facer fotos pola vila adiante.
Ana mirou a taboa chinesa para predecir o sexo do Acedrinho, mandada por torredebabel e o resultado deu que e neno. Fixemos a proba con mais rapaces conhecidos e nuns atina e noutros non asi que seguiremos coa dubida.
E de extra deixo unha foto sepia de Ana diante dunha casa de Warrenton (non e nosa. Magoa).


Saturday, April 08, 2006

Libros na armeria


Hoxe choveu e cairon tronos un par de horas pola manha. Ana tivo un curso de aprendizaxe tactil e kinestesico organizado polo instituto e Cris, Tonho e mais eu fomos a armeria de Warrenton. Si; aqui toda vila que se prece ten unha armeria que nestes momentos de paz relativa serven tanto para bailes como para actos sociais coma o de hoxe que era a venda de libros descatalogados da biblioteca de Warrenton. Eu non merquei nada pero Tonho mercou tres libracos que trataban de animais. O millor son os prezos: libros de tapa dura a 1 $, libros de tapa branda a 50 centavos, revistas a 10 centavos, etc. Non diras que son caros os libros. Este vai ser un detalle que vou extranhar deste pais.
Un saudo e a ver que ponho manha.

Friday, April 07, 2006

Teles "everywhere"



Por aqui todo trascorre ao seu ritmo: a primavera avanza, a Ana medralle a panza e eu apenas tenho folganza.

No choio todo ben e agora temos un axudante chamado Cirilo ( nome que non lle imos por ao Acedrinho ).

Despois fomos a piscina do YMCA e ali estaban cunha tele coa pelicula da foto que, por certo, nunca mirei.

Si: unha tele na piscina !. Explicome. Neste pais gustanlle as teles muito; por suposto que as tenhen nas casas e non so unha ou duas senon ata catro ou cinco dependendo da xente que viva ali. Agora empeza a habelas nos coches para os asentos traseiros. Na sala de maquinas do ximnasio hai catro en ringleira con distitas canles. Esta ben porque ves algo mentes pedaleas ou andas na cinta. Onde non me parece mui normal e que haxa unha tele no vestiario pero habela, haina. O colmo e que agora, por se fose pouco, hai venres que ponhen video infantil na piscina. Xa puxeron unha vez "Finding Nemo" (non lembro o titulo en cristiano) e non tivo exito que vinheron tres nenos e a media pelicula morrian de frio. Como non aprenderon desa repitiron a xogada e hoxe xa haberia uns catro ou cinco nenos que non se podian contar ben que non paraban e non lle facian caso a tele.

E iso e todo. Manha falarei de libros e armerias.

Wednesday, April 05, 2006

Neno ou nena ?



Por aqui todo segue o seu ritmo. No traballo ben anque Andy tivo un incendio na sua casa o sabado e ardeulle toda. Leva uns dias sen vir que suponho que estara buscando outra casa para mudarse. Por sorte, a el e a familia non lle pasou nada.

As rapazas estan ben e o Tonho rematou en Washington e esta na casa outra volta.

Ana esta ben e sen molestias. O que fai muito e informarse aqui e acola sobre o embarazo e os bebes. Leva uns dias topando tests para facer en internet para predecir se vai ser neno ou nena segundo a experiencia de comadronas e neste test o resultado deulle un 65 % nena pero hai outros nos que o resultado varia. Ou sexa, que de momento pode ser de calquera sexo e non o sabemos ainda.

Logo esta a custion do nome e temos alguns pensados pero agradeceriamos mais nomes. Quen sabe ?, quizais o nome que digas gustanos e collemolo.

E mais nada. Ata manha, suponho.

O debuxo foi collido nesta paxina sobre crenzas encol do embarazo e dos bebes que esta en Tagalo e ingles.

Tuesday, April 04, 2006

Kasege, rainha dos Cri



Eran os ultimos anos da decada dos 70. O tempo das sestas adicabao eu e ler e debuxar. Robinson Crusoe foi un libro que me gustaba e lia e relia. Tamen nesa epoca botaban na television o Planeta dos Simios. Con detalles dun e detalles do outro acabei creando un planeta novo cos seus habitantes, razas, idiomas, etc. Como non podia ser doutra maneira eu mesmo en adulto era rei dunha terra. Ao meu irman pequeno gustoulle o xogo e tamen el foi rei dun imperio de marinheiros. Minha irma tamen queria entrar no asunto pero era mala idade para nos e non me chistaba muito a idea asi que por facerlle un favor nomeeina rainha dos Cri: unha xente enorme e peluda coma bigfoot que vivia ciscada por unhas montanhas altisimas. Contrariamente ao que eu cuidaba, a minha irma gustoulle o reino e queria mirar a capital. Debuxeille un castelo con mala pinta rodeado dunhas poucas chouzas e dixenlle que ese era o seu reino. A ela non lle chistou muito asi que fixen outro debuxo onde eu ia visitala e ela recibiame nas portas do castelo coa xunta dos ancians Cri. O castelo era mais grande e a vila xa tinha casas de madeira e de pedra e a vila estaba viva e animada e no fundo vianse unhas montanhas enormes pero fermosas. Desta volta minha irma - Kasege nese mundo - xa quedou contenta.

E xa pasaron todos aqueles anos e a vida levounos por distintos caminhos aos tres e agora xa tenho unha mui boa relacion coa minha irma: unha moza que manha dia cinco cumpre trintaetantos anos e que foi e sera a millor rainha que poden ter os Cri ou calquera outra xente.

Por ti vai este posteo e de sobremesa xelado desta marca que sei que che vai gustar.

Un bico.

Monday, April 03, 2006

Tornados e sapos



Parece que foi o demo. Onte domingo fixo sol e calor (asi estaba Ana a beira daquel coche) e hoxe houbo tornados, raios, lostregos, vento forte e muita chuvia e sairon os sapos cando finou a chuvia. Para min que foi Kiko , o pseudosueco, que estaba abraiado da pouca roupa que levaba Ana e mandou a bruxa. O certo e que este temporal foi o resto do temporal que castigou o centro dos EEUU e matou a mais de 27 persoas. Eu estiven buscando algunha foto minha dun dia de chuvia para colgar e so topei esta na Florida. Esta visto que tenho que facer fotos con mal tempo.

Sunday, April 02, 2006

As rapazas e coches

Hoxe Ana foi montar no coche e equivocouse. Non foi tal pero o coche e bonito, eh?. Quedalle ben a Ana, non?.
Neste pais o mundo dos automoveis ferve: a xente reforma coches vellos e ata crea o seu coche particular como este da foto de abaixo con Cris o ano pasado.

A min os coches non me atraen muito pero hai que reconhecer as belezas cando se tenhen diante.


Saturday, April 01, 2006

Osos e roupa



Hoxe fomos mirar osos tallados en madeira. O Tonho quere levarlle un detalle a senhora que lle deixa un cuarto de balde en Washington. Esta senhora adoece polos animais e ten unha coleccion de figuras de osos asi que se lles ocorreu a Cris e Tonho mercarlle un osinho de madeira dun obradoiro de caminho a Raleigh e xa quedou encarregado.

Logo fomos xantar de suave ao Panera Bread e dali fomos a un centro comercial que Ana queria mercar roupa. No centro comercial habia organizada unha festa de presentacion da ditosa loteria e habia xogos, souvenirs e musica e cola de xente mercando a loteria. Tamen estaba unha xente que protexe cans do Labrador cunha cadela mui agarimosa.

Ana mercou roupa nunha tenda de maternidade e deronlle un paquete de agasallo cunha crema e unha especie de compresas para os peitos aparte dun feixe de folletos de propaganda. Ainda estivemos en mais tendas e na libreria Barnes&Noble e na festa.

E asi foi este sabado e agora queda a noite cunha loucura de ruidos feitos por grilos e chicharras.