Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: May 2006

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, May 31, 2006

Teddy bear



Hoxe o meu mestre Carlos non apareceu no choio. Segundo parece rematou estresado co choio e tirou a toalla. Enton, en vista do apuro, estivo o patron botando unha man. O patron chamase Ted e parece bo home e lembrame un "teddy bear" ou osinho de peluche.

E falando de "teddy bears", hai varias teorias sobre a orixe dese nome do moneco pero a que me semella mais real e bonita e a que di que estaba o presidente Theodore Roosevelt de caza e que non cazara nada asi que o unico que toparon foi un osinho que llo puxeron a tiro. El non quixo matalo e perdooulle a vida e ese osinho quedou bautizado coma "teddy bear". Logo saiu un debuxo nun periodico (ai o esta) e un xogueteiro espilido creou osinhos de peluche co nome de "teddy bear" que foron un exito.

Ata manha, seica.

Tuesday, May 30, 2006

Chalans e chupacabras

Hoxe comezou a traballar Arturo, un "chalan" (aprendiz en mexicano) para sustituirme. Ven de Veracruz e e alto e enxuito coa pel mais clara que a minha e gafinhas que semella norteamericano.
Xa hai duas chalanas que levan un mes amanhando moldes na carpinteria. Unha chamase Goya (apocope de Gregoria) e ten 33 anos, esta solteira e ten catro fillos. Goya e mexicana do estado de Guerrero. Aparte de na fabrica tamen traballa algunhas tardes da semana nun restauran e nas fins de semana vende tacos e tamales na porta dos estadios. Agora unha filla dela de 14 anos e alumna de Cris escapoulle da casa e foi para a casa do noivo. Bueno, unha telenovela.
A outra chalana e Nora, unha hondurenha de 22 anos (cantamoslle o Sapo Verde o mesmo dia que o cumpreanos da mariquinha de Vedra)( Sapo Verde e o Happy Birthday en version mexicana). Nora esta casada e ten unha filla de seis anos.
Carlos, o meu mestre, por outra banda esta aparecendo cunhas marcas sospeitosas no pescozo os luns e eu digolle que durma coa fiestra fechada que lle atacan os chupacabras de noite. Carlos vive con Enemias, un rapaz que se parece a Johnny Depp pero coa cara mais ancha. Ana di que non pero un dia a ver se lle fago unha foto e comprobamos o parecido. Este Enemias ten unha moza americana e non sei como fan para entenderse que ela non fala espanhol e el non pispa o ingles (misterios do amor, suponho).
Andy segue igual de tolo e esta divorciado e ten...cinco fillos !. Os xoves non ven traballar que leva a un fillo a un sicologo. Ese fillo ten algun problema mental e, de feito, foi o que lle prendeu lume a casa.
E asi e algunha xente da fabrica e alguns dos seus chismes.

Monday, May 29, 2006

Dia dos caidos




Hoxe e Memorial Day neste pais que ven a ser algo asi coma o dia dos caidos en batalla. O dia e un festivo raro no que descansan oficinas, bancos, colexios e hai fabricas que traballan como a minha. A musica country soa mais patriotica ca nunca e parece que hai mais bandeiras e mais pegatinas a favor dos EEUU, das tropas e do presidente. A estatua ao soldado confederado do centro da vila ten unhas flores de ofrenda ao igual que tumbas de soldados nos cemiterios (a foto e vella e non sae a ofrenda floral).

No centro tamen hai un monumento dedicado aos que morreron na primeira e segunda guerra mundial. Fixenlle a foto porque me pareceu curioso. Tenhen a listaxe dos mortos por orde alfabetica e cando remata a listaxe aparece a listaxe dos negros mortos na guerra. E iso pasa na primeira e na segunda guerra mundial. E pregunto eu: se houbese unha terceira farian o mesmo, separar brancos de negros ?.

Sunday, May 28, 2006

Nas montanhas

Xa estamos de volta. O sabado aparecemoslle de sorpresa ao tio Pepe e quedamos a cear co el e o seu fillo maior coa noiva e unha curma do Brasil. Antes de cear fomos Ana mais eu a pasear ao lago Junaluska que ten o nome doutro xefe cheroqui da zona ( foto sepia ).


Na cea falamos de todo e o tio Pepe contou que un dia estivo parado na estrada que habia un helicoptero levando un bloque de cemento para unha ponte entre montanhas. Resulta que hai canteiros de Soutelo de Montes facendo obras na estrada que percorre todo o parque dos Apalaches. Na foto en branco e negro falan dos canteiros italianos e espanhois (mais ben galegos) que participaron na construcion da estrada esa.

Hoxe domingo fomos Ana mais eu a montanha mais alta do leste dos EEUU e o caminho esta de curvas que se fai interminable. Paramos nun edificio onde vendian artesania da zona e hai unha muller que fai monecos da xente da zona e de mostra esta o moneco de Edd Presnell que era un constructor de citaras e un cantante de bluegrass.

E asi foi esta fin de semana: despedindonos da familia e visitando alguns lugares da zona.

Ata manha. Quiza.

Friday, May 26, 2006

Sequoya



Hoxe fixo muita calor e estiven todo o dia con ganhas dunha "caguama". A noitinha caiu unha treboada e agora refrescou. Toca durmir e manha iremos ata os Apalaches a despedirnos do tio Pepe.

Pertinho dali hai unha reserva india dos cheroqui. Xa estivemos por esa zona e as ruas tenhen o mesmo nome rotulado en alfabeto latino e silabario cheroqui. Na imaxe esta Sequoya, o creador do silabario cheroqui. Este pobo indio (coma outros muitos) sufriu da invasion dos colonizadores brancos e acabaron divididos en dous grupos: un en Oklahoma e outro mais pequeno que quedou en Carolina do Norte.

E agora vou para caminha.

Thursday, May 25, 2006

Tonho coas personalidades



Cando estivo Tonho no zoo de Washington un dia houbo un rebumbio. Chegou a visita de Bill Frist. E diras, quen raio sera ese home ?. Pois ese home e un cirurxian especialista do corazon que tamen e politico e probablemente sexa o proximo candidato republicano a presidencia estadounidense. Na foto esta o tal home con camisa de camuflaxe nunha operacion dun gorila. O Tonho esta xusto detras. Nesta ligazon hai fotos e sae millor Tonho na foto 3 da galeria "Bill Frist: A Doctor at Heart".

Ata manha. Mando un saudo sufrindo unha noite torrida.

Wednesday, May 24, 2006

Saltar a vasoira



Neste pais eu penso que se incita a natalidade. Aqui non e infrecuente ver nais de dezaseis anos que casan antes dos vinte e esas nais antes dos corenta son avoas e divorciadas.

Na foto esta Ana con duas alumnas hai un par de semanas. A alumna da dereita esta gravida de pouco tempo e cando fixo Ana esta foto a familia da rapaza ainda non sabia nada. Ela ten dezaseis anos pero sua nai tivoa a ela con dezaseis anos tamen.

Con sorte lograra casar co pai da criatura e ambos saltaran a vasoira que e un costume das vodas de negros deste pais. Segundo parece, antigamente tinhan proibidas as vodas entre esclavos e a maneira que tinhan de casar era saltando por riba da vasoira tirada na entrada da casa. Este rito vinha de Africa e era para pedir sorte, fecundidade e felicidade (coma o noso arroz das vodas).

Pois iso, ogalla lle vaia ben a rapaza e a sua familia e se salta a vasoira que sexa con proveito.

Tuesday, May 23, 2006

Festival de Cans



Esta fin de semana que ven vai ser a terceira edicion do Festival de Cans que vou perder por estar aqui.

Este ano botan unha curta con Suso Lista, un blogueiro que non deixo de ler e que me fai rir e pensar co seu realismo maxico.

Asi que xa sabedes onde podedes pasar unha fin de semana distinta con cinema, musica, copas e chimpibuses.

Ata manha, quero supor.

Monday, May 22, 2006

Actos de Deus



O outro dia morreunos a cama: un colchon inchable da marca Coleman. Xa levamos varios e parei a ler a garantia por curiosidade. Na garantia cubria todo menos Actos de Deus coma lume, inundacion, furacans e terremotos. Segundo parece, estes son actos de Deus...non quero pensar nas accions que pode argallar o demo. E Deus debe de ter muito choio que pide axudantes na porta das igrexas.

Ata manha.

Aviso

Dou conta dun aviso recibido por correo electronico para quen poida interesar. Eu, esta claro, non podo asistir a esta convocatoria pero pode ser que alguen que me lea tenha interes.




Desde a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra organizamos, para o martes 23 de Maio,ás 16:15, a Resaca das Letras 2006 [RdL06], unha xornada na que buscamos reivindicar a web galega. Queremos convidarte a asistir, xa que o interese está asegurado ao falaren Amador Loureiro (dorfun), Berto Yáñez (chuza, aduaneiros), María Yáñez (Vieiros, todonada), Carlos Santiago (Arredemo), Marcus Fernández (codigocero) e Luis Álvarez Pousa (Tempos Novos).Da asistencia dependerá a continuidade futura das Xorndas [RdL], financiadas pola Universidade de Vigo. Tamén adxuntamos unha nota de prensa, por se estimas oportuno poñer unha nota no blog ou espallar a convocatoria. Moitas grazas pola atención, para nós é moi importante calquera tipo de axuda que nos podades prestar. Un cordial saúdo.Bernal Rúa . Organización da [RdL06]Tlf, 647 573 579

Sunday, May 21, 2006

Picnic e piscina



O sabado fomos a un picnic organizado pola VIF, o programa que contratou a Ana e a Cris e tamen a Edward, o colombiano da foto. O sitio do picnic era un parque nun encoro entre Raleigh e Durham: o Jordan Lake. No picnic habia xente de todo o mundo: Zambia, Kenia, Filipinas, Colombia, Romania, Galicia, etc, etc. A comida non era mui boa nin muita pero estivo ben. Tamen habia nubes de coton gratis e algunhas atraccions para nenos como castelos inchables. Tamen habia un karaoke.

E hoxe domingo fomos a piscina da urbanizacion dos arxentinos e a iso das cinco da tarde quedamos sos que o resto da xente ia preparar a cea e cear (este horario estadounidense e rarisimo).

E asi foi a fin de semana.

Friday, May 19, 2006

Dia de fresas


O dia de hoxe pareceume mui bo. Primeiro no choio deronme o cheque semanal e vinha co aumento de 50 centavos por hora por antiguidade. Levo dous meses no choio e iso aqui xa e antiguidade.
Aparte diso tamen aproveitamos a tarde e fomos a unha granxa onde cultivan fresas. Vas ali, deixanche un balde como o da foto e ti vas apanhando as que che peten. A hora de marchar daslle 6 $ a senhorinha e marchas para casa cunhas fresas que saben a gloria.
Xa miras: cun aumento de salario e unhas fresas de casa son feliz. Bueno, tamen a rapaza da foto ten parte de culpa da minha felicidade.
Ata manha.

Thursday, May 18, 2006

Arte galega en Warrenton



De aqui a un mes estamos Ana (Acedrinho incluido), o Colin e mais eu de volta na terrinha e levaremos muitas lembranzas e algun que outro souvenir. E que quedara de nos aqui ?. Pois de Ana quedaranlle alguns conhecementos de espanhol aos seus alumnos. E de min, que quedara ?. Pois vai quedar esta obra de arte. O numero 236 que vai levar a estacion de bombeiros de Warrenton. Ese numerinho lixeino eu a man no molde de madeira de onde saiu esta pedra. Eu lixaba e cria que xa estaba ben e o meu mestre Carlos dicia que lle faltaba un chisco e eu dicia: para que ? isto vai quedar no alto e so o vai mirar o carteiro a primeira vez que deixe unha carta no edificio e como muito, van cagar por el as pombas. O Carlos riu e dixome que lle gustaba o choio ben rematado anque sexa para que lle caguen as pombas...e convenceume e agora estou orgulloso do meu traballo e non puiden evitar facerlle unha foto. Pasara o tempo e ai seguira o monumento galego na estacion de bombeiros de Warrenton.

Hai que estar orgulloso do que se fai.

Wednesday, May 17, 2006

Idioma facil

Hoxe Ana faloulles a uns alumnos sobre a lingua galega e os idiomas da peninsula e os rapaces querian oir palabras. Ana dixo "estou cansa" e logo "cheira mal" ou "fede". Aos alumnos gustoulles e din que e mais facil que o espanhol. Eu dicia que si pero logo parei a pensar e non sei. Ti cal cres que sera mais doado para aprender un estranxeiro: o galego ou o espanhol ?.
Por certo, sigo aprendendo palabras mexicanas como "chido= ben feito" e "chesto= dificil".
Ata manha, creo.

Tuesday, May 16, 2006

Nueva Galicia



Estas fotos son dun lugar que parece Galicia e de feito o primeiro nome europeo que tivo esta illa foi Nueva Galicia. A que semella Galicia co estas fotos ?. A illa Chiloe sempre me atraiu dende que mirei unha reportaxe na que mudaban as casas dun porto a outro. Si. As casas son de madeira e con vacas puxabanas ata a ribeira e logo ian aboiando e arrastadas por barcos ata o porto de destino.

Tamen buscando Nueva Galicia na interrede apareceu unha pelicula onde os homosexuais domenhan o mundo e un heterosexual e discriminado. Cousas curiosas da rede.

Feliz dia das letras esteas onde esteas.

Monday, May 15, 2006

Honey we're killing the kids


"Carinho, estamos matando os fillos" e o titulo dun programa da cadea TLC onde unha doutora con cara de pau ensina a unha familia como alimentarse de maneira sa e coller habitos sans como ver menos television e facer mais movemento. Primeiro vese a familia actuando con normalidade e logo a doutora ensina unhas imaxes de ordenador onde se ve como envellecen os fillos e o mal que poden rematar se seguen con malos habitos alimenticios e sen practicar ningun exercicio. Cando se ven esas imaxes do neno con oito anos agora que chega aos corenta careco e gordo coma un bocoi e cando a nai deixa esvarar unha bagoa e admite pasar a accion. E bla, bla, bla.

Este e un programa mais desta canle onde hai outros interesantes coma Shalom (un rabino observa familias con problemas conxugais e logo compon a situacion), Miami Ink (uns que fan tatuaxes), While you were out (mentres un esta fora da casa cambianlla toda), etc, etc.

E de ilustracion deixo un anuncio do iogur Aloya de Tui do ano 1957 ! (eu pensaba que os iogures eran mais modernos).

E xa sabes. Se queres adelgazar: menos prato e mais zapato (xa o dixen mais dunha vez).

Sunday, May 14, 2006

Sarabiada e tornados



Hoxe empezou a manha con tronos e sarabia bastante gordinha e estivo todo o dia asi: con momentos de calma e treboadas que metian medo. Hoxe tamen houbo avisos de tornados que cando o din no ingles de aqui soame que falan da minha patria chica. Agora xa e noite e rematou o dia este da festa da auga. Sintoo pola xente que celebraba o dia da nai (aqui e hoxe).

Na foto podes ver o mapa desta zona de Carolina (a man esta no Warren County) onde as seis e media estaba muita da zona con avisos de tornados e tormentas electricas. Ana ten no seu ordenador o pronostico do tempo que lle gusta escuitar falar a Greg Fishel da WRAL. Por fortuna non pasou nada, Ana quedou sen piscina (aqui din que a piscina atrai os raios e pechana por precaucion) e non houbo mais novidade.

Ata manha. Suponho.

Saturday, May 13, 2006

Traballos "duros" nos EEUU



Un dos traballos mais extranhos que tenho mirado na minha vida e o traballo de manequin. Pois si, alguns comercios tenhen manequins vivos e reais para sorpresa de pailans coma min e abraio e mofa para rapacinhos que non deixan de chimpar diante do sufrido traballador e de facerlle acenos e toquetear no cristal para que lles faga caso. Pero os manequins son uns profesionais e fan ben o seu traballo de estatua e case nin respiran e podes facerlles unha foto coma se fosen guardas ingleses. Non sei pero para min que e unha das formas mais aburridas de facer uns cartinhos que pode topar unha persoa.

Cambiando de tema. A xente di que os centros comerciais xigantes tipo Walmart, Target nos EEUU ou Alcampo, Carrefour, etc, na terrinha; rematan con postos de traballo e eu estou de acordo e por exemplo podo dicir que aqui nalguns Walmart xa nin hai caixeiros e o cliente ten que coller a sua compra nos anaqueis, levala a caixa, escaneala, pesala, metela nas bulsas e ainda por riba, pagar por todo este traballo. E non penses que podes marchar sen pagar ou facendo trampa. Ca. Non podes que tes unha camara do Gran Irman na tua testa filmando a accion aparte dos fandelos nacional e estatal para lembrarche o respetinho que tes que gardar coa legalidade.

Na foto de abaixo estan Cris e Tonho pagando nunha caixa desas e na foto de arriba esta un manequin real de carne e osos.

Friday, May 12, 2006

Cans viaxeiros



O Colin ultimamente non quere sair muito da casa. No mediodia fai calor e non quere sair. Pola noite sae ben e na manha hai veces que o tenho que sacar a forza. O que si lle gusta e ir mercar a pizza dos venres ao Milano's. Por que sera que aos cans lles gusta andar en coche ?. Aqui ponho fotos de cans viaxeiros nesta zona de Carolina.

Thursday, May 11, 2006

Xoves de reparto de comida

Os xoves toca reparto ao lado do traballo. Mentres nos traballamos lixando e reparando moldes de madeira para encher de cemento fora hai unha restra de coches que poden chegar aos cen. A maioria tenhen identificacions de que os conducen xente discapacitada. A xente fai a sua espera tranquilamente dentro do coche e van avanzando. Na porta do almacen uns vontarios van metendo alimentos no maleteiro ou na parte de atras do coche e o beneficiario pode marchar.
Eu tinha ganhas de facerlle unha foto ou un minivideo a este ritual pero no choio non tenho a camara.
Esta situacion e a outra cara deste pais desenrolado e rico.
E todo isto ven ao video que mirei no blogo de Imeneo onde unha nena arxentina chora porque non ten nada para comer na casa. Triste, real e impresionante.

Wednesday, May 10, 2006

Preparandose



Temos notinhas pegadas as cousas que imos vender para cando marchemos. Outra xente e capaz de vender a chatarra da foto (de feito o coche da dereita xa o venderon). Nos pomos a venda sofas, lampadas, unha mesa, sillas, un espello grande, microondas, torrador, etc, etc, aparte dos tres coches.

No choio todo ben. Un companheiro agasallou as companheiras con galletas porque hoxe e o dia da nai en Mexico. O Andy e unha maquina imitando animais e cousas e fai o asubio do tren que parece que pasa pola fabrica. Tamen remeda ao paxaro tolo (o peto aquel dos debuxos) e quere venderme unha "guagua verde por tu no caminar al trabago". Pero xa lle dixen que marchaba nun mes e non me insistiu. Tamen llo dixen ao encargado e e un home con curiosidade e preguntoume para que vale un rei. O encargado coleciona moedas e pediume ai atras moedas e leveillas. Dixenlle que o rei esta nas moedas e nos selos e que non fai mais. El calou e menos mal que non me dixo o que me dixera outro mexicano hai dous: "Y si no hase nada porque no lo fusilan".

Monday, May 08, 2006

Agallope do galicenho



Cando chegou Hernan Cortes a terras mexicanas para conquistalas levaba uns cabalos duros, obedientes e nada esixentes en cuidados. Os cabalos que levaba eran galicenhos: unha mistura de garranos portugueses con ponis galegos. Aos mexicanos gustaronlles estes cabalos e a raza expandiuse polo pais ata hai case cincuenta anos que entrou nos EEUU e agora hainos neste pais tamen. E asi sangue de cabalos galegos corre por cabalos estadounidenses.

E isto todo ven a conto de que o sabado pola manhancinha habia silencio na casa e arrimei a orella a barriga de Ana. Despois de esperar un chisco puiden sentir un agallope lonxano e rapido: o corazon do Acedrinho. Ese momento foi a primeira vez que sentin ao meu fillo, pedindo paso a este mundo co sangue novo dun cabalo que non e galego nin e americano; que e galicenho. E gustoume.

Sunday, May 07, 2006

Orixe do dia da nai



Hoxe galicea por aqui (chove coma na terrinha). Nos EEUU hoxe non e o dia da nai. O dia da nai e o segundo domingo de maio. E diras: que mania que tenhen os estadounidenses de cambiar as celebracions...ou seremos nos?. Pois neste caso somos nos os que modificamos a data porque a celebracion do dia da nai e un invento estadounidense. Si. Nos tempos antigos habia celebracions en honor a nai (coma os gregos en honor a Rhea, a nai de todolos deuses) pero non chegaron a callar. O que si chegou a callar foi a proposta de Anna Jarvis, unha muller que lle prometeu a sua nai que criaria unha celebracion para todalas nais do mundo e tardou nove anos en conseguilo. E asi no presente celebramos este dia (variando as datas) en case todo o mundo con craveis, agasallos ou poesias. Curiosamente a tal Anna Jarvis non chegou a ser nai nunca pero recibiu muitisimas postais de felicitacion ata o ano que morreu.

Na foto esta minha nai cuidando de min e Ana o veran pasado.

Saturday, May 06, 2006

Xente estragadora



Hoxe fomos Ana mais eu a Rocky Mount. Temos que vender o coche e habia un profesor filipino interesado en miralo e fomos ata esa poboacion para mostrarllo. El non dixo nin que si nin que non e quedou en chamarnos. Xa decidira cando queira.

O caminho a esta poboacion e longo (45 millas, mais ou menos 60 quilometros) pero pintoresco. Pasase por zonas de bosques, outras de pastos, a casa das latas, casas ailladas e poboacions pequenas. Hai unha casa que sempre me admirou pola cantidade de xoguetinhos que ten aparcados fora e un dia fixenlle unha foto. Ese dia faltaba a moto acuatica pero o resto dos xoguetes estaban: un jeep, un quad, un deportivo antigo, unha lancha e un descapotable. Non sei a ti pero a min semellame demasiados vicios e estragar cartos tontamente, non ?. E nos a regatear polo coche.

Friday, May 05, 2006

Cinco de maio


Hoxe foi o dia cinco de maio e en Mexico celebran a batalla de Puebla que foi cando venceron aos franceses no seu pais.
Fomos cear os catro ao Hooters (cinco contando o Acedrinho) que un non pode marchar deste pais sen probar este restaurante famoso non pola calidade da comida senon polas camareiras que ata hai pouco eran escollidas polo fisico ata que houbo unha queixa e agora deixan traballar a rapazas mais variadas.

Thursday, May 04, 2006

Nube de palabras



E tarde e tenho que ir para cama. Non podo acceder as fotos porque Ana esta a durmir e ten o ordenador 1 apagado. Busco algunha imaxe das que tenho eu e topo esta dunha nube de palabras. E doado de facer e queda bonito. Se queres podes facer a tua nube aqui en Snapshirts.

Ata manha, quizabes.

Wednesday, May 03, 2006

Orgullo de "colos vermellos"


O resultado das elecions para sheriff estan aqui: recunca o sheriff por outros catro anos e xa leva un feixe e os outros candidatos quedaron atras. O da garavata patriota quedou o ultimo dos cinco aspirantes pero non por ser negro que o sheriff e preto tamen.
Agora quedalle o choio por diante que non e mui compricado neste condado rural onde a xente ata pon carteis nos alboios dicindo que estan orgullosos de criar porcos. Se non fose porque aqui vive un 75 % de negros este condado seria "redneck" de cheo. "Redneck" significa colo vermello e esa era a cor do colo do uniforme sudista na guerra civil norteamericana. Agora esa palabra quedou co significado de pailan e habitante do rural que se dedica a cazar, facer barbacoas, beber cervexa, presumir de tractor e desfrutar cos deportes "redneck" coma o "mud bog" onde meten os coches nun lameiro inmenso para risa do publico.
Aqui levan con humor isto de ser "redneck" e incluso hai unha revista adicada a este mundo.
E deixo aqui o tema que tenho que durmir.

Tuesday, May 02, 2006

Votacion para sheriff



Hoxe escollese sheriff en Warren County e outros condados.

O Pepe mandou o can da foto para facer campanha por min e recibin apoios doutros blogueiros que me fixeron un cartaz ou mesmo a estrela de sheriff. Pero, a pesares de tantos apoios, non son quen de competir contra o candidato de garavata patriota, nin contra o actual sheriff que agasalla as pizerias con almanaques da oficina do sheriff ou contra o candidato que reparte caramelos e lambonadas no desfile do Nadal (como sae na foto de abaixo).

Cando saiba o resultado xa vos informarei.

Monday, May 01, 2006

Primeiro de maio


Neste pais e un dia laborable mais, ao contrario que na terrinha ou en Mexico que e festivo.
O mais curioso e que a orixe desta festividade do dia do traballador e norteamericana. Todo ocorreu hai mais de cen anos cando traballadores esixiron a xornada de oito horas en troques da de doce horas. Houbo manifestacions, mitins e unha explosion dunha bomba que provocou un xuizo entrampullado e o aforcamento de oito lideres sindicais.
Aqui este dia habia marchas de protesta dos inmigrantes ilegais por todo o pais. A fabrica de caixas onde traballei o hai dous anos hoxe non abriu as portas. En cambio, na nosa empresa ninguen faltou e o xefe aledouse e mercou pizzas para todos.
Dende logo foi unha forma curiosa de celebrar o dia do traballador.

Na foto podense mirar traballadores hispanoamericanos facendo equilibrios sen ningunha medida de seguridade nunha casa en construcion o sabado pasado.